A fontiña 2015 16

Page 1


“SOMOS A CLASE DOS LOBOS” Proxecto anual da clase de 4º inf B.


Este curso os nenos/as e profes de 5º de Infantil xogamos coas propostas de HERVÉ TULLET. En canto tíñamos oportunidade… facíamos unha tulada. Tullet pretende conseguir que os nenos/as canalicen a súa intuición e creen en liberdade. Para elo xoga con eles , acelera as cousas ou lles da unha lista de instrucións imprecisas. Así se distraen e se esquecen da súa timidez e as súas inhibicións. Tamén cree que a enerxía creativa e unha boa dinámica de grupo son un resultado en si mesmos. Organizar talleres para moita xente xera unha enerxía que permite a cada artista facer cousas novas e inesperadas. Cando improvisamos en grupo, traballamos dende un espazo de liberdade no que todos os erros están permitidos e non existe a posibilidade de pasarse da raia. Ó compartir un momento especial , podemos gazar dun regalo adicional… ¡ Crear unha obra de arte estimulante!

UN CAMPO DE FLORES Debuxamos círculos grandes.. pequenos.. Cambio de sitio! puntos dentro dos círculos ,agora tres fora do círculo... cambio de cor!...

CORPOS ARTÍSTICOS Debuxamos as siluetas e coloreamos as partes nas que se solapan.

A COCIÑA DE DEBUXOS


O GRAN ATASCO (Isto vivímolo tódolos días ó entrar no Chano )

E non podíamos rematar o curso sen compartir este arte coas familias, polo que as invitamos vir pintar unhas camisetas e ó rematar… BODY PAINT con chocolate, nata, marmelada, tomate… ¡para chupar os dedos! E a barriga, orella ... Un auténtico pracer para os sentidos compartir ese día xuntos ¡ Grazas !

5º E.I.


PEQUENOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL. O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL APROXIMOUSE Á CIENCIA CON DIVERSAS EXPERIENCIAS E EXPERIMENTOS . NOS OBRADOIROS DESCUBRIMOS MOITOS CONCEPTOS E PARTICIPAMOS ACTIVAMENTE INVESTIGANDO CO PROFE IVÁN .

PESAMOS, MEDIMOS, MESTURAMOS , FIXEMOS ESTIMACIÓNS…

SOMOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS.


DESCUBRIMOS A IMPORTANCIA DO COIDADO DA NOSA SAÚDE E EXPLICÁMOSLLO AO RESTO DO CENTRO.

UN AUTÉNTICO CIENTÍFICO, CARLOS O PAI DE KAI, INTRODUCIUNOS NO USO DO MICROSCOPIO.

ESTE ANO GRADUÁMONOS , APRENDIMOS MOITO E COMPARTIMOS MOITAS EXPERIENCIAS QUE NOS FIXERON MEDRAR E DISFRUTAR DESTA ETAPA.


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


O alumnado de segundo e primeiro visitaron o Monte Aloia Os alumnos e alumnas de segundo relĂĄtano asĂ­:

´


´

´


E estes son os debuxos que inspiraron estĂĄ saĂ­da.



CULTURA NO MUÍÑO DA BAROSA O pasado martes sete de xuño, 3º e 4º foron aos muíños da barosa, ao lado dos muíños pasaba o río Agra. Os señores de alí nos ensinaron os muíños de auga, o forno, as sementes e a facer pan. Sobre todo encantounos o panadeiro que lle chamaban o panadeiro "tolo". Pero o facía xenial!!! Era impresionante.

Despois fomos a un río a bañarnos, comimos e xogamos a distintos xogos. Cando terminamos de comer xogamos e nos fomos as 6 da tarde. Foi unha experiencia inolvidable!


Scanned by CamScanner


Este ano en 4ºA e 4ºB investigamos sobre o noso único parque natural:

Parque Natural das Illas Atlánticas! Nome

Parque Natural das Illas Atlánticas

Web

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com

Localización

País: España; CCAA: Galicia; Provincia: Pontevedra

Grado de protección

Parque nacional

Declarado

Parque natural en 1980 e parque nacional en 2002

Arquipélagos e illas integrantes

Archipiélago de Cíes, Archipiélago de Ons, Isla de Cortegada e Isla de Sálvora. A Isla de Tambo e as Islas de Sisargas están en proceso para ser integradas no parque nacional.

Superficie

8.480 hectáreas

Nº Visitantes

Máis de 200.000 ao año

Flora e fauna

Este ecosistema marítimo-terrestre alberga un grande bosque de loureiro, e máis de 200 especies de algas mariñas. Tamén destaca por posuír moluscos, corais e anémonas. En cuanto á terrestre, pódense observar gaivotas, patiamarelas, cormoranes moñudos, alcas, araos.

Historia

Datouse a ocupación humana na idade do ferro. Atopáronse cerámicas romanas. Na Idade Media foron ocupadas por diferentes ordes monásticas. Estiveron habitadas ata o século XVIII.

Catástrofe natural que sufriu

O naufraxio do buque petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002, fronte á Costa da Morte, cargado con 77.000 toneladas de petróleo.

Museo e Centro de Interpretación do parque

Está situado na cidade de Vigo e conta cunhas instalacións de 1.500 m2. Nel os visitantes poden coñecer a flora, a fauna e o patrimonio do parque.


Estudamos o noso patrimonio! A Torre de Hércules Nome Que é? Localización Características Curiosidades

Torre de Hércules. Unha torre e un faro. País: España; CCAA: Galicia; Provincia: A Coruña A súa altura é de 57 metros e data do século I. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2009. É o único faro romano en funcionamento do mundo. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos. A lenda di que Hércules venceu ao xigante Gerión, liberando ás xentes deste rei tirano. Di tamén que, alí onde o derrotou, mandou levantar unha torre e poboar a zona. A cidade, A Coruña, leva o nome da primeira muller que se presentou.

A Muralla de Lugo Nome Que é? Localización Características

Curiosidades

Muralla romana de Lugo Unha fortificación (muralla). País: España; CCAA: Galicia; Provincia: Lugo Data do ano 13 antes de Cristo. Ten unha lonxitude de 2.266 metros e rodea o casco vello de Lugo. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000. Os materiais empregados foron o granito e a pizarra Orixinalmente tiña 85 torres pero só se conservan 71. Hoxe ten dez portas que permiten atravesar a muralla, pero orixinariamente só eran 5.

O Casco Histórico de Santiago de Compostela Nome Que é? Localización Características

Curiosidades

Casco histórico de Santiago de Compostela. Un extraordinario conxunto de monumentos agrupados ao redor do sepulcro do Apóstolo Santiago. País: España; CCAA: Galicia; Provincia: A Coruña; Cidade: Santiago A súa catedral, os numerosos mosteiros, os hospitais de peregrinos, as igrexas, as casas señoriais, as prazas, as fontes, as rúas empedradas... todo magnificamente conservado, conforma un gran patrimonio artístico e cultural. Os seus monumentos permítennos observar o esplendor dos estilos románico, gótico e barroco. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1985. O 25 de xullo do ano 813 o bispo de Iria, Teodomiro, descubre o sepulcro do Apóstolo Santiago na aldea San Fiz de Solovio. Esta aldea convertirase na cidade de Compostela. A Cadetral de Santiago, construída sobre o sepulcro do apóstolo, convertiuse entón, e segue sendo hoxe, un dos maiores puntos de peregrinaxe do mundo. En maio de 2016 superouse outro record: por primeira vez desde que se teñen estadísticas, Santiago recibiu máis de 800 peregrinos por día. O Códice Calixtino, custodiado na catedral dende o século XII, foi roubado en xullo de 2011 e recuperado un ano despois.


E... SEGUIMOS EXPERIMENTANDO COA NATUREZA! Coas PLANTAS! Quixemos ver de préto como circula o zume bruto polos vasos condutores das plantas! As elexidas foron o apio (anxiospermas) e o caravel (ximnospermas).

Coa LUZ! Investigamos que pasa coa REFRACCIÓN! Introducimos auga, aceite e alcol nun tarro. Metemos unha palliña de beber no mesmo e observamos que parece rompese varias veces, unha por cada superficie de separación: aire-acol, alcol-aceite, aceite-auga. Esto débese a que a luz móvese con distinta velocidade en cada unha das substancias, é dicir, o aire, o alcol, o aceite e a auga teñen distintos índices de refracción!

Coa MATERIA! Comprobamos que o aire é materia e ocupa un espazo; separamos mesturas, fixemos disolucións...


4º PRIMARIA CO MEDIO AMBIENTE!!!! Este ano nós, os alumnos de cuarto fixemos na clase un obradoiro de

plantación de sementes. Cada quen trouxo a súa xunto coa etiqueta

identificativa e estivemos observando e rexistrando a evolución das mesmas

comparándoo con todo o estudado na clase.

Houbo quen as matou de tanta auga, quen as matou de sede e outros que non tiveron en conta que lle daba o Sol directamente e secaron!

Aquelas que superaron a proba, puideron ser transplantadas no Cole!

Ademáis, para conmemorar o día do Medio Ambiente, o pasado día 5 de xuño, xunto con todos os nosos compañeiros do cole, os alumnos de 4ºB fixemos o cartel titulado “Non máis Chernobyl” para reinvindicar a importancia dos protocolos de seguridade que deberían de cumprir, neste caso, as

centrais nucleares. Para elo, elaboramos entre todos o noso pequeño protocolo cunha serie de propostas para evitar que accidentes ambientais

provoquen

tan

graves

consecuencias coma as acontecidas en Ucrania o ano 1986.

E vós? Sodes responsables co medio no que vivimos?


REUTILIZAMOS BOTELLAS Os rapaces e rapazas de 5º A e 5º B estivemos a reutilizar botellas de plástico. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos nosos traballos!!!

PETO

LAPISEIROS


UTENSILIOS PARA O XARDÍN

ESTOXO


CANDEEIROS

XOGUETES


E MÁIS XOGUETES !!!!


​ Fieitás, a derradeira recompensa ​

no CHANO

O alumnado de 6º do C.E.I.P. Chano Piñeiro realizamos unha excursión ao Grove, aquí vola contamos.

Comezamos o día despedíndonos das nosas familias e marchamos cara ó Grove, ao chegar ó camping os Fieitás as monitoras e o monitor déronnos as maletas. O primeiro xogo consistíu en aprender os nomes. Cando rematamos de xantar fumos ao monte, onde fixemos tres grupos, déronnos un mapa a cada un e tivemos que pasar distintas probas, como recompensa fixemos unha guerra de globos de auga. Despois camiñamos ata o miradoiro​ Con da Edra ​ e fixemos un xogo que se chama “O Pobo Durme”. Pola noite voltamos ó monte, Mariña, Bárbara, Juan, Lexy e Jelen agocháronse e os tiñamos que atopar.

O martes pola mañá camiñamos ata a praia da Lanzada, onde fixemos bodyboard. Ía moita calor e a auga estaba boísima. Estaba a 40 minutos do campamento!!! Ao voltar ó camping


xantamos. Despois tivemos tempo de lecer. Pola tarde, estivemos noutra praia diferente. Esta máis preto, menos mal!!! Alí fixemos kayaks, xogos e merendamos. Co luscofusco, achegámonos á praia do lado e xogamos ó “Estratego humano”, pasámolo xenial!!!

O terceiro día, erguémonos e despois de almorzar fumos ó monte a facer vivacs (cabanas), quedaron moi ben, sentímonos satisfeitas/os. Xantamos e deixáronnos tempo de lecer antes de subir ao rocodromo e lanzármonos pola tirolina. Finalmente retornamos para Gondomar esgotadas/os, tristes por deixar o camping pero felices de vivir a experiencia e pasalo tan ben.

Grazas ás nosas familias, ao Centro, as titoras: Gotty e Marila e aos monitor@s: Mariña, Juan, Lexy, Bárbara e Jelen por facernos pasar tres días inesquecibles.


RELATOS DE REALIDADE. Imaxes e textos: alumnado 6ºB Ed. Primaria.

Hoxe no polideportivo de A Coruña un neno chamado Daniel perdeu a vida aos 9 anos de idade ao caer polas escaleiras do polideportivo onde vai o seu equipo de balonmán tódolos xoves… A escaleira ri ensinando o seu dentame.

Nun pobo moi distante e despoboado vive unha anciá chamada Pilar. Pilar é unha señora triste, sen familia. Dende hai anos non limpa a súa casa. Todo está escuro.

En vez dun taboleiro tiñamos unha mesa, en vez de raíñas tiñamos unha man. O único que tiñamos en conxunto eran os peóns.

Cando vou durmir pregúntome sempre que hai mais aló da miña ventá; meu pai non me deixa saír da casa. Non sei porqué, xa teño dez anos. Cada vez que miro aquela árbore que medra enfronte, gustaríame ir mirala de cerca e sentarme no seu tronco. No outono encántame ver como as súas follas caen e o vento as leva; non sabedes o que me gustaría arrebolarme nesa morea de follas. Deixarame meu pai saír algún día?...


Nun labirinto, vivían robots chamados xilófonos . Os xilófonos alimentábanse de golpes. Os golpes emitían sons preciosos, tan preciosos que á xente encantábanlle e sempre os acariñaban.

Se achegas a mirada verás obxectos, pero nós vemos formas de creatividade. Curvas e cantos sen fin nin principio… Unhas simples curvas que lle dan vida aos obxectos inanimados, infinitamente silenciosos. O espazo que rodea aos obxectos grita; paixón, alegría e creatividade. Unha partida resumida en xogadas xustas.

O ARCO DA VELLA E OS SEUS MISTERIOS Hai moitos anos un neno pequeno chamado Ramón asomouse á ventá para ver o arco da vella. Ao velo, o arco perdeu a cor e a ventá volveuse branca e negra. Ramón asustado escoitou pegadas, e o seu berro oíuse nas antípodas. Que foi de Ramón?

A ra soña con dirixir unha banda de música, sentirse alegre e relaxada. Gústalle tocar os instrumentos e ​ deleitarse escoitando música. En realidade está no lago, nadando, saltando e soñando, pero a maxia dos instrumentos atrapouna... Cando saia do lago, a música terminará de soar.


Recomendacións lectoras Chegan as vacacións e con elas tempo e tempo para xogar, pasear, bailar, rir, viaxar, e por suposto ler. Estas son algunhas ​ recomendacións​ preparadas dende a Biblioteca Editorial Sushi Books: Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California Texto: Érica Esmorís Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?

O poder de Amabel Texto: Érica Esmorís Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

O misterio do lixo mutante Texto: Carlos Freire Ilustracións: Alfonso Martínez e Pedro Pablo Moreno Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo atopan entre restos de comida unha botella cuns extraños xeroglíficos. A curiosidade por coñecer o autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe. Un libro para xogar e aprende

Editorial Kalandraka: Cor animal Agustín Agra (texto) Maya Hanisch (ilustración As habilidades, costumes e curiosidades dunha trintena de animais terrestres, acuáticos e voadores, representados coa técnica do collage e cun chamativo tratamento cromático. Unha maneira amena e orixinal de achegarse á fauna, apreciar a biodiversidade e viaxar por todo o mundo.


Editorial Primerapersona:

Crisol e a súa estrela

Autora: Begoña Ibarrola Ilustradora: Lorena Pita Nun lugar do universo chamado Terra Cristal vivía un pobo que falaba coas estrelas. Cando un neno ou unha nena de Terra Cristal cumpría sete anos, facíase unha grande festa e escollía unha estrela para comunicarse con ela. Crisol estaba nervioso, porque esa noite celebraba a súa festa de aniversario e despois elixiría a súa estrela…

Edicións Embora: Contos nerviosos

Fran Alonso Ás veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero…

Acuario 2 Autora: Canosa Blanco, María Colección: Fardel dos soños Ilustrador: Dani Padrón O xurelo, o cabaliño de mar, a maragota, o choco, o abadexo, o percebe, a anguia, o longueirón, a balea, o tiburón, a piraña, a medusa e a pulga protagonizan este poemario. Poemas moi ricos e cheos de alegría para que os rapaces coñezan este peixes, os seus nomes e características.

Edicións Xerais

O MEU GATO É UN POETA FRAN ALONSO O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.