97 - ALTAMIRA Nº 97

Page 1

REVISIÓN CATASTRO:

OBRAS: Un repaso polas últimas obras municipais

Como proceder coas cartas recibidas nos domicilios

Altamira

PÁX. 7

PAXs. 4 - 6

Nº 97 - XULLO 2016 - ANO XXX

xullo2016

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Brión, premio Peña Novo

pola defensa do galego Turismo O concello presenta unha APP para os móbiles para dar a coñecer o patrimonio de Brión PÁX. 20

Entrevista Os ALUMNOS DO IES BRIÓN que arrasan en tódolos concursos de robótica PÁXS. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso Mail: revistaaltamira@infobrion.com

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión Tel.: 981 88 1 8 1 7 Tel.: 981 88 58 99 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Abrimos este novo número da Revista Altamira coa mellor nova que se pode dar: o premio que recibiu o Concello pola defensa do galego. O premio Peña Novo enchenos de orgullo, e parte da culpa deste recoñecemento teno esta própia publicación, a revista Altamira, que se leva publicado de forma ininterrompida dende o ano 1980 e integramente en galego.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 8 8 70 8 0

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

Altamira

A maiores desta boa nova, e entre outras cousas, facemos un respaso polas principais obras municipais, damos conta do temible “catastrazo” que están a sufrir os veciños e veciñas, respasamos as actividades culturais e deportivas do pasado curso e centramos a entrevista no noso futuro... os alumnos e alumnas do IES BRIÓN, que están arrasando en todos os concursos de robótica aos que se presentan. Con este panorama...o futuro de Brion está mais que garantído. Vaia dende aquí a nosa noraboa. ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA, RECIBE UN CORDIAL SAÚDO

PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11

REPORTAX E ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13

B RI ONESES

PÁX s. 14 - 15

SERVI Z OS SOCI AI S

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R


REPORTAXE DEFENSA DO IDIOMA

Brión, premio Peña Novo pola súa defensa do galego O alcalde recolleu “un premio a toda a veciñanza de Brión, a todos os veciños e veciñas de cada unha das súas nove parroquias”

AGRADECEMENTOS García tivo un recoñecemento especial para Luciano Pena, “unha persoa que estivo ao meu lado dende o principio e que penso que merecería estar aquí comigo recibindo este premio”. Cofundador desta revista que tes nas mans, onde segue a escribir as súas “Historias de Brión”, Luciano “actuou como normalizador lingüístico de Brión, cando aínda nin existía esa figura. Así era o corrector de todos cantos bandos, escritos e actas se facían e, por certo, aínda que hoxe está xubilado, segue a ser o corrector lingüístico desta revista”.

“É un premio a toda a veciñanza de Brión, a todos os veciños e veciñas de cada unha das súas nove parroquias”. Con estas palabras no Castelo de Soutomaior recollía o alcalde José Luís García o premio Lois Peña Novo, a máxima distinción que se pode conseguir pola promoción e defensa do idioma galego e que cada ano entrega a Fundación do mesmo nome. Un galardón que o noso alcalde recibiu de mans do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, “pola utilización desde 1979 e de xeito ininterrompido da lingua galega como lingua de uso no Concello, tanto para as tarefas administrativas como para desenvolvemento de accións dirixidas ao pobo”. Así o acordou un xurado composto por Ángel Carracedo Álvarez (catedrático de Medicina Legal da USC premiado na edición anterior), Rosa Castro Legazpi (guionista e asesora lingüista da TVG), Soledad Ríos Santomé (filóloga e presidenta da Lonxa Lite-

raria), Xosé Ramón Paz Antón (músico, pintor e historiador), Héitor Picallo Fuentes (escritor e ilustrador) e Carmen Pérez Vaquero (secretaria da Fundación Lois Peña Novo), que tamén premiou aos profesores Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xosé Manuel Cid Fernández. José Luís García, que salientou o feito de que este galardón coincida co centenario das Irmandades da Fala, apuntou “certo paralelismo entre o que fixo Lois Peña Novo, cando empregou o galego na súa toma de posesión como concelleiro electo no Concello da Coruña; e o que fixemos nós o 28 de abril de 1979, cando fomos o primeiro Concello de Galicia que escribiu as súas actas no noso idioma”. García asegurou que “aquel 7 de xullo de 1920 é unha data histórica no seo das Irmandades da Fala, pois significou que o noso idioma se escoitase por vez primeira nun salón de plenos. Imaxinades o rebumbio que se debeu montar? Todo

un concelleiro usando o galego nun discurso oficial, a lingua da xente, dese barrio obreiro de Monte Alto polo que foi elixido. Por primeira vez púñase de manifesto que o galego non só valía para compor versos ou para falar na aldea, senón que se podía empregar a cotío na vida administrativa e institucional. Pero fixádevos qué triste: terían que pasar case 59 anos máis para que ese mesmo idioma se trasladara á escrita”. Neste sentido, o alcalde explicou que “esa acta do Concello de Brión do 28 de abril de 1979 é a primeira redactada en galego dende o século XVI. Por unha banda, supuxo un feito histórico para a nosa lingua. Por outra, foi tamén unha declaración de intencións dun grupo de veciños e veciñas que chegabamos ao mundo da política con gañas de facer cousas pola nosa veciñanza. E aló seguimos 37 anos despois, polo que supoño que non o debemos de ter feito moi mal”.

Ademais, García aplaudiu as palabras do historiador Clodio González, encargado de facer a laudo inicial do Concello. Clodio fixo un repaso pola historia e actividades realizadas polo Concello na defensa e promoción do idioma: dende a acta do 28 de abril de 1979, “un atrevemento inusitado, xa que mentres non se demostre o contrario, polo de agora é a primeira redactada en galego por un dos nosos concellos quizais dende o século século XVI”, ata as iniciativas culturais, edición de libros ou publicación de “Altamira”, a revista municipal en activo máis antiga de Galicia e redactada en Galego. “Por esta traxectoria ininterrompida a prol da nosa lingua e cultura ao longo de case corenta anos, o concello de Brión, repetindo as verbas dos homes das Irmandades da Fala, das que se cumpriu hai uns días un século da súa constitución, ben merece figurar entre os bos e xenerosos”, apuntou Clodio González. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE

Ampliación do comedor e nova cuberta para o CEIP de Pedrouzos Despois de varios anos de agarda, a comunidade educativa do CEIP de Brión semella que vai ver por fin solventadas dúas das súas vellas peticións: a ampliación do comedor escolar e a substitución da cuberta do colexio, dúas obras orzamentadas en algo máis de 200.000 euros. As obras de reforma e ampliación do comedor realizarase durante estes meses de verán e estarán listas para o inicio do curso 2016/2017, logo de que o Concello acordase aplicar unha bonificación do 95% da licenza de obras, ao declaralas de especial interese e utilidade municipal. E é que a superficie do comedor do CEIP quedou pequena para a cantidade de alumnos e alumnas que fan uso do mesmo a diario, polo que se ampliará o espazo a costa dun almacén de alimentos e do vestiario dos traballadores da cociña do colexio. Deste xeito, o comedor practicamente duplicará a súa superficie, chegando aos 109,5 metros cadrados. Traducindo isto a “nenos”, significaría que poderían xantar 45 nenos máis en cada quenda. Ademais, o almacén e vestiario que se eliminan reubicaranse nun pequeno volume de nova planta situado fronte ao 4 | Concello de Brión

acceso á cociña, propiciando un uso máis axeitado destes espazos. Por outra banda, as obras de reparación do tellado do colexio todavía non teñen data de inicio. Trátase dunha

vella reclamación da comunidade educativa brionesa á Xunta de Galicia, que hai dous anos se comprometía co alcalde José Luís García a acometelas canto antes. De momento, o único que se coñece é o anuncio feito pola Consellería

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dos medios de comunicación, e días antes das eleccións xerais do pasado mes de xuño, de que investirá 100.000 euros na substitución do vello tellado do CEIP de Brión.

O Concello aproveita o verán para facer melloras en todos os centros educativos O Concello de Brión aproveitará as vacacións escolares de verán para acometer diversas melloras nos distintos centros educativos do municipio. Algunhas delas xa se realizaron como son a ampliación do areeiro de xogo na unitaria dos Ánxeles, onde tamén se impemeabilizou o muro exterior do patio cuberto xa que “se detectaron problemas de filtracións de auga despois da execución do patio cuberto, polo que canalizamos esas augas e melloramos as condicións de impermeabilización do muro”, explica a concelleira de Ensino, Iolanda Bouzas. Así as cousas, o Concello está á espera da decisión da comunidade educativa sobre os xogos que queren instalar no pa-

tio para dar por finalizados estes traballos durante este mes de xullo. Así mesmo, o Concello colcou un valado de protección entre o adro da Luaña e a unitaria, que estrea nova pizarra dixital logo dos destrozos sufridos por uns vándalos durante o Nadal. Así mesmo, colocouse un punto de luz no patio do IES Brión, para mellorar a seguridade dos rapaces e rapazas que baixan do autobús, sobre

todo nas noites de inverno con menos luz na zona. Finalmente, na escola unitaria de Sabaxáns arranxáronse as portas do baños e as sementeiras de madeira. Durante o verán, a brigada municipal aproveitará para facer todo tipo de pequenos arranxos a petición das direccións dos respectivos centros educativos brioneses, como unha fonta no patio de primaria do CEIP de Pedrouzos e un aparcabicis.


ACTUALIDADE MELLORAS

O Concello destina 78.000 euros á mellora de pistas en Lamiño, Liñares, Vioxo e Luaña durante este verán Ademais investirá outros 82.000 euros no mantemento de pistas municipais de acceso a explotacións agrarias, que estarán listas antes de finais de agosto O mesmo día de peche deste número de “Altamira”, o Concello de Brión formalizaba dous importantes contratos de mellora e mantemento de pistas municipais, que se levarán a cabo ao longo destes meses de verán. O primeiro deles consiste na ampliación e acondicionamento de cunetas e da rede municipal de recollida de augas pluviais en distintas pistas municipais de Lamiño, Liñares, Vioxo e Luaña.

Unhas obras que serán realizadas este verán pola empresa Eulogio Viñal Obras e Construccións e que suporán un investimento de 78.192 euros con cargo a unha subvención nominativa conseguida polo alcalde de Brión. Con estes traballos preténdes entubar as escorrentías de dous tramos de cunetas abertas en Lamiño e Liñares, así como limpar as cunetas e

consolidar os bordes das pistas que conectan as aldeas de Vioxo de Arriba e Vioxo de Abaixño coa Luaña a base dun riego asfáltico. Ese mesmo día tamén se aprobaba a adxudicación do proxecto de mantemento de diversas pistas municipais de acceso a explotacións agrarias en Brión por un importe total de 82.343 euros, que teñen un prazo de execución dun

mes. Uns traballos que serán subvencionados grazas a unha achega de 71.634 euros do Fondo Europeo Agrícula de Desenvolvemento Rural (FEADER). Finalmente, o Concello de Brión tamén acordou investir outros 40.000 euros na compra de materiais para a realización de diversas obras de mantemento e mellora da rede viaria municipal.

CENTRO DE SAÚDE

LOCAIS SOCIAIS

O Concello acomete obras de mantemento á espera dos arranxos da Xunta

Melloras para o teleclub da Luaña e limpeza dos adros nas parroquias

O Concello de Brión leva varios meses realizando actuacións de mantemento e pintado do centro de saúde de Brión, á espera dunha comprometida actuación por parte da Consellería de Sanidade durante este verán. E é que o inmoble, pese a ser distinguido no seu día mesmo con premios de arquitectura, presenta graves problemas de humidades derivados dunha incorrecta execución da cuberta do edificio. Isto supón dúas cousas: que cada vez que chove se reproducen as huminades, sobre todo na área de pediatría, e que lle corresponde á Xunta acometer o arranxo. De acordo co informe do arquitecto municipal, o cano interior para o desaugue da chuvia non ten nin a altura nin a pendente necesarias, polo que a auga queda dentro do inmoble.

Coa chegada do bo tempo, as brigadas municipais acometen distintos traballos de limpeza e acondicionamento dos espazos que se utilizan nas distintas parroquias para as celebrar as súas festas. Así, ao longo destas últimas semanas acometeuse a limpeza dos adros de Luaña, Cornanda, Bastavales e Os Ánxeles, onde se mellorou o acceso cunha capa de zahorra, así como do campo de fútbol de Ons, coincidindo coa celebración do seu torneo. Especial mención merece a actuación realizada na contorna do local social da Luaña, destrozado por uns descoñecidos durante o pasado Nadal. O Concello

procedeu á limpeza do teleclube, á reparación do mobiliario interior e á colocación dun termo, moi solicitado pola veciñanza. Ademais, puxéronse portas novas no campo de fútbol.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE EEI OS ÁNXELES

O Concello respalda as demandas da ANPA ante a Xunta polo cátering na unitaria dos Ánxeles “Tanto a ANPA Rosalía de Castro como os nenos e nenas da unitaria dos Ánxeles contan e contarán co total apoio do Concello de Brión. Entendemos que as súas peticións son máis que razoables e faremos todo o que estea na nosa man para que a situación se resolva de xeito que se garanta a calidade dos alimentos que reciben os nosos pequenos”. Deste xeito respondía a concelleira de Ensino, Iolanda Bouzas, á petición de apoio solicitada pola ANPA Rosalía de Castro del EEI dos Ánxeles. De acordo con esta petición, o Concello requeriulle á Xunta que responda ás demandas da ANPA, sobre todo a cuestións como: data e hora de comezo da confeción dos

42% de incidencias: comida fría, peixe con larvas...

alimentos que van a consumir os nenos, hora de finalización dos alimentos e tempo de espera nas instalacións onde se fan, hora de inicio e tempo de transporte dos alimentos, que nos menús figuren os ingredientes e os seus provedores, que responda aos requerimentos do Valedor do Pobo e

que convoque unha licitación para o servizo de comedor do curso 2016/17 onde prevelezan os criterios óptimos de calidade dos alimentos para garantír a saúde dos nenos tanto a corto como a longo prazo, xa que é inaceptable que os nenos e nenas segan un curso máis nas mesmas condicións.

A ANPA Rosalía de Castro celebrou unha protesta simbólica para esixirlle á Consellería de Educación que lle retire a concesión á empresa encargada do cátering do comedor escolar da escola dos Ánxeles. Din que durante o curso se detectaron un 42% de incidencias no servizo de comidas. Incidencias relacionadas coa pouca calidade e o desequilibrio dos menús, a escasez de comida e mesmo o mal estado da mesma. Aseguran que se abusa dos fritos, que a comida adoita chegar fría e que mesmo se detectou peixe con larvas.

CASA DA CULTURA

PARQUES INFANTÍS

Instalada a baranda de protección e haberá novos baños en outubro

Adxudicadas a colocación de pavimento continuo no parque infantil de Guitiande O Concello de Brión vén de adxudicar á empresa Jardinería Arce SL a realización das obras de instalación de pavimento continuo no parque infantil na aldea de Guitiande, que suporá un investimento de algo máis de 25.000 euros. Unha ac-

Despois de varios anos de tiras e afrouxas coa Dirección Xeral de Patrimonio, que non quería converter a zona nun “patio inglés” (quizáis prevendo o “Brexit”), por fin a Casa da Cultura conta cunha baranda perimetral de seguridade, obra do arquitecto César Portela, cuxa actuación desbloqueou a inicial cerrazón por parte da Xunta. Agora está prevista unha nova intervención no interior do inmoble, onde se arranxarán os baños da sala municipal de exposicións. Unhas obras que terán lugar a finais de setembro ou principios de outubro. 6 | Concello de Brión

tuación que mellorará a seguridade dos meniños que utilizan estas instalacións. As obras teñen un prazo de execución de tan só dous meses, polo que deberían estar finalizadas a finais deste mesmo verán.


ACTUALIDADE REVISIÓN CATASTRAL

Catastrazo de Facenda a veciñanza O Concello aproba bonificacións do 90% do IBI en solo rústico e estuda poder fraccionar o pago das cantidades máis elevadas tro. Que significan todo este rebumbio de cifras? Simplemente que de ter sido noutro Concello, habería que pagar moito máis.

Durante a primeira quincena de xuño, centos de veciños e veciñas de Brión recibiron unha carta que os trasladou anos atrás. Un viaxe temporal que non se debía a que, en plena era dixital, o papel se impuxera por unha vez aos mails e aos whatsapps. Nin tampouco era unha reposición do programa da Gemio, aínda que ben podería levar o mesmo título: “Hai unha carta para ti”. Era unha misiva do Ministerio de Facenda reclamando cartos por obras feitas hai anos. O temible “Catastrazo” de Montoro aterraba en Brión sen que ninguén o convidara, a pesar das suxerencias dalgún grupo político, e o rebumbio que se montou foi de órdago. Sesenta, catrocentos, dous mil... miraras onde miraras había alguén que che contaba o pago que lles esixía Facenda en plena crise económica. E, como adoitan ser estas cousas, o pago se esixe para antonte. Ante tal desconcerto, o Concello de Brión organizou unha charla informativa sobre o proceso de revisión catastral, impartida por técnicos de Unións Agrarias. Dicir que o polivalente quedou pequeno é dicir pouco. Durante case dúas horas, os técnicos de UUAA explicáronlles aos presentes como interpretar a carta que

facer aprazamentos nos pagos, sobre todo para aqueles veciños que teñen que facer fronte a cantidades importantes polos atrasos de catro anos”. A maiores, o Concello estudará bonificacións de carácter social e a posibilidade de introducir modificacións do tipo de gravame para determinados usos catastrais.

A maiores, o alcalde José Luís García levou a pleno, dous días despois, unha iniciativa para establecer bonificacións de ata o 90% do IBI para os veciños en solo rústico, que é De momento se descoñece o máximo permitido pola lei para municipios como Brión, o número exacto de veciños como corroboraron os técnicos e veciñas afectados polo prode Unións Agrarias. O pleno cedemento de regularización recibiran do Catastro e o pro- municipal aprobou por unani- catastral iniciado este mes de cedemento e prazos para po- midade a proposta do alcalde, xuño, do que tan só se coñece der presentar reclamacións. que anunciou que “Interven- que hai abertos 1.600 expeción estudará a posibilidade de dientes. En primeiro lugar, os técnicos deixaron ben claro que PROCEDEMENTO esta revisión Catastral non foi solicitada: nin polo Concello Sobre as cartas certificadas recibidas polos veciños, os nin por ninguén. Trátase dun técnicos de Unións Agrarias informaron de que obrigan a paprocedemento realizado de gar 60 euros de taxas, que se poden abonar en dous prazos. oficio polo Catastro, a instanAdemais, advertiron de dous detalles: a existencia dunha cias do Ministerio de Facenda sanción por atraso no pago (do 20% de recargo) e de que dirixido por Cristóbal Montoro. non tiren ningunha documentación recibida. E, como nas malas pelis de terror, dá igual canto corras ou Acto seguido, explicáronlles como consultar o seu expeonde te agoches, ao final tes diente no Catastro a través de Internet (para o que precique pagar. san o Código Seguro de Verificación que lles chega na carta Mais como en toda escuridade sempre hai unha pequena luz de esperanza, dende Unións Agrarias salientaron que a Ponencia de Valores do Concello de Brión é bastante actualizada, pois data de 2006, e que a súa Base de Liquidación está entre as máis baixas da contorna, pois ten o mínimo legalmente permitido para o rústico (0,3) e o urbano está no 0,47 (fronte ao mínimo legal do 0,4). Así mesmo, salientaron que Brion é dos poucos Concellos que teñen tipos diferenciados para o fomento de industria, comercio e oficinas, que se benefician duns tipos tres décimas por debaixo dos demais; e que o seu Coeficiente de Multiplicación é do 1, polo que non altera o resultado que dean dende o Catas-

certificada) e como comprobar a veracidade dos datos. No caso de algún erro, os veciños dispoñen dun prazo máximo de 15 días, a contar dende a recepción da carta, para presentar alegacións. Unhas alegacións que poden presentar en UUAA, no Concello de Brión ou no Catastro. Neste sentido, puxeron énfase na necesidade de comprobar que non hai datos erróneos, que non se inclúen propiedades doutras persoas ou que as medicións son as correctas, xa que despois só se poderá reclamar vía recurso de reposición, que é un procedemento máis longo e complicado.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2016

Os Orzamentos de 2016 ascenden a 5,5 millóns, destinan 640.000 euros a inversión e reducen a débeda en 295.000 euros O alcalde sinala que “se as normas fosen outras fariamos uns orzamentos distintos” pero destaca que “son os primeiros nos que se nota unha melloría dende a crise” AUMENTOS DOS SERVIZOS SOCIAIS

Os orzamentos do Concello de Brión para 2016 medran un 8% con respecto aos de 2015 e contemplan un superávit de 106.000 euros, xa que o orzamento de gastos ascende a 5.473.617,78 euros mentres que o orzamento de ingresos é de 5.579.084,57 euros. Uns orzamentos que foron aprobados cos 11 votos a favor do PSOE e do PP; e cos 2 votos en contra do BNG. O alcalde José Luís García explica que “este orzamento cumpre coa normativa. Non nos sentimos moi orgullosos porque, se as normas fosen outras, fariamos uns orzamentos distintos pero tamén hai que recoñecer que son os primeiros nos que se nota unha melloría dende a crise de 2010”. O alcalde tamén salienta unha “importante reducción” da débeda viva, que pasará dos 360.138 euros aos 66.000 euros “porque imos amortizar catro préstamos”.

García defende que “é un orzamento moi baseado na parte social, pois leva obras e inversións en atención social que si son para sentirse orgulloso”. Así, a partida destinada a servizos sociais e atención no fogar medra un 26%, dos 421.000 euros de 2015 aos 530.100 euros previstos para 2016. Especialmente significativo é o crecemento en cursos formativos e actuacións de orientación laboral para desempregados, que duplican a súa partida (de 45.900 a 92.829 euros). Tamén aumentan as partidas dedicadas aos centros educativos, que pasan de 528.000 a 598.000 euros; e a parques e xardíns, que medra dos 74.825 euros de 2015 aos 113.299 euros de 2016. Finalmente, o investimento en cultura crece dos 424.000 aos 504.000 euros; mentres que a de Deportes aumenta dos 155.000 aos 175.000 euros; grazas ás maiores achegas da Deputación.

vestimentos, 206.500 € máis ca en 2015. Nesta partida figuran 119.170 euros para o mantemento de beirarrúas en Bastavales e Os Ánxeles, a mellora de pistas de acceso ao Goiáns, Ombre e Vilar; e para as conexións con Esparís e o tramo entre Guitiande e Adoufe. Outros 100.000 € destinaranse a mantemento de camiños nas aldeas de Babenzo, Baliño e Alqueidón (49.209 euros) e na conexión de Guisande (Os Ánxeles) coa AC-300 Os Ánxeles – A Picaraña (66.591 euros).

Así mesmo, destinaranse outros 100.000 euros para mellorar o illamento térmico do centro polivalente e do pavillón, así como 32.783 para instalar pavimento continuo nos parques infantís de “Devesa da Gándara” e “Monte Devesa”. Garcia destaca tamén os 71.398 euros para ampliar a rede de abastecemento e saneamento en Coruxido e Bastavaliños (Bastavales) “de forma que chegamos a algunhas casas Os Orzamentos de 2016 que aínda non recibían estes destinan 641.000 euros a in- servizos”.

OPOSICIÓN O voceiro do PP, David García Arcos, xustifica o seu voto favorable en que “o orzamento é correcto, cumpre o límite e a regra de gastos” e indica que “nos gustaría que en traballos e servizos realizados por outras empresas se controlase máis que o servizo que prestan teña a calidade que debería ter”. Pola súa banda, o naquel momento voceiro do BNG, Xesús Pena Espiña, xustificou o voto en contra en que “é unha proposta pechada do Grupo de Goberno, sen diálogo coa oposición”. Pena Espiño propuxo medidas para incrementar os ingresos para camiñar cara unha maior autonomía fiscal do Concello como “aumentar os ingresos polo IBI a través da actualización dos bens inmobles. Habería que actualizar o Catastro” e que o Concello faga un traballo para que os veciños que dispoñan de vehículos os dean de alta no municipio. Estas medidas non foron aceptadas. 8 | Concello de Brión


ACTUALIDADE CAMIÑO DE SANTIAGO

VILA TERMAL

Brión colaborará na promoción do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia

Brión adhírese ao proxecto “Vilas Termais” da FEMP

Asinase un protocolo para a oficialización deste Camiño Xacobeo

O alcalde de Brión participou na sinatura en Noia dun protocolo de colaboración entre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Ames, Santiago de Compostela e Brión para a promoción conxunta do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia. En virtude deste acordo, os nove concellos promoverán o lanzamento de novos proxectos conxuntos para a promoción turística e económica deste Camiño Xacobeo, comprometéndose a intercambiar información e experiencias e a colaborar política e tecnicamente. O obxectivo fundamental deste protocolo é deseñar e elevar propostas conxuntas que permitan axilizar a oficialización do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia. Para conseguilo, levaranse a cabo distintas iniciativas. A máis inmediata é a creación dunha ruta de sendeirismo seguindo o mesmo trazado da ruta prevista para o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, en tanto non se oficializa e demarca definitivamente esta. Tamén se realizarán as xestións necesarias coas diferentes Administracións para a consecución de financiamento destinado á promoción, sinalización e conservación do Camiño; e os nove concellos se comprometen a intercambiar documentación e información relacionada co Camiño Xacobeo. Este protocolo, que non supón achega económica algunha ten unha duración inicial dun ano, prorrogable por idénticos períodos. Unha comisión, formada por dous representantes de cada concello, encargarase do seguimento das actuacións contempladas no acordo, reuníndose, cando menos unha vez cada tres meses.

Se no número pasado alertabamos da chegada de plagas como a vespa velutina ou a herba da pampa, nos últimos meses tamén apareceu por Brión unha nova plaga. Neste caso son de corpo metálico, de cor marrón, están emprazados a pe de estrada e algúns asinados pola Xunta de Galicia e levan a lenda “Brión, vila termal”. Nin que dicir ten que as bromas non tardaron en xurdir, e non foron poucos os que nas redes sociais dicían que Brión era o mesmiño que Ourense. O ruxe ruxe mesmo chegou ao pleno municipal en forma de moción do PP e de pregunta do BNG. O alcalde explicou que o Concello non tivo nada que ver na instalación destes carteis nin coa denominación “Brión, vila termal”, que foi realizada de xeito unilateral por parte da Xunta. Iso non quita que o alcalde brionés considere que a iniciativa “pode ser algo beneficioso para o noso concello”. Por iso, o pleno acordou por unanimidade solicitar a adhesión de Brión ao proxecto “Vilas termais”, posto en marcha pola FEMP para promover as entidades locais con augas minerais e termais. Unha proposta presentada polo PP, cuxo voceiro destacou que en Brión “as augas están catalogadas e o recoñecemento de Brión como vila termal sería beneficioso tanto en materia de difusión turística como de promoción”. O alcalde coincidiu con esa posición, pero anunciou que “ademais das augas termais do Tremo, en Brión temos as augas que están entre Soigrexa e Estrar, que teñen propiedades específicas, sobre todo para o tratamento de anemias”, polo que solicitará que a sinalización non se limite só ao Hotel Balneario Compostela. Ademais, insistiu en que “as augas do Tremo son termais e contan con importantes propiedades”. O BNG sumouse á iniciativa, se ben amosou o seu malestar por que a Xunta instalara os carteis sen comunicarllo previamente ao Concello.

O alcalde de Brión sinala que “dende Brión levamos xa anos traballando e enviando documentación á Xunta para solicitar a oficialización deste Camiño. Sabemos que Noia era porto de Compostela e temos datos de que o bispo Xelmírez mesmo ordenou construír un albergue para os peregrinos que facían este traxecto”. O Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia é unha variante marítima do Camiño Inglés, con chegada dos peregrinos ata os portos de Muros, Porto do Son, Freixo e Noia, continuando dende alí por terra polos concellos de Lousame, Rois, Brión e Ames ata Santiago. Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE ELECCIÓNS 26-X

Vitoria do PP, que consegue máis escanos e busca apoios para tratar de conformar goberno Con respecto aos primeiros comicios de decembro, en Brión medran PP e PSOE e descenden Podemos-En Marea, Cidadáns e BNG Os resultados das pasadas eleccións xerais do 26 de xuño revalidaron o triunfo do Partido Popular de Mariano Rajoy, que ademais foi a única forza que medrou en votos e escaños fronte aos comicios de decembro de 2015: 137 escanos e 7,9 millóns de votos. É dicir, 14 deputados e case 700.000 votos máis. Por outra banda, o tan anunciado adiantamento de Podemos ao PSOE non tivo lugar, deixando aos socialistas como segunda forza parlamentaria con 85 escanos (5 menos) e a Unidos Podemos cos mesmos 71 deputados. Cidadáns transformouse no “graneiro” de voto do PP, perdendo 8 escanos ata quedar con 32; mentres co BNG volveu quedar fóra do Congreso, deixando polo camiño case a metade dos apoios obtidos en decembro. Así as cousas, as eleccións deixan dúas cousas moi claras: o total desprestixio das em-

Resultados das eleccións ao Congreso en Brión

presas de sondeos electorais, que non deron unha a dereitas nin a esquerdas; e o desafío que ten por diante Mariano Rajoy para evitar unhas terceiras eleccións consecutivas. Por unha banda, é o que sae máis reforzado dos comicios pero está lonxe da maioría absoluta e, incluso, de poder ser elixido presidente, pois parte de inicio co rexeitamento de

todos os grupos da oposición. Polo que se nos aveciña un verán de reunións, negociacións e cantos de serea que eviten unha impensable repetición electoral. No que atinxe ao municipio de Brión, a participación caeu en case dous puntos con respecto as eleccións de 2015 (68,88% fronte ao 70,45%),

cun total de 4.141 votantes fronte aos 4.215 de decembro. Partido Popular (+191) e PSdeG-PSOE (+9) son as únicas forzas políticas que medran en apoios con respecto a decembro de 2015. Pola contra, Podemos-En Marea é segunda forza, pero déixase 141 votos; mentres que Cidadáns perde 46 sufraxios e o BNG cae en 73 votos.

DEMISIÓN

BAIXA

O Partido Popular incorpora a Saturnino Abete tras a renuncia de Patricia Agrafojo

Xesús Pena dáse de baixa no grupo municipal do BNG e pasa a ser concelleiro non adscrito

O pleno municipal de Brión conta cunha nova incorporación no grupo municipal do Partido Popular, onde Saturnino Abate substitúe a Patricia Agrafojo Lois, que presentou a súa demisión o pasado mes de abril por motivos persoais e laborais. Agrafojo Lois agreceulle á corporación “o bo trato recibido durante todo este tempo”, mentres que o alcal-

O concelleiro Xesús Pena Espiña deuse de baixa nos grupos político e municipal do BNG, polos que fora elixido nos comicios de 2015, polo que durante o resto da lexislatura será concelleiro non adscrito. Este feito supuxo que deixou a portavocía do BNG e a representación na Asemblea Xeral da Mancomunidade Serra do Barbanza, cargos que pa-

10 | Concello de Brión

de José Luís García aproveitou para agradecerlle “todo o traballo que fixo polo Concello de Brión, ademais de desexarlle moita sorte no persoal e no profesional”. Saturnino Abete é un vello coñecido do salón de plenos brionés, ao que accedeu na pasada lexislatura tamén a raíz da renuncia doutra compañeira, María del Mar Cobas Cajuso.

saron ao outro concelleiro nacionalista José Luís Penas Corral. O alcalde acordou a integración do exconcelleiro nacionalista nas catro comisións informativas existentes, como concelleiro non adscrito, mentres que Penas Corral pasará tamén a formar parte destas comisións representando ao BNG.


ACTUALIDADE AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS

EMPREGO

O Concello destina case 30.000 euros para os colexios e as asociacións culturais e deportivas

Brión e Ames porán en marcha dous novos obradoiros de emprego con 35 alumnos e 10 mestres

O Concello de Brión investirá este ano 29.500 euros en axudas e subvencións aos centros educativos, asociacións culturais e entidades deportivas do municipio. Unhas achegas que se manteñen con respecto a exercicios anteriores pero cunha salvedade: nesta ocasión a subvención para a Asociación de Caza Altamira será asumida pola Deputación Provincial da Coruña, unha achega coa que esta entidade se encargará da limpeza de parte dos nosos montes. Cuantitativamente falando, 15.800 euros, as achegas máis significativas son ás dos clubs deportivos: Bastavales UD, SD Brión, SD Luaña e Brión Futsal. Unhas aportacións que varían en función do número de deportistas cos que conta cada entidade. O Concello tamén achega 8.300 euros para colaborar na organización de actividades extraescolares no CEIP de Pedrouzos, IEs Brión e nas escolas unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña. Finalmente, o Concello tamén aporta 5.400 euros para a Banda Municipal de Música de Brión e a Asociación de Mulleres Xuntanza, os primeiros para a realización de distintas actuacións polas parroquias e os segundos para as súas distintas colaboracións coas actividades municipais, como o programa Brión Solidario.

Os Concellos de Brión e de Ames porán en marcha nos próximos meses dous novos obradoiros de emprego, RenovAmes-Brión e Accede, que darán traballo durante seis meses a un total de 35 alumnos/traballadores e a 10 mestres. Uns obradoiros que se porán en marcha o vindeiro mes de setembro e que, unidos a unha nova edición do programa InserAmes-Brión, permitirán que máis dun cento de veciños e veciñas poidan participar nalgún programa formativo. O obradoiro de emprego RenovAmes- Brión está dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa para a mellora da eficiencia enerxética no local social dos Ánxeles e nos inmobles da Banda de Música Municipal de Brión, na Biblioteca Municipal e na Escola de Música Magariños. Un programa para o que o Concello de Brión achegará algo máis de 39.000 euros e que permitirá formar a quince desempregados durante 6 meses. Este obradoiro conta cunha achega de 180.000 euros da Xunta de Galicia. O segundo obradoiro de emprego, denominado Proxecto Accede, contará coa participación de 20 alumnos/traballadores e 5

profesores durante un período de seis meses. Nesta ocasión, o alumnado recibirá formación en albanelería, realizando nas súas prácticas distintos traballos de pavimentación e mellora da accesibilidade dos espazos públicos municipais de Brión. A aportación da Xunta é, novamente, de 180.000 euros, mentres que o Concello brionés achega outros 17.000 euros. Por último, a novena edición do programa integrado para o emprego InserAmesBrión beneficiará este ano a sesenta veciños e veciños desempregados, que durante doce meses poderán beneficiarse de distintos cursos e accións formativas dirixidas á súa integración no mundo laboral. Un proxecto orzamentado en algo máis de 130.000 euros e que se porá en marcha o próximo mes de setembro. Lembra que para máis información sobre estes ou outras iniciativas de formación e emprego podes dirixirte á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Brión, na Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 509 908 ou enviar un mail a adlocal@briondixital.org ou a orientacionlaboral@briondixital.org.

Os distintos convenios de colaboración foron asinados estes días polo alcalde José Luís García e os presidentes ou representantes de cada unha das entidades ou clubs. Revista Altamira | 11


BRIONESES

BRION 5: querer é poder

Integrantes do equipo BRIÓN 5: Karen Manukyan e Martiño Lorenzo García (4º da ESO) e Andrea de la Plaza Lamas, Ángel Miranda Juncal, Lois Meira López e Christian Capeáns Pérez (Bacharelato) O que pasou este curso no IES Brión non ten precedentes que saibamos. Nin en Brión, nin en ningures. Porque un grupo de alumnos de Bacharelato (Andrea de la Plaza, Ángel Miranda, Lois Meira e Christian Capeáns) e dous rapaces de 4º da ESO (Karen Manukyan e Martiño Lorenzo) arrasen en todos os concursos de robótica aos que se presentaron non é o habitual.

Tras gañar dous prestixiosos certames de robots segueliñas (“Sensores para todos”, de Igaciencia; e o OSHWDem 2015), quedaron terceiros na II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e veñen de quedar segundos no Desafío Stem, convocado pola Fundación Telefónica e no que competiron con outros 1.500 proxectos de toda España.

- Como xurde o proxecto “Autómatas con capacidade de aprendizaxe”? - (Lois Meira) O proxecto xurdiu despois de moitas dúbidas porque sabiamos que tiñamos que facer unha primeira fase de presentación do equipo e xa se nos dixera que tiñamos que dicir moi por encima de que ía o proxecto. Se nos ocorreu traballar sobre intelixencia artificial e máquinas que aprenderan. De aí o nome, “Autómatas con capacidade de aprendizaxe”.

do nun robot para que so che siga a ti. -(Christian Capeáns) A min me parece que pode ser de gran axuda para a Policía. Se reciben un aviso dalguén que escapa, isto podería localizalo e informarlles da súa posición.

- Este vídeo foi a achega de Mariño e Karen ao proxecto. - (Martiño Lorenzo) O que fixemos foi gravar os vídeos para a presentación ao concurso, xa que había que enviar material. - (Karim) Participamos antes de que se fixera o proxecto e despois xa quedamos no grupo. - (Lois) Cando nos puxemos a traballar nas seguintes fases, acabou neste sistema que po12 | Concello de Brión

des levar a distintos tipos de robots ou drones e que os dota de capacidades intelixentes e de aprendizaxe para a detección de caras, identificación de persoas. - Falas dalgo que fixestes no IES pero semella máis propio de películas de ciencia ficción ou series tipo CSI. -(Lois) O problema que temos é que este ordenador ten moi pouca potencia e, á hora de procesar. Se tiveras un dron máis grande cun ordenador máis potente, cunha cámara con moita máis resolución e aí si que poderías detectar moitísimas máis caras e si que se achega a unha funcionalidade máis profesional. - Que aplicacións prácticas podería ter este proxecto? -(Angel Miranda) Seguridade, fundamentalmente. Cámaras que se movan na busca dun determinado rostro. -(Lois) Ou podería ir monta-

- Volvemos outra vez ao mundo das películas e esas identificacións de persoas a través das cámaras. Ou é xa unha realidade? -(Christian) Se fomos quen de facelo nós, imaxina unha empresa con cartos e coñecemetnos. - Falas de coñecementos, e moitos debe haber neste grupo para ir de premio en premio. Como cos segueliñas. -(Lois) Afortunadamente saímos do segueliñas. -(Christian) Outro segueliñas non, por favor. Desde principios de 4º da ESO facendo robots se-

gueliñas, mellorándoos, implementando novas ideas para que sean máis rápidos. Empezamos quedando 4º e fomos escalando postos ata gañar. -(Lois) A primeira proba de segueliñas á que nos presentamos foi a da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo no 2014 e quedamos 6º ou 7º. Este anos, que se presentaron tres veces máis centros, quedamos terceiros. E tamén na OSHWDem quedamos primeiros. Este ano tivemos problemas técnicos na final pero quedamos nunha boa clasificación. Xa levamos moito traballado con segueliñas e queriamos facer algo novo. -(Ángel) Ademais nisto somos un equipo, repartindo o traballo. Un segueliñas perfectamente o pode facer unha soa persoa. - Cantas horas hai detrás de “Autómatas con capacidade de aprendizaxe”?


BRIONESES -(Lois) Bastantes pero menos das que te podes pensar e, en comparación con outros proxectos que se presentaron a este mesmo concurso, moitas menos. Porque mentres eles xa estaban traballando en todas as fases do concurso, nós aínda estabamos nas nosas batallas na OSHWDem. -(Andrea de la Plaza) É que se nos acumularon unha serie de proxectos. -(Lois) Realmente nos puxemos con el dous meses antes de que acabara o prazo de entrega dos proxectos. -(Andrea) Porque estabamos xusto acabando todos os outros concursos -(Ángel) Máis ben un mes. - Estades dicindo que quedastes segundos nun premio nacional cun proxecto que fixestes a última hora e ás presas e correndo? - Exactamente (todos rin). -(Christian) Algo así. Non correndo pero si que nos levou pouco tempo. -(Lois) E seguro que moito menos que outros que se presentaron ao concurso. -(Andrea) O que pasa é que ao estar abarcando tanto, eran moitos concursos á vez e lle iamos dedicando tempo ao concurso que ía saíndo nese momento. -(Christian) Sabemos que outros centros que se presentaron de Galicia dedicáronlle todo o curso a este proxecto. A nós nos avisaron en febreiro, cando a competición era en maio. Nós dixemos que vale, pero que tiñamos que facer primeiro outras cousas. E acabamos dedicándolle iso, pouco máis dun mes. -(Lois) A principios de abril fixemos o primeiro vídeo e ata finais dese mes, que foi cando acabamos co da Escola de Enxeñería Industrial, non nos puxemos. Ao final, foi un mes de traballo técnico no proxecto e de desenvolvemento do código... -(Andrea) Pero durante ese mes si que nos dedicamos bastante a este proxecto. -(Ángel) Máis que ao día, vivíamos ao límite. A cuestión é ter interés. -(Lois) E tamén son moitas horas na casa.

- Interese vese que hai porque nos contaron que vos agasallaron cun kit de robótica e, no tren de volta a Brión, mentres os vosos mestres viñan descansando, vós xa estabades montando algo. -(Lois) Despois de estar a 40 grados e con ese chocolate que xa estaba derretido, foi gracioso. -(Christian) Montamos un sensor de proximidade. -(Lois) Non tiñamos fonte de enerxía e quitámoslle a batería ao móbil de Ángel e empezamos aló a fuchicar.

e traballar en máis cousas que innoven. -(Lois) Especializalo nun campo en particular, apostar por unha aplicación e ir a tope con ela. De aí pode saír algo. Cos recursos que temos puidemos facer estas cousas, que é o realmente importante. A webcam non é nada do outro mundo, a estrutura a gañamos da OSHWDem e o outro no Igaciencia. Presuposto do proxecto: cero.

- Visto que no voso caso coinciden tanto a afición como a habilidade, teredes seguro a que vos ides adicar. -(Lois) Algúns máis que outros. Eu teño claro que quero seguir polo campo da tecnoloxía e ao mellor unha enxeñería. Pero o que é unha carreira universitaria en particular aínda non o teño decidido. -(Ángel) Eu son máis de ciclo medio e me gustaría traballar como programador de software. Estudalo é máis divertido que traballar, polo que penso que vou tirar máis de talento e interese e voume meter no sector da automoción. -(Andrea) Eu estou intentando organizar un pouco as ideas. Algo relacionado co deseño.

- Iso é o que buscan as empresas en épocas de crise... -(Lois) Este robot parece máis complexo do que en realidade é. Empezamos co segueliñas, puxemos un sensor e despois unha cámara. Ao final é ter unha base sinxela e ir engadindo cousas. Incluso diría que o robot non está nin ben montado. -(Ángel) É máis sinxelo do que parece. -(Christian) Se hai interese podes aprender o que queiras. Hoxe en día podes atopar todo en Internet. No concurso tiñamos un mentor pero non tivemos que consultar nada. -(Lois) Pero como nos dixeron que estaba ben visto que se lle consultase algo o que fixemos foi enviarlle unha mensaxe feita a correr que tiña palabras pero non dicía nada. Nos deixaron ir pola nosa conta e dirixir nós.

- Pensades que este proxecto podería ser o punto de partida para chegar a patentar algunha innovación. -(Andrea) Teríamos que profesionalizalo un pouco máis

- De onde veñen os coñecementos que empregastes? -(Lois) Internet -(Angel) Pódese dicir que somos autodidactas. -(Christian) Os profesores

nos axudaron, sobre todo, cos segueliñas e para formar unha mente lóxica, que puideramos pensar como programadores. Pero o que é aprender e documentarnos, todo por Internet. Por iso che digo que non aprende quen non quere. - Como vos vedes nun futuro próximo? - (Lois) É un sector moi cambiante, e faino moi rápido. Por iso non teño claro o que quero facer en cuestión de estudos. Podes estudar unha cousa e cando acabes xa esté anticuada. -(Ángel) Eu traballando para alguén non o aguanto. Fareino para coller experiencia e logo poñerme pola miña conta. -(Lois) Ter unha boa idea e levala a cabo, cunha empresa que funcione ben e que a xente o vexa ben e funcione entre o público é o que máis éxito ten. -(Christian) Podo facer spam? A principios do ano que vén estamos pensando empezar unha empresa de videoxogos. Estamos deseñando un videoxogo, a ver se o temos para setembro e temos a empresa montada para xaneiro. - Que lles dicides aos que veñen detrás despois de deixarlles o listón tan alto? -(Andrea) Que non se desanimen. Pódese. -(Lois) Que poñan interese e non pensen que estas cousas veñen soas. Hai que dedicar moitas horas na casa e ter confianza en que se pode facer. E botarlle horas.

Entrega en Madrid do 2º Premio do Desafío Stem ao alumnado do IES Brión Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS ESCOLA INFANTIL

Os meniños da gardería municipal celebran a fin do curso cos seus pais e nais Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Brión celebraron unha festa de fin de curso, na que participaron máis dun cento de pais e nais. Os pequenos asistiron todos coas mesmas camisetas, deseñadas polo profesorado do centro e pintadas polos meniños, e recibiron o correspondente diploma de “graduación”, antes de participaren nunha pequena festa con lambonadas e zumes para todos os presentes.

contacto directo e habitual cos pais e nais, poir iso organizamos actividades para que veñan á gardería e vexan como se traballa cos seus fillos e fillas”. Unha situación que se puido comprobar especialmente co gallo do Entroido, no que moitas nais acudiron á chama-

da da gardería para axudar a elaborar os disfraces e mesmo presentarlles aos meniños ou-

tras personaxes do Entroido, como os “Felos” de Maceda (Ourense).

A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a importancia deste tipo de actividades xa que “para nós é moi importante manter sempre un

MAIORES

Gran festa de clausura das actividades para maiores O Polivalente acolleu o xantar de fin de curso das actividades para maiores, que reuniu ao alumnado dos obradoiros de teatro, memoria, informática, manualidades, piscina e ximnasia. Estes últimos mesmo se luciron cun baile coreografiado pola súa mestra para amenizar a tarde.

FOTOS: Jina Estada

TEATRO

Éxito de Trangalleiro Teatro Os maiores do grupo Trangalleiro Teatro estrearon no centro social polivalente a súa última obra “A Raiña desnuda” que, como en actuacións anteriores, rexistrou un grandísimo éxito de público. 14 | Concello de Brión


SERVIZOS SOCIAIS UN GRAN XESTO

IGUALDADE

Entrega solidaria dunha bicicleta e equipamento do Clube Ciclista Cambre a un rapaz de Brión

A Biblioteca Municipal conta cun Punto de Interese sobre Igualdade

As accións solidarias son dignas de agradecemento. Así como dende “Altamira” son moitas as veces nas que felicitamos a todos os veciños, empresas e entidades que cada ano colaboran en actividades coma o Brión Solidario, nesta ocasión queremos facernos eco da solidariedade amosada polo Club Ciclista Cambre cara un rapaz do noso municipio. O presidente deste club, Antonio Carrodeguas, explica que todo xurdíu co gallo da xincana infantil organizada co gallo da XV Volta Ciclista á Provincia da Coruña. “Cando chegou este rapaz falou coa nosa tesoureira, Lisi Paradela, a quen lle dixo que quería participar, pero que non tiña bicicleta porque non se podía permitir mercala…”, relata o presidente do Clube Ciclista Cambre, quen lembra que precisamente a tesoureira foi unha das impulsoras desta entrega solidaria. “Emocionounos moito a súa historia e decidimos que non podía quedar sen bicicleta”, afirma Carrodeguas. Por iso, días despois o presidente do Club Ciclista Cambre e o seu director, Agustín Ares, desprazáronse ata Brión para facerlle entrega a este rapaz dunha bicicleta de montaña e mais un equipo completo (casco, maillot e camiseta) da asociación para que poida practicar este deporte que tanto lle gusta. Unha iniciativa solidaria aplaudida polo noso alcalde José Luís García, en nome deste rapaz do que, por razóns obvias, imos manter oculta a súa identidade.

O Concello de Brión aproveitou a conmemoración do Día Internacional da Muller para poñer en marcha un Punto de Interese sobre Igualdade na Biblioteca Municipal. Unha iniciativa que está conformada por unha escolma de documentos bibliográficos e audiovisuais sobre a igualdade social entre mulleres e homes, así como a prevención da violencia de xénero. Este material, independentemente do seu formato, está accesible de xeito permanente a toda a veciñanza tanto para consulta en sala como para empréstito a domicilio. Este Punto de Interese sobre Igualdade actualizarase ao longo do ano coas incorporacións procedentes das propias coleccións da biblioteca, novas adquisicións e doazóns de institución ou particulares. Así mesmo, o punto conta cunha caixa de suxestións e un “Muro da igualdade”·, onde os visitantes poden deixar mensaxes relacionadas coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A posta en marcha deste Punto de Interese sobre Igualdade é a primeira das accións que o Concello de Brión ten previsto desenvolver ao longo deste 2016 en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero. A próxima será a presentación do III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, que está a ultimar o Departamento de Servizos Sociais, así como a difusión das conclusións e da avaliación do plan anterior, que faremos no próximo número de “Altamira”. Entre os proxectos previstos neste novo plan figura a creación e difusión dunha “Guía de linguaxe non sexista”, especialmente dirixido á Administración municipal.

EXCURSIÓN DOS MAIORES

Os nosos maiores participaron nunha excursión a Portugal Un total de 160 veciños e veciñas de Brión, participaron na tradicional excursión dos maiores que cada ano organiza o Concello, que este ano tivo como destino a vila de Braga e, concretamente, o Santuario do Bom Jesús. Os autobuses recolleron aos veciños nas parroquias a partir das sete da mañá do pasado sábado 18 de xuño. A excursión incluíu a visita ao santuario, un xantar con posterior verbena de sobremesa en Vila Praia de Áncora (Quinta do Cruzeiro) e unha paradiña en Valença do Miño con tempo para realizar compras na vila. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES

A Festa da Letras reuníu na carballeira a máis de 700 nenos e nenas de todos os centros escolares de Brión para homenaxear a Manuel María

RESUMO DE ACTIVIDADES

O mellor tributo dos rapaces e rapazas do colexio e do instituto á cultura: a Festa das Letras na Carballeira Teatro, arte, sendeirismo e exposicións caracterizan o primeiro semestre de 2016 Homenaxe a Rosalía de Castro dos nenos/as do CEIP de Pedrouzos

Os Quinquilláns representaron “Espantallo amigo” ante 500 alumnos

Momento da clausura das actividades de baile tradicional e pandeireta

16 | Concello de Brión

Escoller unha única actividade de entre a variada programación cultural e deportiva do Concello de Brión sería unha auténtica temeridade. Cando menos ata a celebración, o pasado mes de maio, da Festa das Letras na Carballeira. Porque reunir a máis de 700 rapaces e rapazas do CEIP de Pedrouzos, do IES de Brión e das escolas unitarias de Luaña, Bastavales e Os Ánxeles en torno á figura de Manuel María merece unha mención especial. E non só pola dimensión cuantitativa da actividade, que tamén, senón especialmente polo gran traballo previo realizado por estes pequenos e os seus mestres, que encheron a carballeira de Santa Minia de poesía, música, baile e cantos tradicionais. Non se pode pedir mellor final para un programa das Letras Galegas cunha ducia de representacións teatrais, recitais de poesía, monicreques e charlas coloquio da man de prestixiosos artistas como Larraitz Urruzola, Darío Xohán Cabana, Serafín Marco, Luís Vallecillo, Títeres Alakrán (que tamén escolleu

Brión para a presentación da súa obra “Os soños na gaiola” que debeu impactar nos nosos pequenos, a tenor do feixe de gaiolas que adornaron a carballeira), Trinke Trinke Teatro, Fantoches Baj ou Titereficciós. Uns actos nos que tomaron parte todos e cada un dos escolares brioneses. Outra das grandes iniciativas destes meses foi a representación que Os Quinquilláns fixeron ante de 500 nenos do CEIP de Pedrouzos da adaptación teatral dunha noveliña de Neira Vilas: “Espantallo amigo”. O traballo conxunto de Concello, Editorial Galaxia, ANPA Andaravía e CEIP permitiu agasallar aos pequenos cun exemplar desa novela. Porque non hai mellor forma de celebrar o Día do Libro. E co verán salientamos tres actividades. Algunhas xa tradicionais, como as exhibicións das escolas deportivas, música e danza tradicional. Outras que gañan adeptos, como as 5 propostas da tempada de sendeirismo.


CULTURA E DEPORTES FÚTBOL BASE

Os benxamíns das Escolas Deportivas de Fútbol Sala, campions da Liga do Tambre

Exhibición de Patinaxe para finalizar o curso 2015/2016

Ruta de sendeirismo das minas en A Pontenova.

Exito da edición 2016 dos Encontros coa Arte Este ano os “Encontros coa Arte: de L´Empordà a Galicia” reuniron en Brión a 38 artistas galegos e cataláns. Ademais, como salientou o noso alcalde José Luís García, “que un Concello de pouco máis de 7.500 habitantes poida presentar aos seus veciños dúas exposicíons de gran calidade e con firmas de tanto prestrixio como as que colgan da sala de exposicións municipal e do Balnerario do Tremo é para estar orgulloso do traballo realizado”.

Os nenos das Escolas Deportivas de Fútbol Sala do Concello de Brión proclamáronse campións da Liga de Concellos do Tambre de Deporte Escolar, cuxa fase final se disputou en Muros. Os benxamíns das Escolas Deportivas de Brión gañaron con claridade os seus dous encontros da fase final, vencendo 6-3 na semifinal ante A Baña e derrotando na final ao equipo local de Muros por 4 goles a 1. Os doce rapaces brioneses, de idades comprendidas entre os 9 e os 10 anos, estiveron acompañados polo seu adestrador e técnico de Deportes do Concello de Brión, Xosé Manuel Trigo, e recibiron as medallas e o trofeo de campións da man da alcaldesa de Muros, María Xosé Afonso.

PIRAGÜISMO

O brionés Luís Guilbert Pérez, campión de España Infantil de piragüismo

Luis Guilbert Pérez, do Club Ribeiras do Tambre e alumno de 1º de ESO do IES Brión, conseguiu o primeiro posto na categoría K-1 Infantil B (13 anos) no Campionato de España Infantil de Piragüismo sobre a distancia de 3.000 metros, celebrado o pasado mes de maio en Sevilla. Na mesma proba a brionesa Laura Ardións Otero quedou no posto número 24 . Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES PREMIO

O alumnado de 1º da ESO do IES Brión, primeiro premio en “Deseño de aplicacións informáticas con Scratch” Deseñaron un xogo de ordenador consistente nun laberinto cara Compostela no que hai que superar probas relacionadas co Camiño de Santiago O que é a aprendizaxe. O pasado mes de outubro o IES Brión era un dos tres centros escolares escollidos pola Deputación da Coruña para participar na III Semana Europea da Programación, durante a que aprenderon a programar un videoxogo con Scratch, e tan só oito meses máis tarde están recollendo o primeiro premio de secundaria en “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia e ligado ao programa “Aprendo programando” do “Plan Proxecta”.

Baixo o título “Andando o Camiño”, o grupo “Camiñantes” (alumnos e alumnas de 1ª da ESO do IES Brión) logrou superar as tres fases de valo-

ración estipuladas no concurso e converterse no mellor proxecto en Galicia para alumnos e alumnas de 1º a 3º de secundaria.

“Andando o Camiño” é un pequeno xogo consistente en percorrer un laberinto que nos leva ata Compostela. Para conseguir chegar á nosa meta, teremos que mover ao noso peregrino pola pantalla do ordenador empregando as frechas de dirección do noso teclado e, despois superar unha serie de preguntas relacionadas co Camiño de Santiago, ir desbloqueando o traxecto ata Compostela. Como en calquera videoxogo, o xogador ten 3 vidas e debe evitar bater cos bordes do labirinto. Podes xogar con “Andando o Camiño” no enlace: https://scratch.mit. edu/projects/107595705/.

IES BRIÓN

CEIP PEDROUZOS

Unha nova graduación de alumnos e alumnas do IES

Multiaventura e cultura na excursión de fin de curso de 4º de Primaria

O IES de Brión acolleu o acto de graduación dos 26 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, que veñen de superar a Selectividade. O director do IES de Brión, José Antonio Caneda, entregou a Matrícula de Honra a Minia Grobas e varias Mencións Especiais ao alumnado co mellor expediente. Antonio Dubert, en representación do alumnado, dixo que no IES “aprendemos a enfrontarnos mellor ás cousas. Sabiamos que era un curso complicado e que había que madurar. Agora, independentemente das notas, todos estamos un pouco máis preparados para enfrontarnos a un novo reto fóra do instituto”. Pola súa banda, o alcalde José Luís García agradeceu o traballo realizado polo profesorado e equipo directivo do instituto e polas familias, ademais de felicitar ao alumnado “por un traballo ben feito”.

18 | Concello de Brión

O alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Pedrouzos, acompañados por cinco dos seus mestres, desfrutou dunha merecida viaxe de fin de curso a Marín, onde combinaron unha visita cultural aos petróglifos de Mogor cunha baixada á praia. Despois de xantar no Parque dos Sentidos, a expedición desprazouse ata o Ecoparque Multiaventuras, onde gozaron ao máximo coas tirolinas en plena natureza.


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES DE VERÁN

Aberta a inscrición nas acampadas infantil e xuvenil

ACTIVIDADES

O prazo de inscrición nas escolas deportivas e culturais abrirase en agosto As anotacións nas actividades para maiores realizarase en setembro O Concello de Brión informa de que o prazo de inscrición nas Actividades Deportivas e Culturais 2016-2017 estará aberto do 22 de agosto ao 16 de setembro. As anotacións deberán realizarse en persoa (non por teléfono) no Departamento de Cultura e Deportes da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14:00 horas. Se se consegue un número mínimo de alumnos (entre 8 e 12 segundo a actividade), as clases comezarán o 1 de outubro. A oferta de obradoiros inclúe clases de inglés e alemán (150 euros), así como iniciación á pintura (80 euros). As clases da Escola de Danza e Música Tradicional inclúen: baile galego, baile moderno, gaite e percusión e pandeireta. Cada unha ten un prezo de 80 euros. No que atinxe ás Escolas Deportivas, a oferta inclúe: baloncesto, fútbol sala, fútbol 7, iniciación ao hockey, ioga, iudo, patinaxe, predeporte, tenis e ximnasia rítmica. Todas elas teñen unha cota de 80 euros, salvo ioga que é de 120 euros. No caso de inscribirse en máis dunha actividade, o Concello establece un desconto do 50% na tarifa de cada unha

das actividades restantes. Ademais, as familias con dous fillos e as consideradas numerosas terán unha bonificación do 50% no segundo fillo e do 100% no terceiro e seguintes. O veciño poderá optar por domiciliar o pago no momento de facer a matrícula ou realizar un pago non domiciliado en dúas cotas, que se pagarán nos meses de setembro/outubro e febreiro. Así mesmo, a principios de setembro abrirase tamén o prazo de inscrición nas actividades para maiores, que manteñen a súa oferta e prezos do ano pasado: mente activa, ximnasia de mantemento, informática, manualidades, teatro e piscina. Coa salvedade do obradoiro de manualidades, que ten un prezo de 40 euros (xa que inclúe os materiais), no resto dos casos os prezos son 30 euros por unha actividade, 45 euros por dúas e 60 euros por tres. Ademais, o Concello de Brión establece un desconto do 50% no caso de que a parella se anote tamén na actividade. As anotacións deberán realizarse no Departamento de Servizos Sociais, no centro social polivalente.

A gran novidade da programación de verán do Concello de Brión, tres acampadas de fin de semana con actividades náuticas e de tempo libre na área de piragüismo da parroquia de Ons, está a resultar todo un éxito. Cando menos así foi na primeira delas, a familiar, celebrada en xuño e na que varias familias do municipio desfrutaron de dúas xornadas moi divertidas e continuas sorpresas.

poden realizarse na Casa da Cultura, 981 50 99 08, ata unha semana antes da acampada.

Aínda quedan dúas acampadas máis: a infantil , dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos (13 e 14 de agosto) e a xuvenil, para rapaces e rapazas de 13 a 17 anos (3 e 4 de setembro). O prezo por participar é de 10 euros por persoa e acampada, cun desconto do 50% para o segundo irmán. As inscricións

Finalmente, no que atinxe ao tradicional Campamento de Verán, participarán un total de trinta nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos. A iniciativa terá lugar do 15 ao 26 de agosto no campamento xuvenil “Penedos de Xacinto”, no Entrimo (Ourense).

As outras dúas novidades da programación de verán correron sorte dispar. Mentres os Obradoiros de Verán se están a impartir nos locais sociais das parroquias; a proposta de sendeirismo “Brión de cabo a rabo” non se celebrou por falta de inscritos.

TÍTERES

O III Festival Monecadas terá lugar do 9 ao 11 de setembro A terceira edición do Festival Monecadas traslada este ano a súa celebración de xullo ao mes de setembro, xusto antes do remate das vacacións escolares: do 9 ao 11 de setembro. Comezaremos o venres 9, ás 19:00 horas, cun obradoiro de monicreques que unha hora despois dará paso á representación de “Alicia no país das marabillas”, a cargo de Títeres Cachirulo. O sábado 10, ás 20:00 horas, Monicreques de Kukas volverá a traer a Brión unha personaxe moi coñecida: “Xan Perillán, compra queixo e compra pan”. E o

domingo 11, ás 13:00 horas, “The Piccole Theatre” do Gran Show de Marionetas de Fío de Marionetas Trécola porá o punto e final ao Festival Monecadas 2016. Todas as actuacións terán lugar na Carballeira de Santa Minia e a entrada é totalmente libre e de balde. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES TURISMO

Brión promóvese turisticamente cunha APP gratuíta para móbiles A acción promocional compleméntase coa instalación de paneis fotográficos en varias marquesiñas do municipio.

O Concello de Brión ven de lanzar unha aplicación gratuíta para dispositivos móbiles, compatible con “smartphones” e tabletas dixitais, para a promoción turística do municipio. Trátase dunha APP que permite aos usuarios atopar toda a información sobre os principais atractivos turísticos que existen dentro do territorio municipal, permitindo a localización xeográfica e a visualización en imaxes dos mesmos en dispositivos móbiles dun xeito atractivo e moi sinxelo. A aplicación, en galego e castelán, está dispoñible para “Android” na tenda “Google Play” e tamén na “App Store” de “iOS”, para os posuidores dun dispositivo “Apple”. Tamén se pode acceder a ela dende a páxina web municicipal: www. concellodebrion.gal. Unha

vez descargada e instalada, os como chegar a eles grazas ao usuarios poden comezar a usa- “Google Maps”. la de xeito inmediato, sen máis O Concello pon a disposirequirimentos. ción da veciñanza e dos usuaBaixo a denominación de rios da aplicación un mail para Concello de Brión, a aplicación para que realicen suxestións presenta un sinxelo menú es- de cara a solucionar carentruturado en diferentes cate- cias e corrixir posibles erros: gorías: arquitectura arqueoló- appconcellodebrion@gmail. xica (castros, megálitos, etc.), com. Deseñada pola empresa civill, militar e relixiosa, patri- Sixtema, esta nova App convimonio cultural e natural, onde ve con “Brión en Rutas”, outra comer e/ou durmir, que facer interesante aplicación para e que ver, así como un aparta- móbiles na que tamén colado de servizos (servizos muni- bora o Concello e que permite cipais, sanidade, emerxencias, descubrir o municipio a través hostaleira, farmicias, etc.). En de tres rutas: das Igrexas e cada unha destas categorías Cruceiros, que percorre Brión aparecen distintos lugares que de principio a fin descubrindo podemos seleccionar para ac- a nosa abundante arquitectuceder ás fichas individuais de ra relixiosa, ruta Arqueolóxica cada elemento. Nesas fichas (castros, mámoas, pontes, as figuran datos de interese, ima- Torres de Altamira...) e guía xes, a súa localización xeo- informativa (ruta turística de gráfica e a posibilidade de ver carácter xeral).

Fotográfias nas marquesiñas Coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, colocáronse paneis fotográficos en nove marquesiñas repartidas polo municipio con imaxes dos recursos turísticos máis esenciais de Brión: as Torres de Altamira, a fervenza do Pozo Negro, a Carballeira de Santa Minia... Unhas imaxes que se poden desfrutar nas marquesiñas de Sabaxáns, Bastavales, O Adro dos Ánxeles, Vioxo, Mourentáns, Ons, Buio e unha dobre espectacular en Monte Balado. O obxectivo que se persegue é dobre: chamar a atención tanto dos usuarios do transporte publico como dos condutores e tamén permite que os viaxeiros brioneses desfruten durante a súa espera coas imaxes máis fermosas do seu municipio. 20 | Concello de Brión

A Xunta autoriza a instalación dos carteis sobre o patrimonio relixioso Varios anos tiveron que pasar para que a Dirección Xeral de Patrimonio entrara en razón e aceptara o programa de sinalización integral do patrimonio arquitectónico eclesiástico que o Concello tiña elaborado. Uns paneis que se elaboraran seguindo ao detalle o Manual de Sinalización Turística de Galicia, editado pola Xunta, pero que a Dirección Xeral paralizou polo seu “forte impacto negativo sobre a imaxe das igrexas e sobre a súa contorna”. Así pois procederase á instalación dos carteis, nos adros das igrexas, que inclúen información gráfica das igrexa (planos e fotos do interior), así como unha memoria cronolóxica do templo en galego, castelán e inglés, e un Código QR para que o turista que o desexe poida ampliar información dende o seu móbil. Uns carteis que se complementan cun folleto informativo, que se achega con esta “Altamira”.


HISTORIAS DE BRIÓN

A Cámara Agraria de Brión

A antiga cámara agraria agora úsase como local de ensaio da Banda de Música Municipal

q

O concello de Brión acaba de mercarlle á Xunta de Galicia o edificio da antiga Cámara Agraria, que, dende a súa fundación hai vinte anos, ven utilizando a Banda de Música Municipal para os seus ensaios. Está situado na rúa das Pedriñas de Pedrouzos, entre o Centro de Saúde e o edificio de Servizos Sociais. Fora construído a mediados da década dos anos cincuenta do século pasado (hai agora 60 anos) pola “Hermandad Sindical de Labradores de Brión” para sede deste sindicato, nun terreo que lle cedera o Concello por acordo municipal do 17 de decembro de 1952, aínda que non se rematou ata catro anos despois. Antes o sindicato funcionara unha ducia de anos de algueiro no local da Falanxe, na casa de Serafina, O edificio actual, de planta baixa, ocupa 93 metros cadrados e carece de valor arquitectónico, pois responde a un modelo que impuxo o réxime franquista neste tipo de construcións. Como se sabe, as “Hermandades Sindicales de Labradores” foron a aplicación ao campo do sindicato único franquista, para acabar coas organizacións obreiras. Antes da Guerra Civil, Galicia contaba con poderosas organizacións agrarias, que articulaban boa parte dos reivindicacións labregas: supresión dos foros, modernización dos cultivos e de maquinaria, creación de escolas, loita contra o caciquismo, etc. etc., dos que fora o máximo exponente o crego ourensán Basilio Alvarez. En Brión, ao longo do primieiro tercio do século XX naceron máis de media ducia de asociación e sindicatos agrarios, case todos de ámbito parroquial, que foron os impulsores de moitos dos edificios escolares que aínda existen (Pedrouzos, Sabaxáns, San Salvador, Ons, Cornanda,,,)

de República, pero que os seus membros sempre arrenegaran dela. Se o franquismo pretendía introducir a súa ideoloxía falanxista no mundo rural por medio das “Hermandades de Labradores”, pódese decir que -alomenos en Galicia- tivo un fracaso absoluto. Por exemplo, as cifras de afiliación da poboación rural á FET (Falange Española Tradicionalista y de las JONS) no ano 1949 tiña unha media en toda España do 3,4 por cento, pero en Galicia non chegaba ao 1,7 % e na provincia da Coruña era do 0,9 %. Un dos capitostes da Falanxe por aqueles anos, Diego Salas Pombo, recoñecía que “el campesinado gallego ha permanecido totalmente aislado de Falange”. Así é que en Galicia as “Hermandades” soamente funcionaron como un instrumento de control, porque o franquismo buscaba a total resignación da poboación rural, especialmente de aquela que como a galega tivera no movemento agrarista unha experiencia de politización e organización social. Dende o ano 1945, elas foron as encargadas de repartir e recadar os odiados cupos forzosos de produción agraria a prezo de taxa. Cada labrego tiña que entregar unha cantidade de produtos a prezo inmensamente menor ca o que acadaba no mercado negro (o “estraperlo”); as cantidades a entregar fixábaas o sindicato, frecuentemente dun xeito arbitrario e inhumano, cangando ás familias máis débiles e aquelas que se consideraban pouco adictas ao réxime.

A afiliación ao sindicato era obrigatoria, pero a parte de transmitirlle aos asociados as consignas do réxime, escasos eran os servizos que lles prestaba: traían patacas da semente, millo híbrido, sulfatos e outros produtos. Tamén se ocupaban Á chegada do franquismo os golpistas disolveron e confis- dos subsidios familiares e de vellez e, cando se instaurou a caron os bens das sociedades agrarias que non foran de signo seguridade social agraria no ano 1958, as Hermandades funcatólico ou mutuas gandeiras; as que sobreviviron tiveron que cionaron como oficina da mesma. adaptarse ao rigoroso control dos novos gobernantes. Así, o Coa chegada da democracia, foron desaparecendo os sin“Sindicato Republicano de San Xulián e San Salvador de Bastavales”, coa chegada do novo réxime, acordou a supresión dicatos franquistas ,e as “Hermandades de Labradores”, entre do termo “republicano”, xustificándose o presidente que o os anos 1977 e 1980 convertéronse en Cámara Agrarias, que fundaran con esa denominacíon porque se creara no tempo á súa vez deixaron de cumprir ningunha función. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

A NOITE EN BRANCO DA MAGARIÑOS Unha nova edición de “A NOITE EN BRANCO DA MAGARIÑOS” tivo lugar o pasado día 13 de maio. Esta innovadora actividade consistiu na realización de pequenos concertos de non mais de media hora en distintas localizacións do Concello. Os concertos comezaron as 22 hrs. e remataron as 24 hrs. e percorreron varias dependencias municipais: a própia Escola de Música, a Biblioteca Municpal, a Sala de Exposicións, a Sala de Plenos Municipal e o Centro Social Polivalente.

VOLTA CICLISTA Á CORUÑA O Concello de Brión foi testemuña de excepción da volta a provincia de A Coruña, tanto é así que acolleu a saída e a meta da segunda etapa que se celebrou o día 21 de maio. O pelotón partiu ás 14 hrs., logo do corte de cinta realizado polo alcalde José Luis García e o Presidente da Federación Carlos Muñiz, dende a Avda. de Santa Minia, en fronte ao Concello. A etapa contou con 130 kms e incluía tres portos: dous de terceira categoría e un de segunda. A victoria final foi para o ucraniado Oleksandr Sheydyk (kuota).

OS SOÑOS NA GAIOLA A compañia de títeres “ALAKRÁN” escolleu Brion para o estreo da obra Os soños na gaiola. O centro social polivalente de Brión quedou pequeno para a gran estrea desta obra baseada nos poemas de Manuel María para un público infantil e familiar e que estivo dirixida por Roi Vidal Ponte.

PAZO DE FAMILIA EN BRIÓN O equipo da exitosa serie da Televisión de Galicia “PAZO DE FAMILIA”, desplazouse ata o noso concello no pasado mes de febreiro, máis concretamente á Carballeira de Santa Minia. Durante dúas longas xornadas de gravación os actores e actrices da serie estiveron gravando o que será o último capítulo da tempada 2016 desta serie. Así neste último capítulo poden distingurise perfectamente, en varias esceas, a propia Carballeira, a Capela de Santa Minia ou a Fonte da Carballeira.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR... DACOLÁ

Revista Altamira | 23


30

anos

PROGRAMA DE RUTAS DE SENDEIRISMO 2016 Mais de 300 camiñantes poideron disfrutar das cinco rutas que organizou o departamento de deportes do Concello de Brión e que percorreron gran parte da xeografía galega. Comezaba o programa polo mes de marzo con duas rutas, a primeira realizouse no propio concello, con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia, foi unha ruta circular que levou aos andaregos ata terras de Ons para realizar un anaco da Ruta do Tambre. A segunda ruta levounos ata o Barbanza concretamente á ruta do Río Pedras, ainda que debido as inclemencias do tempo, os organizadores decidiron cancelala aos poucos quilómetros de dar a saída. Xa no mes de abril o destino sería o Monte Pindo, unha esixente ruta que remataría no fermoso paraxe da Fervenza do Ézaro. En xuño o programa de sendeirismo desplazouse a Lugo, para realizar a ruta das minas e do Ferrocarril de A Pontenova, unha andaina moi fermosa e sen apenas dificultade e rematou a tempada 2016 coa ruta de Laxe a Camariñas deste mes de Xullo.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.