Pasos para ver a realidade aumentada

Page 1

PASOS PARA VER A REALIDADE AUMENTADA DE XEOMETRÍA DA NATUREZA Seguindo estes pasos poderás ver os padróns matemáticos que os alumnos dos diferentes centros descubriron nas imaxes propostas, e ademáis poderás ver as argumentacións que discorreron para xustificar a existencia deses padróns, e como e por que se teñen visto favorecidos ao longo dos procesos de selección natural.

Para ver a Realidad Aumentada precisas descargar a aplicación Aurasma na seguinte ligazón: http://www.aurasma.com/ esta aplicación está dispoñible para IOS e Android: tanto en Google Play como en App Store.


Unha vez teñas a aplicación instalada, podes iniciala no teu dispositivo. Desliza a pantalla hacia a esquerda para ir saltando os pasos do titorial, e chegarás á pantalla na que che ofrecen “entrar” e “rexistrarse”, para levar a cabo calquera das dúas opción precisas crear un usuario pero, se che da preguiza, podes acceder sen usuario premendo “saltar” ou “skip” como se ve na imaxe.

De seguido debes premer no icono da lupa para buscar entre as distintas canles de Realidade Aumentada ás que podes seguir, e escribir “Xeometria”, a nosa canle aparecerá na pantalla, chámase “XEOMETRIA DA NATUREZA 2015″ debes abrila e premer en “seguir” ou “follow”.


Preme o botón de acceso á cámara da aplicación Agora xa podes enfocar co teu dispositivo calquera das 38 imaxes propostas na nosa web http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/ No apartado “galería”. Proba a abrir unha imaxe e enfocala co teu dispositivo, aparecerá o padrón proposto e unha ligazón para ver a argumentación proposta premendo na propia imaxe de realidade aumentada.

Velo?? está chulo??, verás que podes picar na estrela e darlle a “gústame”, envialo por correo electrónico ou publicalo nas redes sociais. Investiga nas tres opcións que aparecen na pantalla baixo a imaxen da realidade aumentada.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.