mulleres pioneiras

Page 1

qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq MULLERES PIONEIRAS NA wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui HISTORIA opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas 08/03/2012


Caroline Lucretia Herschel naceu o 14 de marzo, no ano 1750 e morreu o 9 de xaneiro do ano 1848. Foi unha astrónoma inglesa de orixe alemá. Naceu nunha familia numerosa de músicos e non recibiu unha educación formal xa que a súa nai quería educala apropiadamente para ser ama de casa. O seu irmán William abandonou a carreira de músico e foi a estudar astronomía e a Caroline foi con el. Descubriu oito cometas,o 21 de decembro de 1788. Seis deles levan o seu nome. O seu irmán foi astrónomo do rei e Caroline aos 37 anos foi a súa axudante. Carolina Herschel foi a primeira astrónoma profesional. En 1828 recibiu a Medalla de Ouro da Royal Astronomical Society, sociedad da que foi o seu primeiro membro honorario feminino. Foi membro da Real Academia Irlandesa e en 1846 recibiu a Medalla de Ouro das Ciencias do rei Federico Gillermo IV de Prusia. Ademais de cómo secretaria do seu irmán, traballando independentemente descubriu oito cometas, tres nebulosas, fixo catálogos. O seu traballo foi recoñecido en maior medida tras a súa morte con 97 anos.

María Veloso e Miriam Penín


Clara Campoamor Naceu en Madrid o 12 de febreiro de 1888 e morreu en Lausana o 30 de abril de 1972 aos 84. Clara Campoamor é coñecida por ser unha das primeiras avogadas españolas. As súas ideas a acercaron ao PSOE pero nunca colaborou con ese partido político. Foi a primeira muller que interveu ante o Tribunal Supremo e que desenvolveu traballos da ciencia do dereito sobre cuestións relativas aos dereitos da muller e a situación destas no noso país. En 1928 crea xunto a compañeiras doutros países europeos a Federación Internacional de Mulleres de Carreiras Xurídicas, que aínda existe, logo creou a Liga Feminina Española pola Paz. Tras a ditadura , entra a formar parte do Partido Radical e preséntase as eleccións de 1931 para as Cortes Constituíntes da Segunda República, obtendo un escano como deputada por Madrid. Participa na comisión encargada de redactar a Carta Magna, sendo a primeira muller que falou nas Cortes Españolas. Nas eleccións de 1934, a CEDA (Conferencia Española das Dereitas Autónomas) proclámase vencedora e toda a esquerda culpa da súa derrota a Clara Campoamor. É a súa morte política. Sen embargo, en 1936, as urnas darán a maioría á esquerda. Unha das frases máis coñecidas desta muller traballadora e loitadora é:

Coido que o único que queda da república foi o que fixen eu, o voto feminino. Nós eliximos a esta muller porque é española e porque conseguiu algo que nos parece moi importante, que as mulleres puidesen votar. Na actualidade parece imposible pensar que fai uns anos as mulleres non puidesen emitir a súa opinión nas urnas. Este dereito das mulleres quedou aprobado o 1 de outubro de 1931 como artigo da Constitución da República. Aínda hai países nos que as mulleres non poden emitir o seu voto.

Ángela Tejada e Antía Piñeiro.


MARÍA BARBEITO

Foi a primeira muller profesora de Galicia. Naceu o 2 de marzo de 1880 na Coruña. Alí estivo toda a súa vida. Morreu o 20 de novembro de 1970 con 90 anos. Foi unha escritora e profesora feminista, fixo todo o posible para conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Unha das súas mestras foi Emilia Pardo Bazán. Graduouse aos 16 anos na carreira de maxisterio na escola normal da Coruña. Dirixiu un centro de educación desde 1915 ata 1936. Foi defensora do estudo en galego, do pluralismo no ensino, da coeducación e da igualdade entre homes e mulleres e da xustiza social. Foi nomeada mestra inspectora do Ministerio de Institución Pública en 1933.

María Barbeito decidiu ser profesora porque o seu pai era escritor e á ela gústaballe todo o relacionado coa educación, ademais parecíalle unha inxustiza que as mulleres non poideran acudir á universidade.

Nós eliximos a María Barbeito xa que nos pareceu interesante a súa vida e a defensa que fixo da educación e dos deritos das mulleres.

Elsa Rego Campos e Raúl parejas Suárez 6ºC


Valentina Vladímirovna

Valentina Vladeímirova Tereshkova naceu o día 6 de marzo de 1937 en Rusia, ten 75 anos, as súas ocupacións son paracaidismo, cosmonauta, e enxeñeira.

O día 16 de xuño as 9:29, a idade de 26 anos e a bordo do Vostok 6, transformouse na primeira muller e primeiro civil en viaxar ao espazo. O seu nome en clave durante a misión foi Chaica en español gaivota. Eliximos a esta muller pioneira porque nos gusta a astronomía e pareceunos moi interesante.

Laura Rodríguez Ana Martínez


HIPATÍA DE ALEJANDRÍA

NOME: Hipatia NACEMENTO: No ano 370 en Alexandría (Exipto) MORTE: En Marzo do ano 415 (asasinada)

BIOGRAFÍA:

Hipatia foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e a astronomía da época . Dise que Cirilo era inimigo seu, teméndoa e admirándoa ao tempo. Pero en consonancia coa época, nin comprendía nin consentía que unha muller se dedicase á ciencia. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela e foi asasinada por un grupo de monxes. Ela era una muller aberta e intelixente. Seu pai Teón de Alexandría transmitiulle o amor polas matemáticas e a paixón da investigación. Viaxou a Atenas e a Roma para aprender matemáticas, ciencias e astronomía.

Elixímola porque nos pareceu unha muller moi intelixente e loitadora por conseguir aquilo no que cría.

Paula Rodríguez e María Martínez


IRÈNE JOLIOT-CURIE Naceu en París, filla de Marie Curie e Pierre Curie. Tras estudar física e química na Universidade de París durante a Primeira Guerra Mundial, foi asistente de radioloxía de diversos hospitais franceses. Xa rematada a guerra, foi nomeada axudante da súa nai no Instituto do Radio de París, posteriormente coñecido como Instituto Curie. Xunto coa súa nai coñeceu ao asistente persoal desta, Frèdèric Joliot. Namorouse e casou con el en 1926, tomando o seu apelido. En 1934, súa nai morre de leucemia, enfermidade moi habitual na época para aquelas persoas que traballaban coa radiactividade sen protección. En 1935 foi nomeada directora de investigación da Fundación Nacional de Ciencias. Ao ano seguinte obtivo o posto de subsecretaria de Estado francés en investigación científica, sendo apartada da Comisión Francesa de Enerxía Atómica en 1951 polas súas simpatías co Partido Comunista Francés. Iréne Joliot-Curie morreu o 17 de marzo de 1956 na súa residencia de París por culpa da leucemia, resultado dunha sobreexposición á radiación no curso do seu traballo. Seu marido, enfermo hepático, morreu en agosto de 1958.

Carlos Rodríguez e Iván Macho


Norma Enriqueta Basilio Sotelo tamén coñecida como ‘’Queta Basilio’’ naceu en Mexicali (Baixa California) o 15 de xulio de 1948. Esta muller foi a primeira muller na historia en levar a antorcha olímpica e encender o pebeteiro, acontecemento que tivo lugar na inauguración dos XIX Xogos Olímpicos, o 12 de outubro de 1948. Tamén portou a Antorcha Olímpica no relevo de Atenas 2004 na Cidade de México. Campeona nacional de atletismo en carreira con vallas de 80 metros, chegou a ser considerada como a mellor atleta femenina da súa época. Queta é a organizadora do Recorrido do Fogo Simbólico pola Paz e o Deporte, evento que, ano tras ano, realiza unha carreira por todo o país, conmemorando os Xogos Olímpicos de México 68.

Xabier Rivero e Antón Rodríguez


Marie Salomea Skłodowska Curie coñecida habitualmente como Marie Curie. Foi unha química e física. Naceu o 7 de novembro 1867 en Varsovia en Zaratode,en Polonia,e morreu o 4 de julio de1934 en Passy, en Francia. Foi pionera no campo da radioactividade, foi entre outros méritos, a primeira persoa en recibir dous premios Nobel e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.Viviu en Varsovia ata os 24 anos. En 1891 trasladouse a París para continuar os seus estudios. Estivo casada có físico Pierre Curie e foi nai de Irene Joliot Curie,tamén galardonada co Premio Nobel, xunto ao seu marido Frédéric Joliot Curie, e de Eva Curie. Mustahpa Nouri e Alejandro Pousa


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.