lectura en familia

Page 1

IMPORTANCIA DA LECTURA EN FAMILIA A influencia da familia é decisiva para formar lectores PARA TODA A VIDA. O fogar ofrece moitas oportunidades para contar, dialogar, ler en voz alta... Invitámosvos a compartir historias e lecturas en familia.

NA VOSA CASA · O exemplo é importante, os nenos imitan o que ven. Optar por un xornal, unha revista ou un libro demostraralles que para vós ler é gratificante · Facede da lectura un tempo divertido. Cando os nenos son pequenos pódense ler historias xogando coa voz ou entoando poemas e cancións. O neno mellora a súa lectura cando se apropia do ritmo e os sons das frases. · Reservade tempos de lectura en casa. Incorporádeos ás rutinas de cada día. Facer imprescindible este hábito axudará aos nenos a valorar os momentos de lectura. · Buscade un tempo e un lugar para ler cos nenos, sen que esta lectura teña relación coas tarefas escolares. · Incorporade na vosa casa un espazo para ter libros, revistas, xornais.... de modo que todos os membros da familia poidades acceder a eles de forma natural e cómoda · Calquera motivo pode ser bo para ler: preparar unha excursión, facer unha sobremesa ou coñecer as regras dun xogo. As guías turísticas, os receitarios de cociña, os xornais, as instrucións ou a publicidade axudan ao neno a comprobar que ler é importante para


calquera actividade. · Lede xuntos, sobre todo nas primeiras etapas, nas que os nenos non son lectores autónomos. Sentádevos cerca e lede para eles. Os nenos aprenden a ler vendo as letras e pasando as páxinas dun libro. · Cando os nenos xa saiban ler, seguide compartindo a lectura en familia. Gústalles escoitar historias lidas en voz alta a calquera idade, e seguen necesitando o noso estímulo. · Preguntade ao neno polas súas lecturas. Se vos interesades polo que

le,

posibilitarédeslle

establecer

conexións,

organizar

a

información, e poderedes axudarlle a ser un lector activo. · Incorporade na vosa casa un espazo para ter libros, revistas, xornais.... de modo que todos os membros da familia poidades acceder a eles de forma natural e cómoda.


QUE LIBROS LLES GUSTAN? DE 6 E 7 ANOS

TEMAS PREFERIDOS · Libros que responden de forma sinxela aos seus porqués. Libros informativos. · Animais

que

falan

ou

forzas da

natureza

personificadas. · Narracións reais ou ficticias non moi complexas · Contos marabillosos e tradicionais · Contos humorístico · Libros de imaxes. • Poemas e cancións. · Primeiras novelas, curtas e con diferentes temáticas.

É o momento de iniciar a biblioteca persoal. Establecede hábitos de compra de libros en datas sinaladas, implicádelles na selección DE 8 E 9 ANOS

TEMAS PREFERIDOS · Aventuras: detectives, pandas, medo. · Contos fantásticos e narracións mitolóxicas. · Relatos humorísticos. · Libros de poemas. · Historias da vida real: familia, escola, conflitos persoais e de grupo. · Libros informativos de animais, deportes, pobos e países diversos, ciencia, traballos manuais.

É importante facilitarlles tempos e espazos de lectura cando as tarefas escolares empezan a facerse presentes


DE 10 A 12 ANOS

TEMAS PREFERIDOS · Novelas realistas: relacións de amizade, primeiro amor, conflitos persoais. · Novelas que reflicten os problemas da contorna social: ecoloxía, pacifismo, interculturalidade, convivencia. · Narracións de suspense: o misterioso, o descoñecido, historias policíacas. · Aventuras perigosas. • Ciencia-ficción · Os chamados clásicos: Alicia, Tom Sawyer, A illa do tesouro · Biografías. · Poesía e teatro · Libros informativos sobre temas científicos, sexo, profesións, relixións, historia...

Recordade que xa teñen máis claro o que lles gusta. Non vos empeñedes en que lean o que vos gustou a vós á súa idade.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.