Lendas

Page 1

LENDAS DE GALICIA


A Santa Compaña Nos pobos de Galicia aparece a Santa Compaña. É unha lenda antiga, trata das ánimas que vagan polo monte. Estas ánimas aparecen vestidas de branco e levando candeas . E sempre van en grupos de doce ou trece. E se te qudas mirando levanche con eles . Por eso nunca pases por diante dun cruce onde cruceiro. E menos as doce e a unha da madrugada.

ALMA

este un


A CASA ENCANTADA DE PORTOCELO En Portocelo, Xove (Lugo), hai un edificio de pedra construído no século XVIII ou XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e esplendidas vistas ó mar. Nin o actual propietario, nin os seus devanceiros inmediatos, viviron nela. E mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro. Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha cuadrilla de homes, amenceron ó día seguinte coas cabezas postas no lado contrario do que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados ós do que tiñan ó lado. Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen cubertos de suor, unha pinga en cada pelo. Non hai moito tempo un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da casa co dono para andar ó calamar; e viu como a cadea da leña estaba atravesada de parte a parte da estrada. Máis soprendido quedou o dono da casa cando llo contou; había moito tempo que non se andaba coa tal cadea. E tamén hai pouco meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ó día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba. Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas.


A LENDA DE HÉRCULES E XERIÓN NA CORUÑA Esta lenda trata sobre o xigante XERIÓN que gobernaba con man de ferro as terras que estaban situadas entre o Douro e o Texo. Completamente aterrorizados ante o poder do xigante. Tanto e asi que non paraban de rezar e suplicar a os deuses que os enviara un salvador. Desta maneira Zeus envía a o seu fillo Hércules para que libere a este pobo de Xerión. Esta mision convertese no traballo número dez dos célebres doce traballos de HERCULES . Conta a lenda que HERCULES chega a esta terra e encontra a XERION na cercanía de Brigantico . A pelexa tivo lugar durante tres días e tres noites , ata que por fin HÉRCULES vence ao xigante , e lle corta a testa e a enterra xunto a o mar. De alí que a calavera apareza no escudo Da Coruña baixo a torre de HÉRCULES.



A RAÍÑA LUPA Padrón (A Coruña)

Cóntanos a lenda que unha nao, non das que se achegaban habitualmente á nosa costa, senon cunha forma das que navegan po-las terras onde Xesus Cristo viviu, foi adentrándose nas nosas costas sen que ninguén a guiara. Catro xoves vestidos de blanco ocupaban a nave xunto cun corpo sen vida ó que rodeaban. O vento foina empurrando ata a desembocadura dun río e foi subindo po-lo cauce ata que se detivo nas areas da ribeira. Os seus ocupantes saltaron a terra e ataron a barca a unha columna de pedra alí había. Sacaron o cuerpo e depositárono sobre unha grande lousa de pedra que coma se fose de cera reblandeceuse e adaptouse á forma do cuerpo e acolleuno como se de un mol colchón se tratara. Ante tal prodixio a ese lugar e dende entón chamóuselle Pedrón. Como alí non lles parecía un lugar apropiado para enterra-lo, o máis xoven deles decidiu pedir axuda para poder transporta-lo, mentres que os outros quedaban acompañando o corpo do seu mestre. Comenzou a camiñar por un carreiro que partía do lugar no que estaban e seguiuno ata que, xa anoitecendo viu ó lonxe unha luz. Dirixiuse cara alá e, no curuto dun outeiro, divisou unha construcción; chegou ata a súa porta e chamou con forza. Unha voz preguntoulle quen era e que quería a esas horas da noite, para molestar á súa señora, a Raiña Lupa; pero que si quería falar con ela debería esperar ata que chegase o novo día.


Ó amencer, a Raiña Lupa recibiu ó viaxeiro e preguntoulle que necesitaba. El pediulle un carro que lle permitiera transporta-lo corpo santo que acompañaban, ata un lugar no que darlle sepultura y díxolle: — Deus envíate muerto a aquel a quen non quixeches recibir en vida. Acólleo e hónralo para que sexas honrada ó chegar a túa hora. Ela, entre sonrisos, díxole que fora ver a Régulo, que moraba en Duyo e era o Grande Xefe e sacerdote da Ara Solis. Régulo en troques de axuda-lo fíxoo prender xunto cos seus compañeiros. Ó chegar a noite, apareceu dentro da celda unha luz coma de vagalume e, abrindo un burato nos muros, permitiu ós catro navegantes abandonar a súa prisión e dirixirse a recolle-lo corpo abandonado no pedrón. Non pasou moito tempo cando viron que Régulo os perseguía. Correron, pero non demasiado, porque cando os seus perseguidores estaban cruzando unha ponte sobre o río Támara ou Támbre, a ponte rompeuse e, con grande estrondo, todos caeron e morreron aplastados po-las pedras da ponte ou arrastrados po-las augas do río. A nova voou entre as xentes do lugar e os navegantes dirixíronse de novo ó castelo da Raíña Lupa para pedirlle axuda e dixéronlle: — Deus está connosco e será mellor que nos axudes; Necesitamos un carro e unha xunta de bois. Aceptou ela, pero dixolles que alí no tiña bois e que si os querían tiñan que ir busca-los ó monte, onde poderían coller os que quixeran. Indicoulles cal era o monte onde tiñan grande cantidade de touros bravos. Foron os catro homes e sucedeu que os touros mostraronse mansos e foron con eles dócilmente. Puxeron o corpo do seu mestre Sant Yago na carreta e, guiados por unha estrela, chegaron a un lugar chamado Libredón, onde sin que ninguén os vira enterraron o corpo. Dícese que a Raíña Lupa, impresionada por estes feitos derribou o templo de Ara Solis e convertiuse ó cristianismo.


As Meigas Galegas Dise das Meigas Galegas que habelas hailas. A lenda que hai moitos tipos de Meigas .Tamén di que posuen diferentes tipos de poderes: unhas voan, outras poden facer feitizos máxicos e ata poden pactar co DIAÑO. Para protexernos úsase unha figa.

Fin medoso


EL FUEGO El rasgo más esencial de la antigua adoración al fuego va unido al culto universal del hogar. Hay lugares donde se cubre el fuego todas las noches y se enciende al día siguiente con el de la víspera. Dejarle morir equivale a un sacrilegio y se paga caro. Si por descuido u otras causas llega a apagarse, es grande el disgusto que se apodera de la familia, pues la desgracia persigue ya de cerca la casa y los que la habitan. 'O fogo morto', indicaba un lugar desierto. El primero de enero se limpia perfectamente el hogar, se arroja el fuego de la noche y se enciende el nuevo, que para que sea propicio, debe durar todo el año. Hay indicios de que el acto de encender el nuevo fuego revestía para nuestros antepasados todas las apariencias de un verdadero acto religioso y que se repetían entre los celtas gallegos las mismas ceremonias simbólicas que entre los arios.


A VIRXE DA PASTORIZA Hai sobre ela varias lendas, unha delas di o seguinte : Cando o pirata Drake veu a atacar A Coruña no ano 1589 algúns soldados, que non eran creentes, achegáronse a Pastoriza un pobo cercano A Coruña , tiraron a Santa Virxe da igrexa e chimpárona alí no chan, preto da fonte , cortáronlle a cabeza cunha machada rompéndoa polo pescozo , pero milagrosamente , a cabeza volveu a unirse ao corpo, como estaba antes. Os soldados colleron medo e fuxiron sin roubar nin facer dano a ninguén.


Lenda da cova da serpe ( Friol – Lugo) Conta a historia dunha rapaza de clase alta, que se enamorou dun muchacho pobre. E como o pai da rapaza non lle gustaba este rapaz, os noivos escaparon e se esconderon na cova na que había unha serpe escondida. Esta serpe saliu e atrapou a rapaza, o chico defendeuna, e resultou ferido e morreu. A rapaza toleou coa tristeza e foi rescatada pola súa familia.

A Lenda da Moura


Conta a lenda que un poderoso feitizo converteu a unha Fada moi bela nunha rocha. Na noite do solsticio do Verán (Litha), desfaise o encantamento e, por uns segundos, a rocha transfórmase de novo nunha muller, que aparece xunto a un tesouro. A doncela anda en busca dun pretendiente que a libere de pasar outro ano enteiro convertida en rocha. Mais esta ten que poñer a proba a o cabaleiro. Para asegurarse o seu amor, a Fada dálle a escoller entre ela e o tesouro. O destino manda e o pretendiente, ano tras ano, escolle o cofre. Nese momento, o ouro desvanécese e ambos fundense na rocha. Ela quedará un ano máis á espera de repetir a historia.


A santa compaña A

como

Santa

Compaña

preséntase unha procesión de

mortos ou ánimas en pena que vagan errantes pola noite (a partir das doce), os camiños dunha parroquia. A razón de ser do seu percorrido é visitar a casa de todo aquel que vaia morrer en breve periodo de tempo.


A COVA DA SERPE

DE FRÍOL

Ocorre na parroquia de Miraz - Fríol. Alí vivía

unha

enorme cobra da que se conta unha historia. Como os veciños cansos de aturala e de ter que esconderse cada vez que baixaba a beber á poza da serpe, argallaran de enzouzar un burro en alcantrán e porlla ao alcance da cobra.Tivo fame, comeuna e acabouse


O DIAÑO Coñecido tamén como diantre , é un duende satírico da mitoloxía galega que se dedica a facer todo tipo de travesuras para truncar así a travesía de todo aquel que encontrase polo camiño. Baixo múltiples apariencias pero sempre semellando precisar axuda. Este duende fai das súas para logo devolver o favor a súa maneira.



O encanto do Castro de Elviña Castro de Elviña. San Vicente de Elviña (A Coruña) Tódolos veciños da bisbarra saben do encanto das croas no Castro de Elviña, porque alí aparecían uns mouros que daban moitas onzas ós veciños que lles levaban gando, leite ou manteiga; e, de haber mouros, tamén tiña que haber encanto e tesouro, disque. Así foi como un día, hai moitos anos, un rapaz de Someso fíxose co libro de San Cibrao e faloulle a un seu amigo se quería ir con el levantar o tesouro. Postos de acordo, os dous homes, que tamén eran veciños, fóronse antes do raiar do sol camiño das croas e, de ter chegado, o do libro fixo canto é costume, mais, ó ler, trabucouse e leu ó dereito, como é mandado para os cristiáns, e non ó revés, como tiña que facer. Daquela levantouse da terra unha cousa que nunca souberon o que foi, se unha ramalada de vento ou unha forza estraña e misteriosa, mais, o que si souberon, pois contábano, é que o que fose borounos po-lo ar, cal foguetes, e foron caer a máis de seicentos metros do castro, no medio dun prado e preto das casas onde vivían. Gañaron moito medo e correron moi grande perigo, dise, e se nunca souberon dicir que cousa fora bota-los po-lo ar, ni como acontecera, en moito tempo ó pechar os ollos voltaba a eles aquela sensación de caer no buxán, amais de que botaron moitos días entre a vida e a morte, de tan forte pancada como levaron o bater no chan.


O LUME A característica máis esencial do vello culto

do

lume está ligada ao culto universal da casa. Hai lugares onde o lume abrangue todas as noites e acendese o día seguinte co do día anterior.Deixalo morrer é coma un sacrilexio e págase caro. Se por descoido ou outras causas vén a desaparecer, é gran desgusto o que colle a familia, porque o infortunio persegue á casa e os seus habitantes. "O lume morto", indicaba un lugar deserto. O primeiro de xaneiro límpase ben o fogar, mergúllase o lume da noite e encéndese un novo, que para que sexa adecuado, debe durar todo o ano. Hai indicios de que o acto de acender o lume novo era para os nosos devanceiros todas as aparencias dunha cerimonia relixiosa verdadeira e que se repetían entre os galegos celtas as mesmas cerimonias simbólicas entre arianos. No século XIX, o lume era unha divindade protectora entre os montañeses das montañas de Cervantes (Lugo) e se a algún deles lles torturaba ou que aflixía tristeza ou angustia, acodía só ante o fogar, alimentaba o lume e facía as súas imprecacións: "Tennos sempre en la prosperidad, sempre dichosos, ti que eres eterno, fermoso, sempre xoven, ¡oh fogar!". En certos días do ano tiranlle flores (ao lume); cando cocen o pan lle dan a súa porción, e pois alí coma na maioría das casas rurais de Galicia, cómese arredor do lume, non só as oracións ditas antes e despois da comida parecen serlle dirixidas, senón que botan sobre él algunhas cucharadas de graxa e así levántase a chama, din que o lume é feliz.


Nada sucio se lanza ao lume, pero especialmente as cascas de ovos, porque con elas queimaron a San Lorenzo: "s´hey de comél-os ovos qué o millor, non ll´ey de dál-as cáscas qué é o peor" . Entre namorados, si o noivo solicita ante o lume á noiva, ésta responde: "home, que nos ve o lume". O lume do fogar é puro, a unión dos sexos debe ocorrer lonxe da súa presenza. Era cousa común que dende o día de Nadal ata o 1 de xaneiro ardese no fogar o gran leño o que se chamaba tizónde Nadal. As súas cinzas eran boas para curar febres. O tizón acendíase para que o lume fose máis vivo naqueles días de alegría e as almas dos antepasados viñesen a visitar á súa familia e tivesen un máis puro calor para quentarse, pois tal vez o groso tronco que devoraba o lume durante os días sagrados, que contiña un símbolo dobre, o da pureza e a santidade do día e da integridade da familia. .... lume, lume! Vé o pan Deus che dé moito gran. Cada gran, com´un bogallo, cada pé, com´un carballo... É corrente a crenza do orixe divino do lume. En Bergantiños (A Coruña), cando un cuspe ao lume, censurar-lle, dicindo: " non cuspas no lume, xudio,que saleu po-la boca do anxele". A proba de que se lle considerou sempre un ser vivo témola de que en Galego non se di normalmente apagar a luz ou o lume, senón matar ao lume, morreume a luz, mateille o candil, etc .


Procesión das Xás

Unha Santa Compaña de vivos, similar á Santa Compaña, a única diferenza é que neste caso, non se trata de almas de mortos errantes senón de vivos. En dúas fileiras, marchan sostendo un ataúde. Segundo a lenda, os que están máis próximos ao féretro van morrer pronto, mentres os que se atopan na última instancia vivirán durante un periodo maior.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.