Relatos do alumnado de 6º A primaria

Page 1


6º A • RECORDANDO

A MICHAEL de Carme Cerdeiro

Vidal e Arturo Fraga Novoa •

O MISTERIO DA XENTE HIPNOTIZADA de Abilio José Antunes Jogo e Carlos Bermúdez Cid

OS CANTANTES FAMOSOS de Mirian Boquete Sixto e Marta Amigo Regueiro

AMANTES DO RAP de Alberto Fernández Fuentes e Carmen Fernández Taboada

NICO E O ENCONTRO COA CLAVE DE SOL de Adrián González Jiménez e Xoel Cambeiro Tajes

TRIO MUSICAL de Valeria Bello Balado e María Grela Suárez

GUITARRABOT de Andrea e Alex


RECORDANDO A MICHAEL Un día Carme e Arturo estaban na casa de Carme xogando a X-BOX. Oíuse un ruído e viron, pola ventá, que todo o mundo se convertera en zombis. Foron á casa de Arturo e colleron uns paus de hóckey para defenderse. Cando saíron da casa oíuse unha música e Carme dixo: -Oíches iso? -Si,é thriller de Michael Jackson, contestou Arturo. -Ven do cemiterio, dixo Carme. -Está moi lonxe, teremos que coller un coche, respondeu Arturo. Foron a ver se algún coche tiña as chaves postas, pero, pasaron dez minutos e non encontraron ningún. De repente oíuse un ruído, pero non era música, era un zombi. Carme e Arturo correron pero o zombi era moi rápido. -Temos que defendernos, comentou Arturo. -Tes razón, asentiu Carme. Pegáronlle cos paus de hóckey e o zombi caeu ao chan. Despois diso correron cara o cemiterio. Cando chegaron Arturo dixo: -Temos que ver de onde ven a música. -Xa o sei, pero non vexo a ninguén.


De repente empezaron a chegar zombis e Carme e Arturo non sabían que facer, os zombis empezaron a perseguilos. -Corre Arturo!,dixo Carme. -Imos a aquela casa, contestou Arturo sinalando unha casa moi vella. Entraron correndo na casa, pecharon a porta cunha táboa de madeira e inspeccionaron a casa para ver se había zombis, pero non encontraron nada. Polas ventás viron a Michael Jackson cantando, el tamén era un zombi. Decidiron preguntarlle porque hipnotizaba á xente. El dixo: -Quero conquistar Galicia. -Pero que faremos os que vivimos aquí?, preguntou Carme. -Converterédesvos nos meus escravos. -Nin falar, faremos un trato: non convertes ás persoas en escravos e deixámosche cantar nos concertos que queiras. -Trato feito. En dous días todo volveu á normalidade e o presidente da Xunta de Galicia felicitounos pola súa actuación e concedeulles a cousa que eles quixeran. Decidiron que organizarían as festas de Oroso. CARME CERDEIRO VIDAL 6ºA ARTURO FRAGA NOVOA 6ºA


O MISTERIO DA XENTE HIPNOTIZADA Case toda a clase de 6º A foi a un concerto de BobMarley. Non foron nin Carlos nin Abilio. Ao día seguinte cando chegaron ao colexio encontráronse con que todos os compañeiros e compañeiras estaban hipnotizados. Souberon que fora no concerto de BobMarley e informáronse de cando sería a súa próxima actuación. Decidiron ir e, cando chegaron, Carlos dixo: - Abilio, creo que os hipnotiza grazas ao seu colgante. - É certo - contestou Abilio. Ao día seguinte ían paseando e encontráronse con BobMarley. Os dous idearon unha trama, cavaron un burato e o cantante caeu nel. Pouco despois preguntáronlle por que hipnotizaba á xente. Contestoulles: - Un día din un concerto e saíume mal, despois daquilo a xente apupábame. Co desgusto empecei a drogarme e por iso hipnotizo á xente. Para curar ás persoas tedes que facer unha poción con unllas de gato e cola de rato. Ao día seguinte déronlles a poción aos seus compañeiros e todo o mundo volveu ao normal. O cantante estaba triste por ir ao cárcere. Pero polo menos podería cantar e o público, que serían os presos, aplaudiríanlle. Ao final todo rematou ben, e ninguén volveu a hipnotizar á xente nun concerto.

ABILIO JOSÉ ANTUNES JOGO – 6ºA CARLOS BERMÚDEZ CID – 6º A


OS CANTANTES FAMOSOS Érase unha nena que se chamaba Sara. Tiña 12 anos e gustáballe a música , pero como ela cantaba fatal decidiu apuntarse a clases de canto. O primeiro día de clase aparecíanselle cantantes na súa mente . Ela imaxinaba que o seu profesor era MICHAEL JACKSON. Tamén cría que os seus compañeiros eran cantantes famosos.Todo lle saía mal pola súa imaxinación. Cando contaba estas historias a xente pensaba que estaba tola, mais se lle pedían algo tiña vergoña de falar con eles. Ó chegar a súa casa contoulle aos seus pais o que lle pasou na academia de canto. - Mamá, na clase de canto xuraría que vin cantantes famosos,dixo ela. - Pero filla estas tola!,contestou a nai. - Todos din iso, non e xusto! Foise correndo para o seu cuarto. Alí estivo pensando no que lle pasou. - Non pode ser,como vai haber famosos na miña clase de canto. Ao dia seguinte pasoulle o mesmo,pero falou con eles sen ter vergoña, porque quería acabar con isto, xa. Pouco a pouco foron saíndo da súa mente os cantantes famosos mentres cantaba, porque a canción dáballe os ánimos suficientes para conseguir sacar aos famosos da súa cabeza. Entón curouse. MIRIAN BOQUETE SIXTO 6ºA MARTA AMIGO REGUEIRO 6ºA


AMANTES DO RAP

Esta é a historia de dous nenos que se chamaban, Dani, que se alcumaba J. B, e outro que se chamaba Marcos, e de alcume Kitos. Kitos coñeceu a un rapeiro que ía rapear esa noite, e regaloulle dúas entradas para o concerto. Kitos foi correndo á casa de J. B para dicirlle que tiña dúas entradas para o concerto de rap e que o invitaba a ir con el. Xa no concerto viron rapear ao amigo de Kitos, despois houbo competicións e eles participaron. Kitos e J. B gañáronlle a un rapeiro inexperto. Na final tíñanse que enfrontar entre eles. Kitos comezou a cantar: - Vouche gañar chaval e ese chándal voucho quitar. Seguiu J. B: - Este chándal é o dos ánimos e agora cala Kitos. Enfadáronse entre eles. Kitos tivo éxito no rap, en cambio J. B non. Había un novo concurso, no centro da cidade, e participaron novamente. Kitos foi subindo postos e J. B tamén. Os dous chegaron á final e perdoáronse.


Despois seguiron rapeando e fixeron un dúo impresionante, ata os contratou unha empresa famosísima de América! Actualmente chámanse Dúo Kie. Agora teñen 17 anos e fan xiras por todo o mundo. Kitos ademais de rapear é taxista e J. B está estudando Astronomía. Esa noite actuaban. -

Que canción imos cantar?

-

A terceira do noso novo disco, contesta J. B.

-

OK.

-

Esta noite vennos a ver o mellor rapeiro do mundo.

-

Temos que facelo ben, dixo Kitos.

O concerto foi todo un éxito e ao mellor rapeiro do mundo gustoulle, incluso lles fixo un contrato para toda a vida. - Aceptádelo?, di o rapeiro. - Non, preferimos a nosa cidade natal. Din eles. - Ha, ha, ha …!

ALBERTO FERNÁNDEZ FUENTES 6ºA CARMEN FERNÁNDEZ TABOADA 6ºA


NICO E O ENCONTRO COA CLAVE DE SOL Un día Nico foi á escola. A primeira hora tocou clase de Música e alí dixéronlle que antigamente había un lugar no que as follas eran notas musicais, as herbas eran pentagramas, os animais cantaban sempre ao falar e no cumio das montañas había claves, pero só nunha estaba a clave de Sol, que che concedía un desexo. Nico preguntoulle á profesora como entrar e ela contestoulle que no final do bosque embruxado estaba a última árbore de notas musicais. Se lle tocabas unha melodía especial abríache un portal a ese mundo máxico. O neno foi ata o final do bosque embruxado e no camiño atopouse con animais furiosos e calmounos cunha melodía da súa guitarra. Encontrou a árbore de notas musicais. Tocoulle moitas máis cancións, pero non pasou nada. A árbore estaba asubiando unha melodía, el tocouna e abriu o portal, entón entrou naquel mundo. Ao chegar a ese mundo máxico viu que todo se estaba queimando, entón entrou nunha casa de pedra. Encontrouse cun ancián, e preguntoulle que pasaba. El díxolle que a clave de Sol estaba enferma, e deulle un mapa para encontrala. Seguiu o mapa e a clave de Sol estaba moi enferma, pero el curouna coa súa guitarra, ela agradeceulle concedéndolle un desexo. Nico pediu que todo volvera á normalidade e que no seu mundo houbera todo o que hai naquel mundo máxico.

ADRIÁN GONZÁLEZ JIMÉNEZ 6ºA

-

XOEL CAMBEIRO TAJES 6ºA


TRÍO MUSICAL Esta é a historia duns amigos chamados Esteban,Nico e Álex,que unha noite quedaron citados nun bar. Alí a xente podía animarse a cantar e a bailar. A eles encantáballe a música. Todos os días se reunían nunha cabaña próxima as súas casas e poñíanse a tocar. Esteban era o batería,Álex o guitarrista e Nico,o cantante e,ás veces,bailaba. Cando era a hora de quedar, arranxáronse e foron ata o bar.Alí, o dono, preguntoulles aos amigos se se animaban a tocar algo.Farían unha competición e, quen gañara, levaría o móbil que quixera. Eran cinco concursantes;Esteban,Nico e Álex eran os últimos.Presentaron unha canción pop, chamada "Heybaby".Todos o fixeran moi ben,pero os gañadores foron eles. Un representante dunha discográfica estaba alí e díxolle aos rapaces que o fixeran moi ben,pero había un problema: o home quería a un deles para gravar unha maqueta. Eles estaban moi tristes porque a canción fixérona entre todos e non lles parecía xusto que elixiran só a un deles. Decidiron competir. O público do bar tiña que votar quen era o mellor. No venres seguinte farían outra competición.Ao longo da semana ensaiaron e quedaban na cabaña para falar disto que os tiña preocupados. Chegou o día da competición.Había moitísima xente,case toda a cidade. Os tres rapaces estaban moi nerviosos e desexáronse moita sorte.Tiñan que interpretar unha canción inventada por eles. Esteban interpretaría "On thefloor",Nico "Party Rock" e Álex "I´m sexy and know it”. Era a hora.O representante da discográfica e os outros xuíces xa chegaran alí.O primeiro que actuou foi Esteban,o segundo Nico e o terceiro,Álex.


Levou tempo decidir quen era o gañador,porque as súas actuacións eran boísimas,foron un éxito.Despois dun anaco decidiron someter a votación a decisión.O gañador resultou ser....Álex!.Con gran decepción,Nico e Esteban felicitárono. Álex gravou unha maqueta en solitario.Mentres,Nico e Esteban xa non querían dedicarse á música.Nico quixo probar co fútbol e Esteban, co skate. Pasado o tempo,víronse pola rúa.O primeiro que fixeron foi darse unha forte aperta e falar da súa vida,de como lle ía despois de tanto tempo.A partir dese día, decidiron non separarse nunca máis

VALERIA BELLO BALADO 6ºA MARÍA GRELA SUÁREZ 6ºA


Na ciudade Paleto vivía unha familia de cucuins, que eran unhas persoas normais, pero convertíanse en zombies que exterminaban a música e os intrumentos. A nai comía a música clásica; o pai comía a música disco;o irmán maior comía a música rock;a nena pequena comía pop, por iso MileyCirus deixou de ser HannahMontana. A cidade dePaleto estaba aterrorizada. O goberno creou un robotguitarra que tiña escopetas que lanzaban notas músicais e funcionaba con coca-cola.Chamábase Guitarrabot . O irmán maior e a súa nai foron a unha taberna para beber caña e tomar unha tapa de tortilla.

De repente apareceu

.

O robot pescou ao irmán maior cunha corchea e encerrouno nos baños de mulleres.Había unha señora no baño que se cabreou e doulle co bolso na cabeza. A nai lanzoulle ao robot a tortilla,logo lanzoulle a caña, enborrachouno e o robot dixo: -Esta taberna si que sabe. Mentres estaba borracho deulle cun paraugas que o deixou con paxariños na cabeza.O robot comezou a bailar o “Pirinpinpín” e lanzoulle unha branca que a mandou ao conxelador de hamburguesas. Foi a casa dos cucuins nun estercoleiro e cando o robot entrou no baño o pai estaba lendo unha revista de cotilleos e comezou a chorar de vergonza. Guitarrabot volveu á súa casa para recambiar o depósito. Cando o robot marchou,a nena pequena enterouse de que a súa familia lera oscotilleos, cousa que nunca fixeran.


A nena comezou a berrar e a destruir as cousas do seu arredor. Guitarrabotenterouse, pero non tiña coca cola para recargarse así que probou con kas de limón. Agora lanza notas con aroma a limón e as súas armas son máis agrias. Foi enfrontarse coa nena, e ela partiuno pola metade e bebeu o seu kas. Unha persoa que estaba por alí recolleuno e logo reparouno. El púxolle un lanzachuches musical. Volveu a loitar coa nena e lanzoulle as chuches. A nena comeunas e fíxose tan gorda que non se podía mover, e logo vomitouno todo. O robot fixo un xiro de melena e deulle un martelazo no dedo do pé. E a nena marchou bailando salsa mentres choraba. Cando o robot pensaba que todo acabara chegaron os cucuins, fíxolles gracia o baile da nena e comenzaron todos a danzar ao ritmo da escala musical.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.