Mateo e outros relatos de 1º Primaria

Page 1


1º A •O

VIOLÍN MÁXICO de Alumnos e alumnas de 1º A

1º B • MATEO de Sara Sonería, Sara Iglesias, Pablo Gacio, Marta

Leira e Pablo Fernández

1º C •O

MISTERIO DA CLASE ENCANTADA de

alumnos e alumnas de 1º C


O VIOLÍN MÁXICO 1ºA Había unha vez unha clase de primeiro A do colexio de Sigüeiro, que tiña vintetrés nenos/as moi traballadores. Un día foron á biblioteca e ao subir as escaleiras escoitaron uns choros. Quedaron paralizados e descubriron que os xemidos viñan da aula de música. Camiñaron paseniño, abriron a porta amodiño, e oíron os choros que non sabían de que punto exacto procedían. Decidiron sentarse nas cadeiras e que os encargados buscaran nas caixas dos distintos instrumentos. De súpeto nunha caixa oíron unha voz que dicía: -

Por favor sacádeme de aquí que quero tocarlle aos nenos.

Quitárono e o violín

comezou a andar e a tocar el só. Os nenos

empezaron a bailar e a cantar ao redor del. Todos xuntos baixaron e deron unha volta ao patio. Subiron as escaleiras e chegaron á clase onde o violín parou de tocar e díxolles: -

Deixádeme quedar na vosa aula para que nunca máis me metan na caixa.

Os nenos prometéronlle que si. E colorín colorado este conto do violín xa está rematado.

Alumnos e alumnas de 1ºA do CEIP de Sigüeiro


MATEO 1º B

Nun país chamado Musicandia vivía Mateo, un neno ao que lle gustaba moito ir ás festas á noite a oir música e a bailar. Un día o director da banda como vía que lle gustaba a música invitouno a tocar un instrumento, Mateo ao primeiro tiña vergoña, pero despois despois decidiu tocar a frauta. Tanto se divirtía tocando que soñaba con ela e pasaba todo o tempo tocándoa. O director ao velo tan entusiasmado e que a tocaba tan ben, díxolle que podía ser da súa banda. Mateo aceptou, ían de festa en festa e a xente gustáballe moito ver a Mateo. Cando ía tocar, Mateo, botaba de menos aos seus país e sentíase so, ata que un día decatouse que os seus papás tamén estaban entre o público. Mateo entón era feliz. Xa tiña todo!.

FIN

Nome: Sara Sonería, Sara Iglesias, Pablo Gacio, Marta Leira e Pablo Fernández. Curso: 1ºB ICADE: 6 anos.


O MISTERIO DA CLASE ENCANTADA 1º C

Érase unha vez, unha clase chea de nenos e nenas moooooi traballadooooores, pero tamén eran un pouquiño revoltosos. Todos os días ao chegar á clase, tiraban as mochilas e os abrigos ao chan. A mestra xa non sabía que facer con eles. Estaba taaaan desanimada que ao acabar a clase e o marchar todos a casa os lapis decidiron axudala: - Esto non pode seguir así! - É certo, temos que darlles unha lección. Os lapis convocaron unha reunión, cos libros, as cores, pegamentos, o encerado, o ordenador, as mesas, as sillas…, en fin, con todo o material escolar que había na aula. A reunión ía ser as catro en punto da tarde. Chegou o momento, todos querían falar, e falar, pero ninguén entendía nada, de súpeto o borrador golpeou no encerado e fíxose o silencio: - Pareceeeeemos os nenos...!!!!, así non hai quen entenda nada, e senón falamos por orden non chegaremos a ningún acordo. - Ten toda a razón, - dixo o encerado. Eu creo que o primeiro que teríamos que facer e pensar uns minutiños de qué maneira poderíamos darlle unha lección a estes cativos. Estades de acordo?. - Síííííí, sííííi. Durante uns minutos estaba todo en silencio, oíanse algúns pasos dos materiais que paseaban o mesmo tempo que pensaban, tic-tac, tic-tac, tic-tac, pasaban os minutos. Os percheiros foron os primeiros en falar.


- Nos propoñemos desaparecer da clase, total no nos teñen en conta, non colgan os abrigos, iso quere decir que non nos queren. Os percheiros puxeronse moi triste.

Os lapis e os libros dixeron que iso non, porque se os nenos e nenas non os querían, todos eles os adoraban e o pasaban moi ben todos xuntos. De súpeto, as cores deron a idea. - Ten que ser algo moi discreto para que a mestra non se de conta. Escoitade con atención: O problema é que cando chegan tiran as mochilas e os abrigos o chan, entón simplemente o que temos que facer, sobretodo vos, os percheiros é que cando tiren os abrigos o chan cada un con moita cautela te des que volver a poñerllos, o volven tiran poñemosllos outro vez, e así ata que se cansen, anque empezarán a preguntarse que é o que esta a pasar, coas mochilas o mesmo, aquí precisamos a axuda de vos, os lapis , os pegamentos e nos as cores, xa que esas mochilas pesan moito, soamente temos que tumbarnos coma si estiveramos tirados no chan sin recoller, cando eles miren o redor. Que vos parece?. Fíxose un silencio durante un anaco, e de súpeto, empezou a soar unha música, eran os propios materiais da aula tocando e puxéronse a cantar: Ji ,ji,ji

Ji,ji,ji

Ji,ji,ji

ji,ji,jo

Teño unha broma para ti.

Temos unha broma para vos.

Ji, ji,ji

Ji,ji,ji

Ji,ji,ja

ji,ji,ji

Unha broma ímosvos gastar.

Teño unha broma para ti.

Ao acabar de bailar e cantar, chegaron a conclusión de que era unha IDEA XENIAL!!!!.


Ao dia seguinte así o fixeron, os nenos e nenas, asustáronse tanto que nunca máis volveron a tirar os abrigos e as mochilas ao chan. A mestra non o cría pero estaba moooi conteeeenta.

AUTORES: NENOS E NENAS DE 1º C (1º CICLO) IDADE: 6 ANOS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.