CATAVENTOS 2008

Page 1

Imaxe: Marta Alén

NESTE Nº

Xosé Mª Álvarez N azón de B reogán Anivers ario de Tintín Arrolos A compostaxe As carrilanas

http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

EDITORIAL Dura nte este curso participamos nos Proxectos de Voz Natura. O título do noso era “Xardín Botánico”. Pretendemos, co noso viveiro, ir repoboando o monte anexo ao colexo, tamén convertir a escombreira onde aparcan os buses escolares nun xardín do roca lla. Non traballamos sos, contamos coa axuda da Consellería do Medio Rural, así coma do Concello de Toén.

A ÁRBORE Son de carne, Non me firas Nin me queimes Que me doe o corazón... Se me miras e me observas Con puntual atención Verás, que en min, todo é Beleza, fortaleza e tesón. Son da chuvia e Son do vento... Se cortas as miñas raíces: ¡Fires os meus sentimentos!. Eu para ti son guía Faro na escuridade: Non estragues a miña vida Nin me coartes a liberdade. Son da terra e Das estrelas; Son protección e refuxo De moitas almas en vela. Apértame cando as túas forzas Nunha esquina te abandonen; E dareiche savia nova Para que a túa vida mellore. Eu dareiche paz, amor, Agarimo e protección, Beleza, serenidade, Fortaleza e tesón.

Pepe Conde Suárez

sumario Editorial 3,4,5 Letras Galegas 6,7,10,11 Os mais pequenos 12 Música 9 Refráns 13,25,38,39,46,47 Cómic 8,14-17,32,41,42 Días distintos 18,19,30,31,34-37 Obradoiro das letras 20,21 Cociña 22-24 Medio Ambiente 26-29,49 Monográficos 33 Entrevista 43 Deportes 44 Xogos Tradicionais 40,45,48-51 Humor e xogos 2

Ola amigos/as, Quero agradec ervos o voso traballo, o grande interese na realizaci ón da r evista e por levar a c abo, con éxito, as actividades des env olvidas no c entro. Aproveito para rec oñecer o gran labor da ANPA do c olexio, es peci almente a Helena. T amén dar as gr azas a Is abel, por compartir con nós os seus coñec ementos nas artes plásticas . Un bico.

Efrén

2


“ CAT AVENT OS”

Este Ano dedícase O día das Letras Galegas A José María Blázquez Que foi un gran poeta.

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

3

Nacín aló en Tui Moi preto da fronteira E antes de ter bigote Xa escribira algúns poemas Fomos seis irmáns E seis foron os fillos Que tiven coa miña dona ¡Casualidades do destino! Editei moitos libros E tamén algún escribín Como “Roseira do teu mencer” Que llo dediquei a Colorín Fun mestre, editor Tamén locutor e poeta Por falar ata falei Nunha emisora inglesa

Recitado: María Álvarez, Lucía, Estela e Alba. Deseño Prema e Cipriano

O merlo poeta A Descuberta da terra Imos ao Campo

Año Pitaño O carro dos nenos Polo laranxal

A miña Dona María Luísa dediqueille “Canle Segredo” Pero tamén escribín outros poemas que de seguido nomearemos:

Arco da vella Era un airiño soave A cometa


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

Xosé María Álvarez Blázquez escribiu un arrolo para a súa filla Colorín que dicía así: Durme meniña/Durme meu ben/Túa nai ten sono,/Teu pai tamén ... A nós para durmir tamén nos cantaban anainas. Ímosvos ofrecer unha escolma de arrolos. Vós tedes que recoñecernos nas fotos, tampouco cambiamos tanto ... Arrurrú coa tranca no cu Arrará coa tranca para acá Arrirí batinche “eiqui” Arrurú, coa tranca no cu M orreron os vellos E quedamos eu e tu Andrés Santos. Errurrú, errurrú, errurrú (bis) Duérmete mi niño que tengo que hacer lavar los pañales, planchar y coser. Daniel da Costa.

Dúrmete meniño Dúrmete meu sol Durme pedaciño Do meu corazón. Sheila Niña chiquitita, Niña parrandera, Duérmete en tu cuna Toda la noche entera. Prema

E ron-ron Xoaniño Antón Que o teu pai Vai no carbón Túa nai na leña seca. Logo che ha de dar a teta. Carmen Rubio. Teacher

Dúrmete neno Dúrmete xa Que vai vir o coco E te comera M iguel Á., Enrique e M arta M orales Levántate Juana Y enciende una vela Y mira quien anda Por la carretera Son los angelitos Que andan de paseo Buscando a Andrea Para ir a la escuela. Andrea

Onde deixaría o chupetiño

Xa teño ganas de dicir algunha palabriña…

Dorme luceiro lindo Dorme mentres eu velo, Que cantando todo o tempo Direiche o que te quero. M arta Alén

“Nouà màte ascultà aici Un concert pentru pisici Una sforie pe nas Si-acum doarme dusà Si din toatà ceata spusà M àte opt au mai ràmas.” Bianca

Dende o teu berce vexo A lúa chea Con cariña de pote Lúa serea. M iguel Álvarez

Boas noites, meu ben Deixa xa de chorar, Ao arrolo da miña voz Quero verte repousar. Durme xa miña ilusión, Durme xa meu querer Cesará a miña dor Ó mirar o teu pracer. Carolina Álvarez

4


“ CAT AVENT OS”

OS BOLECHAS leron “Roseira do teu Mencer” e fórono pasando de man en man. ¿Cal dos Bolechas o tivo primeiro?

A min deumo Pili e eu deillo a Sonia.

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

A min deumo Sonia e eu paseillo a Chispa

2008

Eu deillo a Tatá.

Para averigualo tendes que ver a orde en que o foron pasando.

A min deumo Carlos e eu deillo a Loli.

A min pasoumo Tatá e eu deillo a Carlos A min deumo Loli.

A min deumo Braulio e eu paseillo a Pili

Efrén colocouse diante dos títulos de 4 libros de Álvarez Blázque z. Es quen de descubrilos?

A pega rabilonga

Canle Segredo Roseira do teu mencer Poemas de ti e de min

5


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

6


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

8

Andrea Álvarez. 5º E.P. Debuxo M arta Alén 6º. O día 3 de outubro fixemos mosto no colexo. Non estabamos solos, Efrén botounos unha man. So pisaron os rapaces e as rapazas de infantil xa que non tiñamos botas do noso número. O primeiro que fixemos foi botar as uvas, que trouxeramos, nun tinallo e ir pisando. Debía ser moi divertido porque se rían moito aínda que algúns tiñan un pouco de vergonza. Ó acabar de pisar as uvas saíu o mosto de cor verdosa e probámolo. Tiña bo sabor, estaba ben doce. Durante unhas semanas, coidamos do mosto, incluso viñeron uns avós a trasfegar. A entrada do colexo se converteu nunha adega.

IMOS DE VENDIMA CON EFRÉN Hoxe empeza a vendima E non teño quen me veña axudar Voulle dicir a Efrén A ver se me bota unha man.

Xa acabei a vendima Con moi poucas uvas Porque Efrén é un lambón E comeu un montón.

Xa comecei a vendima e teño moitas uvas pero o meu amigo Efrén non me deixa ningunha.

E ata aquí vos podo contar E si vos gustou ou non Moito non me vai importar Xa que o pasei fenomenal.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

9

Recollidos por Andrés Santos Valdés. 3º E.P.

“En xaneiro o porco no fumeiro.” “Auga no mes de xaneiro mata o fumeiro.” “Por san Blas os días pequenos xa quedan atrás.”

“No mes de abril, ten que parar a xugada 15 días nil” “Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro”

“A vella e a vaca en marzo estiran a pata.” “En abril augas mil.”

“Se o arco da vella se pon diante pica os bois e tira padiante.” “Outono chegar prados verdear.”

“Marzo pelarzo, Abril lluvioso, Sacan a mayo florido y hermoso.” “O mes de abril e de maio son a chave de todo o ano.”

“En xullo arder, tempo de patacas coller.” “As castañas no Nadal saben ben pero pártense mal”.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

10

Coa música dos Lunnis “Buenas noches”. Nós, os alumnos de infantil, inventámoslle esta letra:


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

Fermín, Brayan, Jessica, Yago, Anxo, Diego, Adrian, Cristián e Ana María.

12


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

14

Educación Infantil: 5 anos


“ CAT AVENT OS”

No mundo encantado Do M ago de Oz Cada Arma Trocaron Por unha flor. No mundo encantado Do M ago de Oz Todos acordaron Dicindo a unha voz: ¡Se queremos armas...

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

15

Que sexan de CARTÓN! Culturas, raz as Costumes, relixións Aquí Todos conviven Sen I mportar a cor No mundo encantado Do M ago de Oz Esfórzanse todos Xuntos POR UN MUNDO MELLOR

M iguel Cruz, Águeda e M artí n coas súas camisetas pacíficas.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

16

O esquío EFRÉN, transformado en MAGO DE OZ, é un gran viaxeiro. Viaxa que te viaxa, chegou a o país co “ DESDIANTE”. - Pero que clase de país é este?preguntoulle a alguén que tomaba o fresco debaixo dunha árbore. O cidadán , sen dicir palabra, sacou do seu peto unha navalla e ensinoulla, ben aberta, sobr e a palma da man.. - Ve isto? - É unha navalla. - Non señor. Trabúcase. Isto é unha “desnavalla”, é dicir, unha navalla con desdiante. Serve para facerlle medrar a punta ao lapis cando está gastada. - Abraiante,-dixo Efrén- ¿Qué máis? - Logo temos unha “desespada”;é dicir, unha espada con des- diante. Serve para coller leitugas na horta. Hai quen a empr ega para cortar o pelo, limar as unllas, como chave mestra, como abr ecartas, coma uni dade de medi da... - Impresionant e…¿Que máis temos? - Temos unha “despistola”; é dicir, unha pistola con des- diante. Serve para acender o lume, disparar confeti, para facer un “pirsin”, para taladrar paredes, dar a saída nunha carreira, disparar fogos de artificio ou coma vaporizador de perfume. - Magnífico. Temos algo máis?. Por suposto, t emos unha “descopeta”; é dicir, unha escopeta con des- diante. Serve para botar sementes, como telescopio, para aspirar follas, substituír o pé da mesa, dar sombra, coma tendedeiro, e algún pirata a ten empr egado de perna de pao ... Deslumbrante. Pode haber algo máis neste país tan marabilloso?. - Si, moitas cousas máis. Temos un ”descanón”, que é un canón con desdiante e serve para plantar unha ár bor e, de percheiro, lanza- balóns, apaga incendios, para facer neve, túneles ou para facerte voar. Soprendente. E todas estas “desarmas”, a que nos levarían?


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

17

- Está moi claro, se nós fabricamos estas desar mas é porque temos un obxectivo moi claro no noso mundo: “facer a desguerra” - ¡Que intelixentes sodes neste país!. Un país con desguerra sería un país no que os problemas se solucionarían falando. Un país perfecto, sen maldade porque non habería pelexas. - E nós, en Toén , ¿Cómo poderiamos comezar a “desguerra”? - O primeiro sería entregar todas as ar mas de guerra… - ¿Estaría toda a xente disposta a facelo? - Sempre haberá alguén que se resista… por iso propóñoche que fagades un trato: “cambiade armas por flores”. -Así o faremos. E ... así o fixemos: - Nós, os rapaces infantil entregamos os nosos tiracroios para que se transfor men en destiracroios para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”. - Nós, os rapaces 1º e 2º entregamos as nosas espadas para que se transfor men en desespadas para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”. - Nós, os rapaces 3º e 4º entregamos as nosas pistolas para que se transfor men en despistolas para axudar a facer que no noso mundo haxa “ desguerras”. - E Nós, os rapaces 5º e 6º entregamos os nosos arcos e fr echas para que se transformen en desarcos e desfrechas para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”.

-Ben, amigos, reci bide cada un unha flor, polas vosas armas……..


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

18

Grafía: Raúl, A lba, Lucía. Ilustracións: Martín.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

19

Adaptación de 1º Ciclo Todos saben como comezou o conto da chicharra e a formiga, pero poucos saben como verdadeiramente acabou. Esta é a historia tal e como realmente sucedeu. Durante o verán as formigas afanábanse recollendo alimento para o inverno, mentres a chicharra entretíñase cantando e sacando fermosas notas do seu violín . Pero o inverno chegou, as formigas recolléronse no seu formigueiro e a chicharra, tremendo de frío, vagaba polo campo sen saber onde guarecerse. Morta de frío e fame, a chicharra foi buscar auxilio a casa das formigas. - Para outra vez procura traballar máis e cantar menos –díxolle a raíña, ó tempo que as outras formigas a abrigaban e lle daban unha boa cunca de leite para que entrase en calor. Pasou o tempo, chegou un novo verán e a chicharra, escarmentada, traballaba coma se fose unha formiga máis, recollendo alimento para o inverno. Pero entón sucedeu algo inesperado. As formigas, acostumadas a traballar con música, sentían que lles faltaba algo e cada vez facían a súas tarefas con máis desgana e tristeza. Ata que un día, fartas daquela situación, decidiron negarse a traballar. En medio daquel caos, as formigas máis vellas decidiron ir a ver a Raíña e plantexarlle a situación Tras moito debate, chegaron a unha solución: a chicharra poría a música e, a cambio, elas daríanlle alimento e refuxio cando chegase o cru inverno. E así foi como retornou a paz o formigueiro. Aquel inverno celebráronse alí os máis grandes bailes e festas que se lembran en toda a bisbarra.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

20

1. ¾

RECEITAS DE AMORAS INGREDIENTES: 500 gr de moras 400 gr de azucre 2 culleradas de zume de li món

¾

ELABORACIÓN: Mesturar as moras co azucr e e o li món. Dei xar repousar dúas horas a temperatura am bi ente e logo ferver durante corenta e ci nco mi nutos a lume forte…Dei xar arrefri ar. -Caroli na Álvarez Álvarez e Mi guel Álvarez, 5º-

2. MARMELADA DE TOMATE ¾ INGREDIENTES: 2 kgr de tomates 1 kgr de azucre 1 li món 1 vaso de coñac ¾

ELABORACIÓN: Introdúcens e os tomates en auga fervendo para qui tarlles a pel e a sem ente. Bótas elle o zume de limón e a casca e mi sturámolo todo. Engádese a coñac e logo pons e a ferv er dei ca que espes e. Cando xa es tea espeso pasámoslle o pasapuré. Dei xalo arrefri ar e logo envasámolo e metémolo no fri gorí fi co. -Prema Narayama e Borja Martí nez Varela, 5º-

3. CHARLLOTE DE CASTAÑAS ¾ INGREDIENTES: ½ kgr de castañas 100 gr de fari ña 50 gr de azucr e 5 ovos 1 vaso de lei te 1 cunca de tona ¾

PREPARACIÓN: Cócense as castañas e quí taselle a pel. Pásanse por un pasapur é e engádeselle o vas o do lei te, o azucre, a fari ña e as x emas dos ovos. Cando todo estea mi sturado, engádenselle as claras montadas a punto de neve. Bótase todo nun molde e métese no forno para que coza lentamente. Cando xa es tea fei to, sacámolo e cúbr ese coa tona e xa está li sto para com elo…. -Jenni fer López Morai s, 6º-


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

22


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

M iguel Ángel

Debuxos Carolina Álvarez e Miguel Ángel Melo


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

24

Sheila Rodríguez e Miguel Ángel Melo. 4º E.P. O compost é un abono natural que se pode empregar para o xardín, horta ou plantas de interior. É moi beneficioso porque as terras tratadas con fertilizantes químicos, acaban perdendo a súa productividade.

¿Qué precisamos para facer compost? -

Un composteiro Unha forca ou outra ferramenta para voltear Auga Residuos de cociña (Restos de froita, verdura, mondas de patacas, pousos de café, té, pó da aspiradora, cáscaras de ovo, restos de pan, …) Residuos vexetais (restos de poda, ramiñas, follas, secas, céspede, restos de maleza, serrín …)

O composteiro É un recipiente onde se botan os residuos orgánicos para transformalos en compost.

¿Onde Colocamos o composteiro? É mellor colocalo sobre o chan (non sobre o cemento), sobre unha capa de ramas e follas; por exemplo, debaixo dunha árbore de folla caduca, que permite que teña sombra durante o verán e sol durante o inverno.

¿Como se fai o compost? • • •

• • • •

Botar unha capa de toxos picados, restos de poda ou outro tipo de restos vexetais. Botar unha capa de residuos da cociña. Ir intercalando capas de ramas cortadas, follas secas e herba da poda entre os restos de comida para que o aire circule con maior facilidade polo interior. Para que o proceso comece canto antes, podemos empregar terra, esterco, unha pouca cal ou ortigas. Remexer a parte superior unha ou dúas veces á semana. Humedecelo cando se vexa que está seco. Ten que estar húmido pero non empapado. Se vemos que ten moita auga, podemos engadir serrín, panos de mesa … O compost estará maduro ao cabo de 5 meses e poderemos retiralo pola parte inferior do composteiro.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

26

Andrea Álvarez e M arta Alén. 3º Ciclo de E.P. O Himno Galego ven de cumprir 100 anos. Foi entoado por primeira vez na Habana o 20 de decembro de 1907. Pascual Veiga musicou o poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal . EDUARDO PONDAL


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

27

Carol ina Álvarez

O 20 de decembro de 1907, en A Habana (Cuba) entoouse por primeira vez o Himno Galego: partitura composta por Pascual Veiga e coa letra do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal.

O poema fala da paisaxe, dos bosques, das inxustizas e desigualdades do pobo galego, da revolución... Tamén dos celtas, nosos antepasados.

O POBO CELTA Era un pobo bélico, dedicado á agricultura, á minería e á gandería. Os celtas vivían en aldeas amuralladas chamados castros, con casas circulares de pedra e teitos de madeira. Os seus guerreiros eran valerosos, en caso de necesidade tamén loitaban as mulleres. Preferían morrer antes que ser derrotados e tiñan o costume de cortar a cabeza dos inimigos como proba de valor.

BREOGHAN Era un rei celta que fundou a cidade de Brigantia (A Coruña), na que reconstrúe a torre dun antigo faro que pasaría a chamarse Tor Breoghán, e na actualidade Torre de Hércules.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

28

Marta Alén 6º

distintos nomes que recibe un hórreo: Hórreo, canastro, cabaceiro, cacipo, cabana, cabozo, palleira, panera, espigueira, canico, piorno, garai, garaia, pâtul, garea, cacipo... Os hórreos ou canastros son os graneiros onde se meten os productos, que se queren conservar: cabazos, carne, cebolas, allos, noces, millo... O millo consérvase en lugares ventilados. Na actualidade manipúlase quimicamente para que poida crecer en calquera clima. Con el podemos obter varios productos: fariña, palomitas, aceite, cristais de coches irrompibles, explosivos, alcohol, doces, etc. Antigamente un bo hórreo nunha casa, era símbolo de familia rica.

colchóns.

Ás follas do millo que se gardaba no canastro, metíanse nunha funda de tea e cando secaban usábanse para facer

Os carozos do millo, tamén nos serven para fabricar combustible ou corchos. Os tellados dos hórreos de palla e lousas chamábanse colmos. Os canastros en Portugal pódense chamar espigueiros ou caniços entre outros nomes.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

29

Marta Alén

Participamos nun obradoiro de Hórreos da man de Arturo Fernández.

Construímos un cabaceiro de varas.

Este gran canastro localízase en Toén


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

32

SOS. INCENDIO!!! Noticia escrita polos alumnos/as de 2º Ciclo O mércores 16 de Abril, o informe meteorolóxico daba chuvia para Ourense, pero a chuvia chegou a Toén 3 horas tarde. Todo o día fixo sol e despois de comer levantouse un vento do sur bastante forte. Comezamos a ver fume e unhas chamas moi altas, estabamos asustados. O caso foi que o fume se fixo cada vez mais espeso, asomámonos á ventá da clase de música e vimos o incendio. Don Pepe chamou rapidamente ao 112 e chegaron de contado os bombeiros e o helicóptero. As chamas cada vez eran máis grandes, e o vento facía que se estendera mais o lume. TIVEMOS QUE DESALOXAR O COLEXIO! Sobre seis e media quedou apagado o lume e un pouco máis tarde empezou a chover. A terra e as árbores quedaron negras e chamuscadas. Todos os nenos e nenas comentaban que non querían que ardera o colexo, outros choraban co medo, algúns querían saír fóra para velo de cerca pero non lles deixaron. O único que se salvou da queima a parte do cole, foi o viveiro que está na parte de abaixo, a plantación de árbores do ano pasado.

Só nos queda seguir plantando árbores no monte, manténdoo limpo e repoboar coas árbores que resistan mais os efectos do lume como os carballos e as sobreiras.


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

33

Daniel Da Costa entrevista ao s eu tío que traballa en “Granitos del Val” ¿Qué mineral extraen na canteira? Granito Está moi fondo? Non, está a ras da terra Hai unha soa clase ou hai varias? Hai varias clases: hai granito de cor gris, rosa, mais amarelo… Que usos se lle poden dar? Normalmente emprégase para a construcción de casas, para poñer nas rúas… Como se extrae a pedra? Extráese mediante perforación e voladura. Que máquinas se empregan? Empregánse máquinas de perforar, cadeas, rodas… Para que serve cada unha? As máquinas de perforar serven para facer buratos. As máquinas de cadeas serven para arrancar o escombro. As máquinas de rodas serven para transportar o granito dun lado a outro. Como se fan os adoquíns? Córtase a pedra en tiras e pásase por unha cinta onde se corta en cachos mais pequenos. Para que se usan? Para revestir as rúas Fabrican outro tipo de materiais? Cales? Tamén se fabrican pedras para recubrir as fachadas das casas, para facer os cierres ou muros, grava e area de varios grosores para mesturar co cemento … Para que se usan? Para a contrucción de casas, edificios , estradas, aceras… Traballa moita xente na canteira? Traballan mais de 50 persoas Que oficios hai? Hai canteiros, perforistas, camioneiros, cortadores de pedra …


“ CAT AVENT OS”

Este libro gustoume porque ten moito misterio e tamén humor. Adrián é un mensaxeiro que so quere axudar ás persoas. Andrés

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

A historia desenvólvese baixo o mar. Gústame moito porque hai moitas aventuras. Miguel Ángel

Este libro gustoume porque a neve deixa todo de cor branca. Os rapaces pintaron toda a cidade porque a xente non lle gustaba ver a cidade triste. Sheila

2008

34

O merlo comparte cos rapaces os figos da figueira. É un libro de poesía, gustoume moito. Marta Morales

Este libro é moi interesante porque ríste moito. É de aventuras divertidas e emocionantes. Conta as tolerías de Don Quíxote. Enrique Arce


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

A Historia dunha Lata: Unha lata caeu no prado onde pastaba a vaca, por iso comezan a falar. A lata aproveita para contarlle toda a sú a vida, e así a vaca co ñece a vida na cidade. Carola

2008

El conde Drácula en Australia: É un libro moi entretido, ensina que na túa vida tes que ser ti mesmo e divertirte. An ímote a que o leas, vaiche a encantar. Prema

Shadomancer 2. La maldición de Salamander Street: Recoméndoche este libro porque é moi entretido e de moito terro r, maxia negra, sangue e desesperación. Gustarache!!! Marta

Si quieres pasar miedo: Recoméndocho por que é de medo, misterio e pasas moito repelus. Gustarache tanto que desexará s lelo unha e outra vez. Andrea

35

Naruto ¡Aspirantes! Este có mic gustoume moito. Naruto ten que facer un exame, e non o estudou, pásao mal pero ao final, arrísgase e aproba. Miguel

Kika Superbruja y la momia El libro me gustó mucho porque es divertido. Kika vive muchas aventuras con una momia en las pirá mides de Egipto. Borja


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

MUGARES

O xoguete tradicional do pobo de Mugares era a carrilana, coas que os nosos pais se divertían botando carreiras e os nosos avós facéndoas e probándoas. As carreiras facíanse na estrada de Mugares a Moreiro e rematando nas canteiras dos

2008

44

irmáns Cortiñas. Comenzaban dándolle un pulo e logo xa ían collendo velocidade costa abaixo....Algúns facían trampas saíndo de primeiros para botar auga para que os demais esvararan.

-Martín e Miguel, 5º

FREIXENDO A carrilana é un xogo de antes e de agora, aínda que, só se coñece nos pobos...Sería un xoguete imposible nas cidades. As carrilanas modificáronse moito. Antigamente to das se manexaban cos pés e agora xa as hai cun guiadoiro ou volante. Outro avance é o dos freos. Antes freábase cos zocos e agora incorporóuselle un cable que frea as rodas de a trás....Xa non falemos das velocidades...Agora case corren como os coches de fórmula 1...Antes os camiños eran moi penosos e sufrían moitos desgastes e atrancos...

COMO SE CONSTRÚEN 1. Faise unha base de madeira adaptada á medida dunha persoa 2. Por debaixo desta base métenselle 2 eixes para logo encaixar 4 rodas de madeira 3. As rodas poden ir forradas con goma ou cun flexe metálico. 4. O freo faise cun pau que se mete de lado por un bura to que se fai na carrilana, no costado dereito,. Cando frea, tiras polo pau cara arriba e este arrástrase polo chan e para a carrilana. 5. Tunéase a carrilana como máis nos guste e xa está lista para correr..

- Carola, 5º-

-Marta Alén -


“ CAT AVENT OS”

Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén

2008

45

Nós os alumnos e alumnas de 5º e 6º do colexo, iniciamos unha campaña para a Prevención do Fracaso Escolar. Para iso contamos co Nenum Habilis. El vainos dar uns consellos para conseguir o Éxito Escolar. E... nunca, nunca, nunca imitedes

ao Nenum Disaster. ¡Ánimo!

O Nenum Habilis atende e traballa na clase

O Nenum Disaster xoga e distráese

O Nenum Habilis é or denado e constante

O Nenum Disaster é desordenado

O Nenum Habilis fai sempre as tarefas.

O Nenum Disaster esquéceas ou non as fai



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.