Rúas de Mulleres

Page 1

RĂšAS DE MULLERES

no concello de Santiago


ANA FRANK 

Lugar de nacemento: Francfort (Alemaña)

Época na que viviu: desde o 12 de xuño de 1929 ata Marzo.

Actividades que realizou:  Escribiu un diario no que explicaba a súa vida na segunda Guerra Mundial cando que estaba agochada dos nazis coa súa familia en Ámsterdam (Holanda).

Feitos polos que destacou:  Foi enviada a un campo de concentración nazi.  Morreu de tifo despois dunha curta e difícil vida.


MARIE CURIE 

Lugar de nacemento: Varsovia (Polonia)

Época na que viviu: desde 1867 a 1934

Actividades que realizou:  Científica e investigadora nos campos da Física e da Química.

Feitos polos que destacou:  Pioneira, xunto ao seu marido, no estudo da radioactividade.  Descubriu o radio e o polonio.  Foi a primeira muller en conseguir dous premios Nobel, un de física e outro de química.


MARGARITA NELKEN 

Lugar de nacemento: Madrid

Época na que viviu: De 1894 a 1968

Actividades que realizou:  Escritora, pintora e política.

Feitos polos que destacou:  Defensa e promoción da muller.  Compromiso coas clases sociais máis desfavorecidas.

 Loitou en favor dos nenos/as, de maneira que foi a impulsora dun centro de atención para os fillos/as de nais traballadoras.  A única muller que foi deputada nas tres lexislaturas da República.


MARIVÍ VILLAVERDE 

Lugar de nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Época na que viviu: De 1922 a 2017

Actividades que realizou:  Escritora, xornalista, tradutora, actriz e impulsora do teatro.

Feitos polos que destacou:  Foi a voz do exilio galego. Estivo exiliada en Francia e en Arxentina.  Converteuse na memoria da Guerra Civil.  Colaborou con asociacións de recuperación da memoria histórica.


PILAR MIRÓ 

Lugar de nacemento: Madrid

Época na que viviu: De 1940 a 1997

Actividades que realizou:  Directora de teatro, cine.  Foi a primeira muller directora de TVE.

Feitos polos que destacou:  Dirixiu “El crimen de Cuenca” y “El perro del Hortelano”


ROSALÍA DE CASTRO 

Lugar de nacemento: Santiago de

Época na que viviu: Dende 1837 a 1885.

Actividades que realizou:

Compostela

 Poeta e novelista 

Feitos polos que destacou:  Está considerada como unha das grandes poetas do S. XIX, ademais é unha das figuras máis importantes do Rexurdimento Galego.  Destacou pola súa obra “Cantares Gallegos” coa que devolveu o prestixio á lingua galega.

 Outras obras importantes son “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”


CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS 

Lugar de nacemento: Santiago de Compostela.

Época na que viviu: De 1881 a 1939

Actividades que realizou:  Mestra e política.

Feitos polos que destacou:  Foi a primeira alcaldesa de Galicia no concello de Portas.  Cando cesou de alcaldesa , seguiu exercendo de mestra na Escola de Guadalupe en Santiago de Compostela.


EMILIA PARDO BAZÁN 

Lugar de nacemento: A Coruña

Época na que viviu: De 1851 a 1921

Actividades que realizou:  Escritora, crítica literaria, xornalista e tradutora.

Feitos polos que destacou:  É considerada unha das mellores novelistas españolas do S.XX.  Gran defensora dos dereitos da muller.  Primeira muller en conducir un automóbil  A súa obra máis importante é “Los pazos de Ulloa”.


MARIANA PINEDA 

Lugar de nacemento: Granada.

Época na que viviu: Dende 1804 a 1841.

Actividades que realizou:  Heroína da Revolución Liberal Española.

Feitos polos que destacou:  Símbolo da loita contra a falta de liberdade no século XIX en España  Foi condenada a morte por non delatar aos seus colaboradores.


CLARA CAMPOAMOR 

Lugar de nacemento: Madrid.

Época na que viviu: Dende 1888 a 1972.

Actividades que realizou:  Escritora, política e avogada.

Feitos polos que destacou:  Gran loitadora para conseguir a igualdade de dereitos das mulleres.  Foi unha das tres primeiras mulleres, xunto con Margarita Nelken e Victoria Kent, que obtivo un posto no parlamento  Loitou para que as mulleres puidesen votar en España e conseguiuno no ano 1931.


XULIA MINGUILLÓN 

Lugar de nacemento: Lugo

Época na que viviu: Dende 1906 a 1965.

Actividades que realizou:  Pintora e escritora,

Feitos polos que destacou:  Foi unha das pintoras máis recoñecidas da España da posguerra.  Moi boa retratista de prestixiosos personaxes da sociedade galega.  É a única muller que logrou a Medalla de Ouro da Exposición Nacional de Belas Artes.  O seu cadro máis famoso é: “A escola de Doloriñas”.


MARUXA MALLO 

Lugar de nacemento: Viveiro (Lugo).

Época na que viviu: Dende 1902 a

Actividades que realizou:

1995.

 Pintora e ilustradora 

Feitos polos que destacou:  Foi unha das pintoras máis importantes das vangardas.  Muller moi libre e moderna, adiantada á época na que viviu.  Iniciadora do movemento das “sen sombreiro”, un grupo de mulleres que se atreveron a saír á rúa sen esa prenda.  O seu cadro máis famoso é: “El canto de la espiga”.


CONCEPCIÓN ARENAL 

Lugar de nacemento: Ferrol (A

Época na que viviu: Dende 1820 a

Actividades que realizou:

Coruña). 1893.

 Escritora, periodista e avogada. 

Feitos polos que destacou:  Foi unha activista social

 Pioneira no feminismo español. Defendeu sempre o dereito da muller á educación.  Para acudir ás clases na universidade ía disfrazada de home.  Loitou en favor dos máis desfavorecidos e visitaba os cárceres habitualmente para axudar aos presos.


SYRA ALONSO 

Lugar de nacemento: A Coruña

Época na que viviu: Dende 1899 a 1970.

Actividades que realizou:  Escritora e periodista.

Feitos polos que destacou:  Contou de forma moi directa a represión durante a guerra civil española e a ditadura franquista.  Escribiu uns diarios onde denunciaba a crueldade dos crimes franquistas.


MARÍA MIRAMONTES 

Lugar de nacemento: Santa María de Guísamo (Bergondo)

Época na que viviu: Dende 1895 a 1964.

Actividades que realizou:  Intelectual, política e costureira.

Feitos polos que destacou:  Republicana e nacionalista militou na Irmandades da Fala e dirixiu a primeira escola galega bilingüe.  Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.  O seu marido, Ánxel Casal, foi fusilado e marchou á Arxentina onde participou en actividades feministas.


MARÍA ZAMBRANO 

Lugar de nacemento: Vélez (Málaga)

Época na que viviu: Dende 1904 a 1991.

Actividades que realizou:  Profesora, escritora, xornalista e filósofa.

Feitos polos que destacou:  Polos seus escritos filosóficos sobre aspectos fundamentais do ser humano, está considerada como unha das mulleres máis importantes do pensamento español do S.XX.  Recibiu o Premio Príncipe de Asturias en 1981 e o Premio Cervantes en 1988.


XOHANA TORRES 

Lugar de nacemento: Santiago de

Época na que viviu: Dende 1929 a 2017.

Actividades que realizou:

Compostela (A Coruña)

 Poeta, escritora e autora de obras de teatro. 

Feitos polos que destacou:  Moi comprometida coa lingua galega durante o franquismo, contribuíu á súa normalización.  Polo seu labor cultural en beneficio de Galicia recibiu o Premio Pedrón de Ouro no ano 1972.  Foi membro da RAG desde o 2001.


FEDERICA MONTSENY 

Lugar de nacemento: Madrid

Época na que viviu: Dende 1905 a 1994.

Actividades que realizou:  Escritora e oradora.

Feitos polos que destacou:  Foi a primeira muller en ser ministra en España cando comezou a Guerra Civil e unha das primeiras de Europa.

 Realizou como ministra revolucionarios proxectos sociais: contribuíu á mellora da saúde pública e á consecución dos dereitos das mulleres en España.


MARÍA DE LOS ÁNGELES DE LA GÁNDARA 

Lugar de nacemento: Vigo

Época na que viviu: Dende 1915 a 2005.

Actividades que realizou:  Empresaria e presidenta da Cruz Vermella en Santiago.

Feitos polos que destacou:  Estivo xunto ao seu marido ao fronte da empresa compostelá de Televés que expandiu polo mundo as súas antenas.  Traballou a favor dos máis necesitados facendo un importante labor na Cruz Vermella.

 Recibiu a medalla de Galicia no ano 1997.


MESTRA VICTORIA MÍGUEZ 

Lugar de nacemento: Santiago de Compostela

Época na que viviu: Primeira metade do S. XX.

Actividades que realizou:  Mestra na escola unitaria de nenos e nenas de Vidán.

Feitos polos que destacou:  Mentres foi mestra en Vidán, na época da posguerra fixo un importante labor benéfico axudando aos veciños máis necesitados. Por iso é recordada nese barrio que lle dedicou unha rúa co seu nome.


JOSEFA IGLESIAS VILARELLE 

Lugar de nacemento: Santiago de Compostela

Época na que viviu: Dende 1883 a 1966

Actividades que realizou:  Mestra e pedagoga.

Feitos polos que destacou:  Gran defensora do emprego do galego no ensino, dotando a lingua galega dun pioneiro manual para a súa aprendizaxe  Foi unha das doce mulleres que participaron no Seminario de Estudos Galegos.


JOSEFA GARCÍA SEGRET 

Lugar de nacemento: Tui (Pontevedra)

Época na que viviu: Dende 1900 a 1986

Actividades que realizou:  Mestra e política galega.

Feitos polos que destacou:  Por ser contraria ás ideas do franquismo foi detida e trasladada ao cárcere de Saturrarán (País Vasco)  Escribiu o libro “Abajo las dictaduras” onde relata a vida das mulleres no cárcere.


OFELIA NIETO 

Lugar de nacemento: Algete (Madrid)

Época na que viviu: Dende 1895 a 1931

Actividades que realizou:  Cantante lírica.

Feitos polos que destacou:  Debutou como soprano coa ópera “Maruxa” en 1914. Recorreu España interpretando óperas e zarzuelas.  Ademais tamén recorreu diversos países (Italia, Arxentina, Brasil,...) interpretando óperas de Verdi, Wagner, Puccini,...  En recoñecemento do seu labor en favor da música española concedéronlle a Cruz de Afonso X o Sabio.


CARMEN LAFORET 

Lugar de nacemento: Barcelona

Época na que viviu: Dende 1921 a 2004

Actividades que realizou:  Escritora.

Feitos polos que destacou:  Escribiu a obra literaria “Nada” considerada a mellor novela do momento e o libro máis vendido da época. Por ela recibiu o Premio Nadal.  Foi unha pioneira feminista que loitou contra o machismo que existía na sociedade española da época, na cultura e nas relacións entre homes e mulleres.


TERESA DE CALCUTA 

Lugar de nacemento: Macedonia

Época na que viviu: Dende 1910 a 1997

Actividades que realizou:  Relixiosa misioneira católica

Feitos polos que destacou:  É coñecida polo seu labor humanitario na India.  Fundou a congregación relixiosa das Misioneiras da Caridade co obxectivo de axudar aos máis pobres.  En 1979 recibiu o Premio Nobel da Paz.


MARÍA MARIÑO 

Lugar de nacemento: Noia (A Coruña)

Época na que viviu: Dende 1907 a 1967

Actividades que realizou:  Costureira e poeta

Feitos polos que destacou:  É considerada como unha das máis importantes poetas místicas de Galicia,  Mantívose tan illada dos ambientes literarios que mesmo se dubidou da súa existencia.

 As principais obras desta autora foron: “Palabra no Tempo” e “Verba que comeza”.


VICTORIA KENT 

Lugar de nacemento: Málaga

Época na que viviu: Dende 1891 a 1987

Actividades que realizou:  Avogada e política

Feitos polos que destacou:  Foi a primeira muller en ingresar no Colexio de Avogados en Madrid.  En 1931 foi nomeada Directora de prisións e realizou importantes melloras entre as que se encontraba a creación dun corpo feminino de funcionarias.  Gran defensora da República tivo que marchar ao exilio.


TERESA CLARAMUNT

Lugar de nacemento: Sabadell (Barcelona)

Época na que viviu: Dende 1862 a 1931

Actividades que realizou:  Traballadora nunha fábrica téxtil

Feitos polos que destacou:  Foi unha das voces máis importantes da época contra a desigualdade da muller e contra os dereitos dos traballadores .

 Creou asociacións de mulleres obreiras onde estas podían tomar decisións sen a tutela dos homes.


ALUMNAS E ALUMNOS

DO CEIP. MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

CURSO 2018 - 2019


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.