O avión escuro e outras historias

Page 1

Contos premiados no Gran Concurso de Contos de Medo 2015-2016


Lavacolla y el vampiro Era el 31 de octubre, noche de Halloween. Los niños del CEIP Mestre Rodríguez Xixirei iban de excursión a Transilvania en avión. Cuando llevaban un rato volando empezó una tormenta, cerca de Transilvania un rayo iluminó el cielo y vieron un hotel que se llamaba “Hotel Transilvania”, donde una niña saltaba por una ventana y empezaba a volar. Llevaba una capa negra y tenía colmillos. Los niños gritaban muy alto y entonces se apagaron las luces del interior del avión. Cinco minutos despues, cuando se encendieron las luces, las niñas habían desaparecido, solo quedaban los niños. Los profesores y los niños, despues de aterrizar, fueron a buscar a las niñas al hotel de los vampiros. Cuando llegaron a la puerta llamaron al timbre, muertos de miedo, y les abrió Frankenstein, que les dijo: - Les estábamos esperando, pasen al salón. Entraron muertos de miedo y vieron a las niñas en un baile, rodeadas de vampiros y hombres lobo que parecían muy muy simpáticos. A las doce de la noche se fueron a dormir, cuando amaneció las camas estaban vacías. De los niños y las niñas solo quedaban sus ropas. Los monstruos dormían con la barriga llena esperando la próxima excursión. Fin

Marta, 1º de Educación Primaria


O avión escuro

Era unha das miñas múltiples viaxes, pero esta vez me tocou de ir nun avión que estaba no sitio máis afastado do aeroporto. Era moi escuro, eu entrei con algo de medo, unha señorita coa cara moi branca me atendeu moi amable. No avión había poucos pasaxeiros e me tocou sentarme cun señor cunha especie de capa negra, e cando mirou para min os ollos puxéronselle de cor vermella. Eu tiña moito medo e gritei, pero ninguén me fixo caso. De súpeto, un cento de morcegos voaron por riba da miña cabeza, eu quería baixar do avión, pero foi imposible, xa estábamos voando. Eu non podía crer todo o que vía, todos mirando para min e dicindo que olía a humano. Estaba claro, eran vampiros e me querían chupar o sangue. As pernas me tremían e todo me daba voltas, ata que sentín uns colmillos clavarse no meu pescozo. Pensei que era o meu fin, pero non. Cando espertei estaba vestido de negro e ao mirarme ao espello tiña os ollos moi roxos, así que tede coidado, agora son vampiro e podo aparecer por aquí en calquera momento no meu avión escuro. Fin

Roi, 2º de Educación Primaria


As vacacións de Carmen

Carmen era unha nena de sete anos que ía ir de vacacións a Madrid. Estaba moi emocionada porque era a primeira vez que viaxaba en avión. Carmen e os seus pais chegaron ao aeroporto de Lavacolla e sentaron na sala de espera a agardar polo avión. A nena estaba moi entretida vendo pasar a xente, as maletas, os taxis, os avións... De súpeto, apagáronse todas as luces do aeroporto, e Carmen escoitou uns ruídos moi raros. As portas abríanse e pechábanse, o vento golpeaba as ventás, había sombras escuras e tamén oubeaban os cans. Carmen tiña moito medo e empezou a correr polo aeroporto berrando: - Mamá, papá, onde estades?-. Cando a nena se deu conta, estaba dentro dun avión. Pero alí non había: pilotos, azafatas, seus pais... Carmen estaba soa. O avión empezou a andar pola pista e a nena vía moi asustada como se estaban achegando perigosamente a un camión de bombeiros: Ían chocar! Carmen pechou os ollos moi forte esperando o peor, e cando os abriu estaba sentada na sala de espera do aeroporto de Lavacolla, ó lado dos seus pais. Quedárase durmida. Todo fora un soño. Sara, 2º de Educación Primaria


Terror a bordo Era un día tranquilo, o sol brillaba, os paxariños cantaban na copa das árbores, nas que sorprendentemente hoxe a froita lle sabía moito mellor. Non había nin unha soa nube, todo ía tranquilamente como poidestes comprobar, ata que... comunicáronme que nos mudábamos a Londres! Empecei a facer a equipaxe e miña nai díxome que so metera o máis importante. Decidín meter as miñas cobaias de pelo curto, Gala e Nora, algo de roupa e os meus libros preferidos. Nun intre xa estábamos no aeroporto, facturamos as maletas e subimos ao avión. Cerca do meu asiento, ía unha señora da terceira idade que me pareceu algo sospeitosa. Cando despegou o avión o que me preocupaba non era esa señora tan sospeitosa, senón que eu saíra viva de alí... Cando me fun acostumando aos movementos do avión... a señora sacou unha variña máxica e aparecín nun sitio terrorífico, onde todo estaba dun vermello horripilante, salvo as pedras negras e afiadas que cubrían unha especie de habitación, como no avión foran moitos pasaxeiros agora había moitos cadáveres flotando en ríos de sangue. Estaba cagada de medo e desconcertada, polo que estaba vendo, custábame crer que houbera algo peor que ter que mudarse a Londres. A señora, que agora era unha bruxa, colleume dos pelos e converteume en rá, eu deducín que ela tiña unha fonte de poder. Vin un enorme anel na súa man, dei un chimpo para intentar quitarllo, conseguino pero non pasou nada, así que me lanzou ao río de sangue cos cadáveres dos pasaxeiros. Custoume sair, xa que a corrente era moi forte e me levaba. “Agora xa sei cal é a súa fonte de poder”, dixen para min, pero creo que lle ten medo ás ras por como me lanzou antes. A súa fonte de poder estaba na fibela do seu sombreiro! De súpeto notei que alguén me zarandeaba, era a miña nai que me despertaba, menos mal que todo foi un simple soño. O que si que non era un soño era que os meus novos compañeiros de clase estaban desexosos de probar o meu sangue. Meu Deus!

Marta, 5º de Educación Primaria.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.