Novas de lavacolla

Page 1

NOVAS DE LAVACOLLA XORNAL ESCOLAR

O TEU XORNAL ESCOLAR PREFERIDO

Desde 2018

FESTIVAL DO ENTROIDO 2018

Na imaxe podemos ver as coloridas caracterizacións dos disfraces, evocando algunhas das culturas tradicionais africanas. Así mesmo, cabe destacar que cada aula segue a traballar sobre ditos pobos, estudando as súas respectivas culturas.

Despois do tradicional desfile de aulas pola pasarela, no que participaron tamén as nais e os pais que quixeron ensinar os seus disfraces, seguidas polo profesorado e a nosa conserxe Carmiña, houbo a tradicional merenda de Entroido, para a cal moitas familias compartiron as súas elaboracións de productos (filloas, orellas, estrelas….). As nais da ANPA, ademáis, prepararon os chourizos ao… (prato tradicional no noso colexio, moi esperado por todas e todos nós) e repartiron bebida abondosa, ademáis de encargarse da organización da merenda.

Este pasado venres 9 de febreiro celebrouse no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei de Lavacolla o festival do Entroido 2018, con unha gran afluencia de familiares das alumnas e dos alumnos do colexio. Este curso os disfraces facían referencia a África, pois este é o continente en torno ao cal se está a traballar este ano no Centro. Neste caso centrouse nalgúns pobos tradicionais que poboaron este continente (tuaregs, turkanas, masais…). Cada aula elixiu un destes pobos e tomouno como referencia para os seus disfraces.

Como sempre, a celebración foi un éxito, a pesares de que o tempo non acompañou, pois estivo a chover. E choveu especialmente ao final, cando tocaba queimar a Xan Perillán, coa chuvia caendo arreo. Así, pois, Xan Perillán houbo de ser indultado por mor do tempo. So nos resta agradecer a todas e a todas a súa participación: á ANPA, polo seu esforzó e interese en que todo saíra ben, ás familias quen trouxeron todos estes pratos deliciosos, a quen asististes e participastes da festa. Esperamos que o pasáredes ben. Bo Entroido!

Previamente ao festival, nas diferentes aulas traballaron aspectos relacionados coa cultura de cada territorio no que viven estes pobos. Da mesma maneira, foron decorados con motivos africanos os corredores e as entradas das aulas. Pero tampouco podían faltar referencias ás celebracións tradicionais galegas. Así, o alumnado de Educación Infantil visitaron o resto das aulas do colexio facendo de peliqueiros, con carautas, zamarras virtuais e facendo soar os seus ……..


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.