Festival de Nadal no colexio de Lavacolla

Page 1

FESTIVAL DE NADAL NO COLEXIO DE LAVACOLLA Este pasado 21 de decembro de 2017 o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei celebramos o noso festival de Nadal. Ao igual que no festival de 2016, celebrámolo no salón de actos do edificio CERSIA Empresa, posto á nosa disposición polo Concello de Santiago para a ocasión. Nesta edición cada aula preparou a súa propia actuación, pero ademais houbo unha actuación musical conxunta de alumnos e alumnas de diferentes aulas preparada pola profesora de Música e unha canción en inglés preparada pola profesora de inglés. Este ano, ademais, houbo unha actuación sorpresa, un baile preparado por nais de alumnos e alumnas e algunhas profesoras e profesores. Como sabedes, este curso no colexio estamos a traballar sobre África, no do PlanB, un proxecto da Consellería de Educación para a mellora das Bibliotecas escolares Tamén recibimos a visita da Televisión de Galicia, que nos viñeron ver durante o festival e retransmitiron para o programa A Revista, en directo, unha das actuacións, a que podedes ver nese enlace. A empresa IMAXSON aportounos a súa axuda inestimable, preparando e acondicionando o escenario e instalando un sistema de son profesional. Moitas gracias polo voso traballo e colaboración, gracias a vosa axuda podemos presumir de un festival de calidade!


Tamén vai o noso agradecemento para a ANPA Landras do noso colexio quen sempre traballan arreo e dan o mellor de si para que as actividades e celebracións que realizamos no centro sexan todo un éxito. Agradecémoslle tamén ao Concello de Santiago a cesión das súas instalacións no edificio CERSIA, o que nos permitiu realizar o noso festival nun marco acolledor. No festival non podían faltar os Reis Magos, que nos visitaron e lles deron ás rapazas e aos rapaces un pequeno agasallo a modo de anticipo dos que virán máis adiante nestas festas de Nadal. Tamén podedes ver que ao festival vos achegastes moitos familiares, esperamos que o pasarades moi ben!

Gracias, en fin a todos e a todas pola vosa participación, que fai que un ano máis podamos disfrutar e pasalo moi ben en tan boa compañía. E que sexa por moito tempo. Desexámosvos un feliz ano 2018!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.