O SISTEMA SOLAR

Page 1

CEIP IRMÁNS VILLAR PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR CURSO 12-13 1


ÍNDICE

- INTRODUCCIÓN - O SOL - PLANETAS DO SISTEMA SOLAR - A TERRA - ESTRUTURA DA TERRA - CAPAS DA ATMOSFERA TERRESTRE - MOVEMENTOS DA TERRA - ASTEROIDES - COMETAS - SATÉLITES - A LÚA - METEORITOS - RECURSOS DIDÁCTICOS

2


INTRODUCCIÓN: O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas. Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoniaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo". http://gl.wikipedia.org/wiki/Sistema_Solar

http://www.abc.es/20110505/ciencia/abci-mejores-imagenes-sistema-solar201105051256.html http://www.youtube.com/watch?v=IB5Q6k6d_XM http://julagotic.blogspot.com.es/2010/03/o-sistema-solar.html Paseo virtual por el sistema solar http://www.youtube.com/watch?v=YN2j3r7PT2Y 3


O SOL O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. A súa enerxía, en forma de luz solar, alimenta case todos os xeitos de vida na Terra a traverso da fotosínteses, así como determina o clima terrestre e a meteoroloxía no noso planeta. O Sol presenta unha estrutura granulosa e o seu brillo non é uniforme, sendo o bordo menos brillante que a parte central do disco solar. . As capas exteriores do Sol divídense en: fotosfera, a máis profunda, con preto de 300 km de espesura e unha temperatura mínima de 6 000 Kelvin; a cromosfera, con preto de 8 000 km de espesura, de onde emerxen enormes chorros luminosos, as protuberancias, que chegan a acadar 800 000 km de altura, e maila coroa, cunha altura de 1 millón de quilómetros e unha temperatura de 1 millón de K. É a estrela do sistema planetario no que se atopa a Terra e, con moito, o astro con maior brillo aparente. A súa visibilidade no ceo local determina, respectivamente, o día e a noite en diferentes rexións de diferentes planetas http://gl.wikipedia.org/wiki/Sol

Como toda estrela, debido ó carácter radial da forza gravitatoria, o Sol posúe unha forma esférica, e a causa do seu lento movemento de rotación, ten tamén un leve achatamento polar. O Sol formouse hai uns 4 650 millóns de anos e ten combustible para uns 5 000 millóns máis. Despois, comezará a aumentar o seu volume máis e máis, ata converterse nunha estrela xigante vermella. Rematará afundíndose polo seu propio peso e converténdose nunha anana branca, que pode tardar un billón de anos en arrefriarse. Formouse a partir de nubes de gas e po que contiñan residuos de xeracións anteriores de estrelas.

4


Case todos os elementos químicos terrestres (aluminio, xofre, bario, cadmio, calcio, carbono, cerio, cobalto, cobre, cromo, estaño, estroncio, galio, xermanio, helio, hidróxeno, ferro, indio, magnesio, manganeso, níquel, nitróxeno, ouro, osíxeno, paladio, prata, platino, chumbo, potasio, rodio, silicio, sodio, talio, titanio, tungsteno, vanadio, circonio e zinc) e diversos compostos (tales como cianóxeno, óxido de carbono e amoníaco) foron identificados na constitución do chamado Astro Rei, polo que, se o noso planeta quencerá ata a temperatura solar, tería un espectro luminoso case idéntico ao do Sol. Aínda o helio foi descuberto primeiro no Sol e logo constatouse a súa presenza no noso planeta.

Eclipse de sol Unha eclipse solar ou eclipse de sol ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados, coa Lúa no medio. Visto desde a Terra, a Lúa fica en fronte do sol, e así parte ou toda a luz do Sol é encuberta pola lúa. Hai catro tipos de eclipses solares: A eclipse solar parcial Soamente unha parte do sol é ocultada polo disco lunar A eclipse solar total Toda a luminosidade do Sol é escondida pola Lúa A eclipse en anel ou eclipse anular Un anel da luminosidade solar pode ser vista ao redor da lúa (provocado polo feito de a sombra da Lúa non estar atinxindo a superficie da Terra, o que pode acontecer se a Lúa estiver próxima do seu afelio. Isto é similar á ocorrencia do eclipse penumbral da lúa. A eclipse híbrida Cando a curvatura da Terra fai que a eclipse sexa observada como anular nalgúns sitios e total noutros. A eclipse total é vista nos puntos da superficie terrestre que están ao longo do camiño da eclipse e están fisicamente máis próximos á Lúa, e poden, así, ser atinxidos pola sombra; outros lugares, menos próximos da Lúa debido á curvatura da Terra, caen na antumbra da lúa, e observan unha eclipse anular. As eclipses do Sol acontecen cando a Lúa se aliña co Sol e a Terra, mais debido á orbita elíptica da Lúa, non sempre o Sol é totalmente cuberto pola Lúa. Unha eclipse do Sol pode ser vista apenas nun punto da Terra, que se move debido á rotación da Terra e da traslaciónda Lúa. A distancia da Lúa en relación á Terra determina a cantidade de luz que é cuberta do Sol, ben como a anchura da penumbra e escuridade total (máis ou menos 100 quilómetros). Esa anchura estará no máximo se a Lúa aparece no perixeo, durante o cal a anchura pode atinxir até 270 km.

http://legacy.spitzer.caltech.edu/espanol//edu/askkids/suneclipse.shtml 5


Vídeo do sol http://www.youtube.com/watch?v=mcOrsAJx2l0 Recursos educativos http://www.google.es/search?q=recursos+educativos+do+sol&ie=utf- 8&oe=utf8&aq=t&rls=org.mozilla:gl:official&client=firefox-a http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/790451/do_sol__nivel_1_4.htm

Planetas do Sistema Solar Un planeta é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpara a órbita de corpos veciños.Non ten luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética. No ano de 2003 houbo unha controversia sobre se Plutón era ou non un planeta. A alternativa postulada é que el fai parte do cinto de Kuiper. Plutón estivo considerado un planeta ata o 24 de agosto de 2006 cando a UIA o definiu como planeta anano.

Non se sabe con certeza como se forman os planetas. A teoría predominante é que son formados durante o colapso dunha nebulosa nun delgado disco de gas e po. 6


No Sistema Solar hai oito planetas clasificados en dous tipos, planetas sólidos e planetas gasosos, e ademais están recoñecidos cinco planeta anano. Planetas sólidos • • • •

Mercurio Venus Terra Marte

Planetas gasosos • • • •

Xúpiter Saturno Urano Neptuno

http://www.aitanatp.com/nivel5/ssolar/planetas_exteriores.htm http://www.youtube.com/watch?v=yA5zDBbXdeA Mercurio é o primeiro planeta do Sistema solar, contando a partir do Sol. É o segundo menor do sistema solar: o seu diámetro é un 40% menor que o da Terra e só un 40% maior que o da Lúa. http://gl.wikipedia.org/wiki/Mercurio_(planeta) 7


Venus é o segundo planeta a contar desde o Sol e ten algunhas características peculiares. Ten unha rotación retrógrada e lenta (é dicir, o Sol sae polo oeste). A súa atmosfera é extremamente densa, o que lle produce en particular un efecto invernadoiro moi forte, que mantén a súa superficie a varios centos de graos centígrados. A súa atmosfera está constituída case exclusivamente por gas carbónico (dióxido de carbono, CO2). http://gl.wikipedia.org/wiki/Venus_(planeta)

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Por ser vermello ten o nome do deus romano da guerra. Ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Marte ten dúas pequenas lúas, pequenas e deformadas, posibelmente asteroides capturados polo planeta. Marte ten casquetes polares que conteñen auga e dióxido de carbono xelados. Posue a maior montaña do sistema solar, o Monte Olimpus, que ten 25 km de altura. http://gl.wikipedia.org/wiki/Marte_(planeta) Forma parte dos denominados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o primeiro dos planetas exteriores á órbita terrestre. É, posibelmente, o máis semellante á Terra. Ten dúas lúas naturais relativamente pequenas, Fobos e Deimos, cunha órbita próxima ao planeta. A teoría máis aceptada é que sexan asteroides capturados, pero a súa orixe segue sendo incerta. http://www.youtube.com/watch?v=mapDHK2J9xo Xúpiter é o quinto planeta do Sistema solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso. Debido á súa rápida rotación, o planeta posúe un lixeiro avultamento no ecuador, o que lle dá unha aparencia oblonga . A atmosfera exterior distribúese en varias bandas paralelas ao ecuador que ocasionan turbulencias e tormentas ao longo dos límites entre elas. Un resultado notorio é a Gran Mancha Vermella, que non é senón unha xigantesca tormenta que se vén desenvolvendo desde, como mínimo, o século XVII. http://gl.wikipedia.org/wiki/X%C3%BApiter_(planeta) Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. http://gl.wikipedia.org/wiki/Saturno_(planeta) Urano é un planeta do Sistema Solar situado entre Saturno e Neptuno. Unha curiosidade deste planeta digna de destacar é a súa inclinación axial próxima aos 90º, ou sexa, Urano practicamente xira "deitado", estando súas rexións ecuatoriais moi expostas á luz e mais á enerxía solar. http://gl.wikipedia.org/wiki/Urano_(planeta) 8


Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o xigante gasoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares. Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C . Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. http://gl.wikipedia.org/wiki/Neptuno_(planeta) http://www.youtube.com/watch?v=hcNqGYQKUiM A TERRA A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar, onde habitan os humanos entre outras moitas especies. A Terra formouse hai 4.570 millóns de anos, ao igual que o resto do sistema solar. A súa distancia media ó Sol é considerada a Unidade Astronómica (AU) ('Astronomical unit'), igual a 149.597.870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011 m. Ten un só satélite, a Lúa. Ten unha estrutura formada por catro grandes zonas: a xeosfera, a hidrosfera, a atmosfera e a biosfera. A XEOSFERA A xeosfera é unha parte estrutural da Terra que se estende dende a superficie ata o interior do planeta (uns 6.740 km) Esta capa caracterízase por ter unha estrutura rochosa que serve de soporte ó resto dos sistemas terrestres (biosfera, atmosfera, hidrosfera e criosfera) situados estes sobre a súa parte máis superficial.

Está composta por sobre todo por 3 tipos de elementos químicos: ferro, osíxeno e silicio, que xunto ao resto dos elementos forman as rochas e minerais que existen nesta capa. Esta capa divídese en tres partes: codia, manto e núcleo. 9


Codia É a parte máis superficial da Terra. Pódense distinguir dous tipos de codia: • •

Codia continental: duns 70 km de grosor, a súa rocha máis abundante é o granito. Pódese observar nos continentes e illas. Codia oceánica: duns 10 km de grosor. Na súa composición abunda o basalto. Manto

Capa situada debaixo da codia. As rochas que o constitúen son ricas en osíxeno, magnesio, silicio e ferro. Encóntrase a temperaturas entre os 1.500 e 3.000 °C. Núcleo terrestre Ocupa o centro da Terra. Está constituído por rochas ricas en ferro e níquel. Está a unha temperatura duns 6000 °C. Podémolo dividir en dous tipos: • •

Núcleo interno: esténdese ata o centro da terra e está en estado sólido. Núcleo externo: pénsase que se atopa en estado líquido, alcanza as 3.700 millas de profundidade e os seus compoñentes están sometidos a moita presión e temperatura.

1-núcleo interno 2-núcleo externo 3-manto inferior 4-manto superior 5-litosfera 6-codia terrestre

http://gl.wikipedia.org/wiki/Terra#Estrutura A HIDROSFERA Hidrosfera é a esfera de todas as augas do planeta, as cales forman unha capa discontinua sobre a superficie da Terra. Por outras palabras, Hidrosfera é a capa do planeta Terra que ten auga. O termo hidrosfera vén do grego: hidro + esfera (esfera de auga). Comprende todos os ríos, lagos e mares e todas as augas subterráneas, ben como as augas mariñas e salobres, augas glaciais e casquetes de xeo, vapor de auga, as cales corresponden ao 71% de toda a superficie terrestre. A hidrosfera é unha das divisións da biosfera. Inclúense na hidrosfera todos os organismos vivos que habitan na auga ou dependen dela e tamén todos os hábitats acuáticos. 10


A hidrosfera e a atmosfera xuntas permiten a vida no planeta, tendo sido tamén os axentes formadores dos máis importantes combustibles fósiles: o petróleo e o carbón.

http://www.google.es/search?q=a+hidrosfera&client=firefox-a&hs=FPY&rls=org.mozi

A ATMOSFERA A atmosfera é unha fina capa gasosa que envolve o planeta Terra, e á que retén a forza da gravidade. Tamén posúen atmosfera outros planetas do sistema solar A atmosfera pode ser descrita como unha fina capa de gases sen cheiro, sen cor e sen gusto que apresa á Terra pola forza da gravidade. Visto dende o espazo, o planeta Terra aparece como unha esfera de cor azul brillante. Ese efecto cromático prodúceo a dispersión da luz solar na atmosfera. En función da súa composición, distinguimos dúas partes: a homosfera por baixo dos 100 km e a heterosfera por riba dos 100 km. As capas atmosféricas son distintas e están separadas entre si por áreas fronteirizas de descontinuidade.

CAPAS DA ATMOSFERA TERRESTRE TROPOSFERA A troposfera é a capa inferior da atmosfera terrestre, está comprendida dende a superficie terrestre ata unha altitude de 7 a 17 quilómetros. Na troposfera faise posible a vida. É a zona máis turbulenta da atmosfera e nela teñen lugar todos os fenómenos meteorolóxicos e climáticos. A capa por enriba dela é a estratosfera, 11


ESTRATOSFERA É a capa que se atopa entre o 12 km e o 50 km de altura. Os gases atópanse separados formando capas ou estratos de acordo ao seu peso. Unha delas é a capa de ozono que protexe á Terra do exceso de raios ultravioleta provenientes do Sol. As cantidades de osíxeno e anhídrido carbónico son case nulas e aumenta a proporción de hidróxeno. Actúa como regulador da temperatura, sendo no seu parte inferior próxima aos -60 °C e aumentando coa altura até os 10 ó 17 °C na estratopausa. Na parte superior da estratosfera e preto da estratopausa, situase a maior parte do ozono da atmosfera, en torno aos 22 quilómetros por riba da superficie terrestre. MESOSFERA É a capa onde a temperatura volve diminuír e descende até os -90 °C conforme aumenta a súa altitude. Esténdese desde a estratopausa (zona de contacto entre a estratosfera e a mesosfera) até unha altura dun 80 km, onde a temperatura volve descender até uns -70 °C ou -80 °C.

IONOSFERA A Ionosfera é a capa que se atopa entre os 90 e os 80 quilómetros de altura. Nela existen capas formadas por átomos cargados eléctricamente, chamados iones. Ao ser unha capa condutora de electricidade é a que posibilita as transmisións de radio e televisión pola súa propiedade de reflectir as ondas electromagnéticas EXOSFERA A exosfera é a capa externa da Terra que se atopa por encima dos 800 km de altura. Está composta principalmente por hidróxeno e helio e as partículas van diminuíndo até desaparecer. Debido á baixa atracción gravitatoria algunhas poden chegar a escapar ao espazo interplanetario. A súa temperatura diúrna alcanza os 2.500 °C e a nocturna aproxímase a -273 °C correspondentes ao cero absoluto. http://gl.wikipedia.org/wiki/Atmosfera_terrestre#Ionosfera. A BIOSFERA As formas de vida do planeta forman a biosfera do mesmo. Crese que esta biosfera comezou a evolucionar aproximadamente hai 3.500 millóns de anos. 12


A Terra é o único planeta coñecido que posúe unha biosfera. A biosfera divídese nunha serie de biomas, cada un deles habitados por unha similar e ampla flora e fauna. Os biomas terrestres do Ártico, Antártico ou de grandes altitudes son relativamente escasos en canto a vida vexetal e animal, mentres que os biomas máis poboados son os próximos ao ecuador. MOVEMENTOS DA TERRA Movemento de rotación A Terra efectúao ó xirar sobre si mesma ó longo dun eixo ideal chamado Eixo terrestre, que pasa polos seus polos. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos (o chamado día sidéreo). Se se toma como referencia o Sol, un meridiano pasa fronte a el cada 24 horas por termo medio (día solar, o tomado oficialmente). Os 3 minutos e 56 segundos de diferenza débense a que nese prazo de tempo a Terra moveuse na órbita e por elo ten que xirar algo máis que un día sidéreo para completar un día solar.

Movemento de translación Movemento polo que a Terra móvese arredos do Sol. A causa é a gravidade, orixinando cambios que permeten a medición do tempo. Tomando como referencia o Sol, resulta o que se chama ano tropical, intervalo necesario para que se repitan as estacións do ano. Dura 365 días, 5 horas e 47 minutos.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Terra http://www.youtube.com/watch?v=0T78mU-m_K0

13


ASTEROIDES Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semi-estables entre Marte e Xupiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores. A maior parte dos asteroides coñecidos xiran no espazo nunha agrupación coñecida polo nome de Cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter. Estes asteroides xiran ao redor do Sol en órbitas de entre 3 e 6 anos. O 22 de agosto de 2006, Ceres foi reclasificado como planeta anano xunto con Plutón e Eris.

O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl http://gl.wikipedia.org/wiki/Asteroide#Clasificaci.C3.B3n_pola_posici.C3.B3n_no_Sistema_ Solar Denomínase Asteroides Troianos a un grupo de asteroides que se moven na órbita de Xúpiter. Denomínanse Asteroides Centauros aos que se atopan na parte exterior do Sistema Solar, orbitando entre os grandes planetas.

Imaxe dos asteroides gregos por diante de Xúpiter e os troianos tras de Xúpiter ao longo da súa órbita. Tamén mostra o cinto principal de asteroides entre as órbitas de Marte e Xúpiter. 14


COMETAS Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mestura de grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ó espazo profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón. As estruturas dos cometas son diversas e moi dinámicas, pero todos eles desenvolven unha nube de material difuso que os rodea, denominada cabeleira , que xeralmente crece en tamaño e brillo á medida que o cometa se aproxima ó Sol. Xeralmente é visible un pequeno núcleo brillante (de menos de 10 quilómetros de diámetro) cara a un extremo da cabeleira. A cabeleira e mailo núcleo xuntos constitúen a cabeza do cometa ou cometa visible.

Á medida que os cometas se aproximan ó Sol desenvolven colas enormes de material luminoso que se extenden por millóns de quilómetros dende a cabeza, afastándose do Sol. Cando están lonxe do Sol, o núcleo está moi frío e o seu material está conxelado. Neste estado os cometas reciben ás veces o nome de "iceberg sucio" ou "bola de neve sucia". Cando un cometa se aproxima ó Sol, a poucas UA (unidades astronómicas) do Sol, a superficie do núcleo comeza a quecer e os volátiles evapóranse. As moléculas evaporadas despréndense e arrastran con elas pequenas partículas sólidas formando a cabeleira do cometa, de gas e pó. SATÉLITES Un satélite é todo obxecto secundario que gravita nunha órbita pechada arredor dun planeta. Pódese distinguir entre dous tipos de satélites: satélites naturais e satélites artificiais. O movemento da maior parte dos satélites coñecidos do Sistema Solar arredor dos seus planetas é directo, é dicir, de oeste a leste e no mesmo sentido de xiro dos planetas. Só certos satélites de grandes planetas exteriores xiran en sentido inverso, é dicir, de leste a oeste e en dirección contraria á dos seus planetas; probablemente foron capturados polos campos gravitacionais dos planetas algún tempo despois da formación do Sistema Solar.

15


A Lúa é un satélite da Terra, se ben a Lúa e maila Terra teñen un tamaño tan similar que se poden considerar nalgúns momentos como un sistema de dous planetas.

A LÚA A Lúa é o satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra. Fases da lua •

• •

• •

Lúa crecente: fase da Lúa desde a lúa nova ata a lúa chea. Neste caso é máis empregado cuarto crecente ou o crecente (da lúa). Chámase así porque cada día vese máis superficie lunar. Lúa chea: estado da Lúa en que se ve desde a Terra todo o disco desta (a cara visible). Plenilunio (culto). Lúa minguante: fase da Lúa que vai desde a chea ata a nova. Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Devalo (culto). Lúa nova: fase da Lúa na que esta é iluminada polo Sol na cara oposta á Terra, e polo tanto non se ve máis que a súa sombra. Novilunio (culto). Lúa vella: é equivalente á Lúa chea.

16


A orixe da Lúa é incerta, mais as similaridades no teor dos elementos atopados tanto na Lúa canto na Terra indican que ambos os corpos puideron ter unha orixe común. No comezo da década de 1960, o presidente John F. Kennedy puxo como meta para os Estados Unidos de América o envío dun home á Lúa antes da fin desa década. Este desafío concretouse no proxecto Apollo. O 20 de xullo de 1969 Neil Armstrong converteuse no primeiro home en camiñar pola Lúa. http://www.youtube.com/watch?v=OZ8F5Vpg6Zo http://www.youtube.com/watch?v=mBafBrDM7E8 METEORITOS Un meteorito é un corpo celeste relativamente pequeno que acada a superficie terrestre. Cando un meteorito está composto esencialmente de silicatos, sen minerais, denomínase aerólito. No espazo, estes corpos reciben o nome de meteoroides ("pequenos" asteroides, aproximadamente do tamaño dun canto rodado o de menor tamaño, que xeralmente son o resultado da colisión de dous ou máis asteroides). Ó entrar en contacto coa atmosfera, a fricción co aire causa que o corpo se quente, emitindo luz e formando un meteoro, bola de lume ou estrela fugaz.

http://www.museodemeteoritos.es/ 17


RECURSOS DIDテ,TICOS http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es_2009091613_6547848&secuencia =false# http://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/universo.htm http://www.google.es/imgres?q=recursos+did%C3%A1cticos+do+sistema+solar&hl=es&bi w=998&bih=520&tbm=isch&tbnid=JgjHwhP9kv9hyM:&imgrefurl=http://recursoseducativos primaria.wordpress.com/2013/03/21/o-universo-e-o-sistema-solarclase1/&docid=6hD0Jjq9O0cezM&imgurl=http://recursoseducativosprimaria.files.wordpres s.com/2013/03/o-universo-e-o-sistema-solar-lecturaprevia.jpg&w=1246&h=601&ei=ncyDUbbcIJKe7AbgqICQDA&zoom=1&iact=rc&dur=2031 &page=1&tbnh=139&tbnw=278&start=0&ndsp=14&ved=1t:429,r:1,s:0,i:88&tx=57&ty=44 VIDEOS DE ECLIPSE DE SOL http://www.youtube.com/watch?v=Bx9e7aYP-To http://www.youtube.com/watch?v=WK6-Hw9AJoc http://www.youtube.com/watch?v=PJe8emvPLno http://www.youtube.com/watch?v=7XhpToLX6KQ http://www.youtube.com/watch?v=KuZSnJgfCbc

18


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.