LETRAS GALEGAS 2013-ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Page 1

LETRAS GALEGAS 2013 ROBERTO VIDAL BOLAÑO CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR OURENSE – CURSO 2012-13


INDICE ■ POR QUE ÁS LETRAS GALEGAS?....................................

3

■ HOMENAXEADOS DOS ÚLTIMOS ANOS……………

6

■ ROBERTO VIDAL BOLAÑO……………………….…..

7

● PRESENTACIÓN…………………………………….

7

● BIOGRAFÍA……………………………………….

7

● OBRAS………………………………………………

8

● PREMIOS HONORÍFICOS…………………………..

9

● MÁIS INFORMACIÓN ……………………………..

9

■ XOGOS INTERACTIVOS……………………….………..

11

■ ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS OU CREATIVAS..

13

NOTA: PODEMOS ATOPAR MOITOS ENDEREZOS CON RECURSOS VARIADOS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS NA NOSA PÁXINA WEB DO CENTRO E NO BLOG DO PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipirmansvillar/node/754

http://pfacabalarceipirmansvillar.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas2013-roberto-vidal-bolano.html


■ POR QUE AS LETRAS GALEGAS?

Explicamos a orixe da celebración do “Día das Letras Galegas” Para eso acudimos ás seguintes páxinas que nos aclararán o motivo polo que se celebra esta data. http://seminariogalan.org/inicio/dia

Tamén podemos ensinarlles aos alumnos/as os primeiros carteis adicados á celebración. http://www.realacademiagalega.org/letras-historia


http://www.realacademiagalega.org/letras-historia

Historia do Día das Letras Galegas “O

Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas no seguinte escrito presentado á Academia: Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta: 1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia. 2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía. 3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. 4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega. 5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas. 6º.- De atopar eco no acordo dos numerarios da Corporación o contido dista proposta, compriría dalo a conocer en Nota oficial, recabando a colaboración dos centros culturás de Galicia e a de todos os Centros Galegos do mundo, pra percurar o ésito consagratorio da celebración.

O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, tal como se recolle na acta da sesión:


[...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efemérede. [...] Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada á que continuarían, desde esa data e sen interrupción, outras moitas figuras senlleiras da nosa cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia, como se recolle nos seus Estatutos: (Capítulo 1, Artigo 2): Son finalidades da Real Academia Galega Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das letras Galegas. (Capítulo 2, Artigo 7) Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente. Desde 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. Constitúe, ademais, a meirande conmemoración da nosa cultura e, arredor dela, desenvólvense numerosos actos organizados non só desde a Academia, senón tamén desde a Xunta de Galicia, os concellos, os centros de ensino e outras entidades ou agrupacións civís que participan, en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenajeada”.


■ HOMENAXEADOS DOS ÚLTIMOS ANOS Facemos un recordatorio dos últimos homenaxeados das Letras Galegas. http://www.diadasletrasgalegas.com/

Homenaxeado

Ano

Roberto Vidal Bolaño

2013

Valentín Paz Andrade

2012

Lois Pereiro

2011

Uxío Novoneyra

2010

Ramón Piñeiro López

2009

Xosé María Álvarez Blázquez

2008

María Mariño

2007

Manuel Lugrís

2006

Xesús Lorenzo Varela Vázquez

2005

Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"

2004

Antón Avilés Taramancos

2003

Frei Martín Sarmiento

2002

Eladio Rodríguez González

2001

Manuel Murguía

2000

Roberto Blanco Torres

1999

Nos distintos enlaces antreriores podemos aceder á información precisa.


■ ROBERTO VIDAL BOLAÑO Iniciamos o desenrolo da actividade para festexar o día das LETRAS GALEGAS 2013 que este ano homenaxea ao escritor Roberto Vidal Bolaño co obxectivo de dar a coñecer a súa figura e obra dez anos despois da súa desaparición.

 PRESENTACIÓN: Presentamos ao homenaxeado deste ano: Roberto Vidal Bolaño visionando o video elaborado polo CPI dos Dices, Rois, http://www.youtube.com/watch?v=8l64_-xn0aA

 BIOGRAFÍA http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal


“Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historico do noso teatro A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego”.

 OBRAS: Ao longo da súa vida escribíu numerosas obras das que destacamos : A burla do Galo; A ópera de o patacón(1.994) ; Agasallos de sombras(1.992); Animaliños; As actas escuras 1.994); Bailadela da morte ditosa (1.980); Cochos(1.986) ; Criaturas; Daquel Abrente; Días sen gloria( 1.992); Doentes; Integral; Laudamuco, Señor de Ningures(1.978); Ledaiñas pola morte de meco (1.976); Mar revolto; O circo de medianoite; Maremia; As actas escuras ( 1.994) ........


 PREMIOS HONORÍFICOS    

      

Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes). Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón". O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto. Medalla de oro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por una adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. Premio Rafael Dieste. Premio Álvaro Cunqueiro . Premio Xacobeo (1992) . Premio Eixo Atlántico . Premios Max de Teatro (2001) (mejor texto teatral en gallego)

 MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO Podemos coñercer a súa apariencia vendo as diferentes imaxes que se nos ofrecen dende a seguinte páxina: http://www.google.es/search?q=LETRAS+GALEGAS+2013&hl=gl&tbm=isc h&tbo=u&source=univ&sa=X&ei=sTVlUePDD6G57AafqoHADQ&ved=0C GIQsAQ&biw=1024&bih=539


Complementamos a información vendo uns carteis que nos ofrecen unha visión divertida da súa vida e traxectoria. http://seminariogalan.org/2013/exposicion.pdf

Outros carteis están na seguinte páxina:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/primaria_carteis_2013.pdf


â– XOGOS INTERACTIVOS Para valorar os coĂąecementos que temos sobre o autor homenaxeado podemos acceder a distintos xogos interactivos ou lims. http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2013/04/roberto-vidal-bolano.html

BRINCALETRAS que nos ofrece o espazo Abalar: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360 326966/contido/letrasgalegas/index.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202013/ letrasprimaria3/letrasprimaria3.html

No seguinte enderezo atopamos una BATERÍA DE MATERIAIS DIDÁCTICOS, incluidos varios xogos interactivos para distintos niveis, que nos ofrece a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística. http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php


■ ACTIVIDADES COMPLEMETARIAS OU CREATIVAS En función do densenrolo da unidade, dos intereses da clase e dos obxectivos propostos polo profesor/a, realizaranse diferentes actividades complementarias e creativas como poden ser: -

Debuxos. Elaboración de marcapáxinas. Traballos sobre o homenaxeado. Lecturas de parte da súa obra. Dramatizacións. Visionado dalgunha das súas obras ( ou anacos).

E nestes enderezos podemos atopar varias ideas que nos axuden a levar a cabo esta tarefa: http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

http://seminariogalan.org/inicio/portada

https://sites.google.com/site/recursosletrasgalegasrecursos/2013-robertovidal-bolano



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.