regulamento do comedor

Page 1

C.E.I.P. DE ATIOS R/ Covelo, s/n 36418 ATIOS-PORRIテ前


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

ÍNDICE

1. XUSTIFICACIÓN 2. SISTEMA DE XESTIÓN 3. ORGANIZACIÓN 3.1.

Competencias do Consello Escolar.

3.2.

Competencias do Director ou Directora.

3.3.

Competencias da Comisión do servizo de Comedor Escolar.

3.4.

Competencias dos Coidadores ou Coidadoras.

3.5.

Competencias da Empresa Adxudicataria.

4. FUNCIONAMENTO 4.1.

Comensais.

4.2.

Calendario e horarios.

4.3.

Menús.

5. PROGRAMA EDUCATIVO 5.1.

Obxectivos.

5.2.

Actividades formativas.

6. DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS E USUARIAS 6.1.

Dereitos dos alumnos/as usuarios/as do Comedor Escolar.

6.2.

Deberes dos alumnos/as usuarios/as do Comedor Escolar.

6.3.

Aplicación de medidas correctoras.

2


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

1. XUSTIFICACIÓN A posta en funcionamento do Servicio do Comedor Escolar no curso 2007/08 xustifica a elaboración deste documento, que ten como obxectivo fundamental fixar as normas e características da organización e funcionamento de dito servicio. Constitúe un documento que debe circunscribirse no contexto do Proxecto Educativo do Centro, como parte integrante do Regulamento de Réximen Interno. O seu contido regula a normativa aplicable con carácter xeral a todo o concerniente ao propio Servizo do Comedor, se ben, cada curso escolar, pode ser complementado ou matizado nalgúns aspectos concretos, mediante a especificación correspondente no Plan Xeral Anual. A elaboración deste Regulamento foi levada a cabo polo Equipo Directivo do Centro.

2. SISTEMA DE XESTIÓN O Servizo do Comedor rexirase polo disposto en: - Orde do 21/02/2007 da Consellería de Educación (D.O.G. 45, de 05/03/07). - Instrucción do 30 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre funcionamento dos Comedores Escolares contratados con empresas hostaleiras. A xestión do Servizo de Comedor lévase a cabo na modalidade de contratación de dito servizo por parte da Delegación de Educación a unha empresa que elabora as comidas nas súas propias instalacións e as fai chegar ao Centro diariamente.

3


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

3. ORGANIZACIÓN A organización do Servizo de Comedor implica a distribución de diversas competencias e funcións entre o Consello Escolar do Centro, o Director ou Directora, os Coidadores ou Coidadoras e a Empresa Adxudicataria do servizo.

3.1. Competencias do Consello Escolar - Propoñer á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a solicitude de apertura e funcionamento do servizo de Comedor Escolar. - Aprobar dentro da normativa vixente un protocolo que recolla as directrices de organización e funcionamento do servizo de Comedor Escolar, así como o seu seguimento e avaliación durante o curso escolar. Este protocolo terá que ser incluido dentro do regulamento orgánico do Centro. - Aprobar o proxecto de orzamento de ingresos e gastos do servizo, como parte anual do orzamento do centro. Así mesmo, aprobará a súa xustificación de gastos. - Decidir sobre a admisión do alumnado usuario, de acordo cos criterios de prioridade que se recollen na Orde do 21/02/2007. - Aprobar o plan de actividades educativas e recreativas que desenvolverá o alumnado que utilice o servizo de Comedor Escolar. - Aprobar a creación da Comisión do Servizo de Comedor Escolar, que será a mesma Comisión Económica do Centro pero integrada, ademais, pola persoa encargado do servizo de Comedor Escolar. - Aprobar os menús de acordo coas necesidades de alimentación do alumnado, por proposta da comisión do servizo de Comedor Escolar.

4


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Propoñer a relacion de alumnado beneficiario total ou parcialmente do servizo de Comedor Escolar, de acordo cos criterios establecidos para tal fin.

3.2. Competencias do Director ou Directora. - Elaborar co equipo directivo, e de acordo coa comisión do servizo de Comedor Escolar, o protocolo de funcionamento do servizo de Comedor Escolar, como parte integrante da programación xeral anual do Centro. - Dirixir e coordinar o servizo de Comedor Escolar e designar o persoal docente que voluntariamente participe nas tarefas de atención ao alumnado. - Supervisar o correcto funcionamento do servizo de Comedor prestado polo Centro. - Estudar e elaborar o proxecto de orzamento do servizo de comedor escolar. - Autorizar os gastos, e ordenar os pagamentos necesarios para o seu bo funcionamento. - Verificar o cobramento das cantidades correspondentes do servizo de Comedor aos usuarios del. - Facer as contratacións de subministración, se for o caso, de acordo coa lexislación vixente. - Coordinar as tarefas do persoal que preste servizos no Comedor Escolar. - Presidir, se for o caso, a comisión do servizo de Comedor Escolar. - Velar polo cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene, de acordo cos protocolos que para o efecto remitirá a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. - Calquera outra función necesaria para o correcto funcionamento do servizo. 5


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

3.3. Competencias da Comisión do servizo de Comedor Escolar. - Elaborar o borrador de anteproxecto de orzamento do servizo de comedor Escolar. - Colaborar co equipo directivo e o encargado do servizo de Comedor, se for o caso, na xestión económico-administrativa dos fondos do servizo de Comedor Escolar. - Propoñer ao Consello Escolar os menús, de acordo cun programa de alimentación sa e equilibrada. - Elaborar e propoñer ao Consello Escolar un plan de actividades que desenvolverá o alumnado que utilice o servizo de Comedor Escolar. - Seguimento do servizo de comedor, formulando propostas de mellora, se é o caso, ante o Consello Escolar. - Velar polo cumprimento das normas vixentes sobre sanidade e hixiene. - Calquera outra función necesaria para o correcto desenvolvemento do servizo de Comedor Escolar.

3.4. Competencias dos Coidadores ou Coidadoras. - Organizar as entradas e saídas dos alumnos e alumnas no Comedor. - Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de Comedor Escolar. - Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe do comedor. - Axudar aos alumnos e as alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo. 6


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Realizar a provisión e a retirada da menaxe das mesas. - Informar ao equipo directivo do centro, no modelo de impreso que este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvevento do servizo de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias. - Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois de xantar, basicamente no exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para estes períodos, atendendo ás orientacións do encargado do servizo de Comedor Escolar. - En razón do carácter educativo do servizo de Comedor Escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5º de E. Primaria, sen que iso supoña a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito servizo.

3.5. Competencias da Empresa Adxudicataria. - Executar as tarefas propias de coordinación e supervisión necesarios para o funcionamento do servizo de Comedor. - Organizar o funcionamento do servizo de comida de mediodía. - Elaborar a actualización periódica do inventario do equipamento do servizo de Comedor e a súa reposición.

7


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

4. FUNCIONAMENTO 4.1. Comensais. Poderán ser usuarios/as do servizo de Comedor Escolar: - Todo o alumnado co Centro, correspondendo ao Consello Escolar a selección e admisión nos casos en que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles. - O persoal encargado da atención ao alumnado usuario do comedor, independentemente da súa categoría e relación de emprego. - O profesorado e persoal non docente do centro que soliciten o servizo, sempre que existan prazas vacantes, e se dispoña de persoal colaborador suficiente para a atención do alumnado. O servicio de Comedor Escolar poderá ser solicitado por todo o alumnado do centro que desexe facer uso del. Os representantes legais do alumnado poderán solicitar praza, en nome do seu representado, facéndoo constar na correspondente solicitude de admisión para o curso vindeiro. As solicitudes, dirixidas á dirección, presentaranse na Secretaría. A selección e admisión de usuarios do servizo de Comedor Escolar, no caso de que houbera máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao Consello Escolar. No taboleiro de anuncios exporase a listaxe provisoria de admitidos/as e suplentes, respetando estritamente a seguinte orde de preferencia: - Alumnado usuario do servizo de Comedor no curso anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido. - Alumnado beneficiario do servizo de transporte escolar.

8


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello. - Alumnado membro de familias numerosas. - Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. - Outro alumnado do centro. - Persoal docente e non docente que preste servizos no centro.

4.2. Calendario e horarios. O servizo do Comedor Escolar funcionará de setembro a xuño, ambos inclusive e naquelas xornadas que o calendario escolar considere lectivas. O horario do servizo será de 14:10 a 15:15 horas.

4.3. Menús. Os menús serán elaborados pola Empresa Adxudicataria. Expoñeranse no taboleiro de anuncios do centro e daranse a coñecer aos pais e nais do alumnado usuario do Comedor Escolar mensualmente. O menú será o mesmo para todos/as os/as comensais. Non obstante, establécense as seguintes excepcións: - Dietas blandas: Para alumnos e alumnas con problemas gastrointestinais transitoriso, baixo prescripción médica e avisando coa suficiente antelación á Dirección do centro para poder comunicárllelo á Empresa Adxudicataria.

9


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Alumnos e alumnas alérxicos/as a alimentos ou que padezan calquer enfermidade ou transtorno somático que precise dunha alimentación específica: Presentando un certificado médico, o Consello Escolar poderá autorizar a elaboración de menús adecuados ás súas necesidades. Aqueles alumnos e alumnas con alerxias moi localizadas poderán facer uso ordinario do Comedor Escolar, consumindo o menú xeral, expecto aqueles días en que o menú inclúa algún dos compoñentes aos que son alérxicos ou alérxicas, en cuio caso tomarán algún menú alternativo. Autorízase tamén a facer uso ordinario do Comedor, nas mesmas condicións que os alumnos e alumnas con alerxias moi localizadas, a aqueles alumnos e alumnas que presenten unha intoleracia por razóns culturais ou relixiosas.

5. PROGRAMA EDUCATIVO O servizo de Comedor Escolar ten un carácter asistencial, por canto contribúe á integración social da familia e a conciliación da vida laboral e familiar na medida en que facilita aos pais e nais o exercicio das súas funcións laborais. Ademáis, o servizo de Comedor ten un carácter educativo. A actividade que nel ser realiza responde a unha planificación educativa, centrada basicamente en torno ao plan de obxectivos e actividades que a continuación se reseñan.

5.1. Obxectivos. - Desenvolver nos alumnos e alumnas hábitos alimentarios e sociais axeitados para unha mellor educación para a saúde e a convivencia.

10


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Formar aos alumnos e alumnas no desenvolvemento de actitudes positivas co hábito de comer, así como no coñecemento das bases dunha dieta saudable. - Promover a adaptación dos nenos e nenas a unha diversidade de menús e a unha disciplina no acto de comer que inclúa a cortesía, a tolerancia, a solidariedade e a educación para a convivencia. - Fomentar no alumnado o espírito de solidariedade e colaboración, dándolles aos alumnos e alumnas de máis idade pequenas responsabilidades.

5.2. Actividades formativas. Os alumnos e alumnas usuarios/as levarán a cabo durante o tempo que abrangue o servizo de Comedor Escolar as actividades de carácter formativo que se relacionan seguidamente: - Antes de comer, tódolos alumnos e alumnas deberán lavarse as mans. - Despois de comer, deberán cepillarse os dentes. Por tal motivo, os alumnos e alumnas deberán traer unha bolsa persoal cos elementos de hixiene necesarios. - Instruirase aos alumnos e alumnas de forma individualizada no manexo de cubertos, panos de mesa, etc. - As entradas e saídas do Comedor realizaranse de forma ordeada. Os alumnos e alumnas de E. Infantil faranas acompañados sempre polas coidadoras. - Durante o tempo de permanencia no Comedor deberán evitarse ruidos e berros. - Os alumnos e alumnas non se levantarán dos seus asentos: cando precisen algo, levantarán a man e o pedirán correctamente ás coidadoras. 11


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Os alumnos e alumnas procurarán non falar mentras teñan comida na boca e a limparán antes de beber. 6. DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS/AS

6.1. Dereitos dos alumnos/as usuarios/as do Comedor Escolar. Ademáis dos dereitos que asisten aos alumnos e alumnas comensais na súa calidade de alumnos e alumnas do Centro, como usuarios e usuarias do servizo de Comedor Escolar teñen os seguintes dereitos específicos: - Dereito a beneficiarse de tódalas prestacións que comprende o servizo de Comedor Escolar nas mellores condicións posibles de seguridade, hixiene e benestar. - Dereito a recibir un trato correcto, con respecto e sin discriminación de ningún tipo, tanto por parte dos compañeiros e compañeiras do Comedor, como de todo o persoal adscrito ao servizo.

6.2. Deberes dos alumnos/as usuarios/as do Comedor Escolar. Os usuarios e usuarias do servizo de Comedor Escolar teñen os seguintes deberes: - Deber de participar activa e correctamente no desenvolvemento das actividades do servizo do Comedor Escolar, con espírito de colaboración e solidaridade. - Deber de tratar coa corrección debida, respecto e cordialidade aos compañeiros e compañeiras do Comedor, así como a todo o persoal adscrito, obedecendo as súas indicacións.

12


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

- Deber de usar correctamente e coidar as instalacións que o Centro pon a disposición do servizo de Comedor Escolar para o desenvolvemento das actividades que lle son propias. - Deber de respectar as Normas Xerais de Convivencia do Centro, aplicables ás circunstancias nas que se desenvolvan as actividades do servizo de Comedor Escolar.

6.3. Aplicación de medidas correctoras. Si as circunstancias así o esixen, adoptaranse as medidas necesarias para favorecer o estricto cumprimento dos dereitos e deberes dos alumnos e alumnas beneficiarios/as do servizo de Comedor Escolar. A aplicación das medidas que en cada caso conveña terá un marcado carácter educativo, procurando sempre garantir o respecto a todos os implicados/as en dito servizo complementario e a convivencia solidaria entre todos eles. En relación co incumprimento dos deberes antes indicados, serán de aplicación as seguintes medidas: 1) Faltas leves a) Considéranse faltas leves: 1.

Desobedecer levemente as indicacións do persoal de Comedor.

2.

Non lavarse as mans ou os dentes.

3.

Entrar ou saír do Comedor desordenadamente.

4.

Entrar ao Comedor con obxectos non permitidos (xoguetes, etc...)

5.

Cambiarse de sitio (na mesma mesa).

13


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

6.

Non comer con corrección ou non facer uso adecuado dos utensilios (cubertos, panos de mesa, etc.)

7.

Permanecer mal sentados/as ou abanearse na cadeira.

8.

Facer ruido, berrar ou falar con alumnos/as das outras mesas.

9.

Calquer outra conducta que afecte levemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

b) Sancións: 1.

Amonestación verbal ao alumno ou alumna. Caso de reiteración, comunicación por escrito aos pais.

2.

Separación temporal do grupo de referencia (ao da súa mesa do Comedor) e integración noutro.

3.

Realización de tarefas relacionadas coa falta cometida.

Estas sancións poderán ser impostas polo persoal do servizo de Comedor Escolar. 2) Faltas graves a) Considéranse faltas graves: 1.

Acumulación de tres faltas leves.

2.

Desobedecer gravemente as indicacións do persoal de Comedor.

3.

Cambiarse de sitio (a outra mesa).

4.

Levantarse do sitio sin causa xustificada.

5.

Saír do Comedor sen permiso das coidadoras.

6.

Deteriorar intencionadamente ou por mal uso o material propio do Comedor.

14


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

7.

Tirar intencionadamente comida ao chan ou a outros compañeiros/as.

8.

Asistir ao Comedor sin ter asistido ás clases ese día.

9.

Calquer outra conducta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

b) Sancións: Calquera das medidas adoptadas para as faltas leves. Ademáis: 1.

Amonestación por escrito ao alumno ou alumna. Comunicación aos pais.

2.

Separación permanente do grupo de referencia ou da súa mesa do Comedor.

3.

Comer illado dos seus compañeiros/as (ata cinco días).

4.

Expulsión temporal do Comedor (ata cinco días).

Estas sancións poderán ser impostas polo Equipo Directivo do Centro e serán notificadas aos pais. 3) Faltas moi graves a) Considéranse faltas moi graves: 1.

Acumulación de tres faltas graves.

2.

Saír do Centro sen permiso durante o horario do Comedor.

3.

Calquer outra conducta que afecte moi gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

15


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

b) Sancións: Calquera das medidas adoptadas para as faltas graves. Ademáis: 1.

Expulsión temporal do Comedor (de cinco días a un mes).

2.

Expulsión definitiva do Comedor.

A primeira destas sancións poderá ser imposta pola Comisión do Comedor do Consello Escolar do Centro. A segunda é competencia do Consello Escolar, por proposta da Comisión do Comedor, previa audiencia aos pais do alumno ou alumna.

16


Regulamento do Comedor Escolar – C.E.I.P. de ATIOS (PORRIÑO)

Este Regulamento foi aprobado polo Consello Escolar do C.E.I.P. de ATIOS na súa reunión do día 21 de novembro de 2007. O Presidente do Consello Escolar;

Asdo.: José Luis Abilleira Fernández

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.