Deberes dos alumnos

Page 1

C.E.I.P. DE ATIOS (PORRIÑO) Covelo, s/n. - C.P. 36418 - Telf./Fax. 986330715 E.mail: ceip.atios@edu.xunta.es

FALTAS LEVES: 1. Desobedecer levemente as indicacións do persoal de Comedor. 2. Non lavarse as mans ou os dentes. 3. Entrar ou saír do Comedor desordenadamente. 4. Entrar ao Comedor con obxectos non permitidos (xoguetes, etc...) 5. Cambiarse de sitio (na mesma mesa). 6. Non comer con corrección ou non facer uso adecuado dos utensilios (cubertos, panos de mesa, etc.) 7. Permanecer mal sentados/as ou abanearse na cadeira. 8. Facer ruido, berrar ou falar con alumnos/as das outras mesas. 9. Calquer outra conducta que afecte levemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas. SANCIÓNS: 1. Amonestación verbal ao alumno ou alumna. Caso de reiteración, comunicación por escrito aos pais. 2. Separación temporal do grupo de referencia (ao da súa mesa do Comedor) e integración noutro. 3. Realización de tarefas relacionadas coa falta cometida.

Estas sancións poderán ser impostas polo persoal do servizo de Comedor Escolar.


C.E.I.P. DE ATIOS (PORRIÑO) Covelo, s/n. - C.P. 36418 - Telf./Fax. 986330715 E.mail: ceip.atios@edu.xunta.es

FALTAS GRAVES: 1. Acumulación de tres faltas leves. 2. Desobedecer gravemente as indicacións do persoal de Comedor. 3. Cambiarse de sitio (a outra mesa). 4. Levantarse do sitio sin causa xustificada. 5. Saír do Comedor sen permiso das coidadoras. 6. Deteriorar intencionadamente ou por mal uso o material propio do Comedor. 7. Tirar

intencionadamente

comida

ao

chan

ou

a

outros

compañeiros/as. 8. Asistir ao Comedor sin ter asistido ás clases ese día. 9. Calquer outra conducta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas. SANCIÓNS: 1. Calquera das medidas adoptadas para as faltas leves. 2. Amonestación por escrito ao alumno ou alumna. Comunicación aos pais. 3. Separación permanente do grupo de referencia ou da súa mesa do Comedor. 4. Comer illado dos seus compañeiros/as (ata cinco días). 5. Expulsión temporal do Comedor (ata cinco días).

Estas sancións poderán ser impostas polo Equipo Directivo do Centro e serán notificadas aos pais.


C.E.I.P. DE ATIOS (PORRIÑO) Covelo, s/n. - C.P. 36418 - Telf./Fax. 986330715 E.mail: ceip.atios@edu.xunta.es

FALTAS MOI GRAVES: 1. Acumulación de tres faltas graves. 2. Saír do Centro sen permiso durante o horario do Comedor. 3. Calquer outra conducta que afecte moi gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas. SANCIÓNS: 1. Calquera das medidas adoptadas para as faltas graves. 2. Expulsión temporal do Comedor (de cinco días a un mes). 3. Expulsión definitiva do Comedor.

As dúas primeiras destas sancións poderán ser impostas pola Comisión do Comedor Consello Escolar do Centro. A terceira é competencia do Consello Escolar, por proposta da Comisión do Comedor, previa audiencia aos pais do alumno ou alumna.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.