A Pravia Nº 63 (maio 2012)

Page 1


Secretaría Xeral de Política Lingüística







QUE SABES DE PAZ ANDRADE? ENCRUCILLADO-3

10

1 12 9

2 11

8

3 4

5 A A 6

HORIZONTAIS

1.- Cidade onde estudou bacharelato. 2.- Nome do xornal que dirixiu durante cinco anos. 3.- Profesión que exerceu durante a súa vida. 4.- Vila galega á que foi desterrado Paz Andrade. 5.- Nome de Paz Andrade. 6.- Estudos que realizou en Santiago de Compostela. 7.- Nome do partido político do que foi dirixente.

VERTICAIS

7

8.- Apelido do amigo ao que lle adicou o seu primeiro libro de poesía. 9.- O seu segundo libro de poesía titúlase «Cen ...... de sombra». 10.- Nome do grupo industrial que creou na cidade de Vigo. 11.- Parroquia pontevedresa onde naceu. 12.- O seu terceiro libro de poesía leva por título «............do vento».





Os nen@s de 4 anos queremos coĂąecer o espacio.

Para iso, construimos o cohete Manolete...

convertĂ­monos en astronautas...


...visitรกmolo...

e atopamos un extraterrestre:


Agora somos todos uns expertos:


CLASE DE 5 ANOS ESTE ANO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DECIDIMOS VIAXAR POR TODO O MUNDO PARA COÑECER CONSTRUCCIÓNS FAMOSAS E SITIOS MARABILLOSOS ONDE APRENDIMOS COUSAS INCRIBLES! QUEREDES VER ALGUNHAS DELAS?

POIS IMOS DE VIAXE!

O COLISEO ROMANO

ESTE GLADIADOR ROMANO LOITA CONTRA UN TEMIBLE LEÓN NO COLISEO,CONCEDERALLE A VIDA O SEU EMPERADOR?

AS PIRÁMIDES DE EXIPTO


AS PIRÁMIDES DE EXIPTO OS FARAÓNS DESPOIS DE MORRER ERAN MOMIFICADOS E ENTERRADOS NAS PIRÁMIDES CAS SÚAS OFRENDAS PARA OS DEUSES.

QUE MEDO DE MOMIA!


O TAJ MAHAL ESTE PRECIOSO PALACIO SITUADO NA INDIA ESCONDE UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMOR.

E PARA OUTRAS COUSAS DA INDIA SABER, PREGUNTÁMOSLLES A MARCOS E AINÉ ! GRAZAS!


A GRAN MURALLA CHINA PARA A GRAN MURALLA COÑECER MOITOS LIBROS TIVEMOS QUE LER!

DESCUBRIMOS QUE OS CHINOS NON ESCRIBEN COMA NÓS, E ADEMÁIS COMEN CON PALILLOS MOITOS KILOS DE ARROZ!


VISITAMOS AS CIDADES PRECOLOMBINAS DE CHICHÉN ITZÁ E MACHU PICHU. DISFRAZÁMONOS DE MAIAS E COCIÑAMOS COMA ELES CON FARIÑA DE MILLO, QUE RICAS AS AREPAS!

E AS NOSAS VIAXES AINDA NON REMATARON. ATA ONDE CHEGAREMOS…. AINDA NON O SABEMOS! PERO NON VOS PREOCUPEDES, NA PRÓXIMA VOLO CONTAMOS!




En 1º B aprendemosmoitas cousas sobre…

Nós, ademais de coñecer algunhas das historias do gato Samuel (“La Voz de Galicia”), lemos “A galiña azul”, un libro que nos gustou moito .

“A galiña azul” contén varios contos dirixidos a Ana, unha nena que emigrou cando era pequeniña.

“O PEIXE DA FONTE DO XARDÍN”

“A BOMBA DA FELICIDADE”

1º B


“A GALIÑA AZUL”

“A FORMIGA ESQUIADORA”

“O FINAL DA HISTORIA DA GALIÑA AZUL”

Algúns dos personaxes de “A galiña azul”:

1º B



















DITOS E REFRÁNS -

Nunca chove a gusto de todos. Nunca choveu que non escampara. Auga de maio, pan todo o ano. Auga de Santa Rita, todo o quita. Abril, augas mil. Se non é no comezo, ao medio ou ao fin. Ceo a cordeiros, auga a caldeiros. Sol que pica, chuvia indica. Auga de mediodía, auga para todo o día. Cando chove e vai vento, pecha a porta e queda dentro. A chuvia de agosto é mel e mosto.

pluviómetro

POESÍAS Cómo chove miudiño,

Cando chove abril

A celosa chuvia

cómo miudiño chove;

os músicos cantan

bate no paraugas

cómo chove miudiño

negras e corcheas,

con pingas agudas,

pola banda de Laíño

semifusas, brancas.

pizzicato de auga.

pola banda de Lestrove.

(Antonio Rubio)

(Rosalía de Castro)

ADIVIÑAS Vén do ceo, do ceo vén

Millares de soldadiños van xuntiños á guerra

a uns disgusta e a outros mantén.

e todos botan lanzas que caen sobre a terra.

Unha chuvia que non molla: “A chuvia de ideas” Coñécese con ese nome unha técnica moi utilizada polos escritores para xerar ideas. Para practicala hai que anotar en pouco tempo todo o que se nos ocorre sobre un tema. Despois escollemos as ideas que nos parecen mellores para escribir e rexeitamos as demais. ¡ Esta é unha chuvia coa que merece a pena “mollarse”! Alumnado de 5ºB













Igrexa de Goiriz e parroquia






¿Por qué a chaman ximnasia

cando queren dicir Educación Física? Jesús Manuel Fernández Abuín Col. 10152

Introdución Este "pequeno" artigo xorde tras comprobar durante varios anos de docencia que a poboación escolar, os pais e mesmo os propios compañeiros docentes doutras especialidades empregan como sinónimos dous termos ben diferentes: Ximnasia vs Educación Física. As frases típicas destas situacións adoitan ser: "A terceira hora temos ximnasia". "Ten que traer zapatillas para ximnasia? ", "con toda a ximnasia que fan... " "que non faga ximnasia porque está acatarrado". Para algúns compañeiros de especialidade (Educación Física) esta confusión pode resultar moi ofensiva e fundamentalmente argumentan dúas razóns para sentirse ofendidas: * Tras tantos anos de escolarización obrigatoria resulta molesto non coñecer o nome correcto dunha área de coñecemento. Do mesmo modo que é unha ofensa non coñecer o nome dun educando despois de 6 anos de convivencia. * O deporte da ximnasia é unha actividade deportiva nun marco de moitos deportes e moitas actividades motoras, polo nome dun pequeno contido non se lle debe chamar a todos os contidos da E.F., El área de Coñecemento do Medio non é a área de meteoroloxía. A área de Educación Artística non é clase de debuxo. Dende a nosa máis sincera humildade e asumindo todas as nosas limitacións realizaremos unha pequena revisión do estado da cuestión, intentaremos achegar algo de luz ao concepto de Educación Física e ao concepto de ximnasia para que poidamos empregalo correctamente. Que é a Educación Física? Que é a ximnasia? Por que se confunden os termos?

Conceptualización de Educación Física: os expertos tamén aportan indefinición terminolóxica. Revisando a bibliografía ao respecto observamos que definir Educación Física resulta a priori tarefa difícil, "unha indefinición terminolóxica" (Uriel Smiri, 1992). José María Cagigal, define esta situación como "Babel terminolóxico". Para González (1993) "é un termo polisémico", mentres Cecchini (1996) afirma que "Educación Física é unha expresión non univocamente entendida... ". O certo é que prolifera gran cantidade de conceptos e paradigmas para referirnos a este concepto. Véxase, por exemplo, como trasladado ao ámbito cotián é frecuente empregar sinónimos: ximnasia, exercicio físico, ximnasia, educación motora, deporte, actividade física... No ámbito científico conviven múltiples intentos de definición. Jean Le Boulch (1976) asina o termo "educación polo movemento"; Pierre Parlebas (1989) defende a súa "Ciencias da conduta motora ou sociomotricidad"; Luis Miguel Ruiz Pérez (1988) prefire "Motricidade Humana"; Onmo Gruppe (1976), "actividade físico deportiva"… e así poderiamos seguir ata uns sesenta ou setenta termos. Con cal quedamos? Os primeiros autores en empregar o termo Educación Física foron o polifacético John Locke na Inglaterra de 1693 e o francés Jacques Ballexserd en 1792 nunha conferencia dirixida a mozos "Dissertation sur l' éducation physique deas enfans, depuis leur naissance jusq' à l ' âge de puberté". En España, a primeira vez que se empregou oficialmente este concepto foi no curso 1893-1894 (Moreno, 1999). John Locke

O concepto Educación Física consolidouse internacionalmente (Lagardera, 1993). Intentaremos definir esta acepción: Etimoloxicamente o concepto Educación Física está composto por un substantivo (Educación) que provén de dúas raíces (educěre y educare) e por un adxectivo, φύσις, physis. A raíz educare (criar, alimentar, dirixir, encamiñar, adoutrinar...) correspóndese cunha concepción pedagóxica centrada no profesor e nos coñecementos, o modelo tradicional de escola. A raíz educěre (extraer sacar unha cousa doutra) correspondería a un modelo pedagóxico máis moderno de escola centrado no alumno e o proceso. O adxectivo Física provén do latín physicus e este á súa vez do grego φύσις de phycis (Natureza). Varios autores atrevéronse a definila; citamos algúns deles por ser máis representativos. Para Bucher (1999), a Educación Física "é unha parte integral do proceso total educativo e que ten como propósito o desenvolvemento de cidadáns física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se seleccionasen con vista a lograr estes resultados". Calzada (1996): "A Educación Física é o desenvolvemento integral do ser humano a través do movemento". O termo integral refírese a todas a dimensións de ser humano, a saber: físico (corpo), mental (intelixencia), espiritual e social.


¿Por qué a chaman ximnasia

cando queren dicir Educación Física? Jesús Manuel Fernández Abuín Col. 10152

Gagigal (1979) afirma que a Educación Física, considerada como unha "ciencia aplicada da Kinantropología, é o proceso ou sistema de axudar ao individuo no correcto desenvolvemento das súas posibilidades persoais e de relación social con especial atención ás súas capacidades físicas de movemento e expresión". Lumpkin (1986): "Un proceso a través do cal un individuo obtén destrezas óptimas físicas, mentais e sociais e aptitude física a través da actividade física".

Conceptualización de ximnasia; de desnudo etimolóxico á ximnasia modalidade deportiva. Etimoloxicamente, ximnasia procede do grego (gimnos) que significa "nu". Engadíndolle o sufixo τέχνη (–tikê), γυµναστική (gimnastikê) significaría "exercitar o corpo".

Desnudo – gimnos - γυµνός

Ejercitarse – gimnastiké - γυµναστική

Actualmente a FIG. (Federación Internacional de Ximnasia) divide o deporte da ximnasia en seis disciplinas: a ximnasia xeral, a ximnasia artística, a ximnasia rítmica, a ximnasia aeróbica, a ximnasia acrobática e a ximnasia trampolín. Cada disciplina consta de diferentes eventos e categorías; no cadro seguinte móstrase unha síntese das modalidades que contempla. MODALIDADES DO DEPORTE DA XIMNASIA XIMNASIA XERAL Coreografías sincronizadas de múltiples participantes, diferentes idades e sexos.

XIMNASIA RÍTMICA FEMININA Corda

XIMNASIA ACROBÁTICA acro-sport Parella Feminina

Aro

XIMNASIA ARTÍSTICA MASCULINA FEMININA Cabalo con Asimétricas arcos Barra Fixa Barra equilibrio

Pelotas

Salto Potro

Solo

Trío feminino

Individual feminino Individual masculino Parellas mixtas

Mazas Cinta

Solo Paralelas Anillas

Potro

Cuarteto masculino Parella mixta

Tríos Grupos

Parella masculina

XIMNASIA AERÓBICA

TRAMPOLÍN

Tumbling Minitramp Doble minitramp Cama elástica

A ximnasia foi un dos primeiros contidos de educación física que entrou nos currículos educativos. Obviando que estudar, ata tempos non moi afastados, era unha posibilidade dun selecto número de individuos de clases podentes. Ao analizar brevemente a evolución da Educación Física comprobaremos como posiblemente a razón de confundir educación física e ximnasia se deba a que no momento no que se sistematiza e se inclúe no currículo das escolas, é grazas á corrente ximnástica, que introducen na escola a actividade física a través do deporte da ximnasia. Segundo Alberto e Nelly Langlade (1986), os intentos de sistematizar, estruturar e dotar dun método á ximnástica configuran o período coñecido como o das Escolas Ximnásticas que desenvolven durante o S. XIX; A escola Alemá, a Sueca, a escola Francesa e o movemento deportivo Inglés. O nexo común será a utilización da ximnasia (Habilidades ximnásticas, exercicios ximnásticos, deporte ximnasia) como contido fundamental dos programas educativos.


¿Por qué a chaman ximnasia

cando queren dicir Educación Física? Jesús Manuel Fernández Abuín Col. 10152

Pórtico ximnástico escola alemana

Exhibición ximnasia sueca “Sofiagirls”

Parcour Gimnasia natural francesa

Na Escola alemá autores como Basedow, Guts Muths, Jahn ou Adolf Spiess contribuíron a desenvolver a actividade física elaborar materiais específicos, sistematizar progresións e incluíla no curriculum dos escolares alemáns do século XIX. O poldro, a barra fixa e as paralelas son materiais propios da ximnasia, creáronos os alemáns durante o século XIX e o deporte da Ximnasia consagrounos para a historia. Na Escola Sueca, Natchegal, foi un dos primeiros en incluír a ximnástica nas escolas, pero sería Pier Henrik Ling quen lle dese o grande impulso á ximnasia correctiva ou enfoque de actividade física saudable, estruturou, ordenou, e exportou as súas famosas táboas de ximnasia sueca por todo o planeta ata a actualidade. A escola Francesa co marqués español Francisco Amorós nas súas filas e personaxes como Tissié, Marey, Demeny, Lagrange... ou co seu máximo representante, George Hébert, dotaron dun enfoque naturalista á actividade física e venderon a importancia da actividade física na natureza para a formación das persoas. A escola inglesa ou escola deportiva co director da Rugby Public School, Thomas Arnold, orixinaría a introdución dos deportes, as regras, o amateurismo e o asociacionismo nas escolas e o movemento deportivo inglés primeiro co rugby, sería a semente que faría despois evolucionar os xogos de sempre ou novos xogos aos deportes de masas: o fútbol, o baloncesto, o voleibol... deportes entre os que se sitúa a Ximnasia e que se practican nas escolas hoxe en día. En España as clases de Educación Física que recordan os nosos avós ou pais se non son moi novos están cheas de recordos de salto de poldros pinchacarneiros adiante e atrás equilibrios invertidos en dous apoios "piñeiros", piñeiros pontes, pombas de brazos... táboas de ximnasia con formacións en filas e columnas... quen as recorda? Obviamente un dos contidos máis típicos e tópicos daqueles marabillosos anos era A XIMNASIA ARTÍSTICA. Probablemente grazas á ximnasia podemos falar na actualidade de Educación Física, podemos gozar de clases de actividade física, se ben este último concepto actualmente engloba non só á ximnasia e a outros deportes senón a diferentes contidos xurdidos de correntes e movementos posteriores (Zagalaz, 2001): Psicomotricidade, Condición física, Actividades na Natureza, Expresión Corporal, Deporte para Todos, Educación para a saúde, Educación para o Ocio e Tempo Libre...

Conclusións Desexamos ter achegado algo de claridade a que se entende por Educación Física e a que se entende por ximnasia. Desexamos ter explicado con suficiencia que a ximnasia e as habilidades ximnásticas (saltos, desprazamentos, xiros, apoios, suspensións, equilibrios...), foron un dos primeiros contidos curriculares impartidos ao introducir as prácticas de actividade física nos plans educativos. Na actualidade estas clases de actividade física educativa "Educación Física", incorporan non só aqueles primeiros contidos de ximnasia e habilidades ximnásticas senón numerosas prácticas motoras, de expresión, de xogos e outros deportes que se foron incorporando a petición dos diferentes piares do currículo: segundo as necesidades sociais, as teorías psicolóxicas e pedagóxicas ou as necesidades da ciencia, a corrente epistemolóxica. Nas nosas clases explicamos que non só aprendemos equilibrios, pinchacarneiros e equilibrios, aprendemos habilidades básicas, específicas, xogos e outros deportes (baloncesto, voleibol, balonmán, hóckey...) actividades de expresión corporal (bailes, aerobic, dramatizacións, mímica...), actividades na natureza, actividades de educación para a saúde (hixiene, alimentación, postural, primeiros auxilios). Confundir a árbore co bosque non resulta lóxico e demostra un baixo nivel de integración cognitiva da nosa área de coñecemento. E non obstante, a pesar dos argumentos socorridos de non coñecer o nome da nosa área despois de tantos anos ou de confundir o nome dun subcontido co da área, non son poucos os autores que defenden a confusión -Bendita confusión! berran algúns-, grazas á ximnasia existe motricidade na nosa escola dende hai moitos anos e na actualidade con niveis tan elevados de sedentarismo e obesidade infantil son máis importantes outras cuestións.


¿Por qué a chaman ximnasia ¿Por qué a chaman ximnasia

cando queren dicir Educación Física? cando queren dicir Educación Física? Jesús Manuel Fernández Abuín Col. 10152

Jesús Manuel Fernández Abuín Col. 10152

... Cando faledes de Ximnasia ou de Educación Física reflexionade brevemente a que vos referides, e pase o que pase non deixedes de movervos. Xogade a pillar, ás bólas ou ao fútbol, camiñade ou facede un Ironman, paseade en bicicleta ou participade nun Campionato Provincial de dúatlon, pero pola vosa saúde física, mental e social... MÚEVETE CORAZÓN!

BIBLIOGRAFÍA ¨ BLÁZQUEZ, D.: “Metodología y didáctica de la actividad física”. En actas del III Congreso Galego de Educación Física e o deporte, Bastiagueiro, INEF Galicia, 1988. ¨ BLÁZQUEZ, D., et al: La iniciación deportiva y el deporte escolar, INDE Publicaciones, Barcelona, 1995. ¨ BLÁZQUEZ, D.: La educación Física, INDE Publicaciones, Barcelona, 2001. ¨ CAGIGAL, J. M.: Cultura intelectual y cultura física, Editorial Kapelusz, Buenos Aires, 1979. ¨ CALZADA ARIJA, A.: Educación Física: 1.ª y 2.ª Enseñanza Secundaria Obligatoria, Gymnos Editorial, Madrid, 1996. ¨ CECCHINI, J. A.: “Epistemología de la educación física”, en GARCÍA HOZ, V.: Personalización en la Educación Física, Editorial RIALP, Madrid, 1996. ¨ GONZÁLEZ, M.: La Educación Física: fundamentación teórica y pedagógica en Fundamentos de Educación Física para Enseñanza Primaria, vol. I, INDE, Barcelona, 1993. ¨ JIMÉNEZ, J., y DÍAZ, M.: revista digital www.efdeportes.com, n.º 47, Buenos Aires, 2002. ¨ FIEP: Manifiesto Mundial, 2002. ¨ LAGARDERA, F.: Contribución de los estudios praxiológicos a una teoría general de las actividades físico-deportivorecreativas, Apunts 32, 1993. ¨ LANGLADE, A.: Teoría General de la gimnasia, Editorial Stadium, Buenos Aires, 1986. ¨ LE BOULCH, J.: Educación por el movimiento en la escuela primaria, Paidos, Buenos Aires, 1976. ¨ LUMPKIN, A.: Physical Educatión: A contemporerry Introduction, Times Mirror/Mosby College Publishing, St. Louis, 1986. ¨ MORENO, J. A.: Motricidad Infantil. Aprendizaje y desarrollo a través del juego, DM, Murcia, 1999. ¨ NIXON, J. E., y JEWETT, A. E.: An Introduction to Physical Education, Saunders College Publishing, Philadelphia, 1980. ¨ OMMO GRUPPE: Teoría pedagógica de la Educación Física, Ed. INEF, Madrid, 1976. ¨ PARLEBAS, P.: Perspectivas para una educación física moderna, Unisport, Málaga, 1989. ¨ REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Diccionario de la Lengua Española, Espasa Calpe, Madrid, 1992. ¨ RODRIGUEZ LÓPEZ, J. : Historia del Deporte. INDE. Barcelona. 2000 ¨ VV. AA.: Diccionario de la Real Academia de la Lengua Española, Espasa Calpe, Madrid, 1970. ¨ VV. AA.: Diccionario ilustrado Latino-Español, Ed. Bibliograf, Barcelona, 1968. ¨ VV. AA.: Diccionario Xerais da lingua Galega, Ed Xerais, Vigo, 1988. ¨ VV. AA.: Temario de oposiciones al Cuerpo de Profesores de Enseñanza Primaria, Educación Física, INDE, Barcelona, 1994. ¨ VICENTE PEDRAZ, M.: Teoría Pedagógica de la actividad física, Editorial Gymnos, Madrid, 1988. ¨ WUEST, D. A., y BUCHER, C. A.: Foundations of Physical Education and Sports, WCB/McGraw-Hill, Boston, 1999. ¨ ZAGALAZ SÁNCHEZ, L.: Corrientes y Tendencias de la Educación Física. INDE. Barcelona, 2001.









Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.