Revista2

Page 1


Os nen@s de terceiro queren contarnos as súas saídas de este ano: “O xoves 24 de maio fomos de excursión a Nigrán. Encantoume a visita ao observatorio de dinosaurios. Había un montón deles e todos diferentes. Encantoume cando fixemos de arqueólogos e tamén a merenda no parque.”

“O mércores 30 de maio foi moi divertido porque fomos ás Illas Cíes. Fomos en

autobús e en barco. O que máis me gustou no barco foi ver as ondas e ir detrás. Nas Cíes, un guía nos ía contando todo o

importante. Levounos a un monte e a unha caseta de observación onde vimos moitas aves. Baixamos a comer e despois compramos uns xeados que estaban moi ricos. Despois vimos os peixes e a praia. Tamén nos bañamos. A auga estaba tan

fría que te movía o corazón. Regresamos sobre as 4 ou 5.”

Os nenos e nenas de terceiro de primaria


Campións Na clase de terceiro temos una supercampiona de judo, é Verónica, que este ano conseguiu unha medalla de ouro. Sul tamén conseguiu unha medalla en natación. Fixémoslles unha entrevista para que nos conten as súas experiencias:

VERO Onde gañaches esta medalla? Nun torneo en Vigo. Foi moi dificil? Un pouco, sobretodo no último combate. Que sentiches ao conseguila? Estaba moi contenta. Cantos días á semana entrenas? Entreno dous días, os luns e os mércores.

SUL Onde conseguiches esta medalla? No campionato galego, en Ribeira. Foi moi dificil de conseguir? Non, poque foi en equipo e así resulta máis facil. Que sentiches ao conseguilas? Estabamos moi alegres todos. Practicas máis deportes? Si, gústame moito andar en bici.


A Bolboreta Voa sen parar a fermosa bolboreta dunha noutra flor, nunca para quieta. Voa sen parar e encontra a Pilar. Pregúntalle como está e Pilar di: regular. Non encontra a Maripaz, a súa irmá, pero foi a buscar froita, pero tardou moito porque falou con Xoan a troita.

Denís Taboada


O paxariño Candelo O paxariño Candelo estaba amarelo. Amarelo estaba por iso voaba. Voaba tanquilo e pousouse nun pociño O pociño non tiña auga e Candelo berraba

Julia


A pizarra dixital puxo unha foto dunha rá A rá saltaba e o can mallaba O can de coñecemento parecía un fento O fento non se movía e lingua saía Lingua galega na pizarra dixital estaba mellor que lengua castela

Mateo Vilaplana Baz


O NENO MALO O neno malo comeu un ''sapo'' por que lle deu ao seu zapato. O zapato saiu de sopeton e queimou o neno malo que comeu o ''sapo''. Logo veu a bolboreta e lle deu ao zapato que queimou ao ao neno malo que comeu ao ''sapo.

Alba Vicente


O neno vago e o traballador Erase unha vez un neno que estudaba moito se chamaba Brayan e outro moi vago que se chamaba Xulio. Iban ter un exame de Lingua o día seguinte e se Xulio non sacaba mais dun 8 suspenderia a asignatura , e pediulle a Brayan e dixo Xulio – Brayan axudame por favor teño que sacar mais dun 8 ou suspendo – O veo practicamente imposible , a mellor nota que sacaste na tua vida foi un 5,8 – respondeu Brayan – Sacarei mellor nota ca ti !!!!!!!!! – Seguro – dixo Brayan en tono un pouco chulo – Sí ! E Xulio marchouse e fixo o que un tonto faria tirouse ponte abaixo e morreu

FIN ! posdata: Brayan sacou un 10 e outros dous nenos fixeron o mesmo que Xulio


Celso Emilio Ferreiro Celso Emilio Ferreiro Míguez, nacido en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega. De familia acomodada, dedicada ao comercio e á agricultura, e galeguista, Celso Emilio foi o máis novo dos sete fillos do matrimonio composto por Venancio Ferreriro Reinoso (membro das Irmandades da Fala) e Obdulia Míguez Buxán. En Pontevedra Despois da guerra continou os estudos de Dereito , e inicia os de Maxisterio, que si conclúe, malia que non chega a exercer nunca. Bota nove anos na cidade do Lérez, participando intensamente na vida cultural da mesma e entrando en contacto con escritores coma Aquilino Iglesia Alvariño e Manuel Cuña Novás En Vigo Tras obter o título de Procurador dos Tribunais trasládase a exercer a profesión a Vigo, onde viviría ata o 1966. Na emigración En 1966 emigrou a Venezuela por cuestións económicas e políticas. Antes da súa marcha, fáiselle unha homenaxe en Ourense, que acabou converténdose en todo un acto de desafío ao réxime franquista.

Últimos anos Ao volver da emigración, no ano 1973, instalouse en Madrid, onde traballou de corrector de estilo para a revista Tribuna Médica,. Dirixe a aula de cultura do Ateneo, colabora na prensa e participa nas tertulias do Café Gijón,. Afíliase ao Partido Socialista Galego e preséntase como candidato ao senado nas eleccións lexislativas do 1977. Un derrame cerebral acabou coa súa vida mentres pasaba as súas vacacións en Vigo, na súa casa da Avenida de Castrelos, o 31 de agosto do 1979. Foi enterrado en Celanova Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1989.


OBRAS: Celso Emilio Ferreiro consagra a recuperación do realismo social na poesía galega.[6]. Esta vertente social da súa obra garda estreita relación cos poetas españois dos anos 50,cos que comparte visións ideolóxicas, mecanismos de expresión e, mesmo nalgúns casos, relacións de amizade, como ocorre con Gabriel Celaya, a quen dedica un poema en LONGA NOITE DE PEDRA. AS SUAS OBRAS MÁS FAMOSAS SON: CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDECIR CIMENTERIO PRIVADO LONGA NOITE DE PEDRA O SOÑO SUL GADO OBRAS COMPLETAS 1 E 2 ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA VIAXE AO PAIS DOS ANANOS.



REPORTAXE SOBRE JORGE BARBI:

ENTREVISTA

O alumnado de 6º de primaria realizamos unha interesante entrevista a Jorge Barbi.Como xa traballáramos as súas obras,a entrevista foi moi rica xa que tiñámos moitas inquietudes e vivencias en relación ás mesmas.Todo o alumnado do colexio realizou polo menos unha interpretación artística da súa obra.


REALIZAMOS un mural aberto sobre as vivencias que tivemos de Jorge Barbi como artista e persoa.



EXPOSICIÓN DAS INTERPRETACIONS POR PARTE DO ALUMNADO DAS OBRAS DE JORGE BARBI O alumnado contactou

moi profundamente cás obras deste autor .Traballa con

elementos da NATUREZA,pedras,paus que arrastra o mar e calquer elemento que poida sorprender a ese corazón de artista.Cualidades que teñen moito que ver ca alma dos cativos.Será éste o motivo polo que se entenderon entre eles tan ben!!!


HOMENAXE Invitamos a Jorge Brbi a visitar a nosa exposición e quedou sorprendido das interpretacións que realizamos todo o alumnado . Agasallamos o autor cun video que mostraba a súa obra e a interpretación que dela facían os nenos e nenas do noso colexio.Estableceuse un interesante diálogo entre alumnos e artista . Rematamos o acto ca entrega duns agasallos para él e a súa compañeira.


EXPOSICIÓN DOS TRES COLEXIOS PÚBLICOS

DE A GUARDA NO CENTRO

CULTURAL As interpretacións do alumnado dos tres centros públicos de A Guarda estiveron expostas durante quince días no CENTRO CULTURAL de A Guarda. A exposición foi un éxito de público e crítica.



BiblioSolanas Durante este curso BiblioSolanas organizou numerosas actividades tanto de fomento da lectura coma de investigación. O alumnado de 3º ciclo organizouse como colaboradores da Biblioteca nos recreos para axudar nos préstamos, na colocación e en asesorar aos máis pequenos na busca de libros. Xuntanzas cos colaboradores: ao longo do curso fixemos varias xuntanzas cos colaboradores para pedirlles suxerencias e opinións sobre actividades previstas e para organizar os traballos nos recreos e os turnos.

Dende a biblioteca hai unha colaboración fluida co profesorado que o demanda para proporcionar listados de documentos, enlaces … sobre distintos aspectos do curriculo. Promovemos o traballo por proxectos en Primaria ( en Educación Infantil xa o fan) aportando documentación, información e elaborando cadernos de investigación sobre


diversa temática. Este ano fixemos uns cadeniños de investigación co gallo do noso Proxecto de Voz Natura: cada aula era unha árbore ou arbusto autóctono.

Así quedaron: 3 anos: o piñeiro 4 anos: o carballo 5 anos: a sobreira 1º: o acivro

2º: o castiñeiro 3º: o loureiro 4º: sanguiño 5º: o érbedo 6º: o salgueiro

O Código Letrinchi. Este ano continuamos con esta actividade xa que tivo un gran éxito no alumnado. A actividade consiste en descifrar unha mensaxe segreda. Elaborase un caderno para cada ciclo de Primaria, con diferentes mensaxes, que se entregan a cada alumno/a. O caderno ten espazos para ir colocando códigos (pegatinas) que representan letras. Os códigos conseguense en base á lectura de libros da biblioteca. Unha vez lido un libro, o neno/a fai unha ficha sinxela sobre o libro e a entregaa na biblioteca. Cando a ficha está correxida, a profesora encargada do Código letrínchi, entrégalle un código/pegatina que o neno/a pega no caderno no número correpondente. Cando ten todos os códigos, a mensaxe está resolta e así conseguen moitos Nicopuntos.


Participou todo o alumnado de Primaria. É totalmente voluntario e todos queren ter caderniño de Letrinchi. As fichas non son difíciles pero sí que tiñan que ler bastantes libros para conseguir resolver a mensaxe. Cando os primeiros o rematan e os demáis ven que reporta bastantes Nicopuntos animaos a seguir! A novidade este curso é que as lecturas do Letrinchi se correponden cos itinerarios lectores de cada ciclo que a medida que xurden algunhas temáticas ou novidades vanse ampliando.


Actividade: “Lendo Xuntos”. A organizamos para arrincar o curso na biblioteca. As familias colaboraron con fotografías dos seus fillo/as lendo como quixeran e con quen quixeran. O resultado foi unha exposición de fotografías que tivo moito éxito xa que tanto as familias coma os nenos/as lles encantou verse.

Xogo da Oca, como apertura tamén da nosa biblioteca fomos por cursos a xogar a unha oca xigante que confeccionamos no anterior proxecto ARCE de fomento á lectura. Con gran parte das portadas dos libros lidos durante este proxecto construimos esta oca a que lle encanta xogar xa que teñen que dicir frases relacionadas co proxecto e recordan os libros lidos.

alumnos-as de 3º


alumnos-as de 5º Incrementamos o número de Mochilas viaxeiras. Puxéronse en circulación 9 mochilas viaxeiras : unha en cada nivel. Valoramos moi positivamente esta actividade xa que as familias participan a través dos cadernos viaxeiros que van nas mochilas.


Celebración do día das Bibliotecas. O 21 de outubro celebramos o día das bibliotecas co apadrimñamento e amadriñamento de 2º,3º,4º,5º e 6º a os máis pequenos de Infantil e 1º. Ó aire libre, no sitio que máis lles gustase lles leron un conto a os afillados/as preparado previamente. Logo oa afillados/as lle corresponderon cun debuxo alusivo ó conto.


Concurso de postais de Nadal con mensaxes de boas intencións para este tempo. Coas gañadoras que aquí vedes, xa que tivemos un empate, cunha felicitamos estas festas a outros colexios e as familias e coa outra fixemos a portada da guía de lecturas para o Nadal.

Certamen de poemas da Paz: cada clase elaborou uns poemas, ben en conxunto ou de xeito individual, que leron nun acto celebrado entre todos e todas. Ademáis de cantar a canción “All you need is love” de los Beatles.


Concurso de Declaracións de Amor en inglés: xa que somos un centro plurilingüe, coa colaboración do departamento de inglés organizamos esta actividade e nos axudaron a seleccionar as máis orixinais. Con todas elas fixemos un libro que está exposto na biblioteca.

Exposicións temáticas: varias ao longo do curso en función de efemérides ou do proxecto da biblioteca. Os libros expostos son para emprestar, e actualízanse constantemente. Ao longo deste curso fixémos as seguintes exposicións: • Setembro : Libros máis emprestados no curso anterior organizados por ciclos. • Finais de Outubro e Novembro : Libros de medo. Aproveitando a celebración do Samaín. Sempre ten moito éxito e serve para enganchar a lectores menos activos Incrementamos a “Guía de medo” que xa tiñamos do curso anterior. • Decembro : Libros relacionados cos bosques polo ano internacional dos bosques e o noso proxecto de Voz Natura. • Xaneiro : Libros relacionados coa Paz. Quedaron recollidos nunha “Guía de libros para a paz”.


• Febreiro : Libros de amor e amizade. Quedaron recollidos nunha “ Guía de libros de amor” • Marzo : Libros de poesía. De entre eles conmemoramos a Celso Emilio Ferreiro cun apartado especial na exposición. • Abril : Novidades. Expóñense as novidades adquiridas durante o curso e que non formaron parte de outras exposicións. • Maio : “Se queres ler, le o que queiras”, lles demos aoportunidade de ler a cor (relacionado co nivel) que máis lles apetecera xa fora de maiores ou pequenos. • Xuño : Os máis emprestados durante este curso. Esta exposición queda montada para o seguinte curso. Celebración do día da poesía : repetimos os apadriñamento e amadriñamentos para que non se perda esa relación cos afillados/as e neste momento tocou lerlles unha poesía de Celso EmilioFerreiro que eles despois ilustraron e recollimos nun libro.


Clube de lectura de nais e pais : actividade proposta por varias familias a través do caderno das mochilas viaxeiras. Comenzou a súa andaina no 3º trimestre do curso pasado con 8 pais e nais, este curso xa foron 12. Xuntanse unha vez ao mes os venres pola tarde na biblioteca do colexio. Clube de lectura de 3º Ciclo: no terceiro trimestre os/as alumnos/as de 3º ciclo se animaron a formar un clube de lectura con bastante éxito. Nos deu tempo a facer duas lecturas: “ Os Megatoxos” e “ Ketumba- Ketamba”. Ademáis logo da reunión do clube fixemos unha valoración de cada libro e unha actividade común.

Celebración do día do libro: • O meu libro preferido. É o 4º ano que facemos esta actividade porque os/as alumnos/as lles encanta. Consiste en que cada alumno/alumna do colexio e cada profesor/a elixe o libro que máis lle gustou entre os que leu no curso, faise unha fotografía con el e un comentario sobre o libro. Con todo faise unha exposición e despois un álbum que queda na biblioteca. Esta actividade desperta moita expetación e curiosidade e todo o mundo está encantado de posar co seu libro e desexosos de saber os gustos literarios dos demais. A novidade deste curso é que se puido elexir o sitio da


foto, onde cada un quixese: o aire libre, no patio, nas escaleiras, no pavillón, no ximnasio, na biblioteca,.... • Nos visitou Abraham Carreiro e fixemos xunto con el un Obradorio de Cómic. Foi unha actividade moi motivante para os/as alumnos/as xa que lle deu pautas e consellos para desenvolverse nesa técnica.

Fixemos unha pequena exposición dos materiais elaborados ata ese momento polos nenos/as.


• En Ed. Infantil houbo un contacontos da Ratiña Presumida e do conto de “Fiz coleccionista de medos” ademáis de un agasallo aludindo a este conto de Fiz (unha caixiña para meter os medos).

A Tómbola Todas as actividades promovidas dende a biblioteca ( código letrínchi, concursos, poemas, cartas de amor, cadernos de investigación, debuxos dos máis pequenos, cadernos e fichas dasemocións ...) son voluntarias e por participar nelas o alumnado recibe Nicopuntos que son a nosa moeda. A cantidade determínase en función da dificultade da actividade e do ben realizada que esté. Así durante todo o curso van xuntando Nicopuntos que ao final do curso poden canxear na tómbola por libros, xoguetes, adornos, “xoias” … Todo o que se pon na Tómbola procede de donacións do profesorado e cousas que no colexio xa non son necesarias e están en bo estado. A actividade fixémola este ano por segunda vez e o resultado foi outra vez espectacular.


Foi moi ben valorado polo alumnado e o profesorado. Houbo cousas chulas para todos/as, estaban moi emocionados e tiveron que facer moitos cรกlculos para que os Nicopuntos deran para todo o que lles gustaba.

Blog da biblioteca: http:biblioceipsolanas.blogspot.com.es/


SOLANAS E OS XOGOS POPULARES:

Fomos quén de transmitir xeración a xeración os xogos ao longo dos tempos.Pero hoxe en día a cadea de transmisión dos xogos populares estase rompendo.Por iso dende curso anterior (e nos próximos ) o noso obxetivo é RECUPERAR OS XOGOS DE SEMPRE.O lema foi “XOGAR DE BALDE”.Trátase de devolver ao xogo todo o seu valor. Este ano tivemos uns invitados realmente especiais:AS FAMILIAS. ANPA E DINAMIZACIÓN LIGÜÍTICA organizamos conxuntamente o taller de xogos tradicionais.OS VENRES,as familias e membros da ANPA, XOGABAN CÓ ALUMNADO,ensinando así os xogos da súa


infancia.Rematouse cun marat贸n de xogos populares no D铆A DAS LETRAS GALEGAS.



Este

ano

tivemos

FAMILIAS.ANPA

E

uns

invitados

DINAMIZACIÓN

realmente

especiais:AS

LIGÜÍTICA

organizamos

conxuntamente o taller de xogos tradicionais.OS VENRES,as familias e membros da ANPA, XOGABAN CÓ ALUMNADO,ensinando así os xogos da súa infancia.






Rematouse o taller cun marat贸n de xogos populares,con entrega de diplomas e agasallos, no D铆A DAS LETRAS GALEGAS.





ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FESTA DO SAMAÍN E HALLOWEN

Aquí temos a típica exposición de cabazas...


MAGOSTO: ese día asamos as castañas, xogamos...



Celebrámolo día da PAZ


O noso entroido sempre ĂŠ expectacular....




Homenaxe aos av贸s e avoas.


















ALUMNADO DE 6º

ASÍ CHEGARON ÁS SOLANAS

E ASÍ SE VAN... MENOS MAL QUE DOMI QUEDA CON NÓS UN ANO MÁIS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.