Recomendacións de lectura no Nadal

Page 1


Autora: Mar Pavón Ilustrador: Vitali Konstantinov Editorial OQO. Colección O Con axuda das ilustracións, que evolucionan dunha ambientación escura e inquedante cara a imaxes coloristas e alegres, a autora dá unha lección do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean prexuízos inxustos. Pretende que os pequenos se conciencien de que, por norma xeral, non é bo deixarse levar por primeiras impresións, sobre todo cando están supeditadas ao politicamente correcto.

Autora: Celia Viñas Ilustradora: Montse Ginesta Ediciones de la Torre Unha selección de poemas que evocan o mundo da infancia. Versos de gran musicalidade compoñen imaxes moi tenras, acompañadas de divertidas ilustracións que parecen querer xogar cos textos. Trátase dunha coidada edición que aporta información sobre esta escritora catalana e deixa unha páxina en branco ao final para que se exprese o lector.

Autora: Mª José Ferrada Ilustradora: Sole Poirot Tradutor: Xosé Ballesteros Editorial Kalandraka Un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza... A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, constrúense composicións dunha gran calidade literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora, que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos


Autor: Joel Franz Rosell Ilustradora: Constance V. Kitzing Tradutor: Xosé Ballesteros Editorial Kalandraka ...Brancos coma a neve, negros coma o carbón. A amizade entre Gatiño e Coella é o paradigma da integración entre dúas especies que, coma as persoas, poden ser iguais pero diferentes.

Autor: David Ezra Stein Ilustrador: David Ezra Stein Tradutora: Teresa Farran Vert Editorial Juventud Un libro con humor e sentido do ritmo narrativo. Cando o papá galo de Kika disponse a lerlle un conto pola noite, faino coa condición de que non lle interrompan o relato, pero Kika non pode conterse cando chegan os momentos máis emocionantes. Ilustracións con moita forza e materia conducen un álbum moi alegre para lelo a dúo.

Autor: Darabuc Ilustradora: Lina Zutauté Editorial OQO Este conto popular ofrece un esquema acumulativo e repetitivo que permite captar a atención do oínte e retelo na memoria. Catro personaxes moi especiais vanse reunindo ao longo dun camiño e xuntos serán capaces de afrontar as probas dun rei moi cruel. Un final feliz no que os débiles triunfan. Os contos tradicionais renóvanse nas voces dos narradores e con ilustracións actuais.


Autor: David Daniel Álvarez Hernández Ilustradora: María Julia Díaz Garrido Tradutora: Manuela Rodríguez Editorial Kalandraka A obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, maxistral dende o punto de vista da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte...

Autor: Xosé Lois García Fernández Ilustrador: Jesús Blanco Cubeiro Editorial Everest Galicia Os animais vístense de verso nestes poemas dirixidos aos lectores máis novos. Trátase dunha viaxe cara un dos lugares que máis debemos coidar e respectar: a Natureza. Un canto que convida a que todos os seres vivos camiñemos da man durante a nosa existencia. Sen dúbida, este Animalario infantil espertará sentimentos que, ás veces, semellan adormecidos e precisan da literatura para aflorar.

Autor: Dan Waddell Ilustrador: Jim Smith Editorial Edebé Ser detective seguindo os consellos de Sherlock Holmes no é tan difícil. Este libro é un completo e divertido manual para aprender o oficio. Cada capítulo incide nun aspecto a ter en conta se queremos descubrir ao culpable: observación, recollida de probas, tomar as pegadas dactilares, seguir as pistas, espiar. Todo nun libro con solapas que garda moitas sorpresas e ilustrado con moito humor.


Autor: Raúl Vacas Polo Ilustradora: Elena Queralt Editorial Edelvives Un conxunto de palabras fermosas constrúen o universo infantil en forma de poemas. Da A á Z, organizado a modo de abecedario, este poemario ilustrado polo que desfilan animais e outros personaxes próximos aos nenos e nenas, invita a xogar coa linguaxe e a descubrir a sonoridade das palabras na primeira etapa lectora. Suxestións, emoción e moito humor son os ingredientes deste novo traballo dun autor empeñado en facilitar o encontro coa poesía a lectores e mediadores.

Autor: Anthony Browne Ilustrador: Anthony Browne Tradutor: José María Heras Editorial Kalandraka . Colección: Tras os montes Tras unha noite de pesadelo, un neno comproba, tristeiro, que o seu pai marchou. Ao día seguinte a súa nai mándao a casa da súa avoa que está enferma para levarlle un pastel, pero advírtelle de que non vaia polo bosque porque resulta perigoso. Pero o neno decide intentalo e comeza a súa aventura entre as árbores. Polo camiño atopa con varios nenos que lle piden o pastel, pero o neno ten présa porque desexa regresar canto antes a casa para encontrarse co seu pai. Cando, por fin, chega a casa da avoa, na cama...

Autora: Adela Turín Ilustradora: Nella Bosnia Tradutora: Eva Almazán Editorial Kalandraka Da sonada colección "A favor das nenas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.


Autores: Pere Tobaruela Martínez e Ledicia Costas Álvarez Ilustrador: Andrés Meixide Editorial Everest Galicia Velakí a portada do xornal máis importante de Abecedaria: MISTERIOSA DESAPARICIÓN DUNHA LETRA O "ke" esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. ¿Esta será a última desaparición? ¿Algunha letra máis correrá a mesma sorte? ¿E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria está en perigo. Da kela, o máis experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer onde faga falta. El é un tipo peculiar ke sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará desenfiar este enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans.

Autor: Charles Dickens Ilustrador: Albert Asensio Tradutora: Almudena Lería Editorial Anaya Un gardavía vixía unha solitaria estación e recibe a visita dun espectro que lle anuncia terribles acontecementos que sucederán na vía do tren: accidentes e mortes repentinas. Cando aparece, sempre lle repite as mesmas palabras, e o gardavía espera os feitos con ansia e medo.

Autora: Virginie Aladjidi Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel Tradutor: Pedro Ángel Almeida de Ocampo Editorial Faktoría K de Libros Descobre un completo catálogo de máis de cen especies animais de todas as clases: aves, peixes, réptiles, anfibios, mamíferos terrestres e mariños, insectos... e todos eles cunha descrición moi curta que inclúe algunhas curiosidades sobre a vida, o aspecto o comportamento de cada unha delas. Ademais, cada animal se ilustra cun debuxo enorme, detallado e cheo de cor, para que se poidan recoñecer deseguida, e incluso aprender a debuxalos un mesmo.


Autor: Roald Dahl Ilustrador: Quentin Blake Tradutoras: Xela Arias y Lidia Iglesias Editorial Xerais Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas celebran a súa convención anual. Ninguén cre nas bruxas, pero habelas hainas, e posúen poderosísimos nenicidas. As Bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e gozará coa maneira que ten o autor de manter a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas e de aventuras.

Autora: Heliane Bernard Ilustrador: Olivier Charpentier Tradutora: Emma Lázare Rodríguez Editorial Kalandraka Picasso legounos unha das obras mestras da Pintura Contemporánea, un berro de dor e rexeitamento á guerra; esta obra achéganos á personalidade do artista e ás circunstancias históricas que rodearon o proceso creativo.

Autora:Jutta Richter Ilustradora: Hildegard Müller Lóguez Ediciones Antón, o protagonista, é un can cun pasado inmigratorio ao que non lle resulta sinxelo esquecer a súa patria. E iso que Antón tivo sorte porque atopou un novo fogar con Friedbert, Emily e a súa pequena filla. De forma brillante, con gran fluidez e ritmo narrativo, a autora narra como e por que case calquera cachorro pode catapultarse nos corazóns das persoas, permitindo intuír canta felicidade significa ter consigo a un vagabundo como Antón.


Ilustrador: David Merveille Editorial Kalandraka Despregando as páxinas deste álbum visual, recorremos París en compañía dun personaxe patoso e despistado, divertido e enxeñoso, que foi levado á gran pantalla polo cineasta francés Jacques Tati. Trátase dun libro sen texto, dinámico, de páxinas despregables, que acentúan o carácter humorístico e poético da historia, repleta de gags que o lector descobre a medida que avanza no seu paseo visual, na que “cada escena é o teatro para unha sorpresa”, segundo o propio Merveille.

Autora: Àngels Navarro Simón Editorial Edelvives Para xogar a investigar, esta autora experta en xogos, propón aos lectores unha batería de pasatempos e actividades para desenvolver a memoria, a observación, a capacidade de descifrar mensaxes segredos e de construílos. Un libro para sacarlle moito partido, xa que non se trata tanto de aprender a ser detective senón de divertirse coas propostas que ofrece. A maquetación e a ilustración resólvense en estéticas composicións entoadas en cores escuros e elegantes que o converten nun bonito obxecto.


Ilustrador: Taro Gomi Editorial Coco Books Unha excelente proposta creativa do ilustrador xaponés, que invita aos nenos a garabatear, pintar, trazar..., en definitiva a crear un universo artístico propio, guiados con intelixencia e humor. Este non é un libro de actividades máis, senón unha aventura no terreo da intervención gráfica que, a partir de máis de trescentas ilustracións, regala sorpresas e emoción. Moi interesante para divertirse en familia.

Autora: Libby Hamilton Ilustradores: Johnny Duddle y Aleksei Bitskoff Tradutor: María Dolores Ábalos Vázquez Editorial S.M. Poderíamos dicir que é un libro algo sucio, con moitos monstros noxentos que habitan en lugares pouco recomendables. Xogo e diversión. Ilustracións sorprendentes con moitas solapas para levantar. Baixo a aparencia dun libro informativo, abórdase a fantasía de poder converterse nun experto en monstros de todas as formas e cores.

Autora: Elsa Santaolalla Pascual Ilustrador: Julio Serrano Editorial S.M. Un libro miscelánea a proba de todos os que queren saber canto saben ou o pouco que saben. Para facerse todo tipo de preguntas sobre todos os temas imaxinables. As preguntas sempre formulan tres respostas posibles e solo unha verdadeira e ao pasar a páxina unha explicación sobre a resposta. Os debuxos... cun punto gamberro, na líña deste humorista, capaces de tinguir de humor as cuestións máis sesudas.



Ollos de Mel Autores: Pirilampo Editorial AS-PG Con Xosé Lois Seixo ao fronte do proxecto Pirilampo, chega o terceiro disco e DVD do grupo musical. Nove cancións coa participación de nenos e nenas de nove colexios da Coruña.

Bicos de Música Autores: Mamá Cabra Editorial Galaxia Un novo LIBRO - CD – DVD do grupo Mamá Cabra, para gozar de moitas horas de diversión. É música para bailar, para choutar, para cantar, para aprender a cruzar, para viaxar con Simbad, para chuchar mel...

Música para Niños Autores: VV.AA. Editorial Parramón Singular libro - CD para coñecer mellor a música e a súa historia, con informacións precisas, curiosidades, minibiografías, táboas ilustradas, numerosas fotografías e ilustracións, así como actividades moi sinxelas e entretidas. Un percorrido pola música, desde os seus orixes ata a actualidade.


Autora: Silvia Dubovoy Ilustradora: María Isabel Suárez Editorial Everest Un peixiño curioso voa sobre o océano. A toda costa quere saber de que cor é o mar. Por iso, preguntando aquí e acolá, descobre que pode ser dourado, cheo de chispiñas, negro, prateado... e transparente como o cristal. Texto moi sinxelo no que se descobren as diferentes cores e o mundo mariño. A tradución en lingua inglesa acompaña ao texto en español en cada unha das páxinas.

Autor: Satoshi Kitamura Ilustrador: Satoshi Kitamura Editorial Anaya Un ovni pérdese no espazo ata que atopa un estraño planeta azul. Ao achegarse para velo, o ovni descobre que unha curiosa criatura estao observando. Os dous fanse amigos deseguida e exploran xuntos a terra e os ceos durante una noite inesquecible.


Autora: Herbert Friedmann Editorial Langenscheidt Seis historias de suspense español - inglés para nenos e nenas con coñecementos previos do idioma. Incorporan progresivamente diálogos en inglés no texto en español. Relatos moi interesantes, escritos por autores de libros infantís, que motivan a lectura convertendo aos lectores en detectives que pasarán por unha e mil aventuras ata descubrir o misterio.

Autora: Beatriz Montero y Geeta Ramanujam Ilustradora: Tea Bendix y Swetha Prakash Editorial CCS Son catorce contos da India e de España, en español e inglés, escritos para os niños máis pequenos co obxectivo de achegalos desde idades temperás a outro idioma, dunha forma lúdica e chea de imaxinación. Os contos están coidadosamente traballados, e o seu vocabulario e temática perfectamente adaptada para que resulte atractiva.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.