os tres reis en bicicleta

Page 1

OS TRES REIS EN BICICLETA Van tres reis en bicicleta Que nunca tiveron unha Un camelo, unha mula Unha vella furgoneta. E non paraban de rir, tirrín,tirrín Dalle que dalle o pedal, tirrín, tirrán Ese croio non o vín, que corrín que corrán E foi Melchor polo chan. Van tres reis en bicicleta, Pasan vales, montes, pozas Están cansos das carrozas e da cátiva etiqueta. E non paraban de rir, tirrín ,tirrín Dalle que dalle o pedal, tirrín,tirrán Esvaroulle o perruquín


Que corrín , que corrán E foi Gaspar polo chan (bicicleta,bicicleta,bicicleta). Van tres reis en bicicleta Con rodiñas de escolar Os mantóns semellan ás de zouponas bolboretas. E non paraban de rir, tirrín, tirrín Dalle que dalle o pedal, tirrín , tirrán Unha vella, un galopín Que corrín que corrán E Baltasar polo chan (bicicleta,bicicleta,bicicleta) E se os reis non che deixaron nin pan nin pandeireta Foi culpa da bicicleta………(bicicleta) Por culpa da bicicleta….(bicicleta, bicicleta) Por culpa da bicicleta (bicicleta) Por culpa da bicicleta (Bicicleta).


O equipo de Dinamizaciテウn de Lingua Galega do CEE MIテ前 desテゥxavos:

Bo Nadal!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.