X Conference AIEG

Page 1

SEGUNDA CIRCULAR CHAMADA A COMUNICACIÓNS

X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) Cardiff/Caerdydd (Reino Unido), 12–14 de setembro de 2012

GALIZA ALÉN DO ARCO ATLÁNTICO: UNHA VISIÓN MULTIDISCIPLINAR DOS ESTUDOS GALEGOS

Nas máis de tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar ‘Galiza’. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas. Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos“ busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.

ÁMBITOS TEMÁTICOS E LIÑAS DE ESTUDO O X Congreso da AIEG persegue converterse en plataforma desde a que facer un balance do estado dos estudos académicos internacionais e galegos sobre todo tipo de temáticas e liñas de estudo relacionadas con Galiza, de xeito que encete un diálogo entre aqueles traballos realizados por especialistas provenientes de fóra do país, con aqueloutros desenvolvidos dentro do sistema académico e científico galego. O primeiro obxectivo do X Congreso da AIEG é contribuír ao proceso de apertura dos estudos galegos a novas áreas de coñecemento, de xeito que xunto á reflexión sobre temáticas máis tradicionais como a literatura, a historia ou a lingua galega, se 1


potencie a presenza de disciplinas e perspectivas de análise de incorporación máis recente aos estudos galegos. É por iso que se lle dará benvida a ámbitos temáticos como: Dereito, economía, política, filosofía, socioloxía, educación, arquitectura, belas artes, audiovisual, artes plásticas, deportes, turismo, musicoloxía, historia da arte, estudos culturais, estudos de tradución, antropoloxía, etnografía, gastronomía, ciencias da comunicación, tecnoloxías da información, ciencias da saúde, ciencias naturais e ecoloxismo, teoría feminista, estudos de xénero, estudos queer, estudos poscoloniais e das minorías, literatura, historia e xeografía, lingüística e lingua galega.

O segundo obxectivo do X Congreso da AIEG é o de afondar na promoción cultural, intelectual e científica das identidades culturais/nacionais que comparten a franxa atlántica, identificando desafíos do presente e a proposta de estratexias coas que facerlles fronte. Máis especificamente, a localización do congreso en Cardiff/Caerdydd hase aproveitar para compartir metodoloxías e experiencias entre Gales e Galiza co propósito de destacar algunhas vías de xestión, mobilización e organización de proxectos en común, no marco dunha comparativa das experiencias das dúas nacións subestatais no contexto da Europa actual. En consecuencia, entre as liñas de estudo que se abordarán ao longo do congreso atópanse as seguintes: • • •

Os estudos galegos na confluencia interdisciplinar do século XXI Galiza no Arco Atlántico: desafíos para a promoción cultural das nacións subestatais no século XXI Gales e Galiza: paralelismos, diverxencias e retos de futuro.

Con todo, ao lado disto no X Congreso da AIEG terán cabida todo tipo de temáticas

e liñas de estudo relacionadas con Galiza.

CONFERENCIAS PLENARIAS Helena González Fernández Rosario Álvarez Xurxo Mariño Manuel Gago Luis Costa David Mackenzie Xosé Luís Méndez Ferrín (pendente de confirmar) Manuel Rivas (pendente de confirmar)

PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS A AIEG solicita propostas de comunicacións para o X Congreso Internacional que terá lugar en Cardiff/Caerdydd, capital do País de Gales (Reino Unido), do 12 ao 14 de setembro do 2012. O tema do congreso será “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos“, e as propostas han estar preferentemente relacionadas con algún dos ámbitos temáticos e liñas de estudo detallados anteriormente. 2


As propostas para relatorios deben enviarse antes do 31 de marzo de 2012 por correo electrónico a estudosgalegos@gmail.com, incluíndo os seguintes datos: título do relatorio, nome e afiliación do autor/a, correo electrónico, resumo da proposta (300 palabras), 5 palabras chave, 5 referencias á bibliografía esencial, breve biodata do autor/a (100 palabras) e información sobre o equipamento necesario para a exposición (ordenador, proxector, audio, vídeo, etc).

As propostas deben redactarse en fonte Calibri ou semellante, tamaño 12 e espazo 1,5. O tempo destinado a cada relatorio será estritamente de 20 minutos, e este factor deberase ter presente á hora de redactar a proposta. A lingua oficial do congreso será o galego, aínda que se admitirán comunicacións noutras linguas de uso habitual na comunidade científica. O comité organizador do congreso, co asesoramento do comité científico composto por especialistas de todas as áreas de coñecemento implicadas, será o responsábel de revisar e seleccionar as propostas recibidas. Unha selección das mellores contribucións, feita polo comité científico xunto coa organización do congreso, publicarase nun ou en varios libros independentes.

PROPOSTAS DE PANEIS (NOVIDADE) Como novidade, a AIEG tamén solicita propostas de PANEIS para o X Congreso Internacional. Cada panelista debe enviar a súa proposta de panel con 3‐4 relatores/as confirmados por e‐mail antes do 31 de marzo de 2012 a estudosgalegos@gmail.com incluíndo a seguinte información: Título do panel; nome, afiliación e mail da/do panelista; resumo da proposta do panel. Título de cada un dos relatorios que compoñen o panel; nome, afiliación e mail de cada relator/a; resumo de cada unha das propostas (300 palabras). Ademais, debe incluírse unha breve biodata de cada participante no panel (100 palabras) e información sobre o equipamento necesario para a exposición.

O tempo destinado a cada relatorio será estritamente de 20 minutos, e este factor deberase ter presente á hora de redactar a proposta.

CALENDARIO PARA ENVÍO DE PROPOSTAS E MATRÍCULA Envío de propostas de comunicación: Deben enviarse a estudosgalegos@gmail.com antes do 31 de marzo de 2012 Notificación de aceptación: A notificación da aceptación de comunicacións realizarase en maio de 2012. 3


Pagamento de matrícula: Unha vez se reciba a notificación de aceptación das propostas, as persoas participantes poderán proceder á súa matrícula no congreso, habilitándose un primeiro prazo para pagamento con desconto (até o 15 de xullo), e un segundo prazo para o pagamento íntegro da matrícula (até o 31 de agosto). Celebración do congreso: Do mércores 12 ao venres 14 de setembro de 2012. Entregarase diploma acreditativo de participación no congreso, emitido pola Asociación Internacional de Estudos Galegos.

PAGAMENTO DAS TAXAS DE MATRÍCULA

Asistentes sen comunicación: ‐SOCIAS/OS: gratis ‐NON SOCIAS/OS: 60€

Asistentes con comunicación: PAGAMENTO CON DESCONTO: até 15 de xullo de 2012 ‐SOCIAS/OS: 50 € ‐NON SOCIAS/OS: 150 €

PAGAMENTO ÍNTEGRO: até 31 de agosto de 2012 ‐SOCIAS/OS: 70 € ‐NON SOCIAS/OS: 210 €

Haberá os seguintes DESCONTOS, aplicábeis sobre todas as taxas de matrícula: ‐Persoas desempregadas: 50% ‐Estudantes de posgrao: 50% ‐Estudantes de grao: 70% Para máis información sobre como ASOCIARSE Á AIEG (cota anual de 30 euros, e de 20 euros ao ano para estudantes), envíanos un email a estudosgalegos@gmail.com ou contacta directamente coa secretaria da AIEG, Olga Castro: o.castro@aston.ac.uk

BOLSAS DE ASISTENCIA AO CONGRESO PARA ESTUDANTADO (NOVIDADE)

Haberá un programa de bolsas para contribuír a sufragar os gastos de asistencia ao X Congreso da AIEG por parte do estudantado, en base a criterios académicos. Como parte deste programa, concíbense as seguintes bolsas:

• •

1 BOLSA por contía fixa de 500 €, financiada polo Centro de Estudos Galegos da University College Cork (Irlanda) 2 BOLSAS para cubrir os gastos de matrícula de estudantado.

Os criterios de concesión das bolsas, así como o procedemento para a súa solicitude están recollidos no documento “BOLSAS PARA ASISTENCIA AO X CONGRESO DA AIEG”, difundido pola AIEG. Unha vez que a nova páxina web da AIEG entre en funcionamento, no mes de marzo, o documento tamén estará dispoñíbel na web. 4


O estudantado que queira optar a recibir estas bolsas, debe enviar o FORMULARIO que atopará no documento “BOLSAS PARA ASISTENCIA AO X CONGRESO DA AIEG” (cumprimentando todos os datos solicitados) ao mesmo tempo que envía a súa proposta de comunicación, sempre antes do 31 de marzo, a estudosgalegos@gmail.com. As notificacións de concesións das bolsas faranse a finais de maio. Desde a AIEG seguimos traballando con outras institucións para lograr ampliar o programa de bolsas.

PROGRAMA DE ACTOS EXTRA/ACADÉMICOS

O congreso conxugará a celebración de actos académicos en sentido estrito, con outras actividades culturais. Dentro dos actos académicos incluiranse conferencias plenarias por parte de personalidades destacadas invitadas, celebración de xornadas sobre temas específicos, presentación de relatorios individuais, e discusións arredor de mesas redondas.

OBRADOIRO DE ESTUDOS ROSALIÁNS (NOVIDADE) Entre estes temas, haberá a celebración do OBRADOIRO DE ESTUDOS ROSALIÁNS, que consistirá nunha sesión centrada na figura de Rosalía de Castro.

As propostas que queiran enmarcarse dentro deste obradoiro deben adecuarse ás mesmas regras que o resto de propostas e enviarse a estudosgalegos@gmail.com antes do 31 de marzo, se ben o autor ou autora debe indicar EXPRESAMENTE que desexa que a súa proposta se inscriba na celebración deste obradoiro. En todo caso, a AIEG difundiu unha CHAMADA A COMUNICACIÓNS PARA O OBRADOIRO DE ESTUDOS ROSALIÁNS de maneira independente, co afán de lograr a máxima participación. Os actos culturais e de lecer incluirán concertos de grupos de música galesa e galega, recitais, veladas, recepción polas institucións galesas, visitas guiadas pola cidade, e cea de benvida e de despedida. Nos cafés informativos prevese que o momento de lecer estea acompañado da celebración de presentación de libros, etc.

COMITÉ CIENTÍFICO

Xosé Manuel Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela Helena Miguélez Carballeira, Bangor University ‐ Gales Burghard Baltrusch, Universidade de Vigo Jaine Beswick, Southampton University Benita Sampedro Vizcaya, Hofstra University Xulio Ferreiro Baamonde, Universidade da Coruña Iolanda Ogando, Universidad de Extremadura María Rosa Lojo, Universidad de Buenos Aires 5


Jorge Cagiao, Université de Tours António Apolinário Lourenço, Universidade de Coimbra José Colmeiro, The University of Auckland Eugenia R. Romero, Ohio University Carsten Sinner, Universität Leipzig

COMITÉ ORGANIZADOR

Craig Patterson, Cardiff University Elisa Fernández, Universidade de Santiago de Compostela Olga Castro, Aston University ‐ Birmingham Xabier Cid, University of Stirling Débora Campos, Universidad de Buenos Aires Rosa Aneiros, Consello da Cultura Galega Gabriel Pérez Durán, Universidade de Vigo

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información sobre o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos“ estará dispoñíbel na nova páxina web da asociación (actualmente en construción) no mes de marzo. Mentres tanto, para máis información:

Craig Patterson (presidente): pattersonc1@cardiff.ac.uk Elisa Fernández (tesoureira): elisa.fernandez@usc.es Olga Castro (secretaria): o.castro@aston.ac.uk

6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.