Revista navegantes inventos sostibles

Page 1


Este curso 2010-2011, no IES Canido, o Antroido foi dedicado aos inventos e descubrimentos da Humanidade. Por iso demos en crear unha oficina de rexistro de patentes e puxémonos a argallar imposíbeis invencións. Neste número monográfico da Revista Navegantes reunimos todos os inventos patentados polos seus inventores e as súas inventoras.

Parabéns polo voso enxeño! E a seguir inventando, e a seguir argallando, que quen argalla en algo traballa!

Transcrición dos textos: José Naveiras, 4º ESO-A 2


Cartel anunciador

3


A xanela do Rexistro de Patentes e a rexistradora oficial

O carimbo do rexistro

4


IMPOSÍBEIS INVENCIÓNS REXISTRO DE INVENTOS PATENTE Nº 11-01

DATA

NOME DO INVENTO

AUTOR/A

CURSO

23/02/11

Atrapador de recordos

Martín Varela

3º ESO-A

11-02

28/02/11

Auto-xúbilo

Alexandre Dacosta

3º ESO-B

11-03

01/03/11

Dado esférico

José Zar Varela

2º ESO-A

11-04

01/03/11

Meto-Activo

Antía Vega Dopico

3º ESO-A

11-05

01/03/11

Ponte mecánica

Sara Souto Amado

3º ESO-A

11-06

01/03/11

Tapón con buraco

Rafael Tapia Leal

2º ESO-A

11-07

01/03/11

Chip para bolis e gomas con GPS Inés Santiago Morón

11-08

01/03/11

11-09

01/03/11

O esmalte quitaesmalte

11-10

01/03/11

Teléfono inalámbrico para ducha Gala Dacosta Diehl

1º ESO B

11-11

01/03/11

Máquina proxectora de soños

Gala Dacosta Diehl

1º ESO B

11-12

01/03/11

Tratamento capilar para a calvicie Gala Dacosta Diehl

1º ESO B

11-13

02/03/11

Saleiro sen buratos

Martín Bouza Leira

2º ESO-A

11-14

02/03/11

Gafas da ilusión

Claudia Gallego Sixto

2º ESO-A

11-15

02/03/11

O pombavión

Marta García Martínez

2º ESO-A

11-16

02/03/11

Lanterna quita-luz

Marcos Fernández Randulfe

2º-ESO-A

11-17

03/03/11

Botín con calefacción

Belén Hermida Bueno

2º ESO-B

Bolígrafo multiusos

Jorge Avendaño Pérez

2º ESO-A 2º ESO-A

Jenifer López, Cristina Vigo, 1º ESO-B Blanca Núñez

5


11-18

04/03/11

Teletransportador vía satélite

José Manuel Reina Romero

2º ESO-B

11-19

11/03/11

Gafas antiembazables

Alexandre González Pérez

1º ESO-A

11-20

14/03/11

A tesoira-lapis

Andrea Velo López

2º ESO-B

11-21

15/03/11

Coitelo-garfo

Martín Yáñez Rodríguez

2º ESO-B

11-22

16/03/11

A gárgola que non molla

Tomás Manso Fraga

1º ESO-A

11-23

17/03/11

A raqueta-canastra

Noelia Cebreiro Rodríguez

2º ESO-B

11-24

18/03/11

O mando sen botóns

Daniel Rivas Fernández

2º ESO-B

11-25

18/03/11

A biducha

Cristina Vázquez García

1º ESO-B

11-26

18/03/11

Banco coador

Sara López Ulloa

3º ESO-B

11-27

18/03/11

O espello ideal

Noelia Sánchez Brage

2º ESO-A

11-28

21/03/11

Cubo de Rubik “sinxelo”

David Troitiño Ruíz

2º ESO-B

11-29

21/03/11

O sétimo sofá

Martín Yáñez Rodríguez

2º ESO-B

11-30

21/03/11

Lentillas para non ver

Francisco Ferro Álvarez

2º ESO-B

11-31

21/03/11

Invento non inventado

Anónimo

11-32

21/03/11

Telescopio transportador

César Serantes Carnero

3º ESO-B

11-33

21/03/11

Ama de casa automática

Teresa Pita Zabala

2º ESO-B

11-34

21/03/11

O robot helicóptero-televisión

Daniel Fernández Fortuna

1º ESO-A

11-35

21/03/11

A bombilla negra

Sonia Guerrero Martínez

1º ESO-A

11-36

21/03/11

Os zapatos en altura

Carla Díaz Toimil

1º ESO-A

11-37

21/03/11

Bolisol

Claudia Cortizo Barro, María Gavia Rascado

1º ESO-A

11-38

21/03/11

Zapatillas térmicas

Javier Cebral Martínez, Adrián Laíño Mosconi

1º ESO-A

6


11-39

22/03/11

Robot que fai deberes

Jennifer Pita Buyo

2º ESO-B

11-40

22/03/11

Abano ventilador

Laura Dopico Bretón

2º ESO-B

11-41

22/03/11

Ventá de pedra

Brian Alfonso Gallegos

2º ESO-B

11-42

22/03/11

Libro que estuda só, para estudantes vagos

Marina González Estévez

2º ESO-B

11-43

22/03/11

Paraugas illante

Alba Ares Barreiro

2º ESO-A

11-44

22/03/11

Tacorinas

Sara García Saavedra

3º ESO-B

11-45

22/03/11

Pulseira-luva

Sara García Saavedra

3º ESO-B

11-46

22/03/11

Un cordón sen final

Iván Muíños Rivera

2º ESO-A

11-47

22/03/11

Portería sen o poste dun lado

Iván Muíños Rivera

2º ESO A

11-48

22/03/11

Uns cascos en enchufe

Ángel Teijido Castro

2º ESO-A

11-49

22/03/11

Extintor de auga

Mateo Ponte Balado

3º ESO-B

11-50

22/03/11

Televisor sen cables

Miguel López Lagoa

3º ESO-B

11-51

22/03/11

Flexo sen luz

Javier Rodríguez Cheda

3º ESO-B

11-52

22/03/11

Avión sen motor e sen ás

Andrés Roca Ares

3º ESO-B

11-53

22/03/11

Os lentes bébedos

Tania González Gómez

2º ESO-B

11-54

22/03/11

O lapis que escribe só

María Martín Grela

3º ESO-B

11-55

22/03/11

Un traxe para cada situación

Uxía Otero Oubiña

3º ESO-A

11-56

22/03/11

Mochila dos desexos

Uxía Otero Oubiña

3º ESO-A

11-57

22/03/11

Un reloxo sen agullas

María Estévez Fortuna

2º ESO-A

7


11-58

22/03/11

Gafas de sol sen patillas

María Estévez Fortuna

2º ESO-A

11-59

22/03/11

Gafas con dobre sentido

Lucía Bellas Otero

3º ESO-B

11-60

22/03/11

Gafas de cartón

Borja Fortuna Rodríguez

2º ESO-A

11-61

22/03/11

Alimentoduto

Celia Estévez Insua

3º ESO-B

11-62

22/03/11

Bufanda-Cinto

Tamara Vidal Carballeira

3º ESO-B

11-63

22/03/11

Tranvía da Ría

José Feal Castro

3º ESO-B

11-64

22/03/11

Cidade-Barco “Ferrolania S.S.”

José Feal Castro

3º ESO-B

11-65

22/03/11

Gorro térmico

Celia Díaz Núñez

3º ESO-A

11-66

23/03/11

Máquina da luz

Antía Losada Pereira

3º ESO-A

11-67

23/03/11

Mochila máxica

Antía Losada Pereira

3º ESO-A

11-68

23/03/11

O peite multiusos

Ángela Placer Espiñeira, 1º ESO-B Sabela Rodríguez Carballeira

11-69

23/03/11

Batedora-Rotulador

Paula Otero Carnero

2º ESO-B

11-70

23/03/11

Goma de mascar sen sabor

Martín Díaz, Jorge Souto

1º ESO-B

11-71

25/03/11

O infoprofesor

Rubén Fernández Primoy

1º ESO-B

11-72

25/03/11

O isqueiro multiusos

Daniel Feal Castro

1º ESO-B

11-73

31/03/11

Bañeira aforra auga

Francisco Pérez Piñeiro, David Otero Pérez

1º ESO-A

11-74

13/04/11

Mini cociña para o automóbil

Irene Pérez Díaz

1º ESO-B

11-75

13/04/11

A colonia que transparenta

Laura Rodríguez Pereira, Julia Varela Salido

1º ESO-B

8


PATENTE: 11-01

ATRAPADOR DE RECORDOS Este singular aparello ten como función recordar os instantes máis importantes da vida dunha persoa. O seu funcionamento é tan simple que o único que o propietario ten que facer é poñelo na súa testa. O atrapador de recordos detectará os soños desa persoa e, cando un destes se cumpra, quedará gravado no atrapador de recordos, gracias ás cámaras fotográficas que ten integradas. Para a reprodución destas imaxes virá integrada unha sala de proxección con forma de cúpula, que permitirá a proxección das imaxes en panorámica. O usuario poderá gozas do momento tan importante que viviu hai un tempo. Se alguén gardase un recordo que quixera esquecer non tería problema, elimínanse seguindo unha serie de movementos descritos nas instrucións. Martín Varela Salido, 3º ESO – A

9


PATENTE: 11-02

AUTO- XÚBILO, AUTOMÓBILES PARA A TERCEIRA IDADE Máis de 65 anos e aínda segues mantendo o gusto de conducir? Pois agora xa podes ter un automóbil por menosde1000euros(está claro por qué, senón fíxense na imaxe), adaptado totalmente para unha persoa da terceira idade. Con sistema WC incorporado, cartel de nivel de conducción, mecanismos totalmente a última para os reflexos do condutor, coma para o descanso incorporado, etc. E agora, se chama ao 675888888 antesdas 12:00 do día seguinte, recibirá un pack cun ``Iristol antitusivo´´, ``Iristol mucolítico´´ e un Hemoal para as hemorroides. Alexandre Dacosta, 3º ESO-B

10


PATENTE: 11-03

DADO REDONDO Características: O invento é unha bóla pequena de madeira que, á vez, é un dado esférico que ten puntiños de cor negra, que substitúen ós números. Función: Ten a función dun dado normal de 6 caras, só que por ser esférico non ten límite de caras. Polo tanto podes sacar máis puntos: vinte e cinco, ou nove, ou corenta... José Zar Varela, 2º ESO-A

11


PATENTE: 11-04

METEO-ACTIVO DESCRICIÓN: Esta máquina funciona con corrente da rede eléctrica, aínda que non sempre é necesaria, xa que tamén pode ter unha batería. O meteo-activo serve para cambiar o tempo meteorolóxico cando o seu propietario lle veña en gana. Tamén, dependendo do tempo que queres que vaia, podes elixir entre bo tempo ou mal tempo, incluso podes regular a temperatura. Hai seis tipos diferentes de tempo meteorolóxico nesta máquina: soleado, nubes e claros, nubrado, choiva, tormenta e nevada. A partir do tempo que escollas, elixes unha temperatura alta ou baixa. Grazas a esta máquina, podes pasar de ter un día de praia a ter un día sen clases por causa dunha gran nevada. E todo isto nas túas mans! Antía Vega Dopico, 3º ESO-A

12


PATENTE: 11-05

UNHA PONTE MECÁNICA CARA Á LÚA

Esta magnífica ponte permítenos chegar ata a Lúa nun santiamén. Durante a viaxe podemos contemplar unha vista espectacular dos planetas, asteroides e demais astros que se atopan no Universo. Unha vez cheguemos á Lúa, non fai falla ter présa, porque esta marabillosa ponte está aberta día e noite durante todo o ano. Sara Souto Amado, 3º ESO-A

13


PATENTE: 11-06

TAPÓN CON BURACO Trátase dun tapón de botella cun buraco, así non é necesario desenroscar o tapón para poder beber. É moi útil para os nenos pequenos que non saben desenroscar un tapón, e para cando tes as mans pringosas. - O tamaño do buraco, é do raio do tapón, para que non sexa demasiado grande e non saia moita auga. -Inconveniente: non é cómodo de transportar (se inclinas a botella ou a pos boca abaixo, a auga derrámase). Rafael Tapia Leal, 2º ESO-A

14


PATENTE: 11-07

CLIP PARA BOLIS E GOMAS CON GPS

DESCRIPCIÓN: Trátase dun clip incorporado no boli ou na goma de borrar, cunha pantalla á parte onde se indica o lugar do obxecto perdido. Feito para aquelas persoas que tolean buscando o seu material, onde as veces non se atopan. Grazas a este invento iso nunca volverá pasar e poderás atopar o teu material escolar en calquera recuncho da clase ata nos lugares máis inesperados, moi rápido. Tamén dispoñible noutros obxectos. Prezo final: 210 €, IVE incluído Inés Santiago Morón, 2º ESO-A

15


PATENTE: 11-08

BOLÍGRAFO MULTIUSOS Cómodo bolígrafo para un estudante. Ademais de escribir con el, ten un dispositivo (1) na tampa con corrector líquido para``borrar os erros´´. Pódese consultar nel a hora, xa que dispón dun reloxo dixital (2). A novidade máis destacable é o ``pendrive´´ situado na base (3) do bolígrafo que permite almacenar a información obtida dun ordenador. Jorge Avendaño Pérez, 2º ESO-A

16


PATENTE: 11-09

ESMALTE QUITA ESMALTE Que é? É un bote de pintaunllas que en vez de estar cheo de esmalte está cheo de quitaesmalte. Como se utiliza? Cóllese o pincel do pintaunllas e faise como se se estivese pintando as unllas e se borraran. Se non se quitan de todo, utilízase o algodón da parte inferior do frasco Jenny, Cris e Blanca, 1º ESO-B

17


PATENTE: 11-10

TELÉFONO INALÁMBRICO PARA A DUCHA Persoalmente, eu tardo moito na ducha, porque, para min, é como un mundo distinto no que me paro a pensar nas miñas cousas, no que sucede cada día... E, de feito, hai moita xente que adoita tardar na ducha, polo que ás veces pode soar o teléfono e non poden collelo xa que están no baño ou simplemente non o escoitan. Eu propoño un teléfono inalámbrico totalmente impermeabilizado que se carga nunha pequena base, como se se tratase dun inalámbrico normal ou mesmo un tipo de iPod. Despois de cargalo pódese ``pegar´´ na bañeira ou ducha (na parede), pois dispón de dous métodos para mantelo pegado á parede, porque son: ou ben unha pequena superficie que o suxeite ou unhas ventosas (que ten integradas). Ademais está totalmente impermeabilizado, como diciamos ó principio, e ten unha capa de goma grazas á que, no caso de caer ó chan, non rompería. Gala Dacosta Diehl, 1º ESO-B

18


PATENTE: 11-11

MÁQUINA PROXECTORA DE SOÑOS Tiven esta idea cando a miña nai me dixo que lle gustaría volver vivir os seus soños, e ter un aparello que permitise gardalos para velos como unha película. O meu proxecto é un casco que garde os soños que temos para que despois, este, conectado a outra máquina, pero con pantalla, poida reproducir os soños que queremos. Será como manexar un reprodutor de vídeo. E así podemos conseguir vivir un soño unha e outra vez, sempre que queiramos, de forma que non os esqueceremos nunca. Gala Dacosta Diehl, 1º ESO-B

19


PATENTE: 11-12

TRATAMENTO CAPILAR CONTRA A CALVICIE Para todos aqueles que sofren calvicie ou comezan a sentila inventei (está aínda por patentar)unha especie de xampú ou crema que axuda a crecer o pelo na cabeza, grazas á cal moitos poderán volver lucir cabelo se o quixesen. O tratamento necesitará unha semanas para o resultado inmediato e progresivo cada día, e despois... voilá, les cheveux! Gala Dacosta Diehl, 1º ESO-B

20


PATENTE: 11-13

SALEIRO SEN BURATOS Trátase dun saleiro sen buratos, ideal para as persoas con hipertensión. Xa non terán que preocuparse da cantidade de veces que o sacudan, a hipertensión seguiralles baixando. Ademais, este invento reduce ó 100% o gasto económico en sal. Martín Bouza Leira, 2º ESO-A

21


PATENTE: 11-14

LENTES DA ILUSIÓN Estes lentes alegraranche o día xa que podes facer que vexas o día soleado nun día nubrado ou chuvioso. Se pos os lentes verás como todo resplandece e subiráseche a moral. Pero seguirá a chover ou a tronar aínda que ti non te decates! Claudia Gallego, 2º ESO-A

22


PATENTE: 11-15

O POMBAVIÓN

O pombavión trátase dun avión que, para aforrar combustible e non contaminar, substitúe os seus motores de combustión pola forza de milleiros e milleiros de pombas batendo as ás todas á vez. Se todos usásemos estes avións para os transportes a lugares afastados, a contaminación sería moito menor. Ademais, é moito máis barato, pois non hai que pagar o combustible. Velaquí comeza a Era do Pombavión. Marta García, 2º ESO-A

23


PATENTE: 11-16

LANTERNA QUITALUZ Non lle pasou algunha vez de estar vostede tan tranquilo e de súpeto mira vostede ao seu arredor e unha luz intensa e molesta xorde da nada e o deixa cego co resplandor? Isto acabará de vez coa lanterna quitaluz, un produto de exclusivo de Navegantes S.A. Basta con dirixir a lanterna quita-luz cara ao foco luminoso e o resplandor desaparecerá ao instante da súa vista como por arte de maxia. Non agarde máis e chámenos. A lanterna quitaluz pode ser súa por moito menos do que pensa. Pilas non incluídas. Marcos Fernández Randulfe, 2º ESO-A

24


PATENTE: 11-17

BOTÍNS CALEFACTORES Custe: o custo de fabricación é de 50 € Materiais: Tea para a lingüeta. Calefacción e cable para que funcione a mini calefacción que leva dentro. Cable extensible de 3 metros. Sola con illante térmico. Plástico para que a calor non se vaia. Explicación do invento: Cos novos botíns, xa non pasarás frío no inverno porque no interior ten unha miniestufa. Con só enchufares o enchufe na corrente xa terás os pes quentiños e poderás correr e saltar. Ademais, os botíns teñen unha sola con illante térmico que non deixan entrar o frío, a súa estrutura está feita de plástico para que a calor non saia, excepto na lingüeta que está feita de tela para que poida respirar esa parte do pé. Explicación de por que non pode ser un bo invento: Non pode ser un bo invento porque non podes andar con liberdade máis que cos tres metros que ten o cable, e non podes saltar nin saír á rúa porque o cable romperíase e non chegaría. Belén Hermida Bueno, 2º ESO-B

25


PATENTE: 11-18

TELETRANSPORTADOR POR VÍA SATÉLITE Descrición: É unha especie de porta con computador, cun ampliador de ondas gamma para rebotar no satélite TRANSPORTER e enviarte ó teletransportador do sitio que puxeches no computador. Características técnicas: Está feito de aliaxe de titanio, con pezas de aceiro. Con ordenador incorporado. Consume 100 w e funciona a 125 V. Vantaxes: en 3 minutos podes estar na outra punta da terra. Custo da fabricación: 40.000 € Funcionalidade: descomponte en raios gamma, envíache ó satélite, rebotas e apareces no teletransportador do sitio que puxeras no ordenador. José Manuel Reina Romero, 2º ESO-B

26


PATENTE: 11-19

LENTES ANTIEMBAZABLES Estes lentes son aptas para miopes que están cansos de que chova e se lles embacen os lentes. Recambio de cargador de auga. Chame xa!Tamén pode vir pola nosa tenda. Prezo: 69,90 € Alexandre González Pérez, 1º ESO-A

27


PATENTE: 11-20

TESOIRA-LAPIS Descrición: a tesoira-lapis está feita cun mango de plástico, un parafuso que suxeita un lapis de madeira e un gume co que cortamos o papel, plástico, etc. Técnicas: que podemos escribir e se che fai falla cortar xa cortas coas tesoiras que ten o lapis. Vantaxes: que cando vaias mercar

un lapis e unha tesoira

compras todo en 1e pode que che saia moito máis barato. Funcionalidade: ten como función escribir e cortar o papel, plástico... Custo de fabricación: O plástico, depende de canto sexa, pode custar uns 20 €. O metal pode custar 35 €. Un paquete de parafusos custa 1€. A madeira pode custar uns 15 €. A mina para meterlle ó lapis, 1 €. En total unha tesoira-lapis pode custar uns 2 €. Andrea Velo López, 2º ESO-B

28


PATENTE: 11-21

COITELO-GARFO Este coitelo garfo ten unha empuñadura feita de madeira. O coitelo está feito de aceiro inoxidable con dentes cortantes. O garfo está feito tamén de aceiro inoxidable, e non ten dentes cortantes senón unhas afiadas puntas. Serve para non ter que andar todo o tempo da comida cambiando coitelo e garfo, coitelo e garfo... É máis grande ca un cuberto normal, pois mede 5 cm máis para que se poida cortar e pinchar mellor. A súa funcionalidade é aforrar enerxía, esforzo e diñeiro, aínda que é moi probable que ao usuario lle custe afacerse a usalo. Prezo: Empuñadura:

2€

Coitelo:

4€

Garfo:

4€

Total:

10 € Martín Yáñez Rodríguez, 2º ESO-B

29


PATENTE: 11-22

A GÁRGOLA QUE NON MOLLA O outro día, mentres paseaba polo casco medieval dunha cidade, unha gárgola molloume a cabeza toda. Indignado, entrei na casa da gárgola e, escandalizado, gritei: -Pero non poderían poñerlle a esa maldita gárgola unha canle? Os donos da casa explicáronme que iso danaría, e moito, a fachada da casa. Despois de moito cavilar na casa, cheguei a inventar esta, no meu parecer, marabilla. O que hai que facer é construír outra gárgola debaixo da primeira, pero alargala cunha especie de canle: gárgola 1 a gárgola 2. A auga recolleita pola gárgola 2, entraría na casa e dirixiríase a unha depuradora e despois a un depósito. Grazas a este invento aforraremos auga, non danaremos as fachadas e lograremos o noso principal obxectivo: non nos mollaremos cando estea a chover e pasemos por debaixo dunha delas. Tomás Manso Fraga, 1º ESO-A

30


PATENTE: 11-23

RAQUETA CANASTRA É unha raqueta á cal se lle saca a rede tensa e colócaselle unha rede de canastra e así serve para dous deportes: o baloncesto e mais o tenis. O malo é que para o tenis só vale para recibir a pelota e non golpeala. O resultado sería o seguinte. Noelia Cebreiro Rodríguez, 2º ESO-B

31


PATENTE: 11-24

MANDO SEN BOTÓNS O mando da televisión sen botóns é moi útil xa que non se necesita darlle ós botóns porque se acende axitando o mando e apágase igual; cámbiase de canle ó moverse cara aos lados. Para darlle volume, móvese cara a arriba; e para quitarllo, cara a abaixo. Ademais, os botóns de plástico non se desgastan porque non os ten, e por tanto este mando é un pouco máis ecolóxico que un mando normal. Daniel Rivas Fernández, 2º ESO-B

32


PATENTE: 11-25

A BIDUCHA Este aloucado invento é moi útil. Consiste nunha simple ducha, a diferenza é que ten dúas billas: unha, coma todas, bota auga; e a outra, xabón. Deste xeito non terás que andar buscando o xel! É só xirar unha manivela! Cando instales esta perfecta ducha, só terás que encaixar unha botella de xampú, xel, acondicionador..., no lado dereito, onde hai un orificio para isto. Cando esta botella se remate, terás que substituíla por unha nova, e así consecutivamente. Cristina Vázquez García, 1º ESO-B

33


PATENTE: 11-26

BANCO COADOR É un novo deseño inconfortable que non ten outro obxectivo que sentarse na punta do banco para non coarte dentro. Trátase dun banco feito con madeira de 100x60 cm de forma rectangular. Sara López Ulloa, 3º ESO-B

34


PATENTE: 11-27

O ESPELLO IDEAL Este aparello ideal é coma un espello calquera, pero permite que te vexas como ti queiras, como a ti che guste. Nada máis poñerte diante del, o espello sabe como queres ser e amosarte. O inconveniente deste aparello é que nunca saberás como es en realidade, pero a xente si. Noelia Sánchez Brage, 2º ESO-A

35


PATENTE: 11-28

CUBO DE RUBIK “SINXELO” Descrición do invento: Cubo de Rubik sinxelo de facer. Foi creado para toda a xente que non puidera resolver un cubo de Rubik na súa vida. O deseño é simple: consta de 53 cadrados vermellos e un verde. Con este cubo, ter todas as caras da mesma cor é moito máis sinxelo. INTÉNTAO! Utilidades: as utilidades deste invento son moitas. Grazas ó invento poderás volver e volver facer as caras da mesma cor, pasar moito tempo xogando, ata poderás facer malabares (ou o que queiras). Gastos: Os gastos deste proxecto son mínimos. Tan só se necesita crear a base de plástico e os adhesivos vermellos e un verde. Presuposto: Base de plástico: 3 €

Adhesivos: 0.25 € (por cubo)

Gasto de maquinaria empregada: 4 € en electricidade (por 100 cubos creados) Gasto total: 7.25 € David Troitiño Ruíz, 2º ESO-B

36


PATENTE: 11-29

O SÉTIMO SOFÁ Este sofá está feito de cartón duro, o suficientemente resitente como para aguantar dúas persoas de 80 kg cada unha. O prezo é barato, apenas 30 €. O sofá serve para, primeiro está todo xunto, xa que ten moitos cartóns pegados en forma de mola. Cando está todo xunto, apertado, só cabe unha persoa, pero cando o estiras caben ata 12 persoas. Este invento é para se o queres usar ti só encollido de todo. Ou se non, estíralo ao teu gusto, zigzaguéalo, polo en forma de círculo... E se dás unha festa podes estiralo ata que caiban 12 persoas. Martín Yáñez Rodríguez, 2º ESO-B

37


PATENTE: 11-30

LENTILLAS PARA NON VER MATERIAL USADO: O material co que están construídas as lentillas é a madeira de piñeiro vernizado con vernizadora. DESCRICIÓN TÉCNICA: Obxecto para ver, pero grazas ó material co que está construído, que é opaco, fai este invento imposible. PRESUPOSTO: 1) Madeira:

20 €

2) Vernizador: 5 € 3)Diñeiro gastado na fabricación: 10 € TOTAL DE CUSTO: 35 €/unidade Francisco Ferro Álvarez, 2º ESO-B

38


PATENTE: 11-31

(Nota da editorial: O invento desta páxina é tan imposíbel que mesmo é imposíbel velo e por iso non se ve. Agardamos que saiban desculpar esta invisibilidade.)

39


PATENTE: 11-32

TELESCOPIO TRANSPORTADOR É un telescopio que cando lle indicas as coordenadas de a onde queres ir e miras pola gradicela (mirilla) do telescopio, serás transportado ata onde queiras ir. Isto sería moi útil xa que non se tardaría nada en chegar ó sitio ó que desexáramos ou imaxinásemos ir. Tamén sería moi beneficioso para todos xa que non habería que viaxar en ningún medio de transporte (avión, ferrocarril, coche...) nin mercar os billetes, etc. Só habería que mercar o telescopio. César Serantes Carnero, 3º ESO-B

40


PATENTE: 11-33

AMA DE CASA AUTOMÁTICA Esta gran marabilla permite as mulleres que traballan fóra da casa a gran facilidade de poder ter a casa perfectamente limpa e ordenada. Consta dun programador para programala o día e a hora que se queira, tamén se poden programar as funcións e tarefas que debe cumprir esta marabilla. Está feita dun material que non se oxida, polo tanto pode mollarse ó lavar os pratos e non sufrirá ningún dano. Non ocupa sitio ningún, porque recolle todas as súas extremidades. MATERIAIS: Aceiro inox., cables, circuítos, un ordenador por dentro. ▪ 1 plumeiro,1 baeta, 1 pulidor (freganzo),1 vasoira 1 polveiro, recolledor, 1 fregona, 1 encerador do chan, 1 programador (ordenador), 4 brazos extensibles. OS ARTIGOS PÓDENSE CAMBIAR CUSTO: Esta marabilla pódese conseguir polo incrible prezo de: 1500 €. Teresa Pita Zabala, 2º ESO-B

41


PATENTE: 11-34

ROBOT 3000 (ROBOT, HELICÓPTERO E TV) O robot 3000 é o invento do futuro. Xa non terás que volver a camiñar, con só agarrarte ó robot 3000 poderás ir voando a onde ti queiras. Tamén poderás ver a televisión onde queiras, porque leva un televisor de 50 polgadas incorporado, e sen ningún cable, inalámbrico. O robot 3000, o invento do futuro, tan só por 3000 euros. Daniel Fernández Fortuna, 1º ESO-A

42


PATENTE: 11-35

A BOMBILLA NEGRA É unha bombilla negra, enxeñosamente inventada para persoas cun bo seguro médico (polas caídas) e para quen gusta moito da escuridade. É moi adecuada para persoas góticas que teñan como mascota os morcegos. Tamén é apropiada para persoas que non sexan ecoloxistas, xa que cando lle dás ó botón non alumea nada. O seu usuario é tamén mellor que non sexa esquecedizo, porque cando queira apagar a luz xa estará apagada. Sonia Guerrero Martínez, 1º ESO-A

43


PATENTE: 11-36

OS ZAPATOS EN ALTURA Estes enxeñosos zapatos permitiranche acadar ata 30 metros máis da túa propia altura, onde e cando queiras. Van acompañados dun sinxelo mando táctil que funciona con enerxía solar. Co mando poderás regular a altura facilmente: Primeiro: marcas a altura que desexes (nunca superior ós trinta metros). Segundo: premes o botón branco que posúen os zapatos nun lateral traseiro. Terceiro: apertas no mando o botón OK. E listo; en cuestión de segundos terás acadada a altura que desexes. Observación: Recorda ter o mando en lugares onde lle poida dar o sol, para que se cargue, polo menos unha hora diaria. OS ZAPATOS EN ALTURA, OS ZAPATOS QUE TI NECESITAS!! MÉRCAOS XA!!! Carla Díaz Toimil, 1º ESO-A

44


PATENTE: 11-37

BOLISOL Estas canso ou cansa de escribir tanto ou tanta? Agora co novo bolisol xa non te cansarás máis. Ti só tes que dicir o que queres escfribir e o bolisol xa cho escribe el só.

Claudia Cortizo Barro e María Gavia Rascado, 1º ESO-A

45


PATENTE: 11-38

ZAPATILLAS TÉRMICAS

As zapatillas térmicas teñen polos laterais unhas bolsas que se quitan e quéntanse e vólvense pór nas zapatillas. Javier Cebral Martínez e Adrián Laíño Mosconi, 1º ESO-A

46


PATENTE: 11-39

ROBOT QUE FAI OS DEBERES USO DO ROBOT: 1) Díselle polo micrófono a pregunta (os deberes).

2) O robot busca información por internet (ou outras). 3) O robot diche a resposta, aparéceche escrita pola pantalla. MATERIAIS: 1) Ferro; 2) Micrófono; 3) Antena; 4) Computador CUSTO: Pódese conseguir polo prezo de 500 € Jennifer Pita Buyo, 2º ESO-B

47


PATENTE: 11-40

ABANO VENTILADOR USO DO ABANO-VENTILADOR: 1)

Cargar o abano-ventilador ó sol.

2)

Empeza a funcionar pouco a pouco.

3)

O abano-ventilador funciona só. MATERIAIS: 1)Ventilador

2) Luz do sol

3) Abano

CUSTO: Pódese conseguir por un prezo de 8 €. DESCRICIÓN: É un abano-ventilador que funciona con luz do sol. Ponse a cargar ó sol e pouco a pouco comeza a funcionar el só. Laura Dopico Bretón, 2º ESO-B

48


PATENTE: 11-41

VENTÁ DE PEDRA Uso da ventá de pedra: Dar escuridade Materiais: Tixolos e cemento Custo: Dependendo do tamaño da ventá pode ter máis ladrillos, polo tanto custa máis. DESCRICIÓN: Esta ventá non serve para dar luz, senón para dar sombra. Trátase dunha ventá de pedra. É difícil de romper e é un invento totalmente absurdo. Brian Alfonso, 2º ESO-B

49


PATENTE: 11-42

LIBRO QUE ESTUDA SÓ, PARA ESTUDANTES VAGOS É un libro que che mete na cabeza todas as materias, dende a lingua ata as matemáticas, a través dun sistema de cableado cun casquiño con bombilla (a bombilla non ten utilidade, é só para facer o proceso). O único problema é que as veces confunde a Aristóteles con Cervantes. Utilidade: Evitar a ben coñecida frase das nais: “Ti es parvo se cres que o libro estuda só”. Con este libro vostede poderá rebater este argumento e, xa de paso, aprobar algunha materia, para variar. Custo de fabricación: Un libro: uns 20 € (aínda que como vai agora a Xunta, o mesmo lle cambiaron a portada e hai que volver a compralo) Unha bombilla: 0'60 céntimos Cableado: 14 €, aproximadamente Casco: uns 17 € Man de obra: uns 10 € Total: 20 + 0'60 + 14 + 17 + 10 = 5 € (Suma feita polo libro, para comprobar a súa boa calidade, da que estamos orgullosos). María González Estévez, 2º ESO-B

50


PATENTE: 11-43

PARAUGAS ILLANTE

É un paraugas que ten un plástico que chega ata os pés e protexe todo o corpo da auga. Ten unha cremalleira que permite abrir e pechar o plástico con facilidade. Hai que dicir tamén que non ten por que chegar ata os pes, pode chegar ata onde se queira, por se un se quere mollar un pouco. Alba Ares Barreiro, 2º ESO-A

51


PATENTE: 11-44

TACORINAS As tacorinas son súper prácticas xa que, por exemplo, se vas a unha voda e queres levar tacóns, coas tacorinas tes a solución: uns fermosos tacóns para a cerimonia e unhas cómodas bailarinas para o resto da noite. As tacorinas teñen un fácil modo de emprego: na punta teñen un fermoso o broche que, en realidade, é un mecanismo que recolle ou desprega o tacón do zapato, así tes dous pares de zapatos nun só e son moi cómodos e fáciles de usar. Son moi baratos e hainos de moitas cores e estampados. Son a última moda! Sara García Saavedra, 3º ESO-B

52


PATENTE: 11-45

PULSEIRA-LUVA A pulseira-luva é moi útil para todo o ano. No verán a podes levar unha preciosa pulseira colorida para á praia ou para saír por aí de festa. E polo inverno podes protexerte do frío con esta fantástica luva. É moi cómoda porque ten un pequeno broche dentro da pulseira que recolle a tea da luva e non se nota nada. Podes pasar de ser chic a práctica nun segundo. A nova moda é a loucura do século XXI. Para unha muller práctica e moderna. Pódela conseguir por un módico prezo en calquera tenda de roupa. Sara García Saavedra, 3º ESO-B

53


PATENTE: 11-46

CORDÓN INFINITO Un cordón sen final sería imposible de usalo porque sería moi longo. É un invento imposible, porque non se pode usar. Non se pode usar porque se é un cordón sen fin non se pode atar. Iván Muíños Rivera, 2º ESO-A

54


PATENTE: 11-47

PORTERÍA DUN POSTE SÓ

Esta portería, que ten barrón, pero só un poste, en realidade non serviría para nada, porque se caería dun dun lado, e non se podería xogar ó fútbol con ela, nin xogar a nada! Iván Muíños Rivera 2ºESOA

55


PATENTE: 11-48

CASCOS SEN ENCHUFE

Son uns cascos para escoitar música, pero que carecen de enchufe, co cal non serven para escoitar música, pero cunha pouca de imaxinación se lle poden dar outros usos.

Ángel Teijido Castro, 2º ESO-A

56


PATENTE: 11-49

O EXTINTOR DE AUGA O extintor de auga consiste nun recipiente cheo de gas metano que ao expulsalo se queima, botando unha gran labarada. Coa calor desprendida conséguese evaporar a auga, e esta desaparecerá. É moi útil para derrames e inundacións. Mateo Ponte Balado, 3º ESO-B

57


PATENTE: 11-50

O TELEVISOR SEN CABLES É un televisor que funciona sen electricidade nin pilas. É un televisor moi aburrido porque sempre ten o fondo negro. Preséntase cun sistema de cartóns debuxados, para pór sobre a pantalla, variándoos cando se queira, para que ninguén se aburra vendo sempre a mesma imaxe. Miguel López Lagoa, 3º-ESO-B

58


PATENTE: 11-51

FLEXO SEN LUZ A máquina que vemos a continuación é un flexo cunha bombilla que está pintada para que non alume. As súas utilidades son: 1)

Non alumear.

2)

Consumir e ocupar espazo.

3)

Ademais, agora vén incorporado cuns parasoles, para que a luz que non dá non che dane os ollos. Javier Diéguez Cheda 3º ESO-B

59


PATENTE: 11-52

AVIÓN SEN MOTOR E SEN ÁS Un avión normal como os demais, pero suprimíndolle motor e ás. É mellor para o medio ambiente posto que non utiliza gasolina. O nivel de seguridade é baixo, pero o billete deste tipo de avión é moi barato. FUNCIÓNS: 1) Voar dunha maneira diferente. 2) Consumir o menos posible. Andrés Roca Ares, 3º ESO-B

60


PATENTE: 11-53

OS LENTES BÉBEDOS DESCRICIÓN: Posúe pequenas moléculas de alcohol que van dende os ollos ó cerebro e ós oídos para ver, e oír coma un borracho, e rirse un rato, os efectos dos lentes desaparecen ó instante de sacar os lentes e recordamos todo, a diferenza dos borrachos que esquecen e non se lembran de nada. TÉCNICAS: Ver o mundo e oílo coma se estiveses bébedo e rirte un chisco nos momentos aburridos. Tania González Gómez, 2º ESO-B

61


PATENTE: 11-54

O LAPIS QUE ESCRIBE SÓ O lapis que escribe so! Este lapis funciona mediante un sistema polo cal ti falas no micrófono de funil que ten, e o lapis escribe so! Un bo invento, non cren? Acabáronse as dores de man e de pulso para sempre! María Martín, 3º ESO-B

62


PATENTE: 11-55

UN TRAXE PARA CADA OCASIÓN

Este invento é unha camisa banca de manga corta e un pantalón curto vaqueiro que leva un mecanismo que se acciona dándolle a un botón que vai dentro do peto da camisa. Entón, para cada situación aparece unha roupa distinta. Se ves da paia e vas a unha voda simplemente dáslle ó botón e a túa roupa transfórmase nun traxe ou vestido, e así con todo. O único inconveniente que ten é que os zapatos non pode cambialos. Así que tes que levalos ti ou ó final acabarás con traxe e en tenis. Uxía Otero Oubiña, 3º ESO-A

63


PATENTE: 11-56

MOCHILA DOS DESEXOS A mochila dos desexos é unha mochila que esteas onde esteas e queiras o que queiras, só con desexalo, metes a man e o sacas. Ademais a mochila podes encollela e cambiala de forma e cor segundo a onde vaias. Tamén se a amplías moito, méteste dentro dela e serve de tenda de campaña, e de ela podes sacar, tamén, a lanterna, o saco de durmir e todo o que desexes en cada momento. Uxía Otero Oubiña, 3º ESO-A

64


PATENTE: 11-57

RELOXO SEN AGULLAS Este invento é un reloxo sen agullas. Sen as agullas o reloxo non pode dar as horas, por iso é un invento absurdo. Con el non se pode ser nin puntual nin impuntual. Esa é a súa vantaxe.

María Estévez Fortuna, 2ºESO-A

65


PATENTE: 11-58

LENTES DE SOL SEN PATILLAS

Este invento son unhas gafas de sol sen patillas. É un invento absurdo porque terías que telas agarradas todo o rato coa man e cansaríaste. María Estévez Fortuna, 2º ESO-A

66


PATENTE: 11-59

GAFAS DOBRE SENTIDO Unhas gafas dobre sentido é un invento imposible, xa que non existe un material que resista estas forzas. Para cumprir isto, tería que ser un material de goma, pero este material para gafas é imposible porque non ten unha subxección fixa. Se fose doutro material, rompería moi facilmente ao intentar estiralo. Lucía Bellas Otero, 3º ESO-B

67


PATENTE: 11-60

LENTES DE CARTÓN CON CRISTAIS DE PLÁSTICO Uns lentes de cartón con cristais de plástico negro. Son uns lentes reciclados feitos con cartón usado. Teñen uns cristais de plástico de cor negro. Por culpa disto, ás persoas que necesiten lentes seralles imposible ver. OUTRAS UTILIDADES: 1) Pódense usar como lentes de sol. 2) Se se quere pódenselle quitar os plásticos negros e pórllos doutra cor para ver as cousas diferentes. 3) Tamén se lles pode pintar uns ollos. Así, se se durme con elas postas a xente pensará que está esperta. Borja Fortuna Rodríguez, 2º ESO-A

68


PATENTE: 11-61

ALIMENTODUTO O alimentoduto serve para levar comida a todos os países pobres do mundo. Os inconvenientes son que habería que gastar moito diñeiro para construílo e que tardaría moito tempo en chegar a comida, polo que só se poderían enviar alimentos non perecedoiros. Celia Estévez Insua, 3º ESO-B

69


PATENTE: 11-62

BUFANDA-CINTO

Trátase dunha bufanda que inclúe un cinto, pegado a ela; serve para que no inverno, ademais de estar abrigado coa bufanda, poidas levar o cinto a xogo. Para que nunca vaias descombinado. Tamara Vidal, 3º ESO-B

70


PATENTE: 11-63

TRANVÍA DA RÍA

Enxeñoso medio de transporte para a ría ferrolá ou para a xente que vive en pobos anexos á ría (San Filipe, A Graña, Mugardos...). Ten estrutura de autobús urbano e chega a alcanzar os 120 Km/h. Consta de 48 prazas e é moi confortable. Coas súas tres hélices ten unha fácil tracción xa que pode xirar rapidamente. Conta cun alto sistema de suspensión, así no caso de mar axitado, non notas nin a máis mínima turbulencia. José Feal Castro, 3º ESO-B

71


PATENTE: 11- 64

CIDADE BARCO R.M.S. FERROLANIA Pódese andar a un porto, e converterse en cidade. O transatlántico máis grande xamais construído pola man do home. O `` Ferrolania ´´ conta con 28 pisos, de eslora mide 1592 m e de manga 420m. Ten 19 restaurantes, cada un con comida dun país. Tamén conta con 3 centros comerciais, 5 parques, igrexa, prazas, rúas..., ata ten estradas. Ten capacidade para 76000 pasaxeiros. Conta tamén cun alto número de botes salvavidas, polo que é moi seguro... ¡Merque xa o seu billete! José Feal Castro 3ºESOB

72


PATENTE: 11- 65

GORRO TÉRMICO O gorro térmico está feito con dous gorros de la, por fóra; pero por dentro está forrado dun material illante e cosidos entre si. Entre os dous gorros vai unha resistencia que conecta con cada unha das baterías, de cada unha das orelleiras. Nunha das orelleiras hai un pequeno furado polo cal se conecta a un cargador para recargar as baterías e así o gorro térmico é ecolóxico. Celia Díaz Núñez, 3º ESO-A

73


PATENTE: 11- 66

MÁQUINA DA LUZ Esta máquina serve para facer que sexa de día ou para que se faga de noite. Isto grazas a un sistema ecolóxico, xa que obtén a enerxía de substancias orgánicas (patacas, verzas...). Estas métense nunha abertura da máquina e ao instante acéndese a lámpada da parte superior. Cando esta se acende xa se pode premer o botón “on / off” para cambiar, se é de día que se faga de noite; ou se é de noite que se faga de día. Antía Losada Pereira, 3º ESO-A

74


PATENTE: 11- 67

MOCHILA MÁXICA A mochila máxica serve para non ter que levala ao lombo e non cargara cos libros. A mochila funciona grazas a unhas pernas metálicas, cunha batería en cada pé, que fai que ande e se poña de pé. As baterías recárganse estando 15 minutos ao sol. É un invento moi práctico. Antía Losada, 3º ESO-A

75


PATENTE: 11- 68

O PENTE MULTIUSOS O pente multiusos é un revolucionario invento que cambiará a beleza do home e da muller. Este trebello consta de: Ferro de pasar: Un mellor penteado, flexible e moldeable, grazas ao seu ferro de pasar incorporado. Sprays ou aerosois: Con estes dous aerosois xa non terás que mover un dedo para coller eses botes tan incómodos. Secador: Agora poderás ter unha man libre mentres mentres secas o pelo. Secador e cepillo, todo un soño! O mellor de todo é que aforrarás en pilas, xa que vén con cargador incluído.

Ángela Placer Espiñeira e Sabela Rodríguez Carballeira, 1º ESO-B

76


PATENTE: 11- 69

BATEDORA ROTULADORES DESCRICIÓN DO INVENTO: Este invento é a conbinación dunha batidora e duns rotuladores, que serve para debuxar figuras de cores diferentes. MATERIAIS: Unha batedora, unha caixa de rotuladores e un termofusible. PREZO: Batedora: 199 € Caixa de rotuladores: 16 € Termofusible: 189 € Pegamento do termofusible: 20 € USO DO INVENTO: Serve para facer debuxos, ben nun folio, nunha cartolina ou nun cartón. Este invento ten que ser usado por persoas adultas, non por nenos, xa que se poden facer dano. Paula Otero Carnero, 2º ESO-B

77


PATENTE: 11- 70

GOMA DE MASCAR SEN SABOR Sabor: Ningún. Duración: Todo o día. Definición: Moi duradeiro, resistente á comida, á auga e a todo tipo de materiais. Esta goma de mascar gustará a todo o mundo, porque como non ten sabor, non se pode dicir que non che gusta. Martín Díaz e Jorge Souto, 1º ESO-B

78


PATENTE: 11- 71

O INFOPROFESOR O infoprofesor é un robot deseñado para ensinar ás alumnas e ós alumnos. Co infoprofesor podes dar todas as materias que queiras, xa que dispón dun potente chip, que sabe de xeografía, de matemáticas e de todo. Tamén se pode usar para as tarefas da casa. Rubén Fernández Primoy, 1º ESO-B

79


PATENTE: 11- 72

ISQUEIRO MULTIUSOS

Este incrible isqueiro ten lume, auga e xab贸n. A auga tena para lavar as mans despois de coller o xab贸n, e o lume para o de sempre: acender cousas. Con este marabilloso isqueiro af贸rrase moito material. Conta cun medidor de canto queda de cada cousa. Daniel Feal Castro, 1潞 ESO-B

80


PATENTE: 11- 73

BAÑEIRA AFORRADORA DE AUGA É unha bañeira que ten un recipiente de auga debaixo dela. No recipiente hai dous filtros e unha bomba que bombea a auga por un tubo que chega á billa. A bañeira vai ter un tapón onde ten un pasador. A auga é sempre a mesma, así que se reduce o consumo extraordinariamente. idea ocorréuseme cando Fran, o meu compañeiro, lle dixo a Erik Martínez que se lavara e aforrara auga, e entón tiven esta idea. Francisco Pérez Piñeiro e David Otero Pérez, 1º ESO-A

81


PATENTE: 11- 74

MINICOCIÑA PARA O AUTOMÓBIL Con esta mini-cociña poderás cociñar e conservar o que ti queiras con só gardalo no mini-frigo que vén coa cociña. Aforrarás tempo en ir á casa dende o traballo. Prepara o que queiras, enchúfao no acendedor do coche e xa tes comida! Apetéceche un doce, unhas patacas fritidas? Prepara o alimento que desexes mentres conduces. Mércao xa! Na guanteira do teu coche! Irene Pérez Díaz, 1º ESO-B

82


PATENTE: 11- 75

A COLONIA QUE TRANSPARENTA A nova colonia Julau fai que poidas ser transparente durante tres horas e media; ademais, ten olor a amorodo. Só cunhas pinguiñas da colonia Julau poderás ser transparente. A colonia Julau é unha colonia con olor a amorodo. Esta colonia é moi especial xa que ten un ingrediente secreto que che fai transparente durante tres horas e media. É unha colonia de cor rosa con puntiños brillantes que parecen purpurina. Con tres pasos xa es transparente. Laura Rodriguez e Julia Varela, 1º ESO-B

83


Editado no IES Canido en Xu単o do 2011

84


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.