Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire.

Page 1

Arséns Blondín e A Casa do Comediante en Cerdeira.Ou o caso do home que andou polo aire. Miguel Losada

Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Outubro 2014

“ No val de Ponte Navéa houbo un arame tendido que asombrou aquela aldea co seu longo percorrido ” Tomás Vega Pato 2003 “ Inveterada, como lo es entre nosotros, la costumbre de prodigar aplausos á esa cohorte de artistas de todo género de que el extranjero surte constantemente nuestros espec­ táculos públicos, justo es que cuando, como ahora, hay motivo razonable, guardemos una parte de aquéllos para tributárselos á un artista español. No se los ha escaseado el público de Madrid á D. Federico A. Arsens.” Deste xeito 1 comeza o columnista Manuel Bosch y reyes, periodista e administrador da publicación La Ilustración española y americana, a súa reseña sobre un artista total, una personalidade que gañou por méritos propios o dereito a ser considerado un verdadeiro epítome do século XIX. Trátase de D. Federico Álvarez Cálvo, que usou “ Federico Arséns ” como nome artístico e que tamén foi denominado “Blondín” en moitas ocasións, así como “Arsens Blondín”nome co que foi coñecido en Francia xunto con “Álvarez dit Blóndín”, ou sexa, Álvarez, chamado Blondín. Naceu no 1853 dentro dunha prestixiosa saga de artistas circenses que baixo a batuta do seu pai residía circunstancialmente na cidade de Oviedo, onde se dedicaban ó espectáculo, principalmente ecuestre. No pobo onde está inda a súa casa, como veremos a seguir, Federico foi e inda é coñecido como “O Comediante”

1

La ilustración española y americana nº XXX p. 91 http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0001101971&page=3&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C 3%ADn&lang=es


A Casa do comediante. Foto: www.casadocomediante.es

A Casa do comediante. Foto: www.casadocomediante.es Como inda hoxe é común entre as xentes do circo, a viaxe forma parte da vida do espectáculo e os fillos nacían aló onde se daba a circunstancia. Federico seica pasou aló os primeiros anos formándose como artista dentro do clan familiar. Na pouca información elaborada ó respecto da ascendencia e orixe do Comediante este aparece como “asturiano”. Nembargante, nas nosas2 investigacións ó respecto descubrimos que segundo obra nos rexistros parroquiais O Comediante era fillo de Juán Álvarez Rodríguez, natural de Cerdeira, San Xoan de Río, Ourense, e de Amalia Calvo natural de La Roda, Albacete, e veciña da Pobra de Trives. A esposa de Federico foi María Estrella Doval López, natural de Santiago de Compostela cuxos pais eran Ignacio Doval, de Lugo e Isabel López, de Meira, tamén en Lugo. Por todo elo e por outros motivos que analizaremos ó longo deste artigo, consideramos que Federico Álvarez, era galego. Outro feito a ter en conta é que segundo informacións recollidas pola actual familia propietaria da Casa do Comediante no propio lugar de Cerdeira, houbo un fillo de Federico e de Mª Estrella que utilizaría mais tarde o mesmo nome artístico e alias que seu pai. Cesar Álvarez naceu en Cerdeira e foi o propietario da casa até mediados do século pasado cando formalizou a venda estando en Sevilla. Tamén foi artista circense. Debutou no ano 1915 no desaparecido Turó park de Barcelona.3 O Comediante, Federico A., destacou publicamente na actividade do funambulismo, inda que tamén foi un músico competente que - ademais de tocar o cornetín, a ocarina e o piano - tralo seu paso polo conservatorio madrileño perfeccionou a interpretación co violín nada menos que nas clases do eminente Jesús de Monasterio, catedrático de Perfeccionamiento de Violín nesta reputada institución. Unicamente os mellores tiñan acceso á docencia do violinista cántabro. Isto

2

Ca palabra “nosas” estoume referindo A toda a familia propietaria actual da Casa do Comediante en Cerdeira. Resulta especialmente meritorio pola súa parte o feito de que teñan asumido como algo propio o traballo de recuperar a excepcional historia do Veciño de Cerdeira Federico Álvarez Calvo. A súa participación na recuperación da memoria do Comediante ten sido e será un feito fundamental e providencial tendo en conta outras actitudes moito mais habituais. A traxectoria artística do Comediante de Cerdeira constitúe un precioso patrimonio de todos os galegos. Ángeles, Andrés, Paula e a todo o resto da actual Troupe do Comediante, en Nome da SAGA: Grazas. 3

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/26/catalunya/1366998441_794352.html


significaba primeiros premios do concurso da Escola de Música, primeiros premios doutros países ou aqueles seleccionados nunha proba específica dirixida polo propio catedrático. Actuou como cómico e cultivou ademais a arte da fotografía e a da reloxería segundo consta publicado na prensa da época e seguramente tería destacado case que en calquera outra actividade que tivera escollido, mais o que realmente lle prestaba era ser funambulista. En 1874, con 21 anos pois, debutou nesta difícil profesión ca que percorreu o mundo logo de iniciarse cunha exhibición sobre a maroma de cen metros que lle serviu para atravesar a praza de toros de Madrid. A seguir percorrería os mais prestixiosos foros circenses da vella Europa co seu variado espectáculo. Londres, París, Lión e Marsella foron algunhas das prazas que Arséns conquistou co seu esforzo, talento e traballo ben feito. Non era para menos se temos en conta que segundo contan as crónicas da época, era quen de atravesar o baleiro ca cabeza metida nun saco, ou cos pes dentro de cestos, ou sentarse nunha cadeira a na metade do camiño para tocar o cornetín. Ás veces mesmo subía canda el un aparello fotográfico e tomaba imaxes dende as alturas realizando o complexo proceso que semellante cousa implicaba naquel entón.


O século XIX foi un verdadeiro século dos prodixios. A finais deste século o impresionismo abre a veda das posibilidades expresivas dentro do mundo da arte. Despois deste primeiro “ismo” virían moitos mais, como o simbolismo, o cubismo ou o


modernismo, que abrirían definitivamente a porta cara un mundo gobernado pola procura da diversidade e impulsado polo convencemento de que as capacidades humanas son o verdadeiro factor para o cambio. Foi tamén o século do imperialismo e dos caudillismos revolucionarios; do individualismo e do subxectivismo; A máquina do tren, a lámpada, o cine e a fotografía; a pastilla de xabón, o teléfono e a coca-cola son tamén fillos lexítimos deste século. Dalton albisca os átomos, a medicina toma conciencia dos microbios, Darwin publica as súas ideas sobre a evolución e Edison senta as bases para electrificar o mundo. Multiplícanse as cidades, a poboación faise urbana; 1816 foi o “ano sen verán”.


Fonte http://jacquelinewaechter.blogspot.com.es/


No medio de todo este ferver de acontecementos, naceu o noso artista, vinculado a unha pequena aldea do concello de san Xoán de Rio, en Ourense, un lugar onde o mundo se chama Cerdeira. Aló está inda a súa casa, e aló a súa memoria no que foi, seguramente, primeiro anfiteatro das fazañas do home que andaba polo aire. Hoxe é coñecida como “a Casa do Comediante” 4, un fermoso establecemento hoteleiro instalado, como temos visto 5 na SAGA noutras ocasións, nun dos lugares mais senlleiros da paisaxe histórica galega: ás beiras do río Navea ó pe dun camiño que mil anos antes da nosa era, xa conectaba o noso contexto cas correntes ideolóxicas do vello continente, profetizando, se cadra, o mundo que habería de vir. Un paso entre montañas que acubillaba á excálibur verdadeira, a espada que durme en pé.

O noso Comediante, pois así se lle coñece inda na súa terra, aparece en moitas ocasións como vimos ó comezo, relacionado co sobrenome Blondín. En realidade o “verdadeiro” Blondín foi outro artista do funambulismo de orixe francesa que desenvolveu a súa actividade antes que o noso Comediante e que fixo boa parte doa súa carreira en Estados unidos, Gran Bretaña e Arxentina, onde aparece instalado no 1877 na cidade de Almagro. Actuou tamén en España en numerosas ocasións, como tamén reflicten os xornais daquel tempo. A grande calidade das súas intervencións chegou ó paroxismo cando deu en atravesar as cataratas do Niágara en multiples ocasións. A primeira o 30 de Xuño de 1859 cando percorreu os 335 metros de corda, sobre unha caída duns 60, en 17 minutos. Pasou do lado estadounidense ó canadiense; pasou a gorra, tomou unha copa de wiski e deu volta noutros 6 minutos 6 . Noutras sesións volveuno facer levando ás carranchas ó seu mánager 7, ou cociñando sobre a corda, ou realizando toda caste de actividades inverosímiles.

4

http://www.casadocomediante.es/ Cerdeira – San Xoán de Rio ,Terras de Trives. Tf 637451583 Losada, Miguel. Fol de Veleno nº 2. Sociedade Antropolóxica Galega SAGA, 2012. P. 6 http://www.diarioelnorte.com.ar/nota28174_en-el-mes-del-nino-historias-de-magos-y-equilibristas.html 7 http://history1800s.about.com/od/popularentertainment/ig/Images-of-Blondin/BlondinSpectators.htm 5


Fonte: history1800s.about.com

O talento de Arséns fixo que pronto fose comparado, e puidese selo, co mais grande precedente, Blondín, Jean François Gravelet, alias Charles Blondín e que tanto o público coma os medios insistiran ou aceptaran denominalo así. Cando Federico Álvarez tiña dez anos, en 1863, Charles Blondin actuou en madrid 8 . Naquel intre é posible que o espectáculo ecuestre do seu pai, centrado segundo parece en Asturias, estivera actuando tamén na cidade, non o temos comprobado. En 1874 cumpliu o servizo militar en Madrid e daquela coincidiu cas funcións que o francés ofreceu na capital de España. Domadores de elefantes, coma Mr. Alfred. Moffat, pilotos de globos aerostáticos, como Mad. Poitevin ou o “reputado gimnasta Mr. Leotard - o mesmo que deu nome á coñeceida prenda de vestir - que no conoce rival en el vuelo de los tres trapecios.” “Hoy hará su debut en el Price el trapecista español Emilio el Mallorquín” reza a entrada do día 7 8

http://archive.org/stream/madridensusdiari03agul/madridensusdiari03agul_djvu.txt. Entradas 11,13,14,15,22,27 de maio e 10,11 e 13 de xuño


de Xullo e a do 5 de agosto: “ Circo Price. Anteanoche y por primera vez verificó el célebre acróbata mallorquín el doble salto mortal”. Os prestidixitadores “Mr. Hermann” e “o señor Peyrés” colleitaban éxitos segundo a entrada do dia 8 de marzo. No famoso Circo de Price actuaba Mr. Kennedy, coñecido como “Mr. Jonathan Jack, el enano irlandés de 30 pulgadas de alto.”onde se sucedían as, “grandes funcións ecuestres e ximnásticas”

Toda caste de espectáculos circenses tiñan grande predicamento na península e no resto do continente, e con moitas delas debeu encher os ollos o xoven Federico mais polo que semella a que mais conseguiu atraer a súa atención foi a do funambulista francés. Outra gran referencia que sen dúbida tivo Federico Álvarez foi a de María Spelterini que naceu no mesmo ano que o galego e que tamén cruzou as cataratas do Niágara o 8 de xullo de 1876, sendo a primeira muller en facelo9.

María Spelterina cruzando as Fervenzas do Niágara. 8 de Xullo de 1876. www.nflibrary.ca

É mais, o nome artístico do francés mudou nun verbo que foi bastante empregado para referirse ós políticos que doadamente mudan de opinión, aqueles que o mesmo se sitúan dunha banda que doutra. O xeneral Prim, por exemplo foi acusado pola prensa de ser un “blondín político” 10, e tamén o foi Abraham Linconl cando no 1864 foi o rival de Mclelan nas eleccións daquel ano11. 9

Imaxes de maría Spelterini pasando sobre a corda. http://www.nflibrary.ca/nfplindex/results.asp Diario “La Esperanza. Periódico monárquico”. 25 de agosto de 1870. Nº 7911

10


Lincoln vs. Mclelan. 1864. Satíra acusando ó primeiro de seren un Blondín político. Fonte: elections.harpweek.com

Lincoln vs. Mclelan. 1864. Outro cartaz ca mesma finalidade. Fonte: elections.harpweek.com

Outra sobresaínte personalidade desta disciplina foi a navarra Leona Remigia Echarren, alias Mademoiselle Agustini12 que curiosamente tamén nacería no ano 1853. Xa dende o inicio do XIX aparece recollida pola prensa a popularidade e abundancia de toda caste de espectáculos circenses, entre eles os dos voandeiros ou funambulistas. Tamén o recolle, por exemplo, a Enciclopedia Navarra na súa entrada sobre “acrobacia”13 onde refire a presenza da compañía de Madame Ravel e a súa familia nas festas de San Fermín de 1806.

11

http://elections.harpweek.com/1864/cartoon-1864-Medium.asp?UniqueID=43&Year= http://escuelanavarradecirco.com/proyecto-asociativo/circo-en-el-pamplona-antiguo 13 http://www.enciclopedianavarra.com/navarra/acrobacia/164/1/ 12


Asi pois, vemos que o contexto era favorable á proliferación destes espectáculos por todo o mundo occidental. A calidade da competencia debeu ser moi grande e a necesidade de distinguirse pola valentía e capacidade de asumir riscos tamén.

A “Troupe Casas” en Francia. Outro exemplo de familia circense. Mais exemplos noutros cartaces no mesmo sitio. Fonte:http://www.camardetassocies.com/html/index.jsp?id=4073&np=5&lng=fr&npp=20&or dre=1&aff=1&r=

Por todo elo e percorrendo fundamentalmente a prensa do XIX, podemos ir seguindo e reconstruíndo unha parte da memoria deste gran artista que acadou, probablemente a súa máxima cota de popularidade cando no 1882 convértese definitivamente nun heroe do Sena logo de dedicarse a pasalo río en varias ocasións. Se facemos o percorrido polas hemerotecas dixitais na procura das pegadas das actividades do noso Comediante atoparemos que actuou moitas veces acompañado da súa familia de artistas. As súas fillas eran tamén cantantes e músicas ademais de acróbatas.


Houbo ocasións nas que os preparativos nunha praza de toros para a actuación de Arséns retrasaron ou dilataron o espectáculo taurino. Noutras a crítica taurina cualifica de “bien pero pesado” o espectáculo de ver ó funámbulo camiñar sobre a corda por riba do coso e cos pes metidos en cestos mentres tocaba o cornetín sentado nunha cadeira para, a seguir, avanzar sobre a maroma ca cabeza metida nun saquete. En xeral todas as noticias que se poden atopar reflicten a admiración que provocaban as evolucións de Arséns maila súa familia de artistas, que é cualificada como “numerosa” nesta14 columna na que o Ateneo de Teruel organiza, dende o 30 de novembro de 1891 e durante tres días, un evento benéfico para recadar fondos a prol da compañía de “Arséns Blondín” cando parte dela fica illada por un temporal de choiva que impediu as sesións que había previstas na praza de touros. Previamente Federico Álvarez tiña actuado desinteresadamente como violinista noutros espectáculos ofrecidos polo Ateneo. Na terceira sesión das xornadas benéficas Federico Álvarez intervén de novo co seu violín acadando os fondos precisos para continuar viaxe cara Valencia. O 27 de Julio de 1879 Federico Arséns actuou na praza de toros de Madrid e na revista especializada El Toreo vemos o que deveu ser unha actuación habitual neste artista: “ Pasar la maroma llevando grillos en los pies, grandes ejercicios sobre una silla tocando con cornetín las variaciones del carnaval de Venecia, el paseo de vanes con cestos, la gran carrero (sic.) con el balancín a las espaldas terminado con el velocimán metido en un saco.” Nesta ocasión o crítico taurino, molesto pola demora provocada polos preparativos, inicia o comentario con certo desprezo do espectáculo e remata recoñecendo a calidade do mesmo15. El Globo diario ilustrado de 25 julio 1879 anuncia para o 27 dese mes o debut de Federico Arséns procedente dos circos de Paris, Londres, Lyon e Marsella16. Son varios os xornais nos que temos atopado pequenas reseñas da xira de Federico Arséns en 1879. El Semanario murciano. 9/3/1879, página 8. El Imparcial (Madrid. 1867). 25/7/1879, página 4. La Discusión (Madrid. 1856). 28/6/1879, n.º 13, página 4. El Globo (Madrid. 1875). 25/7/1879, n.º 1.378, página 4. El Toreo (Madrid. 1874). 28/7/1879, página 1. 14

El Ateneo : revista quincenal: Año III Número 40 - 1894 mayo 1 pg 19 y 20

15

http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0000878473&page=1&search=Ars%C3%A9ns+++blond% C3%ADn&lang=es 16

http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0001108302&page=4&search=Ars%C3%A9ns+++blond%C 3%ADn&lang=es


Boletín de loterías y de toros (Madrid). 28/7/1879, n.º 1.483, página 2. La Época (Madrid. 1849). 6/8/1879, n.º 9.740, página 4. La Ilustración española y americana. 15/8/1879, página 1 (na portada), 3 e 4 El Globo (Madrid. 1875). 31/8/1879, n.º 1.415, página 2. En moitas destas referencias17 podemos comprobar que o espectáculo do Comediante aparece como supletorio en moitos festexos taurinos. Os xornais replican a información xa preparada e os críticos dan fe da valía do espectáculo inda que adoitan criticar o uso non exclusivo do recinto para o toureo. Algunhas outras referencias que temos consultado son estas

Como Violinista aparece no: Ateneo rev. quincenal El Ateneo : revista quincenal: Año III Número 40 - 1894 mayo 1 pg 19 y 20 e que xa referimos antes.

A “Troupe Blondin” composta por cinco membros. Entre eles Isabel, filla de Federico aparece como trombonista (Trombón de varas), cantante e mímica. O programa inclúe a interpretación da aria final de Lucia, por Isabel, e as variacións do carnaval de Venecia a cornetín a transposición de son por Federico. Px. 3 en El Telegrama del Rif: El Telegrama del Rif - Año IV Número 1116 - 1905 septiembre 1 (01/09/1905)

O cronista do diario de avisos, noticias e anuncios La Crónica califica de “Barraca antiestética” a instalada polo empresario Julio Ruiz na plaza Salamero, …pg 10 La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1588 - 1890 octubre 7

Actuación en Huesca nas prazas San Victorián y Zaragoza. O artista resulta moi aplaudido. Px 3 La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1387 - 1890 enero 27

17

Consultables na páxina da Hemeroteca Digital da Biblioteca Nacional de España.


Blondin aparece citado en Zaragoza como: “o célebre Julio Blondín” Pode que por una errata. Px 2 La Crónica : diario de noticias y anuncios: Año VI Número 1381 - 1890 enero 18

En Menorca, no diario El Liberal, aparece como cómico, “simpático maromista y clown”(Sic.) e funámbulo. Executa o exercicio “Una travesía telegráfica” e varios exercicios doutro titulado “The Sensation aerea”. Entradas cómicas nos intermedios tamén a cargo de Blondín (Federico A.) e unha “entrada ecuestre”. O Programa completo xunto a outros artistas. Pg 2 El liberal : órgano democrático de la isla de Menorca: Año 9 Número 2370 Edición 1889 mayo 25

En Cádiz, “Monsieur Blondin” solicita permiso para cruzar a Praza de San Antonio. Pode que tamén se trate de Federico Álvarez. pg 3 Crónica Meridional : diario liberal independiente y de intereses generales: Año XXVII Número 7902 - 1886 julio 29

Nesta nova do xornal alavés, xunto cos prezos e outros detalles, aparece o programa para a praza de touros ás catro e media da tarde. Nel aparece a Compañía de “Arseu” (errata) Blondín, xunto cas “distinguidas Ecuestres y volteadoras señoritas Trinidad e Isabel” que farán carreiras pola pista ó estilo do Circo Barnum segundo o periodista. Dentro do programa aparece tamén o “doble volteo a la Richard” polo irmáns Arséns e “maniobras a catro cabalos polos catro irmáns Blondín”. O denominado “célebre artista ecuestre Antonio” pode ser tamén Federico ou outro membro da familia. pg 2 Heraldo Alavés : Diario independiente de la tarde: Año II Número 428 - 1902 Junio 21

Na seguinte nova aparece cualificado como “El nuevo Blondin que toca dos cornetines a la vez sobre la cuerda”. A función tería lugar de novo no Circo Price de Madrid mais nesta ocasión aparece un dato moi interesante xa que o artista, que evidentemente é Federíco Álvarez xa que toca como é característico nel o cornetín, intervén tocando dun xeito que resultaba característico da zona das terras de Trives. La Libertad: Año II Número 367 - 1891 agosto 27 Página 3


En efecto, se consultamos o excelente libro18 do colaborador da SAGA Pablo Carpintero na súa páxina 347 podemos comprobar como nesta terra e soamente nela, aparece conservado o que tecnicamente é un oboe duplo que pode ser encadrado na categoría de “gaitas de castiñeiro” por estar feitas con este material. Trátase dunha parella de tubos soprados ó mesmo tempo, na que un deles, o tubo cantor, produce a melodía mentres o segundo tubo, o Bordón, xera unha nota pedal coincidente ca do anterior inda que mais grave. Este é un dato que pode indicar unha clara identificación entre esta singular e inveterada tradición localizada nas Terras de Trives e a formación musical e cultural que Federico Álvarez, Arséns, puido adquirir no entorno do seu pobo de Cerdeira, no Concello de San Xoán de Río.

18

http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/wp-content/uploads/2010/10/4_321_a1._p3._f6._1e1288175654586.jpg


Fonte:http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/wp-content/uploads/2010/10/4_321_a1._p3._f6._1e1288175654586.jpg

Ademais e nesta mesma liña temos o dato de que a prensa recolle como Federico fica “na súa casa de Cerdeira”, o cal evidencia a especial vinculación que o artista debeu ter sempre con esta terra.


“El señor Arsenio Blondín famoso funámbulo que muchas veces pasó el Sena y que cobró fama mundial. Es gallego y actualmente se halla en Cerdeira, su pueblo natal. Fª Pacheco” Fonte: Revista vida Gallega. Nº 88. 26 de Xuño de 1917.http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/catalogo_imagenes/miniatura.cmd?idImagen=11116908


Agilidades en la “antigua Gasteiz” é a sinxela definición da presencia da “troupe blondín” na praza de touros da cidade vasca no ano 1902. Heraldo Alavés : Diario independiente de la tarde: Año II Número 434 - 1902 Junio 30 Página 1

50 céntimos era o prezo da entrada para ver o espectáculo dos “célebres esposos Blondín” na cidade de Cadiz. Sería outra vez na praza de touros. La Palma : Diario de avisos, mercantil, industrial, agrícola y literario: Número 17413 - 1886 junio 13 Página 3

Nesta larga columna titulada La destreza en España firmada por Espinosa y Quesada, dase conta de varios casos de persoas dotadas de grandes habilidades entre as que se glosan tres casos de funambulismo extraordinario. O primeiro datado polo autor, no 1547 durante o acto de coroación do rei inglés Eduardo VI en Londres e o segundo deles debeu acontecer o 25 de xullo de 1554 cando O Rei Felipe II accedeu ó trono inglés. Ambos espectáculos estiveron protagonizados por “un aragonés” (Sic.) O terceiro foi o protagonizado por “ Antonio Federico Arséns, o Álvarez según algunos periódicos” que tería ido a París “por los años de 1882” (Sic.) Este equilibrista tería cruzado o sena sobre una corda colgante en menos de dous minutos e vestindo un “maillot (de cor) plata”(Sic.) que o facía visible dende unha grande distancia segundo o cronista. La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Número 12 - 1891 enero 18 Pode que fora ese ambiente restrinxido o que fixo que a familia dera o salto cara París onde aparecen rexistrados nun censo de estranxeiros19 de 28 de Agosto de 1890 co número de asento 1322. Nel figuran inscritos, cos nomes convenientemente mimetizados co entorno, Federico Alvarez, chamado “Blondín” de profesión artista. Fillo de Jean Álvarez (Xan, Juán) e de “Amélie” Calvo, (en realidade era María Amalia) nacido o 11 de febreiro de 1853, nun lugar que non indica. Pode ser que a persoa encargada do rexistro non entendera a fonética de “cerdeira”. Está casado con Estelle Marie Doval (Maria Estrella) de 35 anos ca que ten catro fillos nese intre: Trinité, de 12 anos; Jean, de 10; Antoine, de 7; Isabelle, de 6 e Frédérique que ten 4. O seu anterior domicilio era xa a cidade do Sena. No asento anterior, 1321, figura inscrito un irmán de Federico. Trátase de Manuel Álvarez, tamén artista e nado en Logroño o 16 de febreiro de 1871 probablemente durante unha das xiras da compañía ecuestre dirixida polo seu pai. Como veremos, Manuel será o gran continuador da saga Álvarez.

19

http://claudie.dussert.free.fr/Etrangers_recenses_HG/EspagnolsVII.htm


E efectivamente o comediante de Cerdeira, acadou probablemente una das cotas mais altas de popularidade en Francia cando no ano 1883 atravesou o río Sena, no medio de París e dunha enorme concentración de público20. Unha descrición do acontecemento pode consultarse na fonte orixinal neste sitio21 da Biblioteca Nacional de Francia onde aparece unha detallada crónica do espectáculo e da circunstancias do mesmo. En 1882 un acrobate, prenant naturellement le nom de Blondin (Arsens),a traversé la Seine sur un câble de fer tendu d'une rive á l`autre. L`expérience a eu lieu entre le Cours de la Reine et le quai d'Orsay. Ce câble, formé de torons de fil de fer galvanisé, il était soutenu à ses deux extrémités avait environ 5 centimètres de diamètre; par un échafaudage formé d'une sapine maintenue par des arc-boutants, sur laquelle se trouvait une petite plate-forme, une sorte de hune destinée à recevoir l'équilibriste au bout de sa course.

Federico é descrito como un “home novo duns trinta anos, de estatura pequena e que semella flexible e ben musculado”. Segundo se pode ler no texto dixitalizado, a función tivo cinco actos ou actividades diferenciadas.

Cours de la Reine. Punto de partida de Federico Arséns na beira do Sena, París. Fonte:

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Cours-la-Reine.JPG/375px-Cours-laReine.JPG

20 21

Unha imaxe do feito en http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6272780p/f228.image http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6272780p/f225.image


Quay D`Orsay. Lugar de chegada. http://fr.wikipedia.org/wiki/Quai_d%27Orsay#mediaviewer/File:P1020438_Paris_VII_Pont_Alexandre_III_Port_des _Invalides_Quai_d%27Orsay_rwk.JPG

Lugar da cidade de Par铆s onde aconteceu o paso do Sena. Fonte: Adaptaci贸n propia da Wikipedia.


Na primeira o artista, percorreu co seu balancín a distancia entre ambas beiras do río, uns 150 m segundo o autor, en dous minutos. Isto é, fixo o traxecto a paso lixeiro ou “moi rápido” segundo se expresa no texto. Na segunda entrada, percorreu cara atrás o cable de aceiro, duns 5cm aclara, até un punto do mesmo no que sentou e saudou ó publico. Despois regresou ó lugar de partida. No terceiro exercicio, pasou todo o río ca cabeza cuberta cunha ampla carapucha negra por baixo da cal sobresaían os brazos. A seguir colocou o que define como un balancín que semella moi pesado, sobre o cable para subir sobre el cun pe a cada lado do cable. Nesta posición tocou unha corneta de pistóns durante varios minutos. Para rematar a actuación sentouse nunha silla e permaneceu en equilibrio sobre ela.

Arséns dominando o Sena. Fonte: http://jacquelinewaechter.blogspot.com.es/


Retrato publicitario de Arséns Blondín. París 1882. http://www.tajan.com/pdf/2004/4483.pdf.


Outro cartaz amosando diversas técnicas sobre o cable de aceiro. Fonte: http://www.camardetassocies.com/html/fiche.jsp?id=1054165&np=5&lng=fr&npp=20&ordre=1&aff=1&r

No texto menciónanse outras das actividades que adoitaba desenvolver sobre o cable, como transportar a un afeccionado, levar unha carretilla ou circular en “velocípedo”. Como dato interesante comenta tamén que se esta caste de actividades non e mais frecuente non o é pola escaseza de acróbatas dispostos senón, explica, polo feito de que dende 1883 a Prefectura da policía non concede os permisos necesarios logo do fatal accidente do “equilibrista negro M. Malcom” que cando pasaba o río Meuse tivo a desgraza de que se lle partira unha corda que termaba dun dos postes que soportaban o cable. O poste caiu sobre a xente e matou a unha rapaza. Malcom que actuaba atado de pes e maus con cadeas, caiu ás augas e malia todo conseguiu sair delas e mesmo acudir en socorro das vítimas.


Parece que no 1884 O Comediante chegou á península italiana. Bolonia, o cruce do río Arno en Florencia e o Po en Turín foron algúns dos lugares nos que actuou22. Así pois temos que O Comediante foi un artista total, músico que manexou varios instrumentos, fotógrafo e reloxeiro; dominador da arte ecuestre e dos segredos do funambulismo. Podémolo imaxinar aló sobre o río Sena, logo dunha gran campaña publicitaria, co seu traxe axustado de cor prata. É un home novo, forte, áxil e de estatura modesta. Gasta bigote e barba; nun intre do seu camiño aéreo saca un dobre instrumento de vento e toca como xa solo se toca nunha parte das terral altas de Galicia. Sempre o fai. É o seu xeito de esconxurar a morriña. Na actualidade, a saga familiar dos Álvarez continúa no mundo do Circo. Un sobriño de Federico e fillo de Manuel, o que aparece no rexistro francés citado mais arriba, chamado Miguel é o avó dos actuais propietarios do “ Circo Sensaciones.” Estes artistas recibiron no ano 2010 o Premio Nacional de Circo e continúan plenamente activos e levando o seu espectáculo por todo o mundo. Cando en 1985 crearon unha nova técnica que foi unha innovación mundial, fixéronse acreedores do máximo galardón na súa actividade. Outros sobriños de Federico Arséns tamén continuaron a tradición familiar, ampliando co seu esforzo as fronteiras da arte circense. Mais todo pode remontarse a Cerdeira, onde vive inda a lembranza do Artista que pasaba o río polo aire, dende a súa casa até o san Vitor. Cada un deles balcóns privilexiados en cadansúa beira do rio, sobre unha das paisaxes mais senlleiras de Galicia; un lugar onde paseando pola Casa do Comediante inda se pode percibir a súa memoria e mesmo presenza nun furtivo rinchar de cabalos, o renxer dunha maroma de esparto e mesmo pode que nos pareza escoitar unhas variacións do carnaval de Venecia. Tamén pode ser que sexa o vento da serra xogando a ser artista.

Variacions do carnaval de venecia polo desaparecido Maurice André. Esta peza podía escoitarse nas actuacións do Comediante de Cerdeira, Federico Álvarez, Arséns chamado Blondín. https://www.youtube.com/watch?v=2Bb54Ecb5b4

22

Fonte: Info_Circo http://www.infocirco.com/articulo.php?id=41



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.