Viaxes reais, viaxes imaxinadas. New York-Florida-California

Page 1

NEW YORK New York (en inglés State of New York) forma parte dos 50 estados que constitúen os Estados Unidos. Sitúase no noroeste do país, no Atlántico Medio, ocupando una extensión 141 299 km². Ten a Conética, Massachusetts, Vermont, Nueva Jersey y Pensilvania como estados fronteirizos. Está subdividido en 62 condados. A súa capital é Albany pero a cidade máis coñecida, importante e con maior poboación é New York City (cidade que imos visitar). É o estado con maior repercusión financeira, comercial e industrial do país. E tamén o terceiro máis poboado (19 millóns). Historicamente, New York foi colonizado orixinalmente polos neerlandeses, que o chamaron Novos Países Baixos. Tamén fundaron pobo na illa de Manhattan co nome de Novo Ámsterdam (dará lugar a New York). Cando Inglaterra fíxose co poder botando ós neerlandeses, estes renombraron o estado máis cidade de Manhattan, amabas co nome «New York». Foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron na Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Nel estiveron presente gran maioría das batallas que houbo. Despois da guerra, New York pasou a ser o 11.º estado en entrar na Unión (26 de xullo de 1788). Dende entón, New York tivo un crecemento moi alto en todos os aspectos, destacando, sobre todo, a cidade do sur do estado, New York (actualmente é o


principal centro financeiro, bancario e telecomunicacións do país). Este estado é o líder en agricultura, así como un dos principais centros ferroviarios. Conta cun clima temperado (entre 0ºC e -10ºC en inverno e 19ºC e 23ºC en verán, dependendo do condado ou cidade). Son habituais os xeadas e granizo. Neste estado encontrámonos cunha variedade de razas considerable, contando cun 60,2% de brancos (europeos ou descendentes), 16,3% de latinos, 15,5% negros e 6,9% de asiáticos, entre outros. É por iso que lingüisticamente atopamos, a parte do inglés, moita variedade de idiomas. As cidades de maior referencia son Albany, New York, Buffalo, Rochester, Yonkers, Troy, entre outras.


FLORIDA Florida (tamén coñecido como La Florida) forma parte dos 50 estados de Estados Unidos. Sitúase ó sur do país e ocupa una extensión total de 170 378 km². O Golfo de México, Alabama, Georgia e o Océano Atlántico forman parte das fronteiras do estado. Está subdividido en 67 condados. A súa capital é Tallahassee. Como cidades máis representativas ten a Miami ou Orlando (cidade que imos visitar). En canto poboación, é o cuarto estado máis poboado de Estados Unidos (19 317 568 habitantes). Historicamente, foi descuberta a finais do s. XV pisada por primeira vez en 1498 por Américo Vespuccio, Ponce de León e un dos irmáns Pinzón. Durante o seguinte século, tanto españois como portugueses realizaron continuadas expedición para seguir recoñecendo o terreo e tamén introducir poboación espoñala. Finalmente, La Florida pasa a formar parte da coroa española en 1562. En 1586 chegan a Florida as colonias inglesas atacando un dos asentamentos (San Agustín) que habían construído os españois. Os ingleses fanse con Virginia e desatan unha loita pola conquista de Florida. Mentres os españois preparábase para enfrontarse ós franceses, os ingleses avanzaban de norte a sur e os franceses polo o oeste. Os ingleses aproveitaron as guerras internas que tiña España para ir coméndolle terreo de Florida. Durante a Guerra de Independencia de Estados Unidos, España recupera a parte


occidental e, durante a Guerra de Pensacola, a parte oriental. En 1821, Estados Unidos comezou a recuperar zonas occidentais e o oriente reclama a independencia española. En 1845, Florida pasa a ser o estado nº 27 dos Estados Unidos. Florida, economicamente está baseada no turismo. Conta cun clima cálido durante a maior parte do ano e moitas praias, ademáis de bastantes parques temáticos moi visitados. De novo nos encontramos cun elevado número de hispanos compoñendo un 22,5% da poboación; un 75% son brancos, un 16% negros e o resto doutras razas. Debido a notable poboación latina, o español é o segundo idioma máis falado do estado, sobre todo no sur. As cidades máis representativas son Miami, Orlando, Tampa, Jacksonville (cidade con maior poboación), entre moitas outras.


CALIFORNIA California (tamén coñecido como o “Estado Dorado”) é un dos 50 estados que compoñen os Estados Unidos. Sitúase a o suroeste do país e conta cunha poboación de 38 millóns de habitantes considerándose o estado máis poboado. Tamén é o terceiro con maior extensión xa que conta cuns 410.000 km² (despois de Alaska e Texas). Ten a Arizona, Nevada, Oregón e o Océano Pacífico como sitios fronteirizos. Está subdividido en 58 condados e a súa capital é Sacramento. Historicamente o nome de California ven dado por unha novela de cabalería chamado “Esplandían”. A zona foi habitada dende fai miles de anos polos nativos americanos. Máis tarde as áreas da costa foron colonizadas polos españois en 1769, antes de que estas formaran parte de México tras a guerra da Independencia de México (1810-1821). California foi parte do territorio mexicano ata a guerra entre EEUU e México (1846-1848). O rematar este enfrontamento e como condición para a paz, a república mexicana foi obrigada a ceder o territorio ós Estados Unidos no tratado de Guadalupe Hidalgo. Finalmente, convértese no estado 31º en formar parte dos Estados Unidos en 1850. A economía californiana está situada ente as 10 potencias económicas máis importantes do mundo. As principais actividades económicas do estado son a agricultura, o ocio, a enerxía eléctrica e o turismo.


Neste estado encóntrase algunhas das cidades economicamente máis importantes do mundo, como por exemplo Los Ángeles ou Silicon Valley. En canto ó clima, vai variando dependendo da latitude, elevación e proximidade a costa. Nas zonas costeiras encontrámonos clima mediterráneo (invernos con escasas choivas e veráns secos), sen embargo, no interior atopamos un clima máis continental e semi-árido (invernos fríos e veráns máis cálidos). Cabe destacar a notable presencia e representación latina neste estado, debido a que a maior parte deste formou parte da coroa española e de México. Outras das razas que nos atopamos é a asiática ou a poboación negra. Sobra dIcir que o español ou español latino cobra especial importancia lingüisticamente sen deixar de lado o inglés. As cidades máis representativas son Los Ángeles, San Francisco, San Diego, Fresno, Sacramento, entre outras.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.