Palabras de auga

Page 1

Imaxes libres de www.flickr.com


Amadou ü  É o protagonista e a través de quen coñecemos a historia. ü  Non se nos dan datos do seu físico. ü  Intuímos que é novo: -­‐  -­‐  -­‐  -­‐  -­‐

Meu fillo, eu debía ter uns anos máis ca ti o día en que… Cantos, baba? Pois non sei, tres ou catro anos. Quince entón? Por aí, si… (Páx. 9)

ü  Acompaña os membros da familia nas tarefas: recoller leña, auga, sementes…

ü  Evolúe ao longo da novela: “Suki fitou ao seu amigo e decatouse de que semellaba máis vello, era coma se transcorresen un feixe de anos e Amadou de socate se fixese maior” (Páx.124)


Ngugi ü  É o pai de Amadou e Numba. ü  Ofrécese voluntario para averiguar que é esa nube de fume que se ve ao lonxe “Irei eu, Mkebe. E acompañarame o meu fillo Numba que xa case é un home (Páx.25) …Mkebe, de mala gana, aceptou a proposta de Ngugi, a quen todos respectaban e tiñan en alta estima” (páx. 26)

ü  Volve medio morto e cunha ferida na cabeza. Non sabe que lle aconteceu a Numba. ü  Promételle á súa muller volver polo fillo: -­‐  -­‐  -­‐  -­‐

Tesmo que xurar, Ngugi, tesmo que xurar-­‐ repetía unha e outra vez. O que, muller, o que?-­‐ preguntou Ngugi desesperado. Que irás na procura de Numba. Fareino, ho, fareino. Aínda que sexa a derradeira cousa que faga na vida. (Páx.112)


Jala ü  É unha muller de carácter:

“-­‐Mira que es túzaro, igualiño có teu irmán. -­‐  -­‐

Herdanza da miña nai-­‐ retrucou el. Abofé, é mala como un raio-­‐ dixo Mkebe sorrindo…” Páx. 48.

As mulleres dos clan Wataki da tribo dos Kimba son tecedeiras, nais, cociñeiras, esposas, costureiras e amigas. O que non teñen é voz nas decisións, están mudas. E pese a iso e ao que todos pensan, son as mulleres os verdadeiros alicerces do clan. Sen elas estarían todos perdidos. Todos sen excepción, homes, nenos e bestas. (páx. 74)

-

-­‐  -­‐  -­‐  -­‐

Esfórzase en educar a Amadou anque ás veces lle resulta difícil: “Amadou botou a correr afastándose e Jala rompeu a chorar. Ás veces a tarefa de aprender era moito máis dura que procurar comida ou auga. Supoñía máis esforzo e daba moitos máis desgustos. Pero as cousas eran como eran e non se podían mudar. Algún día, quizabes todo mudaría, pero Jala estaba segura de que os seus ollos xa non o verían” (Páx. 56) “Ela só se preocupa por ti, Amadou-­‐ tenta tranquilizalo Suki cando remata. Preocúpase? Si, claro que si. Obrigoume a comer terra, Suki (…) (páx. 58)


O episodio do formigueiro ü  O propio autor conta nunha entrevista no Atlántico diario (27/10/2012) que a inspiración da súa historia foi precisamente unha nova aparecida nun xornal: No Arxel as mulleres procuraban nos formigueiros os grans que recollen as formigas co que facer pan para os fillos.

“Sempre fora un traballo de mulleres mais desta volta (e malia a reprobación dos guerreiros) acordaron levar os fillos varóns. Pensan que é preciso que aprendan polo que poida pasar. Non saben o que lles deparará o futuro e o mellor é que estean preparados” (Páx. 73) ü  Descubrimos o verdadeiro papel de Jala para Amadou: “ Amadou, sempre que ten unha destas conversas coa súa nai, tira a mesma conclusión: que pouco sabe el e canto sabe ela (…) Se estivese en perigo, Amadou escollería sen dubidalo a súa nai para tela ao seu carón na sabana desértica… Jala sábeo todo” (páx. 77)

ü  Revélase como unha muller sabia, precavida e sensible: “-­‐ Que fas?

-­‐ Doulle as grazas, Amadou. -­‐ Por que? -­‐ Ela é nai coma min e vimos de levarlle o alimento da súa prole.”


Numba ü  É o fillo máis vello de Ngugi e Jala. -­‐

“Numba fora un rebelde dende pequeno (…) Sempre fora un rebuldeiro que puxera en dúbida as regras e costumes do clan (…) Non aceptaba que un vello como Mkebe fose quen de decidir sobre o seu destino (…) Estaba farto de fuxir e de pasar fame. El sabía que había outro mundo, na gran cidade do oeste, e quería coñecelo” (páx.26)

-

Non volve co seu pai da viaxe e este non lembra que lle aconteceu. Volve con Amadou na súa procura


A descuberta do misterio ü  Á volta da viaxe, cando recupera a consciencia, Ngugi relata que o fume proviña das fogueiras provocadas por uns soldados que retiñan a nenos como escravos. “Gabeamos por unha mgunga e dende alí vimos o enorme buraco aberto na terra no medio do mato. Estaba cheo de buracos máis pequenos e escuros que se perdían nas súas entrañas como tobeiras. Semellaba un gran formigueiro (…) Os nenos traballaban sen descanso de tres en tres: un sostiña unha pica contra a pedra, outro batía arreo cun martelo e o terceiro recollía os anacos para un cesto (…) Carrexaban unhas canastras con aquelas pedras negras …” (páx. 92).

ü  Cando volven a por Numba descobren que non é escravo dos soldados, senón un deles: “Descubriu a Numba e durante uns intres a alegría inundouno para logo desaparecer de súpeto. Alí o estaba, vestido cun pantalón de soldado (…) Malia recoñecelo e ser o seu rostro, Amadou tivo a sensación de que algo mudara, de que aquel xa non era o seu irmán” (páx. 126)


Mkebe ü  É o xefe e xamán do clan dos Wakati, da tribo dos Kimba, do país Lomba. ü  Estivo un tempo nunha gran cidade do oeste e volveu para dirixir ao seu pobo. ü  É quen decide os cambios de lugar: “ Todos no clan saben que o seu destino depende da lanza do vello Mkebe. Ficar aquí e montar un novo poboado que lles sirva de fogar ou proseguir unha fuxida que xa dura moitas semanas dende que abandonaron o poboado” (páx. 18)

ü  O seu papel como líder vai perdendo forza: “As súas decisións cada vez eran máis discutidas. Ninguén se enfrontara a el abertamente, pero as rexoubas corrían polo poboado dende que fuxiran por vez primeira do país Lomba” (páx. 24)

ü  Para tomar as súas decisións, observa os presaxios de elementos do seu redor pero cada vez lle resulta máis difícil recibir unha resposta…: “ Por primeira vez ao ler os presaxios, Mkebe non ve o futuro tan claro como agardaba. Dubida e non sabe que facer (…)Mkebe vai polas respostas que non ten, a ver se dá con elas…” (páx. 134)


O espazo ü  Na novela menciónanse lugares que non existen: o país Lomba, as montañas de Katanou, a poza de Kabissa… ü  A única mención espacial real que hai é á da sabana africana. ü  Menciónase con frecuencia a ausencia de auga e os problemas derivados desta: “

A secura esténdese coma un andazo por toda a sabana. AS árbores se agostan. Os pozos e os regatos secan. Os animais foxen ou agonizan baixo as sombras dos voitres a voaren en círculos sobre eles para devoralos” (páx. 8) “A seca mudara a terra nunha codia rechumida e lañada na que non agromaba ren. Fondas e xigantescas gretas percorríana en todas as direccións” (Páx. 9)

-

Mesmo se fai difícil a caza:

“-­‐ Ti cres que atoparemos algo?-­‐ pregunta. -­‐  Mmmm…-­‐ rosma o seu pai sen contestarlle. -­‐  Coa terra tan seca non vai ser doado, non? -­‐  Seino” (páx. 94)


O suahili s  Outro dato que nos axuda a localizar en África a historia é a aparición de palabras en suahili: o número dos capítulos, léxico destacado en cursiva en toda a novela… s  O suahili é unha lingua africana falada sobre todo en Tanzania, Kenia e zonas limítrofes de Uganda, Mozambique, República Democrática do Congo, Ruanda, Burundi, Somalia e Zimbabue. Fálana arredor de 80 millóns de persoas. s  Ademais do suahili que aprendestes na novela (mgunga, baba, warugaruga…), coñeciades algunhas outras palabras deste idioma… hakuna matata (non hai problema), rafiki (amigo)… xa que a película de Disney “O rei León” está inspirada neste pobo e zona de África ;)


O final s  A distancia entre Amadou e Ngugi á volta do fallido rescate de Numba: “Jala

despídeos coa man dende lonxe e sente un arreguizo no seu corazón. Numba tamén marchara así co seu pai para non regresar. Dende ese día nada volveu ser igual para ningún deles. Pero ela non acaba de entender que en vez de unirse máis ante a súa perda, Ngugi e Amadou semellan agora máis distantes, coma se un muro xigantesco se alzase entre eles …” (páx. 94).

s  O segredo de Amadou: “O segredo que gardaba dentro del estaba a afogalo cada día que pasaba. A piques estivera de contarllo en varias ocasións a Jala. Pero logo pensara que, se o facía, ela xamais perdoaría a Ngugi e sempre remataba calando” (páx. 117)

s  A reconciliación: “-­‐ Eu… non teño herba… que ofrecerche. Por que? – Por…-­‐ comeza a dicir antes de interromperse (…) Sinto moito… deixar alí…o teu irmán-­‐ tatexa por fin entre arfadas…” (páx. 121).

s  O achado da sungusungu mkubwa e a chegada da choiva… un final aberto…


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.