Las ventajas de ser un marginado

Page 1

O AUTOR : Stephen Chbosky (Pittsburgh, 1970)

Sabías que…?

CLUB DE LECTURA LARETAS IES POETA AÑÓN

O título orixinal do libro, que se publicou en inglés por primeira vez no ano 1999 é “The Perks of Being a Wallflower”. WALLFLOWER é un termo que alude a unha persoa tímida; tamén se pode referir a esa persoa coa que ninguén quere bailar nunha festa.

 Stephen Chbosky creceu en Pittsburgh, Pennsylvania, e estudou Guión Cinematográfico na Universidade de Southern California.

A traducción que se fixo en España quizás non recolla ao pe da letra a implicación que ten o título inglés. En Sudamérica a traducción do libro (Las ventajas de ser invisible) aproxímase máis as características do protagonista da novela

 En 1995 escribiu, dirixiu e actuou na súa primeira

película, The Four Corners of Nowhere, cualificada para o Sundance Film Festival.

 Debutou como novelista en 1999 con Las ventajas

de ser un marginado que foi un éxito inmediato, aínda que durante anos estivo nas listas de títulos censurados polas asociacións de pais. El mesmo foi o encargado de levar esta historia de adolescentes á gran pantalla con Emma Watson, Logan Lerman e Ezra Miller como actores protagonistas en 2012

 É o responsable dos guións de Rent (2005), Beauty and the Beast (2017) ou a serie de televisión Jericho, da que tamén foi creador e productor. En 2017 dirixiu Wonder, adaptación da novela do mesmo nome

LAS VENTAJAS DE SER UN MARGINADO Stephen Chbosky (1999)

7 MAIO 2018 IES POETA AÑÓN-OUTES-


ARGUMENTO Charlie ten 15 anos e quedouse só tralo suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, o seu popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a piques de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha gran capacidade intelectual. Tras coñecer a Sam e Patrick empeza a comprender o que é ser un adolescente, e comeza unha viaxe cara á madurez que lle levará a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descobre nova música, empeza a beber, fumar e coquetear con drogas, cambia de amigos ...

PERSONAXES PRINCIPAIS CHARLIE: protagonista SAM: mellor amiga de Charlie

PARA REFLEXIONAR... Aceptamos el amor que creemos merecer El tiempo pasa, los amigos se van, y la vida no se detiene por nada Así que supongo que somos quienes somos por un montón de razones. Y quizá nunca conozcamos la mayoría de ellas. Pero aunque no tengamos el poder de elegir de dónde venimos, todavía podemos elegir adonde vamos desde ahí. Todavía podemos hacer cosas. Y podemos intentar sentirnos bien con ellas. Ese momento en el que sabes que no eres una triste historia. Estás vivo y ves las luces en los edificios y todo lo que te hace preguntarte y estás escuchando esa canción con la gente que más quieres...Y en ese momento ju-

PATRICK: amigo homosexual CANDASE: irmá de Charlie DEREK: irmán de Charlie PAI DE CHARLIE NAI DE CHARLIE

No sé si es mejor que tus hijos sean felices y no vayan a la universidad. No sé si es mejor tener una buena relación con tu hija o asegurarte de que tenga una vida mejor que la tuya. La verdad es que no lo sé

BILL: profesor de Lingua MARY ELIZABETH: BRAD: parella secreta de Patrick TÍA HELEN

Es genial que puedas escuchar y ser un paño de lágrimas para alguien pero ¿y si ese alguien no necesita un paño de lágrimas? ¿Y si necesita los brazos o algo así? No puedes quedarte ahí sentado y poner las vidas de todos los demás por delante de la tuya y pensar que eso cuenta como amor. No puedes. Tienes que hacer cosas.

Para o debate... 

Ao inicio do libro Charlie deixa claro que quere permanecer no anonimato. Cal é o motivo?

Para ti ...que é ser un marxinado?

A narración está estructurada en forma epistolar . A quen dirixe Charlie as súas cartas? Ocórreseche unha razón pola que o autor escolleu este destinatario?

Algunha vez fixeches algo que non querías facer realmente, para ser aceptado?

Podes pensar nunha situación na que te sentiras invisible como o protagonista?

Atopas parecidos entre o instituto de Charlie e o teu?

Que cres que leva a un adolescente a probar as drogas?

Como reaccionarias no lugar de Charlie cando toma drogas sen sabelo? Enfadaríaste? Alegraríaste?

Que che parece o poema que comparten os tres amigos no Nadal?

Como reaccionas cando che din que alguén ten unha enfermidade mental?

Con que personaxe te sentiches máis identificada/o?

Hai algún personaxe que se sinta a gusto consigo mesmo?

Cres que te farías amigo de Charlie?

Quen che parece os seu mellor aliado? E o seu inimigo?

No libro hai infinidade de citas literarias, musicais e cinematográficas. Interesáronche de alguna maneira? Despertaron a túa curiosidade ? Que cancións poñerías ti nunha cinta “mix”?

Pensas que os problemas que afectan aos adolescentes no libro seguen a estar vixentes hoxendía?

Como reaccionaches ao saber o final da historia da tía Helen?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.