A SEÑORITA BUBBLE

Page 1

Ledicia Costas vista por ela mesma

Outros libros da autora

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Ledicia Costas no IES Poeta Añón Decembro-2013

Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios. Estou convencida de que os libros que devorei sendo unha nena marcaron de xeito irremediable o meu futuro. Por algunha razón que aínda non comprendo, estudei Dereito. Exercín uns anos como avogada, pero desde hai xa tempo dedícome por completo á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando cemiterios, todos os que podo. Teño centos de fotos en cemiterios de distintos lugares do mundo. Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos. Son unha lectora apaixonada de autores como Agustín Fernández Paz, Neil Gaiman, Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren ou Philip Pullman. O meu director de cine favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de animación de referencia Dragon Ball, baseada nun manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama. Teño devoción polas ilustracións de Ana Juan e Nicoleta Ceccoli. Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

1999

2014

2016

2012

2015

2016

2012

2015

2017

Mellor libro de Literatura Infantil en Galicia no 2017

Fonte: http://lediciacostas.com/es/

A SEÑORITA BUBBLE Ledicia Costas -2017IES POETA AÑÓN-OUTES-

29 OUTUBRO 2018


SABÍAS QUE…?

RESEÑA da Editorial Xerais A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha maña solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela mansión que levaba anos e anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble

PERSONAXES

Ledicia Costas caracteriza á Señorita Bubble e todo o que a rodea dentro da chamada tendencia STEAMPUNK que tivo a súa orixe na Literatura pero logo se estendeu a outros ámbitos da cultura e sociedade O STEAMPUNK inspírase na Inglaterra victoriana do s. XIX que vive en plena Revolución Industrial. Esta época está dominada polas máquinas de vapor, a mecánica e a tecnoloxía É habitual atopar elementos de ciencia fiIcción dentro das obras “steampunk” pero GAME BOY trátase dunha ciencia ficción antiga. STEAMPUNK •

CITAS PARA PENSAR... Aquilo foi unha das cousas que máis lle doeron á señorita Bubble, que as outras mulleres a desprezasen sen coñecela sequera, só polo feito de ser distinta a elas. Nun arrouto disparatado, recolleron sinaturas coa intención de botala da vila. Páx. 54 A xente que non é quen de chorar acaba coa tristura enquistada. Chorar tamén é necesario, aínda que hai moitos que non o saben. Axuda a limpar os ollos e o corazón. Páx. 59

Sofi agochaba as cousas máis valiosas debaixo da almofada, o lugar máis próximo aos seus soños. O problema é que na vida as cousas non funiconan coa lóxica dos nenos. Páx. 71 O mundo está deseñado para aquelas persoas que teñen os pés ben chantados na terra -Miguel seguía co seu responso-. Mírame a min. Non cheguei a director de banco lendo trapalladas de ciencia ficción. Páx. 76 Ilustracións do libro de Andrés Meixide

Non temos teléfono móbil... Mamá e papá din que antes de facermos os 14 nada de móbiles. Atrofian o cerebro. Páx. 28

Primeiro pensei en poñervos a fregar os retretes de toda a escola cun cepillo de dentes. Por desgraza, os mexericas de hoxe en día pensan que esa clase de métodos atentan contra a dignidade dos nenos (…) Poden acusarme de obrigarvos a facer traballos forzados. Nas últimas décadas a educación amoleceu tanto que, se o penso, éntranme náuseas.Páx. 85 A semana pasada houbo un xogador que quedou sen cartos e ao final apostou a súa propia casa (…) –Sabedes que foi o peor de todo? Que a perdeu, perdeu a súa casa e tivo que entregala. O tipo arrepentiuse, porque agora a súa familia non ten onde vivir, pero a mafia non anda con andrómenas. As débedas de xogo non se perdoan xamais. Páx. 111

PARA O DEBATE •

Sabes quen conta a historia da Srta. Bubble?

Quen dirías ti que son as persoaxes principais? E as secundarias? Que opinas do incidente de Sofi e Noa con Dona Úrsula? Sabes algo do alcalde da vila? Cal é a súa mentira? Lembras algunha das invencións da señorita Bubble?

Como pretende facer feliz á xente?

Por que motivo chora Vincent tódalas noites?

Como se sinten as dúas irmás ante a reacción da xente do pobo querendo queimar a mansión Bubble?

Recomendarías este libro a un amigo?

Que che pareceu o final? Cambiaríalo

A narradora fala de “xustiza cósmica” no remate da historia. A que se refire?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.