A pomba e o degolado

Page 1

FINA CASALDERREY Xeve, Pontevedra -1951 ALGÚNS DOS SEUS LIBROS –Lit. Infantil –xuvenil

CLUB DE LECTURA “LARETAS” IES POETA AÑÓN

Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey) naceu no lugar de Pilarteiros, Pontevedra en 1951 Profesora, etnógrafa vocacional, gastrónoma, xornalista...e, sobre todo, escritora. Tanto é así que está considerada unha das autoras máis recoñeci-das e traducidas da literatura infantil galega. Estudou maxisterio e o seu primeiro destino como mestra foi una substitución en Pontecesures. Alí deu con Avelino Pousa Antelo Foi daquela que comezou a adaptar contos populares ao teatro para representalos co seu alumnado. Nos comezos como ensinante, foron tantos os destinos que, en canto tivo oportunidade, quedou 25 anos en Moraña. Logo, os dez últimos anos, previos á súa xubilación, impartiu docencia no IES Illa de Tambo de Marín. Diplomouse en Lingua e Literatura Galega na Escola Oficial de Idiomas Cambiar a Escola, achegala máis á realidade, instouna a realizar co seu alumnado diferentes traballos relacionados coa investigación etnográfica no entorno próximo (os hórreos, os apeiros de labranza, as festas populares, a medicina popular, cantigas, refráns, lendas…), Todos eles en Galego. No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís Os seus libros, sempre escritos inicialmente en galego, tradúcense habitualmente ás demais linguas do estado. Algúns tamén ao bretón, coreano, inglés, francés, italiano, portugués ou chinés. Dende novembro de 2013 forma parte da RAG (Real Academia Galega) como membro numerario. FONTE: Web da autora

Fina Casalderrey A POMBA E O DEGOLADO -200723 XANEIRO 2017


ARGUMENTO A pomba e o degolado é, esencialmente, unha historia de amor entre adolescentes. Ou mellor, unha descuberta do amor que vén ser a descuberta dunha nova forma de ver o mundo e a vida, de estar no mundo, que supón establecer novas relacións cos familiares, cos amigos e cos compañeiros. Atrás, coma un pesadelo, van quedando problemas que se crían insolubles: a morte do avó, a separación dos pais, o acoso escolar, o fracaso nos estudos, o abandono dos amigos... Por diante aínda quedan cabos que atar: unha nova relación co pai e coa nai, unha noiva... A novela recolle uns poucos anos da vida de André; non moitos, pero son anos de cambios profundos. Cando o pai marcha da casa, o neno aínda non é quen de comprender a situación. Interprétao coma unha viaxe do pai e relaciona o seu cambio de aspecto cando vén de visita con algún traballo que estará a facer para os Reis Magos. Tampouco entende o comportamento errático da irmá nin o malhumor permanente da nai. O rapaz anda á valga pola vida, agarrándose a táboas de salvación como a súa compañeira Halima, o seu amigo Curro, a súa avoa e, sobre todo, o seu avó vivo ou na lembranza. As mágoas vainas superando coa axuda das súas afeccións: o chat e os paxaros. Fonte: Blog “Revolta da freixa”

O bar dos avós:“A CASA DOS PAXAROS”

       

ANDRÉ—o Degolado HALIMA—A Pomba DAVINIA: irmá de André Nai de André Pai de André Avó GUILLERME Garuda: ave mítica Avoa NEVES CURRO HECTOR SOLLA e RAÚL PERNAS

Paréceche que o título do libro é simbólico? As aves están asociadas a unha seríe de característica no libro. Con cal/cales se identifica André? A historia segue un fío lineal no tempo?

Fixástete en como a autora pasa dun capítulo a outro?

 

Birrio (Vencejo)

Capuchino Agapornis

Pimpín Degolado

Tilonorrinco

Cuco

Xirín (Verdecillo)

Personaxes 

Para o debate...

Pega (Urraca) Vichelocrego (Oropéndola)

Rula

Paporroibo (Petirrojo)

André fala de amor, acoso, divorcio dos pais, amizade, morte, drogas, internet….Senticheste identificado/a con el nalgún momento? Que opinión che merece o seu pai? É un bo pai? Aparte do mundo dos paxaros, hai outro o que André alude continuamente, establecendo símiles? Sabes cal? De onde pensas qe pode vir esa afición? Pensas que hai 2 Andrè, un na vida real e outro na virtual? Que vantaxes ten Internet para el? A que se refire André cando fala de que se sente “invisible”? “Nunca pensas que o amor de teus pais pode ter data de caducidade” p.62. Estás de acordo? Acordarse de que o pai vive no 5ºC coa frase “quinto carallo” é unha técnica que ten un nome. Sabes cal? O avó di: “Hoxe temos máis e somos máis pobres”p.107. Como interpretas esas palabras? Por un casual, coñeces os cantantes e grupos mencionados no libro: Chivi, Angel González, Pedro Guerra, Luis Mariano, Carlos Cano, Ska-p, Kurt Elling? “O Instituto volvérase o escenario dos meus fracasos cotiás. Cada mañá ao entrar miraba aquelas paredes e dábanme gañas de fuxir coma do lume. Soportar o acoso día tras día era moi duro” p.9 Esaxera André? Podes entender ese sentir do que fala? Se foses amigo –amiga del, como lle axudarías? Que opinión che merece o final?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.