Pesadillas

Page 1

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN MANGA é a palabra que designa o cómic xaponés. A súa adaptación ó mundo da animación recibe o nome de ANIME. Dado que o xaponés é un idioma escrito verticalmente en columnas que se len de abaixo arriba, empezando pola dereita, o sentido de lectura dun manga en xaponés é inverso ao noso de xeito que a portada se atopa na contraportada e viceversa. As viñetas dunha páxina tamén se len de dereita a esquerda.

Katsuhiro Otomo (大友克洋 Otomo Katsuhiro), nado o 14 de abril de 1954 en Hasama na prefectura de Miyagi, Xapón. É un debuxante de manga, director de anime, e guionista tanto de manga como de anime. Coñéceselle principalmente por ser o director de Akira, unha das películas máis influyentes do anime, así como por ser o artista/guionista do manga orixinal no que se basea a película.

PEQUENO GLOSARIO MANGA AOSEN: manga para lectores adultos BISHOJO/BISHONEN: mangas de ambiente estudiantil BUNKO: Libro de bolsillo 10x15 cm, COSPLAY: disfraz de personaje manga/anime usado por otakus en festss ou convencións ETCHI/HENTAI: mangas pornográficos GAKUEN MANGA: manga protagonizado por estudantes de secundaria JOSEI MANGA: manga para mulleres adultas. KODOMO MANGA: manga para menores de 6 anos. MANGAKA: persoa que fai manga OTAKU: persoa entusiasta do manga/anime (pexorativo no Xapón, non nos EE.UU ou Europa

Fontes para a elaboración desta guía:

PESADILLAS (DOMU)

 MOLINÉ, A (2002) El gran libro de los manga. Ed. Glenat. Barcelona

Katsuhiro Otomo

 OTOMO,K (2003). Pesadillas. Norma Editorial. Barcelona  www.zonanegativa.com

20 xaneiro 2017


ARGUMENTO A historia comeza cunha serie de mortes inexplicables nun bloque de edificios e coa investigación que se leva a cabo. Pero enseguida o protagonismo da historia céntrase nos veciños do complexo, concretamenente en dous veciños: Cho-san, un vello de aspecto tranquilo, e Etsuko, unha nena que acaba de chegar ao bloque de pisos coa súa nai. Nese momento é cando as mortes se suceden mais rapidamente. A trama vaise acelerando a partir do momento en que a nena entra en escena, e non só iso, si non que ademais todas as accións que se van sucedendo unha detras doutra e non podes deixar de ler ata o final do manga.

PERSONAXES Ueno Genji. A historia comeza coa sospeitosa morte deste responsable do almacén dun supermercado de corenta anos. Co seu caso, a policía contabiliza vinte e cinco mortes relacionadas co edificio. . Tsutome Sasaki. É o foco dos murmullos dos veciños polos seus malos dotes nos estudos. Presentouse varias veces aos exames de ingreso á universidade sen chegar aprobar. Señora Tetsuda. Cabizbaja, empuxando un carrito de bebé baleiro. Seguramente con algún tipo de trastorno mental, quizais desencadeado a raíz de perder a un fillo non nato. Unha alma escura e deprimente que pon os pelos de punta a todas as súas veciñas Yoshikawa, pai e fillo. O pai traballaba como camionero ata que un accidente apártao do seu oficio. Adicto ao alcohol, a súa muller abandóaao tras unha forte pelexa. Desde ese día vive só cun fillo do cal non se quere responsabilizar. Os nenos do edificio non queren xogar co pequeno Yoshikawa por medo ao seu pai e á súa historia .

Cho-san. O porteiro do edificio defíneo como “un vello solitario un pouco gagá” e a verdade é que a súa actitude e comportamento é propio dun neno pequeno. É un dos personaxes máis importantes xunto ao seguinte Etsuko. Ela e a súa familia acaban de mudarse ao edificio sen coñecer as mortes que acaeceron entre as súas paredes. É unha nena alegre á vez que forte e decidida. Grazas a ela, desvelaremos os segredos do edificio.

PARA O DEBATE...  Gustouche algo deste libro? E algo non che gustou?  Houbo partes que che aburriron?  Como mellorarías o libro?  Atopaches algo que nunca viras nun libro?  Fuches quen de seguir a historia e entendela?  Hai algo que sucede neste manga que che pasara a ti?  Hai unha liña temporal única?

PESADILLAS - DOMU– foi publicada no seu idioma orixinal entre 1980 e 1982 en formato de serie, e posteriormente como novela gráfica en 1983, pero non apareceu en español ata a gran explosión da moda do manga e o anime xaponés dos anos 90, da que Otomo foi un dos grandes protagonistas grazas á súa serie (e posterior adaptación ao anime) máis recordada: Akira.

 Onde sucede todo? Podería ter pasado noutro lugar?  O policía Takayama vai visitar a un chamán en Monte Ontake chamado Tenshi Nonomura. Xuntos van visitar o bloque de vivendas e o chamán nota unha forza moi potente que lle indica que haberá máis mortes. Pensas que hai persoas que teñen poderes mentais?

Portada orixinal -1983 Otomo preocúpase polo futuro da sociedade xaponesa. Cuestiona os progresos acadados pola ciencia e a técnica xa que non parecen paliar as miserias humanas que contrastan co inmenso escenario humano no que teñen lugar. En relación coa trama do libro, o autor afirma :

“Cando vivía en Tokio, levaron a cabo un novo gran proxecto de vivendas publicas. En pouco tempo encheuse de parellas con salarios baixos e bebés recén nacidos. Parecía que nunca ían adaptarse a esta especie de vida urbana conxestionada pero atopáronse atrapados neste mundo”.

 Que opinas das viñetas que ocupan dobre páxina (p.78-79 ou 156-157,por exemplo)? Que pensas que quere lograr o autor magnificando a escena?  Sabes o que son os “fuegos fatuos”(p.64)?  Na historia hai un enfrontamento entre Etsuko e Chosan. Que pensaches mentres o lías?  Que lles dirías aos teus amigos deste libro?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.