O PAZO BALEIRO

Page 1

XABIER P. DOCAMPO (1946-2018)

• •

Así se describía a si mesmo: • Nacín chairego, fillo de chairegos, o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña nai –meu pai, de Xermar (Cospeito) –, onde fun por primeira vez á escola. Pasando por riba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudei Bacharelato e Maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Chá, a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fora a estancia. Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e da literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra dela. Estas actividades de reflexión sobre a narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante, en varias ocasións, en eventos sobre tales temas en América. Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica destes medios. Durante un tempo, fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra dela. Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), e durante cinco anos formei parte da súa xunta directiva (dous deles como presidente). Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria. Déronme algúns premios polos meus libros; por exemplo, os seguintes: • Premio Feira do Libro da Coruña (1989), polo conxunto da miña obra narrativa. • Premio Emilia Pardo Bazán, do Ministerio de Educación. • Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia. • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995. • Honour List IBBY 1996. • White Ravens 1997, da Jugendbibliothek de Munich. • Premio Lecturas, da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GÁLIX), 2004. • White Ravens 2005, da Jugendbibliothekde Munich.

Outros libros de XABIER P. DOCAMPO CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Fontes: •

https://www.xerais.gal/catalogos/pro yectos_lectura/XG00045801_1.pdf https://www.oqueleo.com/autores/xa bier-p.-docampo https://es.wikipedia.org/wiki/Pazo

O PAZO BALEIRO Xabier P. Docampo (1997) 29 ABRIL2019


ARGUMENTO A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren. Un día, na caixa dun reloxo antigo, atopan algo que os pon sobre a pista dunha xoia emblemática que quizais se atope nun pazo deshabitado. Nicolás acode cos seus amigos ó pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.

PRINCIPAIS PERSONAXES NICOLAS..

RAMIRO. .

SOL.

TÁRSILA..

DELIO.

NAI E PAI DE NICOLAS.

SABÍAS QUE…?

PARA COMENTAR...

O PAZO é un tipo de casa señorial tradicional galega, posuido-

Estaba a se referir ó desexo que Nicolás manifestara en coñecer os segredos do oficio de reloxeiro. Había dúas cousas que o encamiñaron a este desexo: por unha parte a admiración que sentía por Delio. Aínda que era un home considerado como cheo de rarezas polos seus conveciños de Eiravella, para Nicolás era un personaxe que tiña algo de heroico. Gustáballe aquela súa maneira de vivir dun xeito distinto de como o facían todos (p. 31).

ra de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Acostumaban ser a residencia de persoas importantes na súa comunidade (baixa nobreza galega e fidalgos, e antes, de reis ou nobres). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión

O que se deita con nenos sempre se ergue mexado (p.68) Eu téñolle sentido dicir a meu pai que os nosos trasavós todos eles traballaron para o pazo, pero ninguén sabía o que pasaba dentro porque nunca os convidaron a pasar. Só sabían do traballo e dos foros. O resto era un segredo (p.124)

Pazo de Oca (A Estrada)

ALGÚNS DOS TEMAS DO LIBRO •

Pazo de Fefiñans (Cambados)

A comprensión hacia os demais e o respecto á diferencia e á maneira de vivir de cada un .

O valor das cousas herdadas do pasado. Importancia do pasado e de conservar o que nos ensinaron e deixaron os nosos antecesores . Os bos froitos do traballo en equipo. A importancia de saber convivir e traballar en equipo. Incomprensión e incomunicación coas figuras paternas propiciadas, en parte, por estar absorbidos polo traballo . A influencia negativa da TV, ó excederse no seu uso, propicia a falta de comunicación familiar e a falta de atención que podemos observar na figura materna

• •

O descubrimento por parte de Nicolás dunha forma de aprendizaxe alternativa á escola . • A importancia de valores como a lealdade e a busca da verdade.

Prefiro dicir a verdade. Despois da bronca quedo máis a gusto do que había estar pensando en que me podían pillar…. (p.54)

• •

Pazo do Tambre(Outes)

Pazo da Pena do Ouro (Noia •

NERIUM OLEANDER (loendro ou adelfa) Unha das plantas máis velenosas do mundo: follas, flores, talos, ramas e sementes son todas elas altamente velenosas, O seu potente veleno contén varias toxinas que actúan sobre o corazón. A inxesta por erro desta planta provoca náuseas, vómitos, vertixe, deposiciones, excitación e depresión, convulsións, arritmias, taquicardias e finalmente a parada cardíaca.

Que personaxe che pareceu máis interesante? Dos nove capítulos do libro cal che resultou máis entretido? E cal máis aburrido?? Liches o libro dun tirón ou pouco a pouco? Que lles dirías aos teus amigos deste libro? Que razóns che levarían a recomendalo ou non? Pensas que o título é axeitado?

Manterías ti o segredo se un compañeiro non asistise a clase? Pensas que sería unha boa idea non dicir a verdade? Que opinas das ilustracións que acompañan o inicio de cada capítulo? Son suficientes? Cres que sería mellor que fosen a cor? Se o escritor che preguntara como se pode mellorar o libro, que lle dirías?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.