RUTA POR MONDOÑEDO (Club de lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña)

Page 1

PERSOEIROS O primeiro lugar dos persoeiros da cultura mindoniense é para ALVARO CUNQUEIRO (1911 – 1981), figura de primeira liña da literatura galega e española. Autor de obras como Merlín e Familia, cumio da súa literatura fantástica e que retrata moitos lugares e xentes da zona. Mondoñedo é a terra de Cunqueiro e así se recoñece. Na literatura Cunqueiro é o referente, pero xunto a el hai máis figuras que merecen recoñecemento , tal é o caso do poeta e etnógrafo MANUEL LEIRAS PULPEIRO (1854 – 1912) que cantará en galego e recollerá gran cantidade de ditos e vocabulario propio do rural, do poeta ANTONIO NORIEGA VARELA (1869 – 1947) que será o cantor do mundo rural galego e que será coñecido como o “poeta da montaña”. Se ben a literatura é a máis coñecida non é a única fonte de cultura en Mondoñedo, o outro gran piar cultural mindoniense é a música. A catedral de Mondoñedo será o foco produtor de música durante moitos séculos e dará lugar a grandes figuras da música como JOSÉ PACHECO (1784 – 1865) ou ÁNGEL CUSTODIO GONZÁLEZ DE SANTAVALLA (1749 – 1804), Mestres de Capela da catedral, pero o persoeiro máis recoñecido será Pascual Veiga.

ITINERARIO

IES Poeta Añón -Outes-

8.10 Saída do IES Poeta Añón 10.30 Chegada a Mondoñedo. 10.45: Visita á Cova do Rei Cintolo

Rumbo a MONDOÑEDO

14.00 Xantar. 15.30 Visita do Cemiterio Vello

16.30 Visita guiada do casco histórico de Mondoñedo . 17.30 Visita ao Museo Alvaro Cunqueiro 18.15 Tempo de lecer. Merenda 19.00 Regreso a Outes 21.15Chegada ao IES Poeta Añón

MIL

PRIMAVEIRAS

PASCUAL VEIGA (1842 – 1906), alumno de José Pacheco, foi músico, compositor e fundador de orfeóns durante toda a súa vida, pero a súa obra máis importante será a música do Himno Galego, sobre a poesía de Pondal (Os Pinos)

MÁIS

CEMITERIO VELLO

O vello cemiterio de Mondoñedo ou antigo cemiterio de San Lázaro garda interese por ser o lugar onde se conservan os panteóns de varios músicos e escritores, fillos ilustres da cidade: Álvaro Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Pacheco e Pascual Veiga, entre outros galegos ilustres. Interesante tamén por conservar a estrutura en clases sociais do século XIX.

Fontes para a elaboración deste tríptico:

 

Www.biogeociencias.com Www.turismo.gal

Club de lectura LARETAS 3 maio 2019


BR EV E GU Í A I NF OR MAT IV A

Mondoñedo foi unha das sete capitais históricas de Galicia e o seu patrimonio cultural é un dos máis ricos de todo o territorio galego. É, ademais, unha das etapas de peregrinación do Camiño do Norte a Santiago. O seu casco histórico foi declarado CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO en 1985 e a súa Catedral declarada Monumento Nacional en 1902.

CATEDRAL

Imaxe: biogeociencia.com

COVA DO REI CINTOLO É a maior cavidade natural de Galicia, cunha estrutura labiríntica de 6.5 quilómetros. Está dividida en diversas galerías de orixe cárstica nun terreo con presenza de lousa, columnas de estalactitas e estalagmitas, coladas e bandeiras. O desnivel máximo ronda os 75 metros, con augas interiores que alimentan varios lagos e unha corrente subterránea na cota inferior. Existe unha LENDA asociada á cova que fala de reis, princesas e castelos: “Era Bría un próspero Reino no que vivían felices todos os súbditos do bondado-

so Rei Cintolo. Éste tiña unha filla, a princesa Xila, de afamada beleza e numerosos pretendentes. Pero o corazón de Xila xa tiña dono; estaba profundamente namorada dun xove conde chamado Uxío, máis nobre e honesto que rico. A voda xa estaba fixada cando as tubas do Reino anunciaron a chegada de Manilán, un poderoso e malvado feiticeiro que comunicou de inmediato ao Rei Cintolo que se casaría coa súa dilla Xila so pena– no caso de non ser aceptado- de arrasar o Reino de Bría matando a todos os seus habitantes. O valente Uxío dirixiuse ao campamento e retou a Manilán acabando co bruxo tras unha dura loita. Pero antes de morrer, Manilán deixara listo o seu feitizo co que, á súa morte, o reino enteiro sería arrasado, sendo este devorado polas entrañas da terra. Cando Uxío regresou vitorioso tras matar a Manilán non atopou máis pegada do Reino de Bría que a boca dunhas fermosas covas. O xove conde, cheo de tristura, entrou dentro da cavidade en busca da súa amada e nunca regresou. Aínda hoxe, nalgúns amenceres, pode verse, á porta da Cova á bela Xila peiteando os seus dourados cabelos, agardando que alguén consiga desfacer o encanto do malvado feiticeiro para poder retomar a súa vida. Dise que quen logre romper o feitizo será cuberto polas riquezas do Rei Cintolo”.

A Catedral Basílica da Asunción, declarada Monumento Nacional en 1902, empézase a construír en 1219 e conságrase polo Bispo Martín en 1248. O cruceiro e sancristía realizáronse con posterioridade seguindo o estilo gótico. Entre os ss. XVI e XVII abriuse o deambulatorio para obter maior amplitude e prolongáronse as naves laterais, e no XVIII realízase unha importante modificación na fachada coa construción de dúas torres de tres corpos rematadas con cúpulas e engádese un tramo máis a cada lado do cruceiro, polo que resulta un templo amálgama de varios estilos arquitectónicos. .

SEMINARIO O Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, é o maior edificio de Mondoñedo . A súa orixe remóntase a finais do século XVI cando por iniciativa do Rexemento da cidade, decídese solicitar do Concilio provincial a creación dun Colexio do tipo dos que se dispuxera en Trento que houbese en cada cabeza de bispado. Foi inaugurado en 1572, o que o converte nun dos tres primeiros que se contruíron en España. .

BARRIO DOS MUÍÑOS Está situado nos arrabaldes do casco urbano, ao pé dunha das entradas tradicionais á cidade. Nesta zona concentráronse, desde antigo, un importante número de artesáns que co exercicio do seu oficio abastecían á cidade e aos arredores: muíños, forxas, ceramistas, fabricantes de sellas,... e isto foi así grazas ás dúas canles de auga que atravesan o barrio e que proporcionan a forza precisa para poder mover as máquinas desas pequenas industrias. Auga que movía o muíño para facer fariña, que movía os martinetes das forxas e que incluso movía dínamos que permitían ter luz eléctrica de forma autónoma a estes pequenos talleres. Hoxe, seguindo coa tradición artesá da zona, consérvanse no lugar obradoiros que manteñen viva esa primeira razón de ser do barrio. Así, atopamos o muíño, o canteiro, o monicrequeiro, as alfareiras e un pouco máis lonxe ás serigrafistas.

FONTE do PASATEMPO

Esta construción romana foi reedificada en varias ocasións. Recibe este curioso nome porque nel Isabel de Castro, muller do mariscal Pardo de Cela, foi entretida polos cóengos á entrada da cidade. A muller do último defensor do Reino de Galicia portaba o indulto que salvaría ao mariscal, ao seu fillo e ao nobre Pero de Miranda do axustizamento. Non chegou a tempo e Pardo de Cela foi decapitado o 17 de decembro de 1483, rodando a súa cabeza ata a mesma porta da catedral.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.