O misterio das badaladas

Page 1

O AUTOR,XABIER P. DOCAMPO, visto por el mesmo Nacín chairego, fillo de chairegos, o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña nai –meu pai, de Xermar (Cospeito) –, onde fun por primeira vez á escola.  Pasando por riba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudei Bacharelato e Maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Chá, a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fora a estancia. Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e da literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra dela. Estas actividades de reflexión sobre a narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante, en varias ocasións, en eventos sobre tales temas en América. Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica destes medios. Durante un tempo, fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra dela. Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), e durante cinco anos formei parte da súa xunta directiva (dous deles como presidente). Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria. Déronme algúns premios polos meus libros; por exemplo, os seguintes:  Premio Feira do Libro da Coruña (1989), polo conxunto da miña obra narrativa.  Premio Emilia Pardo Bazán, do Ministerio de Educación.  Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.  Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995.  Honour List IBBY 1996.  White Ravens 1997, da Jugendbibliothek de Munich.  Premio Lecturas, da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GÁLIX), 2004.  White Ravens 2005, da Jugendbibliothekde Munich. 

 

Fonte: www.oqueleo.com

Outros libros de XABIER P. DOCAMPO CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

O MISTERIO DAS BADALADAS Xabier P. Docampo (1986) 27 novembro 2017


ARGUMENTO No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar ata encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levará a encontrar o responsable do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia dos lectores e lectoras.

SABÍAS QUE…? Durante séculos, as CAMPÁS DAS IGREXAS tiveron unha función comunicativa importante. Nun principio, servían ás comunidades como unha ferramenta de comunicación masiva para os asuntos espirituais e seculares. As badaladas eran o reloxo de man dos nosos avós, polo toque sabían en que hora vivían. As campás eran o sistema de alarma cando había un perigo. Eran tamén o espertador e o seu toque poñía fin ao día. Reunían aos veciños ás asembleas e anunciaba as festas. Hoxe en día, malia a aparición da comunicación moderna masiva como a radio, a televisión e Internet reduciuse a envergadura do papel comunicativo das campás da igrexa, que con todo conservan gran parte do seu significado orixinal.

PRINCIPAIS PERSONAXES CRISTINA.Ten doce anos, é estudosa, intelixente e curiosa. Gústalle ler e o seu escritor favorito é Álvaro Cunqueiro. ELISA. É compañeira e amiga de Cristina. Apúntase á aventura sen dubidar desde o primeiro momento. PEDRO. Ten trece anos, aínda que vai ao mesmo curso ca Cristina e Elisa. Rumoréase que lle gusta Cristina e, polo seu comportamento, podemos crer que é verdade.

EDWARD LEAR: o creador dos poemas “nonsense” Edward Lear naceu nun suburbio de Londres en 1812 e foi o vixésimo fillo dun matrimonio que tivo 21 fillos. Aos quince anos comezou a gañarse a vida como ilustrador, algo que co tempo o converteu nun pintor inimigo de toda pintura. Paralelamente, creou o xénero literario do 'Nonsense' que celebra por

DELIO.Doce anos, é amigo de Pedro. É un pouco medorento, preferiría estar nun segundo plano, pero empuxado polo resto consente investigar alá onde é necesario.

XES, o cura, e ANXO, o boticario Son personaxes secundarios da trama. Ambos escoitan as trece badaladas, pero parecen enfrontarse de distinto xeito ao misterio. Anxo sente curiosidade polo asunto, pero Xes só desexa que se solucione sen necesidade de buscar máis explicacións.

O autor di deste libro: Un libro é algo vivo. Non dou moitos detalles dos protagonistas, de cómo son fisicamente xa que ti sabes como es e eles son coma ti. Direi máis: un deles es ti mesmo. Como interpretas estas palabras? O que si atoparon todos foron moitas cousas que resultaban verdadeiramente estrañas para estar no río, aínda que nada tiñan que ver co que os ocupaba a eles daquela…. (p.48) Que foi o que atoparon?

Por un lado do alpendre había un banquiño no que sentaba tódalas tardes de sol a avoa dos rapaces con algunhas veciñas a falaren das cousas dos seus tempos…. (p.67) Resúltache familiar esta estampa?

Sempre me chistou máis falar cos nenos que cos grandes. Penso que dicides cousas sensatas e tedes temas de conversa máis serios (p.124) di o xuíz. Estás de acordo con el? 

MIGUEL.Oito anos, é o irmán pequeno de Cristina. Efusivo e algo falangueiro sempre anda picando aos maiores, cos que discute a miúdo. O XUÍZ. É un ancián que vive desde hai pouco en Eiranova. Parece moi serio e formal, pero descubriremos que lle gusta estar rodeado de nenos e mozos. Con eles pode falar e desenvolver os seus xogos de intelixencia. Ademais, é escritor afeccionado de contos e poemas infantís.

PARA COMENTAR...

Estes dous libros son mencionados na novela. Lembras a conto de que?

Sentiches que ti eras un protagonista máis do relato?

Que personaxe che pareceu máis interesante?

Houbo algún que non che gustara?

Liches o libro dun tirón ou pouco a pouco?

Que lles dirías aos teus amigos deste libro?

Que non lles dirías para estragarlles a historia?

Houbo algo que non che gustara? E algo que che parecera raro? Levaches algunha sorpresa? Algo que nunca viras nun libro? Se o escritor che preguntara como se pode mellorar o libro, que lle dirías?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.