MARÍA E MAIS EU

Page 1

MIGUEL GALLARDO( Lleida, 1955)

Do mesmo autor...

QUIÉN SOY “Estudié en la Escuela Massana de Artes y Oficios de Barcelona. Comencé mi carrera profesional compaginando el cómic con la ilustración. Soy uno de los autores de Makoki, personaje icono del underground, que aún me acompaña a veces cuando salgo de copas. Si me preguntan a qué me dedico, digo que traduzco en imágenes lo que los demás piensan en palabras. Por lo tanto, soy más tradujante que dibujante. Colaboro habitualmente con La Vanguardia, El País y diferentes revistas y publicaciones de ámbito nacional e internacional. A destacar el Herald Tribune, The New York Timesy The New Yorker. Ésta última la tengo siempre en el recibidor para impresionar a las visitas. En 2007 publiqué María y yo, una novela gráfica que narra las aventuras y viajes con mi hija María, de 13 años, que tiene autismo. Por ella recibí el Premi Nacional Catalunya de Còmic. Este libro, traducido a ocho idiomas, supone un paso adelante en mi carrera y el afianciamiento de mi compromiso con este trastorno y la difusión de sus características. En el 2009 se hace un documental sobre el libro con el mismo título: María y yo, finalista en los premios Goya. Descubro que con la edad, cada vez me gusta más pensar en el mundo. Desde el 2010 me dedico, además, a dar charlas y talleres por todo el mundo partiendo de mis experiencias de comunicación con María. En el 2015 se publicó Maria cumple 20 años. María, mi hija, me ha enseñado la simpleza de una línea y todo lo que es capaz de expresar.” Fonte: Web de Miguel Gallardo

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Películas baseadas na historia de “María y yo”

FONTES CONSULTADAS: https://www.biblogtecarios.es/davidgomez/clubes-de-lecturainfantiles-sobre-diversidad-y-diversos/

http://miguel-gallardo.com/es/quien-soy/ https://www.autismo.com.es/autismo/que-es-el-autismo

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

“MARÍA E MÁIS EU” María Gallardo e Miguel Gallardo -200727 maio 2019


Para o debate A HISTORIA Neste libro, Miguel Gallardo, afeito a se comunicar visualmentecoa súa filla María, quere compartilo cos seus lectores coma se nós fósemos ela para que a través dos seus debuxos entendamos a súa mensaxe sinxela e breve dunha maneira inequívoca. Este libro desborda imaxes que transmiten sensacións e emocións de María, do seu pai e do seu contorno. Miguel, que desde hai anos sabe que María se sente feliz cos seus fantásticos debuxos, que a apazugan e que a axudan a comprender este mundo, quere utilizalos tamén connosco para que compartamos as emocións de María cara a el e cara aos seus seres queridos. (...) O lector vese mergullado nas emocións dunha viaxe de vacacións de María e do seu pai. Unha viaxe que recrea situacións familiares e cotiás que, para eles, como para centos de familias que teñen un neno con autismo, resulta unha aventura salpicada de dificultades provocadas pola falta de adaptación do noso contorno social ou pola limitada comprensión dalgunhas persoas que María atopa na súa viaxe”.

O termo novela gráfica xorde a finais do século XX para designar un novo xénero narrativo. Foi definido como unha novela escrita por medio de debuxos explicados, xa que cada novela contén un argumento completo, xeralmente unha historia extensa, escrita en formato cómic e con soporte de libro. A novela gráfica non está destinada a un público infantil e pode tratar distintos temas (sociais, históricos, ficción,…), sempre cunha linguaxe narrativa debuxada.

(Trastorno do espectro autista)

María e o seu pai pasan as vacacións nun complexo turístico de Canarias cheo de “guiris”. Que leva ao pai a decidir levar a María a este destino?

PICTOGRAMAS, ESTEROTIPIAS e PSICOMOTRICIDADE FINA son algúns dos termos que aparecen no libro para acercarnos ao mundo das persoas autistas. Tras ler o libro, saberías dicir a que se refiren?

María, a protagonista do libro, é autista. O autismo é un trastorno complexo que se caracteriza por dificultades sociais e de comunicación, porque non entenden as nosas pautas sociais. Adoita ir acompañado de comportamentos estereotípicos, restrinxidos e repetitivos. Mostran unha gran necesidade de monotonía, xa que experimentan angustia cando cambian as rutinas da súa contorna. Pero María, como outros nenos que padecen autismo, non é distante, nin carece de empatía, máis aló das características específicas do seu trastorno.

Que características ten María, que fan dela unha persoa única?

A pesar das clasificacións, ningunha persoa que presenta un TEA é igual a outra en canto a características observables.

Ao igual que María, consideras que ti tamén es único?

Como cres que reaccionarías se te atoparas con María ou cunha persoa autista? Verías o muro que o seu pai menciona?:

“Un muro invisible arrodea a María cando a xente a ve por vez primeira ou cando se cruza con ela. Un muro de medo ao descoñecido e de estrañeza. Ninguén sabe que facer ou como comportarse ao principio, porén, a xente que chega a coñecela... queda encantada ao ver que o muro que ergueron non é tan alto”.

Epílogo do libro ( Amaia Hervás Zúñiga, psiquiatra)

A NOVELA GRÁFICA

Na portada do libro aparecen dous nomes. É algo que che sorprende?

TEA

É esta a primeira novela gráfica que les?

Que te chamou a atención dela?

Que foi o que máis che gustou? E o que menos?

Gustaríache ler outras novelas gráficas?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.