La joven de las naranjas

Page 1

Jostein Gaarder

OUTRAS OBRAS DO AUTOR

Escritor noruego, autor de novelas, contos e libros para nenos. O seu pai era director dunha escola e a súa nai mestra e escritora de literatura infantil. Estudou na universidade de Oslo filoloxía escandinava, historia das ideas e historia da relixión e foi profesor de filosofía e literatura nun instituto de Bergen.Tras algúns éxitos no campo da literatura infantil e xuvenil, O castelo das ras (1988), abandonou a actividade docente.

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

En 1990 recibiu o Premio da Crítica e o Premio Literario do Ministerio de Cultura noruegos pola súa novela O misterio do solitario (1990). Pero é O mundo de Sofía, en 1994, a obra que lle converte nun dos autores de maior éxito en todo o mundo, sendo o libro un auténtico bestseller. A obra foi reeditada varias veces e traducida a máis de corenta idiomas. Gaarder investiu parte do diñeiro gañado para crear unha fundación de corte ecoloxista. Tras varios libros de filosofía, como Vita brevis (1996), Gaarder volveu ao relato infantil con Hai alguén aí? ( 1 9 9 6 ) .

PELÍCULA SOBRE A NOVELA

A súa novela, O vendedor de contos (2002), ten trazos a u t o b i o g r á f i c o s . Polo xeral enfoca a súa literatura ao público infantil e xuvenil e sempre invocando nas súas intrigantes tramas un sentido existencial, didáctico e filosófico. Un dos seus últimos traballos publicados en español é a fábula medioambiental A Terra De Ana (2013)

Ano: 2009

Título orixinal: Appelsinpiken Duración: 76 minutos País: Noruega Director: Eva Darh

LA JOVEN DE LAS NARANJAS Jostein Gaarder 28 novembro 2016


RESUMO Georg é un rapaz de 15 anos, que sente paixón pola Astronomía. Cando tiña 4 anos morreu seu pai Jan Olav, quen, ao saber que ía morrer, decidiu escribirlle un longo relato, antes de ser levado ao hospital. Nel explicáballe quen era a suposta “Rapaza das Laranxas”. Ninguén sabía nada desa carta, escribiuna solo para Georg, para que cando medrara, poidera lela e non esquecer os grandes momentos vividos entre pai e fillo. A súa avoa atopa esta carta no carriño de paseo da súa infancia, sobre o que o seu pai advertiu que non tiraran nunca. A historia que viven de novo xuntos, e que reescriben entre os dous, fai reflexionar sobre a intensidade da vida e sobre todo sobre a morte dun ser querido moi próximo. Mais ca nada, conta a historia de amor que sentía Jan Olav pola “Joven de las Naranjas”, e o fillo ao final entenderá porqué lle quixo explicar esta historia a el. Jan, tamén lle formula unha gran pregunta que Georg terá que contestar, pero primeiro de todo terán que escribir xuntos. Georg irá mais alá do tempo e dos límites da morte, cheo de sentimentos, que están agochados no corazón, que aínda que non sexan recordados, volverán a ser vividos de novo con grande intensidade. LUGARES DA NOVELA

PATIO DE LOS NARANJOS –Sevilla O Patio de los Naranjos é un espazo aberto axardinado da Catedral de Sevilla, herdanza da mesquita almohade. Ten forma rectangular e as súas dimensiones son 43 por 81 metros. As obras da súa construcción iniciáronse en 1172 y concluiron en 1186. A partires de entón e ata a caída da cidade en mans cristiás, o patio cumpliu todas as funcións tradicionais musulmás, como cemiterio, salón de festas e actos culturais. Os laranxos que dan nome ao patio son tradicionais das mesquitas árabes, aínda que os actuais son do s.XX , dentro dun programa de reforma e rehabilitación deste espazo.

HUBBLE É un telescopio que orbita no exterior da atmosfera, en órbita circular ao redor da Tierra a 593 km sobre o nivel do mar, con un período orbital entre 96 e 97 min. Denominado desa forma en honra ao astrónomo Edwin Hubble, foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 como un proxecto conxunto da NASA e da Axencia Espacial Europea inaugurando o programa de Grandes Observatorios. O telescopio pode obter imáxenes cunha resolución óptica maior de 0,1 segundos de arco. A ventaxa de dispor dun telescopio máis alá da distorsión que produce a atmosfera terrestre é esencialmente que desta maneira pódense eliminar os efectos da turbulencia atmosférica, a radiación electromagnética e a contaminación lumínica ocasionada por los grandes asentamientos urbanos. Unha de las características do Hubble era a posibilidade de ser visitado por astronautas nas chamadas misións de servizo. Non tardou en demostrarse que pagara a pena correxir o seu sistema óptico. En Xuño de 1994, a revista Time publicou que o Hubble descubrira claros indicios en apoio da existencia dos buratos negros. A NASA anunciou que este descubrira unha nube de gases en forma de disco que xira a una vertixinosa velocidade. O telescopio espacial Hubble visto dende o Transbordador espacial Atlantis en 2009.

PARA COMENTAR… - De que trata a historia? Quen a narra ? Que estrutura emprega? - Cal é o personaxe principal ? E as secundarias ? - Cales son os temas principais desta historia ? - Por que a obra se titula así ? -Quen admiraba a La Joven .. ? Para qué tantas laranxas? -Existe o amor a primeira vista? -“Poderei agardar ata que o meu corazón sangue de pena”. Que vos parece esta frase ? “Se dúas persoas non paran de buscarse, non resulta tan estraño que ao final se atopen por casualidade”. Creedes que iso é así? -“Unha persoa solo morre cando nos esquecemos dela” ? -Que sentido ten vivir ? -Vale a pena arriscalo todo por amor ? -Porque é importante votar de menos a alguén? -Cal é a mirada que debemos adoptar para mirar o mundo? -Piet Hein dixo: “O que non vive o momento non vive nunca”. Que facedes vos ? -“Hai mozas incapaces de ver o Universo porque llo impide a cantidade de rímel que levan. Tamén hai mozos incapaces de mirar por encima do horizonte pola cantidade de fútbol que levan na cabeza. E vos que pensades ? -Que recordades da vosa infancia ? Obxetos ou tamén o vivido -Tamén no amor son necesarias as normas ? Vos estariades dispostos a esperar ? -Por que seu pai mestura o telescopio espacial coa historia de La Joven de las Naranjas ? Vedes algunha relación? -Por que o telescopio Hubble mira ao pasado ? Nos tamén debemos mirar ao pasado ? Para que sirve ? -Por que a enfermidade ou a proximidade da morte fai que cambien as cousas e as normas ? ---Por que vivir tamén supón ter medos ? -Se poidésedes elixir, aceptaríades vivir ou non ? —“Soñar con algo improbable ten un nome. Chamámolo esperanza" Que quere dicir? -No epílogo Georg recomenda preguntar aos nosos pais como se coñeceron. Porque ? E vos, sabédelo?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.