El guardián en tre el centeno

Page 1

J.D. SALINGER (1919-2010)

Escritor norteamericano nado en Nova York. Criouse nunha familia acomodada e estudou en Viena, Londres, París e Varsovia. Foi un rapaz problemático que foi expulsado de diferentes escolas. Ingresou nunha academia militar e despois estudou en dúas universidades. Durante os catro anos que serviu no exército, sempre levou consigo unha máquina de escribir. En 1948 publica “Día perfecto para o peixe plátano”, que aparece en New Yorker, a revista onde conseguira publicar algúns relatos. Escritor "de talento infinito", tal como foi definido polo escritor Ernest Hemingway tras coñecelo en Paris durante a II Guerra Mundial, anos antes de que publicase a súa obra “O gardián entre o centeno” (1951), convertido en best seller o mesmo ano da súa publicación e do que se venderon millóns de exemplares en todo o mundo dándolle fama como escritor de culto. Holden Caulfield, o protagonista, converteuse en prototipo do adolescente rebelde. Outras das súas obras son o seu libro de relatos “Nove contos” (1953), Franny e Zooey (1961), Levantade, carpinteros, a viga mestra e Seymour: Unha introdución (ambas en 1963). En 2000 a súa filla, Margaret, publicou unhas memorias tituladas Dream Catcher (O gardián dos soños), que o retratou como a un home consagrado á súa obra e tiránico cos seus familiares. Salinger foi un personaxe misterioso, esquivo cos medios de comunicación, e do que apenas se coñecen imaxes. Fuxiu dos focos e do ruído mediático. Só concedeu unha entrevista, en 1974. Faleceu aos 91 anos.

Curiosidades da novela Salinger nunca quixo que a súa novela fora levada ao cine, polo que non existe ningunha versión na pantalla grande. Porén, moitos protagonistas de diversas películas toman a Holden Caulfield como referencia ou influencia notoria.

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Varias canciones de pop, rock e rap están inspiradas na novela: «We Didn’t Start the Fire» (Billy Joel), «Catcher in the Rye» (Guns N' Roses), «Get It Right» (The Offspring), «Shadrach» ( Beastie Boys), «Who Wrote Holden Caulfield?» (Green Day), «6 Minutes» (Jonas Brothers), «Holden Caulfield» (El Piezas), «Teenagers» (My Chemical Romance). Foi un dos libros máis prohibidos en institutos norteamericanos pola súa linguaxe ofensiva, e as referencias ao tabaco, o alcol e a prostitución. Varios asasinos famosos tomaron este libro como referencia: Mark David Chapman, asasino de John Lennon en 1980; John Hinckley, que tentou matar a Ronald Reagan en 1981 CITAS DA NOVELA “Me alegro de que inventaran la bomba atómica: así si necesitan

voluntarios para ponerse debajo cuando la lancen, puedo presentarme el primero” “No sé por qué hay que dejar de querer a una persona sólo porque se ha muerto. Sobre todo si era cien veces mejor que los que siguen viviendo” "Eso del sexo es algo que no acabo de entender del todo." "Por ejemplo, yo me paso el día imponiéndome límites que luego cruzo todo el tiempo." "Lo que más me gusta de un libro es que te haga reír un poco de vez en cuando." Si quieren que les diga la verdad, no aguanto a los curas...No veo por qué no pueden predicar con una voz corriente y normal. Suena de lo más falso." "¿Llego tarde? Le dije que no, aunque la verdad es que se había retrasado diez minutos. Pero no me importaba. Todos esos chistes del Saturday Evening Post en que aparecen unos tíos esperando en las esquinas furiosos porque no llega su novia, son tonterías. Si la chica es guapa, ¿a quién le importa que llegue tarde? Cuando aparece se le olvida a uno en seguida.”

EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO J.D. Salinger (1951) 30 outubro 2017


RESUMO

Escenario da NOVELA: NEW YORK

Holden Caufield é un adolescente de 16 anos de clase acomodada, fillo dun avogado, que ten dous irmáns, unha nena moi intelixente e un irmán maior que é escritor en Hollywood. Tamén tiña outro chamado Allie que morreu de leucemia. Non é un mozo moi aplicado e ademais, case nada lle gusta. É arisco pero no fondo ten bo corazón. Cando é expulsado do colexio Pencey, onde estuda, tres semanas antes de que terminen as clases, decide regresar a Nova York e vagar por aí para que os seus pais non se decaten da expulsión. Nas páxinas do libro asistimos ao seu periplo, no cal o que suceden variadas peripecias: cítase nun hotel cunha prostituta, que logo lle rouba o diñeiro xunto co seu chulo; queda cunha amiga; van ao cine; regresa á súa casa ás agachadas para falar coa súa irmá; alóxase en casa dun profesor da que logo foxe, despois de que o sorprenda acariñándolle a cabeza mentres durme, etc, etc... Todo iso salpimentado coas opinións e recordos do mozo sobre a súa familia, amigos.

A NOVELA Foi publicada en xaneiro de 2015 en Gran Bretaña, e converteuse pronto nun bestseller (superventas) no Reino Unido e Estados Unidos, vendendo máis de cinco millóns de exemplares nos primeiros seis meses. Chegouse a vender un exemplar cada 6 segundos en Estados Unidos e un exemplar cada 16 segundos en Reino Unidos. Estivo máis de 20 semanas encabezando a lista de libros máis vendidos do New York Times. Foi publicado en máis de 30 países e en diversos idiomas. O suspense psicolóxico ou thriller psicolóxico é un subxénero de suspense, inicialmente na linguaxe cinematográfica pero nas últimas décadas aplícase tamén a determinadas novelas. Xeralmente ten como tema central un enfrentamento (ou xogo) entre as personaxes, máis mental (ou psicolóxico) que físico.

PARA COMENTAR… 

 

Lembras alguna das cousas que Holden odia? Que relación ten o protagonista cos seus pais? E cos outros membros da súa familia? A escola e os profesores aparecen tamén como tema de fondo na novela. Que pensa Holden deles?

Pensas que é un rapaz intelixente?

Cres que Holden é un adolescente típico?

Identifícaste con algún dos personaxes do libro?

PRINCIPAIS PERSONAXES Holden Caulfield. É o protagonista e narrador. 16 anos. Intelixente e sensible . Non soporta o mundo ao seu arredor. Ackley e Stradlater. Compañeiros de internado. DB. Imán de Holden, é rico, vive en Hollywood, “prostitúese” debido a que escribe libretos para o cine e non libros como o seu irmán querería, é o autor preferido de Holden. Phoebe. É a irmá pequena de Holden. Ten uns dez anos. Escribe libros e relatos que nunca acaba. Allie. É o irmán de Holden. Morreu de leucemia. Mr. Antollini. Ex-profesor de Holden. Jane Gallagher. Amiga de Holden. Os seus pais estaban divorciados,vivía preto de onde el pasaba o verán. Baila moi ben. Sally Hayes. Ex-noiva de Holden. Estudaba no colexio de Mary Woodruff. Holden di que era intelixente porque sabía moito de literatura. É un dos motores que impulsa a Holden a vagar polas rúas de Nova York. TEMAS  VICTIMISMO e ALIENACIÓN como AUTOPROTECCIÓN  O PASO Á IDADE ADULTA  A HIPOCRESÍA DO MUNDO DOS ADULTOS

Que opinas do protagonista? Como é o seu carácter? Pensas que tes rasgos en común con el?

Os cambios de humor son unha constante en Holden. Pasa da alegría á depresión total en minutos. A que cres que se deben estes cambios? A que crees que se refire cando afirma que o único que lle gustaría ser é “un gardián entre o centeo” para “evitar que os nenos caian no precipicio”? Que simbolizaría “o precipicio” Que función tería “o gardián”?( capítulo 22)

Ao final do libro, que lle impide fuxir?

Como remata o libro? Gustouche ese final?

 

Unha das características do libro é a linguaxe vulgar que empregan algún dos personaxes, incluído o protagonista. Cres que está xustificado este uso da lingua no conxunto da novela? Para Holden a infancia está asociada a cualidades positivas (inocencia, sensatez, inxenuidade…) e a idade adulta ao contrario (corrupción, vicio, violencia, hipocresía). Podes pensar en alguén que represente cada etapa no libro? En que época situarías a novela? Cres que os temas dos que se fala están desfasados? A caracterización do protagonista pertence a outros tempos? O protagonista parece odiar todo. Que son as cousas que a ti menos che gustan? Cales son as que che fan rabiar máis? Holden non ten problemas en mentir. Que motivo lle leva a facelo?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.