Contos por palabras

Page 1

O AUTOR: Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo 1947- Vigo 2016). Perito Industrial Mecánico; Mestre de Ensino Primario; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.Traballou como profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Os Rosais II, de Vigo.

OUTROS LIBROS DO AUTOR

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega. Xunto con outros profesores/as, organizou diferentes eventos (Xornadas Municipais de Pedagoxía de Mugardos; Xornadas de Normalización Lingüística de Nova Escola Galega, etc.) e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos. Foi autor de diversos traballos espallados por xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, TEXTOS, Revista Galega do Ensino -nesta última, levou durante varios anos a sección "O pracer de ler"-, etc.). A maior parte dos mesmos xiran ao redor de temas como a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil e a introducción dos medios de comunicación nas aulas. Recibeu premios correspondentes ó seu labor literario (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove…). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Agustín Fernández Paz 24 outubro 2016


RESUMO Este libro consta “dunha confesión” e dez contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais."Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra"."O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada."Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión."Un artista de neon": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado" Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea"."O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

SERES MÍTICOS UNICORNIO AZUL O unicornio é unha criatura mitolóxica representada habitualmente como un cabalo blanco con patas de antílope, barba de chivo e un corno na fronte.

HOME LOBO O home lobo, tamén coñecido como licántropo é unha criatura lexendaria presente en moitas culturas independentes ao longo do mundo. Dise que este é o máis universal de todos os mitos. No folclore e na mitoloxía, un home lobo é unha persona que se transforma en lobo, xa sexa a propósito ou involuntariamente, a causa dunha maldición ou doutro axente exterior. Na Idade Media acuñouse a idea da transformación coa aparición da lúa chea. A maioría das referencias contemporáneas están de acordo en que un hombre lobo pode ser asasinado si se lle dispara unha bala de prata, aínda que isto é produto da narrativa moderna e non aparece nas lendas tradicionais, aínda que algunhas clásicas din que se pode matar cortándolle a cabeza e arrancándolle o corazón.

VAMPIRO.Un vampiro é, segundo o folclore de varios países, unha criatura que se alimenta da esencia vital de outros seres vivos (usualmente baixo a forma de sangue) para así mantenerse activo. Nalgunas culturas orientais e americanas aboríxenes, o vampiro é unha deidade demoníaca ou un dios menor que forma parte do panteón siniestro nas súas mitoloxías. Na cultura europea e occidental, así como na cultura global contemporánea, o prototipo de vampiro máis popular é o orixe eslavo, é o de un ser humano convertido despois de morrer nun cadáver activo ou depredador chupa sangre.

TEMAS dos CONTOS -As relacións familiares.

-O amor e a necesidade de non estar sós. -A solidariedade cos que teñen menos. -A procura da felicidade como algo común a todas as persoas. -As realidades misteriosas que forman parte da realidade. -O valor dos medios de comunicación. -Os anuncios por palabras como fonte inesgotable de historias. -O mundo laboral e dos negocios e a empresa. -O valor dos libros. -O mundo do cómic e dos superheroes. -Os personaxes míticos: o home-lobo.

PARA O DEBATE O XORNAL A DIARIO (UNHA CONFESIÓN)

-Que intentou evitar o protagonista durante una semana? --Para o protagonista ler cada día os xornais foi sempre unha necesidade imprescindible. Para ti tamén o é? Cantas veces les o xornal á semana? Na túa casa mércase o xornal? -O protagonista pensa que un cidadán responsable ten que estar ao tanto de todo o que pasa nos diferentes lugares do planeta. Estás de acordo con el? Cal é o medio de comunicación que máis usas para te informares? -Ti tamén cres que detrás dos anuncios por palabras hai historias agachadas? UNHA CHAVE NON É SUFICIENTE

O protagonista di que leva varios meses «instalado nunha depresión». Sabes o que quere dicir iso? Que é para ti a felicidade? O protagonista está igual ao longo da historia ou prodúcese nel algún cambio? O CASO DO UNICORNIO AZUL

A que se dedica o protagonista? Sabes o que é un unicornio? Viches algunha vez un?

A unicornia fai algo extraordinario? Que? Sabedes quen era o Gatipedro? UN ARTISTA DO NEON

Quen fala no texto? A quen lle está contando a súa historia? Gústache que se lles poñan aos negocios e ás persoas nomes exóticos? Cres que está xustificado o despedimento dos dous compañeiros? VANESA E O ANUNCIO DE TELEVISIÓN

Cres que a nai de Vanesa fai ben en obrigar a súa filla a ver os anuncios? Credes que os pais e as nais buscan sempre a felicidade dos seus fillos ou o mellor para eles? Gustaríache actuar en anuncios de televisión? Como se describen nesta historia os nenos que saen nos anuncios? O CASO DO ESTRAÑO EMPREGADO

Lendo o anuncio deste conto, como imaxinas que vai ser a historia? Neste texto teñen moita importancia os puntos suspensivos. Que cres que significan no conto ? Sabes que é un Curriculum Vitae? Quen é Don Pedro? Dise no texto? Daquela, por que o sabes? SER SUPERHEROE NON É NADA DOADO

Gústanche os cómics de superheroes? Cal é o que máis che gusta? Que argumentos dá o Home-Araña para querer o posto de traballo? UN DOCE EMPREGO

Sabes o que é o servizo militar? Cal é a situación económica do protagonista? Cres que o protagonista quere realmente atopar un emprego? Por que cres ti que na bombonería poderían buscar axudante da vendedora con coñecementos de inglés? NOITES DE LÚA CHEA

Que fixo o autor para conseguir manternos intrigados e con medo? Agardabas ese final ou sorprendeute? Que significado ten o apelido do lord? Acáelle este apelido ao seu personaxe? Cres que existen en realidade os homes-lobo? Por que? UN MÁXICO NEGOCIO

Que é para ti a maxia? Viches facer maxia algunha vez? Mefisto, Ana e o seu fillo Hadrián compórtanse como unha familia normal? Ana e Hadrián son nomes comúns, pero y o nome de Mefisto? O LIBRO DAS INFINITAS HISTORIAS

Estiveches algunha vez nunha librería de vello? E nunha tenda de segunda man? A Mariña gustábanlle as obras de Jules Verne? Quen é este autor? Quen era Stevenson? Cres que esta historia remata ben ou mal? Cambiaríaslle o final? Cal sería o teu final ideal?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.