CON AMOR, SIMON

Page 1

BECKY ALBERTALLY: BIOGRAFÍA

Da mesma autora CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

 Naceu en Atlanta en 1982  Leva escribindo historias dende Ed. Infantil.

 Encántalle o xeado e as sobremesas.  A pesares do seu apelido, é xudía

No 2018 estreouse a película baseada na novela

 Non se lle dan ben os deportes.  É unha amante das novelas de Harry Potter.  No Bacharelato, obsesionouse coas películas de anime.

 Foi a Universidade en Connecticut, e toleou coa neve que alí había.

 É psicóloga clínica e tivo o privilexio de axudar en terapia a ducias de adolescentes intelixentes, orixinais e irresistibles.

 Tamén traballou durante sete anos como codirectora dun grupo de apoio para nenos con identidades sexuais non conformistas.

 Vive en Atlanta co seu marido e os seus dous fillos, onde escribe ficción xuvenil contemporánea.

CON AMOR, SIMON Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

Becky Albertalli -2015 26 NOVEMBRO 2018


PARA COMENTAR…. ARGUMENTO Trátase dunha novela, con dose de intriga que conta problemas cos que se poden atopar os adolescentes hoxe en día. Toca moitos aspectos, pero o argumento está centrado na orientación sexual do protagonista. A trama desenvolve unha historia de amor, intriga e dúbidas existenciais sobre a condición sexual das persoas. O seu protagonista é Simón, un mozo de 17 anos, incapaz de revelar a súa homosexualidade. Ao longo da novela intercambia e-mails con outro mozo, tamén homosexual, que coñece polo seu pseudónimo como Blue. Neste intercambio vaise namorando sen coñecelo. Un compañeiro do instituto, chamado Martín, descobre os seus correos secretos e ameázalle con difundilos se non accede a unha chantaxe. Por ese motivo, Simón terá que enfrontarse a Martín. A medida que se vai desenvolvendo a trama, vaise coñecendo a Simon e á súa contorna máis próxima, que se divide en familia (pais e irmás) e amigos. Os personaxes secundarios teñen a súa propia historia persoal. As súas dúas amigas, Abby e Leah tan distintas como a noite e o día, o seu mellor amigo Nick, de quen Simón prohibiuse namorarse. Tamén as súas dúas irmás, Alice e Nora, son moi diferentes entre elas e uns “pais progres”

A autora consegue crear unha obra xuvenil cunha visión optimista, normalizando e quitando dramatismo ao tema da homosexualidade na adolescencia.

Para saber máis... O HANUKKAH ou JANUKÁ Blue cóntalle a Simon que vai celebrar esta festa xudía xunto a seu pai. Quizás non saibas que o HANUKKAH é unha das tradicións hebreas máis coñecidas. Esta festividade remóntase 2200 anos atrás, para conmemorar a vitoria dos macabeos —un desarroupado exército xudeu— contra a poderosa tropa do rei Antíoco IV de Siria. En 168 a. de C. Antíoco prohibira o xudaísmo e obrigou aos que profesaban esa fe a adoptar rituais paganos e a asimilar a cultura grega; pero os macabeos rebeláronse contra esta persecución •

Non é un equivalente ao noso Nadal como algúns pensan. Celébrase entre finais de novembro e comezo de decembro. É unha festa moi alegre na que a LUZ é un elemento central: por iso tamén se lle chama o FESTIVAL DAS LUCES. Durante 8 días as familias xudías levan a cabo as seguintes tradicións • Acenden candeeiros de 8 brazos (menorás) de velas ou de aceite para iluminar a casa por dentro e por fóra. •Recitan oracións ao acender os menorás •Intercambian regalos (como se fai no Nadal cristián) •Xogan con dreidels, unhas peonzas de catro caras. •Cántase e cómense pratos típicos xudeus.

Lembras quen conta a historia? Que logra a autora con ese tipo de narrador? Que cres que é máis importante para o protagonista: a súa identidade on-line sendo Jacques ou a súa vida como Simon? “Puede que todo fuera distinto si viviéramos en Nueva York, pero no sé como ser gay en Georgia” p.26 Que cres que quere dicir Simon? Compartes a opinión do protagonista de que é máis fácil ser homosexual para as chicas? Con que personaxe simpatizas máis? E, pola contra, hai algún que detestes? Percibiches no libro algunha crítica ás diferencias entre brancos e negros na sociedade americana actual? Di Simon: “Sentirse seguro de tu masculinidad no equivale a ser hetero” p. 65Comprendes o que quere dicir?

Lembras algunha referencia literaria na novela?

Quen sospeitabas ti que era Blue?

• •

• •

Simon soña cun país imaxinario chamado SHOREO? Como o describirías? Que che parece a familia de Simón? Como reacciona Leah ao saber que Abby foi a primeira en saber o seu segredo? Que opinas do personaxe de Leah? Crees que a homosexualidade hoxe vese como algo normal ou como un tema tabú? “En que consiste la felicidad absoluta? EN agarrarse con ambas manos al asiento de una silla de oficina mientras Cal Price te empuja por el pasillo” p. 130. E para ti? No libro fálase da “conjura Homo Sapiens”. (todo el mundo tería que saír do armario, non só as persoas homosexuais? Que opinas? As redes sociais son importantes na vosa vida? (según Nick son un vehículo para construir y poner en juego la identidad. P. 142 Que che parece Abby como amiga? É xustificable o seu enfado con Simon por ceder á chantaxe de Martin? Ti cres que Simon tería saído do armario de non ser pola mensaxe que publica Martin na rede do instituto?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.