Cometas en el cielo

Page 1

O AUTOR : KHALED HOSSEINI

AFGANISTÁN NA NOSA BIBLIOTECA...

Khaled Hosseini naceu en Kabul en 1965, fillo dun diplomático e dunha profesora. En 1980, un ano logo da invasión soviética de Afganistán, obtivo asilo político en Estados Unidos. Estudou medicina en California e, mentres traballaba como médico, escribiu a súa primeira novela, Cometas en el cielo, un extraordinario éxito de vendas no mundo. En 2006, Hosseini foi nomeado Enviado Especial de ACNUR, a axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados.

CLUB DE LECTURA LARETAS IES POETA AÑÓN

A idea de escribir esta novela xurdiu na cabeza do seu autor tras saber que os talibáns prohibiron voar cometas en Afganistán,. “Cometas en el cielo” leva vendidas mais de 80 millóns de copias en todo o mundo e foi traducida a máis de 40 idiomas

OUTROS LIBROS DO AUTOR

… E NA NOSA FILMOTECA

COMETAS EN EL CIELO Khaled Hosseini 29 Xaneiro 2018

2007

2013


ARGUMENTO Este libro narra a historia dunha amizade, dunha familia, de terribles erros e da busca de perdón. Nun país dividido ao bordo da guerra civil, dous nenos, Amir e Hassan, están a piques de separarse para sempre. Numerosas cometas, que participan nun torneo infantil, crúzanse no intenso azul do ceo de Kabul. Pero logo de gañar o torneo, a traizón dun neno atemorizado poñerá en marcha os mecanismos dunha catástrofe. Logo de 20 anos vivindo en Estados Unidos, Amir regresa a Afganistán, a pesar do perigo que supón o implacable goberno dos talibáns, disposto a enfrontarse cos escuros segredos que lle perseguen e a reparar o dano que fixo.

ALGÚNS FRAGMENTOS DO LIBRO Lo que dicen del pasado, que es posible enterrarlo, no es cierto. Porque el pasado se abre paso a zarpazos . Los niños no son cuadernos para colorear. No los puedes pintar con tus colores favoritos. Los hombres de verdad no leían poesía y Dios prohibía incluso que la escribieran. Los hombres de verdad jugaban a fútbol Entonces vi a Baba hacer algo que nunca le había visto hacer: lloró. Me asustó un poco ver sollozar a un hombre adulto. Se suponía que los padres no lloraban

PARA REFLEXIONAR...  Gustouche a novela?  Que personaxe che gustou máis?  Que pensas da relación Amir-Baba? É similar á que hai entre Hassan e Alí?  E da que existe entre Hassan e Amir? É unha relación de verdadeira amizade?  Amir é moi distinto ao seu pai. Ti dirías que ten algo en común con el?  Se escoitas falar de “pastunes” e “hazaras” … sabes de que se está a falar?  Aprendiches algo sobre a historia de Afganistán?

AFGANISTÁN no mundo La sangre es muy importante y cuando adoptas no sabes de quien es la sangre que mete en casa

Sus hijos salen de discotecas en busca de ganado, dejan preñadas a las muchachas y tienen hijos fuera del matrimonio. Y nadie hace un maldito comentario. ¡Oh, sólo son hombres que se divierten! Yo cometo un error, y de repente todo el mundo habla de “nang” y “namoos” y tienen que restregármelo por la cara el resto de mi vida.

 O protagonista afirma que no ano 1975 ocorreu algo que cambiou a súa vida e a marcou para sempre . A que feito se refire?  Que importancia teñen nesta historia os libros e a lectura?  Todos nos equivocamos nalgún momento co noso comportamento cos amigos . É habitual que nos arrepintamos e recoñezamos o erro pedindo perdón?  Que trato se lle dá ás mulleres na sociedade afgana (pensa na nai de Hassan, en Soraya, en Jamila -nai de Soraya-...?  Emocionácheste nalgún episodio do libro?  A que se refire a frase “POR TI LO HARÍA MIL VECES”, que aparece varías veces ao longo da historia?  Cal é o motivo polo que Amir e o seu pai abandonan o seu país e emigran a Estados Unidos? Que representa este país para Amir?  Se ti foses a persoa responsable dun orfanato, sacrificarías un ou dous rapaces “polo ben de todos”?

Budas Xigantes de Bamiyan (s. V-VI) destruídos polos talibáns en 2001

 Que significado pensas que teñen as cometas neste libro?  Gústache o final da novela ou ti terías escrito outro?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.