El club de los asesinos limpios

Page 1

BLANCA ÁLVAREZ GONZÁLEZ Coaña-Asturias 1957

OUTRAS OBRAS DA AUTORA

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

É licenciada en Filoloxía Española e Traballo social, tamén estudou Dereito. Nos seus comezos foi coñecida como poeta por gañar o Premio Internacional de Poesía Cálamo. Colaborou no diario As como cronista deportiva. Posteriormente entrou no mundo do xornalismo, no cal segue colaborando, e que compaxina co seu labor literario. Ten unha filla. Despois de escribir novelas para adultos, penetrou no mundo da literatura infantil e xuvenil. Con Milú, un can en desgraza entrou no White Ravens 2001. Con Pendentes, carafio e bolboretas gañou o XIII Premio Ala Delta. En 2004 obtivo o Premio da Crítica de Asturias por A ponte das cerdeiras. Con Palabras de pan. Obtivo o Premio Destino Infantil Apel, e o Lles Mestres 2005 con Witika, filla dos leóns. Gañou o IV Premio da Crítica de Asturias 2003 coa Ponte das cerdeiras. No 2007 quedou finalista no premio Lazarillo co O maleficio da espiña, As súas últimas publicacións son O colar de penas, Búscame en África e Unha tropa de irmáns, As costuras da luva, O curso en que me namorei de ti e en 2008 Xornalistas, búlgaros e Louras, unha novela de literatura xuvenil, que trata sobre a desaparición dun coñecido futbolista, na que hai unha estraña influencia da mafia búlgara. En 2009 escribiu o seu novo libro titulado Ópalo . En 2011 publica A verdadeira historia dos contos populares un ensaio que

EL CLUB DE LOS ASESINOS LIMPIOS Blanca Álvarez

analiza o sentido dos contos populares no momento no que foron creados e como os seus argumentos pódense trasladar a algunhas realidades da nosa actualidade..

30 outubro 2017


PARA COMENTAR…

ARGUMENTO Antonio é un mozo afeccionado á lectura de novelas policíacas; é unha afección que comparte co seu pai, Pablo. Pola contra, a súa nai, Mina, detesta ese tipo de historias. Un día Antonio vai visitar ao seu tío Anxo, un notario solteiro e cincuentón, que lle ía a regalar varios libros como compensación polas súas boas notas. Pero, ao entrar ao seu despacho, atópao sen coñecemento. Seu tío acaba no hospital co diagnóstico de derrame cerebral. Antonio sabe que ese mesmo día morreu en estrañas circunstancias a ama de cría do seu tío, Basilia. Pola noite, xa na súa habitación, Antonio le unha carta que o seu tío apertaba na man no momento do desfalecemento. Neste documento, Basilia pídelle axuda, porque o edificio onde vive é perseguido por uns axentes inmobiliarios sen escrúpulos. Ela teme pola súa vida, xa que non está disposta a abandonar o seu fogar. E aparece morta. Antonio cre que se trata dun crime como os que le nas súas novelas e decide investigar. Como está de vacacións, terá tempo suficiente para clarificar o caso. En primeiro lugar, vai a casa de Basilia e contacta con Asím e Bembó, dous mozos inmigrantes aos que a ama de cría ensinaba o castelán. Descobren que os donos da inmobiliaria O Dourado en Xixón queren derrubar o edificio número trece da rúa As Cruces (o edificio de Basilia, Asím, Bembó) para construír pisos de luxo nun punto neurálxico da cidade. Pero non é tarefa fácil, porque os inquilinos non queren abandonar as súas casas. Algúns veciños sofren agresións e Antonio decide contarlle toda a historia ao seu pai, e xuntos informan ao inspector Pradera das irregularidades que hai en toda esta sucia trama. O policía utiliza os seus contactos e consegue que un xornalista publique os documentos que comprometen a un concelleiro e a Mauro Mínguez, un indesexable matón. Ambos pasan a disposición xudicial e os veciños do inmoble conseguen conservar os seus fogares.

Que afección comparten Antonio e o seu pai

Que opina a súa nai?

Quen é Basilia e que lle ocorre?

Basilia escríbelle unha carta ao notario Anxo: de que lle informa?

Como axuda Ana, a secretaria do notario, a Antonio?

Quen é Zelka? Que lle ocorre?

Como evoluciona a relación entre Bembó e Asim con Antonio?

Que teima ten o inspector Pradera? Por que?

Quen é o Ra? Como aparece na historia?

Como interpretas o título o libro?

 

Escenario da NOVELA: CIMADEVILA –GIJÓN-

Explica a importancia destes personaxes na historia: Antonio, Bembó, Asím, Mauro Mínguez, Nerelé. Que importancia ten na historia a aparición do xornalista Pepe o Cabicha? Sempre teñen un final feliz este tipo de delitos? Que opinión tendes da especulación urbanística en Galicia e España?

PERSONAXES Antonio: é o protagonista da historia; as súas afeccións preferidas son o xadrez e a lectura de novelas policíacas. A súa mellor habilidade consistía en ler novelas de detectives e gañar ao seu pai no taboleiro do xadrez. Asím e Bembó: son dous mozos inmigrantes; o primeiro é armenio e o segundo, africano. Ambos viven no edificio da discordia Nerelé: é a irmá pequena de Bembó; encántalle o chocolate. ZelKa e Saturei: son as nais dos inmigrantes. Inspector Pradera: ten unha teima que consiste en repetir a palabra que considera máis importante no seu discurso. É o policía que axuda a Antonio a acabar coa sucia trama de Mauro Mínguez e do concelleiro Juan Pedro López. Pablo: pai de Antonio, comprende e axuda ao seu fillo. Mina: nai de Antonio, sempre preocupada de máis por el. El Tuerto: xitano que axuda aos inmigrantes e é confidente da policía. El Rana: delincuente de pouca monta dos baixos fondos de Gijón.

Cimadevilla (Cimavilla en asturiano e oficialmente) é un barrio do distrito Centro de Xixón (Asturias) situado ao sur do Cerro de Santa Catalina (tamén chamado La Atalaya). É a parte máis antiga da cidade, contando con vestixios arqueolóxicos pertencentes á época do Imperio romano, tales como a muralla ou as Termas. A súa situación nun cerro amurallado, que quedaba illado ao subir a marea, fixo de Cimadevilla unha praza forte de certa importancia, ata a súa destrución durante o segundo asedio de Xixón da guerra entre Enrique III, futuro primeiro Príncipe de Asturias, e o seu tío Alfonso Enríquez, Conde de Noreña e Xixón. A construción, a partir de comezos do século XVI, dun porto comercial no malecón situado ao oeste, transforma ao barrio en lugar de residencia de mariñeiros e causa a expansión da cidade cara ao sur. Nos seus cantís do leste construíuse a principios do século XX o Real Club Astur de Regatas, coa primeira piscina de Xixón. Na actualidade as súas vivendas foron rehabilitadas na súa maior parte e, tras ser transformado o porto vello en porto deportivo, converteuse en barrio residencial, comercial e de lecer. A parte alta do mencionado Cerro de Santa Catalina é na actualidade un parque coroado pola escultura Eloxio do Horizonte, obra do escultor Eduardo Chillida.

ALGUNHAS CITAS… “Paréceme que este mundo pode ter solución se vós loitades por cousas como o 0,7 para o Terceiro Mundo.” “A madurez non é unha cuestión de idade, senón de barrios”. “Nunca se escapa do destino, aínda que se cambie de paisaxe”. “ Pero estender a idea a toda a poboación son prexuízos tan graves como os daqueles que ven en cada inmigrante a un delincuente. Algún día descubrirás que son máis numerosos os bos, o que pasa é que se lles nota menos.”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.