22 segundos

Page 1

PARA COMENTAR...  

        

            

  

Con que outro nome chaman a Ánxela? Que quería borrar Xela do debuxo que estaba colgado na parede? Como se organizaba o recreo? Que lle gustaba facer co avó? En que navegaba o avó agora de anciá? Que soño angustiaba a Ánxela? Como era a relación de Xela e Ana? Que enfermidade tiña o avó? Que fixo o ir a cidade co avó? Que lle dixo a súa nai o día seguinte as compras? Como racionou Ana cando lle contou Xela o que sentía? Que lle recomendou a orientadora? Que é a transición? Quen é Hadrián? Que che parece o final? Cambiarías o final do libro? Gustouche a novela? Pareceuche interesante o tema do que trata? Coñecías a situacións dos transexuais? Consideras que a sociedade os rexeita? Sabes algo da situación dos trans en España? Por que ten ese titulo a novela? Como definirías a Alex? Por que sofre? Cando se dá de conta da súa verdadeira identidade? Cal é o personaxe de mentalidade máis ampla ou aberta ante o que está a acontecerlle a Xela-Álex? Pensades que todos os trans teñen a sorte de Alex no seu entorno familiar e social? Que papel desempeña Ana? Paréceche que pode ser certo? Sempre ocorre así?

EVA MEJUTO (1975) CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Eva Mejuto (Sanxenxo,1975). Licenciada en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza a súa tese doutoral sobre literatura infantil: "Álbum testemuño: como achegar a realidade aos nenos". Especialista en literatura infantil, traballa desde 1998 ata 2016 no sector editorial, primeiro en Kalandraka e despois formando parte do equipo de OQO editora, onde coordinou o departamento de Comunicación e Proxectos. Coordinou, os proxectos europeos de OQO "Os contos do Camiño" e, posteriormente, "Cociña de contos", dentro do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. Imparte cursos de formación docente sobre promoción da lectura dende hai máis dunha década e participou en feiras internacionais e diversos eventos relacionados co mundo do libro infantil en países como México, Brasil, Estados Unidos, Australia, Xapón, China, Italia, Alemaña, Polonia, Marrocos e Turquía, entre outros. No mundo universitario, colaborou como docente nas Universidades de Lisboa, Portugal ( Universidade Católica), a Universidade Oberta de Catalunya ( UOC) en Barcelona e desde hai 5 anos, imparte a materia "Proceso Plástico Secuencial" no Máster "Libro ilustrado e Animación Audiovisual" da Universidade de Vigo. Como autora, realizou as adaptacións literarias de diversos álbums ilustrados como "Corre, corre, Cabaza", "Tres desexos" e "María", editados por OQO, entre outros e traducidos a máis de dez idiomas. Esta novela, 22 segundos, é a primeira incursión na narrativa xuvenil.

“O que non se di é coma se non existise e xa ía sendo hora de existir. Alex, ata o de agora, só vivira de portas para adentro. Xa non había marcha atrás. Estaba decidido.”

22 segundos Eva Mejuto (2017) 27 novembro 2017


ARGUMENTO A novela aborda o tema da transexualidade. Mostra a evolución da protagonista de Ánxela a Álex, que non soamente supón un cambio dun xénero imposto ó desexado, senón unha busca da liberdade dende a infancia dunha “nena” que nunca quixo selo. En primeira persoa, coñecemos os pensamentos e preocupacións de Álex, que dende a súa infancia séntese distinto das rapazas que coñece. Un día séntese con forzas para abrir un vlog e compartir de portas para fora a súa vida. O conta porque non quere ter máis medo, nin vergoña de ser quen é.Tardou”22 segundos” en subir o vídeo a rede, en el conta a súa infancia e adolescencia e o papel importantísimo da nai, Ana e o seu avó. Este último sempre lle dixo O que non se fala non existe e é necesario romper con ese silencio.

PRINCIPAIS PERSONAXES XELA-ALEX A NAI O AVÓ RAMÓN A AVOA HELENA A PROFESORA MARI CARMEN ANA ANXO CRISTINA – A PSICÓLOGA

A TRANSEXUALIDADE Transexualidade é unha condición que causa que a identidade de xénero do individuo non coincida coa identidade sexual que se lle atribúe a partir de criterios biolóxicos. A persoa transexual desexa modificar as características sexuais externas que non se corresponden co xénero co que senten identificadas.

BANDEIRA TRANS

Os termos e conceptos ao redor da transexualidade non están moi acordados polo momento, sobre todo porque se trata dunha minoría pouco atendida e estudada. Tamén é tema de debate se a forma máis correcta de denominar á transexualidade é transexualismo, transxénero ou transxenerismo. O xénero gramatical dos termos utilizados para describir ás persoas transexuais sempre se refire ao xénero de destino, é dicir, á identidade sexual coa que senten identificadas. Así, un home transexual é alguén que foi identificado como muller ao nacer, debido aos seus xenitais, pero que se autoidentifica como home. Para evitar a polémica entre transexual e transxénero, adóitase utilizar en termo trans englobando a ambos. Co tempo a transexualidade abandonou progresivamente o seu lugar nos rexistros patolóxicos e o tratamento liberouse de restricións terapéuticas: o cambio de sexo está agora a disposición de quen o desexe en moitísimos países. A Organización Mundial da Saúde incluíuno como síndrome médica en 1977 nunha resolución adoptada na XXIX Asemblea Mundial da Saúde.

Os trans pasan por diversas etapas na busca da súa identidade: 

Rexeitamento dá anatomía de orixe.

Tratamento psicolóxico.

Terapia hormonal substitutiva.

Demanda de intervención quirúrxica.

Proceso de reasignación de sexo (legal e social).

A pesar dos avances que se produciron, sobre todo nestas primeiras décadas do presente século, no recoñecemento dos dereitos do colectivo integrado por persoas lesbianas, homosexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais ( LGBTI), devandito recoñecemento non se produciu en todos os países do mundo, pois aínda existen a día de hoxe un gran número de rexións onde se criminaliza a homosexualidade, ou onde, aínda que non exista dita criminalización, o recoñecemento de dereitos a favor deste colectivo non se realizou. A iso hai que engadir que na sociedade actual aínda seguen existindo casos de discriminación, rexeitamento e violencia contra as persoas LGBTI. A TRANSEXUALIDADE EN ESPAÑA * En España entrou en vigor a Ley de Identidad de Género o 15 de marzo de 2007 que: permite *as persoas transexuais modificar a referencia do nome e sexo no DNI e no pasaporte, sen ter que someterse a unha operación xenital e sen procedemento xudicial” A partires dese intre as Comunidades Autónomas comezaron a lexislar tamén sobre o tema, sendo a cobertura mais ampla dende o punto de vista legal e sanitario nas Comunidades de: Andalucía, País Vasco, Cataluña, Navarra e Madrid, onde a Lei de protección integral contra a discriminación por diversidade sexual e de xénero protexe tamén aos menores do rexeitamento e acoso escolar, e o exemplo está contaxiándose ao resto do Estado español pero aínda queda moito por facer.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.