Historia da Ciencia-Ficción

Page 1

historia da ciencia-ficcion

1


A historia do xenero Os pioneiros

– O Dédalo do mito clásico, construtor dos primeiros artefactos “futuristas”, o Golem da tradición xudía ou A Historia Verdadeira de Luciano de Samosata na literatura antiga. – As visións de Leonardo (o helicóptero, a bicicleta, o carro blindado, os sistemas de irrigación mecánicos…) – Somnium de Kepler (século XVII) – As viaxes de Cyrano de Bergèrac e do Barón de Munchhausen, nos séculos XVII e XVIII. 2


A historia do xenero O XIX

– Os auténticos precedentes do xénero: O Frankenstein de Mary Shelley; as viaxes de Verne (á Lúa, ao centro da Terra, as súas vinte mil léguas baixo o mar); as anticipacións de Wells (a máquina do tempo, a guerra dos mundos...) – Allan Poe e o mesmerismo, os furados negros ou o Big Crunch. – Mark Twain e a súa viaxe á corte artúrica. – Jack London e os extraterrestres, as armas de enerxía e as guerras do futuro. 3


A historia do xenero. empeza o xx

Decántanse as características do xénero: – Rice Burroughs iniciou a aventura marciana, na que foi seguido por Carter e outros exploradores planetarios como Carson Napier, que ubicou o seu ciclo de ficción en Venus. – En América unha revista pioneira, Amazing Stories, acollía colaboracións que mesturaban o terror, a fantasía e a relato de ficción científica. En xeral, non tiñan a consideración de literatura “culta”, mais iso non impediu que grandes nomes como Lovecraft ou E. Howard publicasen nelas.

4


A historia do xenero A idade de ouro •

A nova realidade do século XX, coa progresión continua e imparábel dos avances científicos e tecnolóxicos, e o prestixio que vai adquirindo o xénero mercé á acumulación de plumas prestixiosas fai que moitos autores se consagren como escritores con moito seguimento polo público: Isaac Asimov, Arthur C. Clarke, Robert A. Henley, Karel Capek, Aldous Huxley, C. S. Lewis, Bioy Casares, Jorge Luís Borges… Trala Segunda Guerra Mundial, os argumentos complícanse e os textos ocupan máis páxinas, convertíndose os relatos en novelas. Paralelamente, as revistas procuran o seu nicho de mercado entre os adolescentes.

5


A historia do xenero A idade de prata

É o tempo da guerra fría e a novela de Orwell, a súa emblemática 1984, e o momento no que se consolidan os que serán os grandes nomes do xénero ata fins do XX (Henlein, Asimov, Clarke, Anderson, Dick, Bradbury, Herbert, Lem…) É o tempo tamén dos títulos clásicos de narracións que procuran todo tipo de moldes para expresarse (o libro, o cómic, a televisión, o cine…): Crónicas marcianas, Farenheit 451, A laranxa mecánica, Dune. 6


A historia do xenero A new age

No período que vai de 1965 a 1972 e coincidindo co enorme despregue da carreira espacial, abandónanse os asuntos clásicos da ciencia-ficción (avances tecnolóxicos, robótica, viaxes intergalácticas…) e o xénero oriéntase cara tramas como a exploración dos estados alterados de consciencia ou a relatividade da moral. Neste período destacan autores como Roger Zelazny ou Philip K. Dick (Soñan os androides con ovellas eléctricas? base do guión do filme de Ridley Scott Blade Runner). 7


A historia do xenero o cyberpunk

Na década dos oitenta o auxe dos ordenadores e as redes informáticas ofreceron novos camiños ao xénero, que vía como estes fenómenos eran o inicio dunha cadea de transformacións sociais que estes autores contemplaban como un futuro dominado pola tecnoloxía e o capitalismo. Pesimistas e subversivos, pertencen á corrente Willian Gibson (Neuromante) e tamén algúns dos guións da serie de TV Expediente X.

8


A historia do xenero o postcyberpunk

Esta é unha fase en que o xénero presenta unha consideración menos negativa do fenómeno tecnolóxico; en realidade, responde a un cambio de mentalidade: o crecente influxo da Internet, a súa democratización e globalización, fan que os anos noventa sexan tempos en que os heroes son individuos que controlan estes medios tecnolóxicos, non os destrúen e empréganos para salvar a humanidade ou mellorar as súas condicións de vida. 9


A historia do xenero variantes do cyberpunk • • •

O steampunk, que presenta entornos nos que se producen anacronías tecnolóxicas o biopunk no que o núcleo temático xira arredor da biotecnoloxía (Gattacca) o retrofuturismo…

10


A historia do xenero as revistas

Os medios periódicos e a seriación dos argumentos constitúen un clásico na divulgación das narracións de ciencia-ficción: The Argosy (1896), All Story (1911), Weird Tales son as primeiras que deron cabida aos relatos deste tipo aínda que mesturados con outros de carácter fantástico, de misterio ou de terror. Amazing Stories (1926-1980) é a primeira revista especializada en ficción científica. Moitas outras a seguiron, como ASF, Galaxy, Asimov’s Science Fiction ou moi recentemente versións como Hélice ou Artifex. 11


A historia do xenero o cine

Méliès é o pioneiro co seu filme mudo Le Voyage dans le Lune xunto con algúns títulos dos anos vinte, como a mítica Metrópolis de Frizt Lang. Dos anos trinta aos cincuenta o xénero está restrinxido ás producións de serie B, mais a obra de Stanley Kubrick 2001, A Space Odyssey (1968) marca un cambio de tendencia en relación tanto co prestixio do xénero como na aceptación xeral por parte do público: Star Wars, Close Encounters of the Third Kind, Alien, o oitavo pasaxeiro, E. T., Blade Runner, Men in Black, Gattaca, Matrix… 12


A historia do xenero o teatro Xénero con escasa representación. Existen poucas obras orixinalmente escritas para o teatro, aínda que hai moitas adaptacións da novela. R.U.R. (Robots Universales de Rossum) de Karel Capek La Edad de las Máquinas de Florencia Aroldi Los últimos días de Clark K. de Alberto Ramos Star Trip (ópera) produción da compañía Yllana Harket [Protocolo] de Juan Pablo Mendiola Almas de Metal en Tiempo de los Sentidos de Milthon Haír Araque Londoño As incertezas de Scotty de Joao Guisán Seijas

13


A historia do xenero a television O medio contribuíu inequivocamente á popularidade do xénero e á divulgación dos seus tópicos: Doctor Who, Star Trek, Galáctica, Stargate, son series que forman parte da historia do século XX e referentes de varias xeracións.

14


A historia do xenero a banda desenada

Sen entrar en publicacións concretas, os tópicos da ciencia-ficción desembarcaron na banda deseñada por volta dos anos setenta e oitenta (paisaxes lunares, viaxes galácticas, escenarios postnucleares, mundos futuros deshumanizados nos que a tecnoloxía desprazou a natureza…)

15


A historia do xenero os premios A enorme efervescencia deste tipo de narraci贸n tivo como resultado a aparici贸n de premios especializados en cada formato: premios Hugo ou N茅bula de literatura, Sitges, Buenos Aires ou Rojo Sangre para cine fant谩stico...

16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.