Xornal CEIP A Carballeira 2014

Page 1

A CARBALLEIRA Nº 24—ANO XXIII — XUÑO 2014

C.E.I.P. “A CARBALLEIRA” - LOURIZÁN — PONTEVEDRA



A Carballeira

Xosé María Díaz Castro

En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra. O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país. Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela. Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1990. ( da Biblioteca Virtual Galega)

Páxina 1

Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas).


A Carballeira

Letras Galegas 2014

ESMERALDA Herba pequerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿ Por qué de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sin ti! Xosé Mª Díaz Castro, NIMBOS

Mural realizado pol@s alumn@s de E. Infantil

Páxina 2


A Carballeira

Tamen nós participamos en “Marín medra entre poemas”, unha actividade promovida polas equipas de Dinamización dos Centros Educativos de Marín e asumida rápidamente por grande parte dos colectivos sociais desta vila. Un poema de Rosalía de Castro, da obra Cantares Gallegos, foi o elexido polo noso centro: Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas.

Páxina 3

Letras Galegas 2014

O Día das Letras na alameda de Marín


A Carballeira

Letras Galegas 2014

Mamá, papá, avoíña,...Cóntame un conto! Durante a semana das Letras Galegas tivemos a sorte de contar coa colaboración das familias para realizar esta actividade que tanto lles gusta aos cativos. De luns a xoves, Javier, Marián, Sonia e Belén fixéronnos vibrar cunha chea de historias maravillosas que encheron de aventuras as aulas de Educación Infantil estes días. Dende aquí queremos agradecer a súa labor, facilitando o vínculo entre a familia e a escola e achegando aos máis cativos un mundo cheo de imaxinación.

Páxina 4


A Carballeira

Viaxamos a Cambados!! Comenzamos o noso PDI “Mergúllate no mar” cunha saída didáctica moi especial:

Agardábannos as nosas “mariscadoras/monitoras”: Patricia fíxose cargo das explicacións ao grupo formado por 1º, 2º e 3º cursos e Ánxeles encargouse de 4º, 5º e 6º. Iniciamos o percorrido dirixíndonos ata o local da Asociación Guimatur para cambiar o calzado que levabamos por botas de auga. Unha vez ben calzados/as camiñamos ata a praia da Torre e, logo dunha interesante explicación, baixamos á praia onde nos iniciamos nas artes do marisqueo. Aí coñecimos as distintas clases de bivalvos que se colleitan e as diferencias que hai entre ameixa fina, xapónica e babosa, así como os distintos traballos que desempeñan as mariscadoras.

Unha vez que deixamos as botas de auga no seu sitio, desprazámonos de novo ata o autobús para ir ao porto de Tragove, un dos tres portos que ten Cambados. Páxina 5

Mergúllate no mar

O luns, 18 de novembro, fomos a Cambados para que nos aprenderan cousas sobre o marisqueo, as artes de pesca, os tipos de barcos que se empregan …


A Carballeira

Mergúllate no mar

Alí, visitamos a lonxa, onde nos mostraron o proceso da subasta (que xa é electrónico), observamos os traballos dunha redeira e a grande cantidade de barcos diferentes que estaban atracados alí.A continuación, visitamos o punto de control e comprobamos como se clasifica o marisco segundo o seu calibre. Resultou moi interesante ver caer as ameixas nas distintas caixas, segundo o seu tamaño.

Cando estabamos a falar sobre o uso das nasas, achegóusenos un inspector do Ministerio de Fomento que preguntou cantos/as de nós queriamos ser mariñeiros/as e… erguéronse un montón de mans!!! Para rematar, dicirvos que tivemos moita sorte porque non choveu, quentou un chisquiño o sol e aproveitamos moi ben o tempo.

Páxina 6


E. Infantil 5 anos

A Carballeira

Pรกxina 7


E. Infantil 5 anos

A Carballeira

Pรกxina 8


E. Infantil 5 anos

A Carballeira

Pรกxina 9


E. Infantil 5 anos

A Carballeira

Pรกxina 10


E. Infantil 5anos

A Carballeira

Pรกxina 11


E. Infantil 5 anos

A Carballeira

Pรกxina 12


2ยบ curso de Primaria

A Carballeira

Pรกxina 13


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 14


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 15


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 16


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 17


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 18


As nosas cousas.

A Carballeira

Pรกxina 19


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 20


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 21


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 22


A Carballeira

Investigando polos arredores do cole

As nosas cousas

Este curso, os investigadores e investigadoras de 1º curso de Primaria deixáronnos abraiados coas súas pesquisas. Foron quen de recoñecer, na súa saída polos arredores do cole, moitas das especies vexetais que aquí se atopan. Falan de pampullos, cardos, avea, fiunchos, fentos, silvas, xestas, toxos, carballos, eucaliptos, castiñeiros…como verdadeiros expertos.

Todo comenzou cando a súa profe lles propuxo investigar sobre “As Plantas”, especialmente sobre as silvestres que podemos ver en calquer carreiro, monte, muro ou valo do noso ámbito.

Puxéronse ao traballo buscando información nos libros e na internet e así descubriron como se alimentan, como respiran, que

Páxina 23


A Carballeira

precisan para vivir…e tamén que hai árbores de folla perenne e caduca. Pouco a pouco foron montando un herbolario na aula e comprobando as súas investigacións.

As nosas cousas

Na saída, ían por parellas identificando aquelas plantas que lles tocaran no seu cartel, e podíase escoitar: - Miña nai, non sabía que había tantas!!, ou – A quen lle tocou un “dente de león”?.

Foi super divertido e interesante. Ademais tiveron a sorte de atopar un vagalume debaixo dun carballo que, despois de tocalo, deixaron seguir coa súa vida. Quizais o vagalume lles quería dicir: Estamos en primavera!!!

Páxina 24


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 25


A Carballeira

O MAGOSTO

O Magosto

Pero que ben o pasamos no Magosto, comimos castañas tomamose riquísimos chourizos. Despois, moito nos divertimos cos bailes e os xogos deste ano.

Páxina 26


O Magosto

A Carballeira

Pรกxina 27


A Carballeira

Lembrando o Festival de Nadal

Festival de Nadal

Coma sempre tivemos unhas actuacións espectaculares: acrosport, bailes, e ata unha cantiga signada pola linguaxe de signos española (LSE). A verdade é que todos os nenos e nenas o fixeron fenomenal. Parabéns a estes pequenos artistas! E para rematar a festa…. a visita do rei Melchor!

Páxina 28


Festival de Nadal

A Carballeira

Pรกxina 29


A Carballeira

Entroido

PDI: Mergullรกmonos no Entroido.

Pรกxina 30






Entroido

A Carballeira

Pรกxina 31


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 32


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 33


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 34


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 35


As nosas cousas

A Carballeira

Pรกxina 36


A Carballeira

Mil desexos de PAZ

A través do libro "Sadako e as mil grullas de papel" descubrimos o valor, a esperanza, o esforzo, a protección, a amizade, o cariño, pero tamén a guerra, a enfermidade e a morte. Bandadas de grullas revolotearon pola nosa biblioteca. Os nenos e nenas do cole non pararon de facer grullas para enviar ao Parque da Paz de Hiroshima, Xapón, onde se atopa o monumento en honor a Sadako e no que se pode ler: "Este é o noso choro, esta é a nosa pregaria, paz no mundo".

Páxina 37

Día da Paz

Conmemorar o día da Paz e a Non Violencia significa espertar os valores e os coñecementos que nos permitan adquirir as actitudes, as habilidades e os comportamentos necesarios para acadar a PAZ, é dicir, para vivir en armonía cun mesmo, cos demais e co medio ambiente.


A Carballeira

Salón do Libro

Visitamos o Salón do Libro Un ano máis, participamos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este ano, e xa son 15, o título foi do máis suxerente: “Cociñando contos”, polo que os cociñeiros e cociñeiras do noso cole puxeron os fogóns a traballar de arreo con deliciosos resultados.

Páxina 38


A Carballeira

EXPER+I+CIENCIA

Explicáronnos cal é o traballo que desenvolven alí os científicos, como recollen as mostras a distintas profundidades, cales son os buques oceanográficos e como é a vida dentro deles... pero tamén vimos que estas persoas, realizando o seu traballo, están expostas a diversos perigos e deben manter ríxidas normas de seguridade. Unha vez máis, “Mergullámonos no mar”, pero desta volta dende un punto de vista científico.

Páxina 39

Exper+i+ciencia

O venres 21 de marzo, no centro, tivemos a sorte de disfrutar dunha estupenda actividade “EXPER+I+CIENCIA” que espertou en nós o desexo de convertirnos en científicos. Qué sorte poder viaxar á Antártida e contemplar a súa alucinante paisaxe!


A Carballeira

Visita dun mariñeiro

PDI. Visita dun mariñeiro: Carlos. E seguindo co noso PDI “Mergúllate no mar”, o venres 28 de marzo disfrutamos dunha estupenda visita: Carlos o pai dunha alumna do 3º ciclo de Primaria. Adicouse durante 15 anos a arriscada e laboriosa profesión de mariñeiro e, con gran entusiasmo e o seu benfacer, aproximounos a este mundo, non tan descoñecido para nós. Gracias a el aprendimos a recoñecer a estrela polar para poder orientarnos; ensinounos a diferenciar a pesca do palangre da do cerco; como se desenvolve a vida dentro do barco, a coñecer cales son as normas de seguridade, como é unha nasa, etc. Consideramos, que ao igual que Carlos, os vosos país e nais teñen moito que contarnos e todos nós, moito que aprender deles. Dende aquí, queremos animar a todas as familias a poñelo en práctica. Gracias, Carlos.

Páxina 40


A Carballeira

Olimpíadas no recreo

O sábado19 de abril, na facultade de Ciencias do Deporte, tivo lugar a fase final das “Olimpíadas do recreo” á que acudiron os representantes do 3º Ciclo, conseguindo o terceiro posto. O fixeron realmente ben, xa que nalgún momento competiron con equipos moito mais numerosos. Así que teñen que estar ben orgullosos. Realizaron probas deportivas, contestaron preguntas de contido xeral no Pasapalabra, mostraron o que saben sobre a alimentación saudable e……construíron un volcán! Case nada!

Páxina 41

Olimpíadas no recreo

Logo do éxito acadado na pasada edición, o Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Educación, achegou ao noso centro o proxecto "Olimpíadas do recreo". O alumnado do 3º Ciclo participou activamente no evento, demostrando que saben traballar en equipo e que xogando tamén se aprende.


A Carballeira

Natura 2000

Día Europeo da Red Natura. Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os tipos de hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea. O 21 de maio, unímonos ó Día Europeo da Red Natura, un día no que todos nós teñamos un xesto (simbólico ou real) cos nosos espazos naturais. Porque cada pequeno xesto pode ter un gran poder: O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo. Con este xesto, os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil quixeron participar, amosando que o ser humano e a natureza camiñan xuntos, que están a favor da conservación dos ecosistemas naturais e das aves que viven neles. Cada ano, os xestos contribuirán a conservación dun sitio en particular da Red Natura 2000 en Europa e este ano o lugar da campaña escollido foi Doñana (Huelva).

Esta foto foi elexida, de entre todas as envíadas a http://www.natura2000day.eu/, polo xornal ABC para ilustrar a súa información sobre o Día Europeo da Red Natura.

Páxina 42


A Carballeira

SEGURIDADE VIAL

Nos sinais teraste que fixar senón queres ir cara ao hospital. No paso peatonal non te distraigas xamais porque pódente atropelar. Se unha multa non queres levar ao garda non fagas enfadar. Nos semáforos repararás e só poderá pasar se en verde está. Iker Fernández Rodríguez, 5º Querido papá: Escríboche esta carta porque me preocupo moito pola túa seguridade. Quero dicirte que teñas coidado á hora de conducir, porque se que che gusta a velocidade. Tamén me gustaría que te acordases de poñer o cinto, porque aínda que pareza unha parvada podes facerche moito daño. Incluso algunhas persoas morren por non o levar posto.A min non me gustaría nada, pero nada de nada, quedarme sen o meu pai. Quérote moito Patricia Rodríguez Torres, 6º.

Páxina 43

Seguridade vial

Ao conductor déixao tranquilo non vaia ser que acabes na “caixa de pino”.


Seguridade vial

A Carballeira

Querida mamá: Esta carta escríbocha a ti, porque sei que che preocupa a miña protección no automóbil. Sei iso porque te preocupa se levo o cinto ou non, freas despacio para que eu non me faga dano co cinto, ademais de que non deixas que che molesten mentres vas ao volante. Fíxome en que cando hai un sinal, ti a respectas, non pasas cando o semáforo está en vermello e nunca quitas o ollo da estrada. Grazas a todo isto, eu cando vou no automóbil síntome protexido e con máis tempo de vida. Un saúdo, o teu fillo Rubén Salgueiro Fernández, 5º

Bos días. Quero falarvos dalgunhas cousas sobre a circulación vial. O primeiro, se es un peón sempre tes que cruzar a rúa polo paso axeitado, pero antes mira cara aos dous lados por se vén algún coche. Tamén tes que facerte ver, sobre todo polas noites, que é cando tes que levar chaleco reflectante ou algo que destaque. Cando cruces a rúa tes que estar moi atento e nada de maquinitas, música nin xoguetes. Pode acontecer un accidente. E segundo, se vas nun vehículo... precaución! se bo condutor, cumpre as normas e non vaias coma un tolo pola rúa. Podes atropelar alguén. Se queres ser bo condutor segue estas normas. Cristina Sanz Acuña, 5º

Páxina 44


A Carballeira

COCHES

Atento á conducción, pode vir un camión! Non distraigas ao conductor, para iso, hai que ter valor! Adiante en liña parpadeante, tira sempre cara diante! Colle velocidade, si tes capacidade. (Esto é para os borrachos con machos) BICICLETAS Sinala con atención, e xira aínda mellor! Vai ao contrario dos coches, evita estrenar o parachoques. Cambia as marchas, se estás cachas! Ponte o casco, non vaias ao charco! (Esto é para os novatos... que andan como patos) Breixo Vaquero Cantón, 5º

Páxina 45

Seguridade vial

Se queres montar nun coche, non bebas un ponche. Non seas tan cagón!, ponte o cinturón.


A Carballeira

IV Certame Literario

IV Certame Literario: Mergúllate no mar

10 HISTORIAS SEN FIN Hoxe contareivos unha historia que sucedeu hai moito tempo... Aconteceu nun día de abril, no 2127... A arrogancia do home levouno á súa perdición. Ese día o mar morreu e con el, todos os demais seres vivos... O home abusou demasiado da auga e moitas veces desperdiciábaa. Lentamente a auga esgotábase sen beneficio algún... Logo empezou a sede, e o caos apoderouse da cidade... E, por último, todo o planeta caeu no silencio. Converteuse nun deserto sen valor ningún, sen vida, sen auga, sen esperanza...

Suso Dios Santoro,5º

Páxina 46


A Carballeira

Había unha vez unha nena chamada Uxía que ía camiñando pola praia de Portocelo cando viu unha botella case soterrada na area. Cando se dirixía a tirala viu un papel enrolado no seu interior, destapouna, viu o papel e leu: Socorrooooo! Socorroooo! Son unha nena de 8 anos e o barco no que ía afundiuse. Eu salveime nunha illa e o meu pai foise flotando. Axúdame sexas quen sexas, por favor. Cando Uxía viu iso quedou apampada, foi correndo á súa casa e ensinoulles o papel aos seus pais. Eles tamén quedaron apampados e dixeron: Temos que axudar esa nena. Pero Uxía dixo: Non sabemos en que illa se atopa. Mamá, dáme un papel e unha botella que vou escribir unha carta a esa pobre nena. E dixo o pai: E que lle vas escribir, Uxía?. Uxía dixo: Voulle escribir que encontramos a túa botella, ímoste axudar. En que illa estás? E como te chamas? Eu son Uxía e teño 8 anos como ti. Ao día seguinte Uxía foi á praia e...sabedes que había? Outra botella que poñía: Chámome Lucía e estou na illa de Tambo. De verdade que me ides axudar? Se é verdade, moitas grazas. Uxía hoxe non quedou apampada pero foi para a casa e cando chegou dixo: Mamá, a pobre nena da illa chámase Lucía e atópase na illa deTambo. Pero unha cousa, mama imos ir?. A súa nai dixo: Si, pero hai que prepararse, vaite xunto ao avó e pídelle a barquiña. Uxía dixo: Vale mamá, pero, onde está o avó?. A nai dixo: Está no seu sitio, xa sabes, no sitio das barcas. Cando Uxía chegou ao sitio das barcas o seu avó deulle un bico e unha aperta e díxolle: Uxía! como viñeches a xunto miña?. Uxía dixo: Avó toma, unha nena chamada Lucía que está nunha illa enviouno. Eu, papá e mamá imos ir a axudala. O avó dixo: Está ben, pero eu teño que ir para remar. Veña, imos. Cando chegaron todos á praia puxéronse enriba da barca e marcharon á illa. Cando chegaron puxéronse a buscar a nena e Uxía atopou a Lucía. Cando ían marchar decatáronse de que non collían, o pai de Uxía saltou ao mar e foi nadando, pero cando chegaron non sabían onde estaba o seu pai. Cando o viron na área, Uxía espertouno e fóronse para a casa.

India Castro López, 3º.

Páxina 47

IV Certame Literario

A botella misteriosa.


A Carballeira

IV Certame Literario

RITA Había unha vez, no fondo do mar, unha escola onde acudían as estrelas. Rita era unha delas. Era desobediente e protestona; se a mestra lle mandaba colorear un debuxo, Rita non facía caso e tentaba marchar ao rincón cos xoguetes. Á mestra, Estrela de Mar, non lle gustaba que foran desobedientes porque dicía: - Se non obedecedes, a mestra non pode funcionar coa clase e non aprenderedes nada. As demáis estrelas eran obedientes e comprendían que á escola ían a aprender, que para aprender hai que esforzarse e, ás veces, facer cousas que non nos gustan, aínda que outras é divertida. Un día a mestra mandou facer unha tarea por grupos e Rita empezou coma sempre a protestar: - A min non me gusta e ademáis non me apetece- dicía. As súas compañeiras mirábana sorprendidas, porque nunca contestaran así a ninguén e menos á mestra, á que querían moito. Todos estaban un pouco fartos da súa actitude. Pero un día, sabedes o que pasou?. As estrelas de mar estaban no patio de recreo, e ao chegar a hora, a mestra Estrela de Mar avisou a todos para voltar á clase. Claro!, Rita non fixo caso e seguiu xogando coma se nada. Pero logo, sentiuse soa e saiu correndo. Cando estaba cerca da porta, empezaron a saír os maiores da clase e, sen darse conta, pasaron por riba de Rita. Cando a mestra se deu conta de que faltaba, saiu a buscala e tiveron que poñerlle unha escaiola nunha patiña, polo que estivo varios días sen ir ao colexio. Comprendeu que todo lle pasara por desobedecer á mestra. Así que pouco a pouco foi máis obediente e sentiuse contenta e feliz. Silvia Vilas González, 6º

Páxina 48


A Carballeira

A PAULA GÚSTALLE A AUGA

A súa beleza é indescriptible, e máis no Caribe! O tempo é maravilloso, e no verán estás como un oso. As augas cristalinas... areas coralinas, fondo mariño de bello percorrido. Os peixes máis coloridos sempre teñen maridos, variado todo ata os nomes destes tolos. A contaminación estropéaos. Limpa ata os paos, se lle tes cariño ao mar axúdalle sen parar. O calamar do mar, come aos cangrexos e despois déixaos. Non faga coma el, e tira á basura a súa pel.

Breixo Vaquero Cantón, 5º

Páxina 49

IV Certame Literario

A Paula gústalle á auga, ella pensa cando o ve pola prensa...


A Carballeira

IV Certame Literario

A aventura de Burbulla Ese día Burbulla espertou con ganas de vivir una aventura. Botou a andar e atopou unha balea que estaba moi preocupada porque perdera ao seu fillo de camiño a súa casa. Burbulla ofreceulle a súa axuda e decidiron separarse e buscar cada un por un lado. Ela meteuse dentro do arrecife de coral, aínda que estaba escuro e lle daba medo, pero pensou que era máis importante axudar á pobre balea e cando entrou viu á cría atascada sen poder pedir axuda. Avisou a todos os peixes do arrecife e empurraron ata liberar á pequeña. Cando se xuntaron a nai e a súa cría, Burbulla pensou que xa conseguíra vivir a súa aventura. Inés Jerez López, 2º

O socorrista Había unha vez un home que quería ser socorrista pero non sabía nadar nin se mergullar. Un día foi á praia a ver os peixes e pasou algo moi raro na auga, había burbullas e saíu un señor con cola e díxolle o home: e ti quen es? Son Tritón e teño poderes. O home díxolle se lle podía dar poderes de nadar como un peixe e tamén para respirar debaixo da auga. Tritón que non quería persoas mortas na auga, concedeulle os seus desexos e entón o home puido ser socorrista e nadar por debaixo da auga e ver todo o que hai dentro do mar. Era un mundo precioso. Alejandro Sanz Acuña, 2º Páxina 50


IV Certame Lietrario

A Carballeira

Pรกxina 51


IV Certame Literario

A Carballeira

Pรกxina 52


IV Certame Literario

A Carballeira

Pรกxina 53


A Carballeira MEU PAI MARIÑEIRO

Cando sea a navegar pola mar chorando eu quedo,

IV Certame literario

botándoo de menos e desexando volver a velo. Ten que saír a pescar, porque cartos ten que gañar aínda que se perda verme medrar. Meu pai mariñeiro sempre te espero, meu pai canto te quero!

Sergio Piñeiro Chazo, 2º DEBAIXO DO MAR Agora escoita o que che vou contar Debaixo do mar voume adentrar. Un peixe globo! Que regordete É máis grande que un ferrete. Un mexillón! Máis pequeño que un gorrión. E agora a máis grande de todas, balea! A que navega con todas as mareas

Marcos Rodríguez Pintos, 2º

Páxina 54


A Carballeira

Conversamos con… Agora que é tempo de que Silvia, Patricia e Adrián marchen do Cole para o “Insti”, mantivemos unha conversa con eles para saber de primeira man co-

Raquel: Eu, neste cole, síntome moi feliz. Adrián: Para min, un momento especial do curso é o Magosto. Encántame subir nos zancos e xogar cos diábolos. Patricia: Pois a min sempre me gustou o Nadal. Este ano aínda máis, porque presentamos nós o Festival. Silvia: En cambio eu lembro dun xeito especial o día que fomos conducir os carts, porque pasámolo moi ben todos xuntos. Hugo: Eu tamén estou contento no Cole, pero sei que o ano que vén (si todo sae como ten que saír) irei ao Instituto e póñome nervioso só con pensalo. Vós como o levades? Silvia: A ver, sinto tristeza porque abandono aos meus amigos e mestres; pero, por outro lado, sinto alegría pois remato a Primaria, aínda que teño moitos nervios porque non coñezo a ninguén no Instituto. Patricia: Eu síntome mal porque vou deixar atrás a moitas persoas, pero tamén está ben ir ao Instituto!. Adrián: A min gústame ir para o Instituto, aínda que me sínto mal porque lle teño cariño ás persoas deste Cole e despídome delas. Raquel: Téñenme contado que no “Insti” hai a posibilidade de estudar outras materias, e non sei que pensar… Patricia: Non me gusta esa posibilidade. Estou acostumada a estas materias que estudamos no Cole. Adrián: A min sí que me gustan outras materias e… non porque vaia a ter que estudar máis. Silvia: Eu penso que está ben, porque así poderei saber cousas novas.

Páxina 55

AS nosas cousas

mo se sinten. Como non é un segredo, queremos compartilo con vós.


A Carballeira Hugo: Unha das cousas que me pon máis nervioso é que, cando pase ao “Insti”, serei un dos “pequenos”. Como vos sentides vós? Adrián: Creo que terei vergoña ao principio, pero aínda así non vou ser o máis pequeno, xa que repetín. Silvia: Eu teño medo e non me gusta pensar iso, xa que non quero ser a pe-

As nosas cousas

quena. Patricia: A min asústame o feito de caerlle mal á xente. Raquel: Este ano, no Cole, falamos moito diante dos nosos compañeiros, expoñendo as nosas opinións, amosando o que sabíamos, confrontando ideas… Seredes capaces de facer o mesmo cos novos compañeiros que atoparedes? Silvia: Ao principio terei moita vergoña pero, co paso do tempo, acostumbrareime. Patricia: Durante todo o curso terei vergoña … A medida que vaia pasando o tempo espero ser capaz de falar diante de todos. Adrián: Eu non creo que teña vergoña, porque os demais tamén serán novos. Hugo: Silvia, ao principio da conversa, dicías que non coñecías a ninguén no “Insti”, pero os rapaces e rapazas do noso Cole van ao Torrente… Xuntarédesvos con eles? Patricia: Si, porque desa maneira poderei coñecer mellor o Instituto e aos seus amigos. Adrián: Eu non, porque non teño relación con eles. O que si farei é estar co meu irmán e cos seus amigos. Silvia: Eu si que estarei cos compañeiros da Carballeira, porque ao ter confianza con eles non me dará tanto medo e sentireime a gusto. …………………….. A conversa que mantivemos é aínda máis longa, pero queremos deixala aquí, na confianza de que os compañeiros que agora nos deixan sexan igual de felices do que o foron aquí, na súa casa … na CARBALLEIRA.

Páxina 56


A Carballeira

CORREN RUMORES de que alguén de 5º ou 6º ten memoria de peixe. CORREN RUMORES de que hai xente de 6º que non quere marchar. CORREN RUMORES de que os balóns de fútbol non marcharon tanto como o ano pasado.

CORREN RUMORES de que hai rapaces que sempre queren ter razón. CORREN RUMORES de que hai xente na escola que non coñece a palabra “ducha”. CORREN RUMORES de que a clase de 5º e 6º é moi “cariñosa”. CORREN RUMORES de que no recreo fanse comidas e páganse con pedras. CORREN RUMORES de que hai moitas actividades na hora de Educación Física. CORREN RUMORES de que nos estamos modernizando coas novas tecnoloxías. CORREN RUMORES de que os alumnos non estudan porque están a “whatsappear” coas mozas. CORREN RUMORES de que o equipo de balonmán necesita xogadores. CORREN RUMORES de que alguén do terceiro ciclo quere cambiar a garda de Biblioteca cando toca fútbol. CORREN RUMORES de que o fútbol no recreo vaise extinguir. CORREN RUMORES de que as gomiñas vannos afogar. CORREN RUMORES de que o telegram aplastará ao whatsapp. CORREN RUMORES de que o fútbol e o balonmán no Cole van ir á guerra polo uso do campo.

Páxina 57

Rumores

CORREN RUMORES de nalgunha clase hai “correspondencia especial”.


Colaboraci贸n especial

A Carballeira

P谩xina 58


Os ex-alumnos

A Carballeira

Pรกxina 59


Carta dunha nai

A Carballeira

Pรกxina 60




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.