Guía Lecturas Día Escolar pola paz

Page 1

ibliomosteiro

64 aniversario da morte de Gandhi (1948-2012)


BIBLIOMOSTEIRO

GUÍA DE LECTURAS. DÍA DA PAZ

NASSIMA Á SOMBRA DOS TALIBÁN. Nassima é unha nena de dez anos, nacida no Afganistán dos talibáns, que se resiste a aceptar as novas normas e restricións que “uns homes con barbas longas e ollos enfurecidos” impoñen ás mulleres.

ASMIR NO QUIERE PISTOLAS. Asmir é un neno musulmán que vive en Saraievo, cidade que a guerra converteu nun verdadeiro inferno. Xunto ao seu irmán,nai e avoa consegue fuxir ata Belgrado. Non obstante seu pai tivo que quedarse atrás… e eles só estarán a salvo ata que cheguen a Viena. Asmir odia guerra.

O NENO DO PIXAMA A RAIAS. Se decides embarcarte na aventura de ler este libro de John Boyne, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa f amilia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas f orza para librarte del...


BIBLIOMOSTEIRO

GUÍA DE LECTURAS. DÍA DA PAZ

EL SECRETO DEL FUEGO. Este libro trata de Sofia, quen un día pisou unha mina antipersoa que estaba enterrada nos arredores do seu poboado en Mozambique.

ESKORIA. Nas paredes do seu cuarto non hai fotos de futbolistas. No seu equipo de música non soan cantantes clónicos nin ritmos prefabricados. Nos seus estantes non se acumulan medallas deportivas. No seu armario non garda roupa de marca,En clase escoita e toma apuntamentos? É motivo abondo para chamarlle Eskoria??

RUÍDO. RELATOS DE GUERRA. Este libro trata sobre a guerra e sobre o comportamento das persoas en situacións límites. Os contos que forman este volume naceron das vivencias persoais de Miguel Anxo Murado no conflito bélico que destrúe a antiga Iugoslavia, lugar no que o autor estivo a traballar como correspondente de guerra.


BIBLIOMOSTEIRO

GUÍA DE LECTURAS. DÍA DA PAZ

A GRAN VIAXE DO SEÑOR M. Tras a morte do seu neno, o Señor M. abadonou todo. Só gardou un osiño de la, e unha cadeira para viaxar. Na estación, o Señor M. mercou un billete , só de ida, para calquera sitio. Viaxaba sentado sobre o último vagón. A ausencia, a dolor da perda, a soidade... sentimentos que transmite a figura do Señor M. e que trata de mitigar facendo unha errática viaxe polo mundo; unha viaxe que lle vai descubrindo a importancia das pequenas cousas: un sorriso, un solpor... Pero nesa viaxe, que se pode interpretar igualmente como unha viaxe interior, descobre ademais o sufrimento alleo que padecen as vítimas inocentes da guerra e da destrución. Un libro que transmite melancolía, mais tamén esperanza.

EL PEQUEÑO LIBRO DE LA PAZ . STILTON. O rato Gerónimo Stilton axuda ao seu sobriño a facer unha redacción para o colexio sobre: Que significa para ti a paz? Por que hai guerras no mundo?

NEGROS Y BLANCOS. DAVID MCKEE Hai moito tempo todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros e odiábanse entre eles. A guerra non tardou en estalar e durante moito tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día…


BIBLIOMOSTEIRO

GUÍA DE LECTURAS. DÍA DA PAZ

WANGARI Y LOS ARBOLES DE LA PAZ “Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza”. Estas palabras fixeron famosa á activista keniata Wangari Maathai que fundou en 1977 o Movemento do cinturón verde para promover a plantación de árbores en África.

BAILAR NAS NUBES. “Todas as mañás saía da miña casa a mirar as nubes. O meu soño era bailar con elas algún día. Mamá dicíame que esquecese esa idea, que só os paxaros lograban tocalas. Pero eu insistía…”

A MÁSCARA DO LEÓN Conto sobre unha crise entre un pai león e o seu fillo. Mentres o pai reina na selva como un devorador experto en ruxidos, o seu fillo prefire a paz cos seus amigos e a risa.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.