Begoña Vila Costas, astrofísica. Mes da Ciencia en Galego 2020 IES Monte das Moas

Page 1

BEGOÑA VILA COSTAS


QUEN É? Begoña Vila Costas naceu no 1963 en Vigo. É astróloga, enxeñeira astrofísica especializada estudo de galaxias espirais NASA.

e no na


Formación Formouse como astrofísica Astrofísica de Canarias.

na

Universidade

de

Santiago

e

no

Instituto

Rematou os seus estudos na universidade de Manchester, Reino Unido. Doutorouse no “Centre Jodrell Bank” de astrofísica.

de



FGS Que é? O FGS ou “Sensor de Orientación Fina” é o sensor do telescopio espacial James Webb, que substituirá ao “Hubble”. É un instrumento engadido ao telescopio espacial James Webb e que funciona como un sensor ultra-estable que permitirá, entre outras cousas, analizar exoplanetas e a súa composición, ou coñecer como se formaron as primeiras galaxias e estrelas tras o Big Bang. Este proxecto foi entregado á NASA en 2012. O lanzamento está programado para o 31 de outubro de 2021 a bordo do foguete espacial “Ariane 5”.


Como está implicada Begoña? O ano que o proxecto foi entregado á NASA contratárona no departamento de enxeñería de sistemas na NASA GSFC. No 2013 foi nomeada enxeñeira líder de sistemas FGS. É a encargada de tomar decisións en relación ao sensor. Agora é a encargada de que o telescopio teña a maior precisión posible nas imaxes posteriores ao lanzamento.


Resumo da misiรณn james webb


Premios No 2016 foi premiada pola NASA coa medalla "Exceptional Public Achievement Medal" (que se concede ás persoas alleas á organización pero que contribúen, de forma relevante, á misión da axencia espacial estadounidense), polos seus anos de liderado e logros excepcionais así como o deseño e desenvolvemento do “Fine Guidance Sensor (FGS)”.

No 2017 foi premiada pola Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia co premio “María Josefa Wonenburger Planells” polo seu excelente labor científico.


Actualidade Na actualidade reside en Washington DC e traballa como enxeñeira de sistemas no “Centro de voo espacial Goddard”. É enxeñeira de sistemas na NASA do GSFC (Programa Xeofísico, Xeodinámico e de Espazo Xeodésico) do Fine Guidance Sensor (FGS), sensor que levará o telescopio espacial James Webb. Ademais do seu relevante traballo, Begoña participa frecuentemente en eventos de comunicación e divulgación ao público e é membro da “ECUSA-DC”, asociación que engloba a comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virxinia.


Entrevista a Begoña Nacín en Vigo. Estudiei Astrofísica en Tenerife e doutoreime en Manchester para especializarme en telescopios en Cardiff. Agora xestiono o telescopio Webb que lanzaremos no 2021. Colaboro con CosmoCaixa.

Que poderemos ver co seu telescopio espacial Webb? A vostede soaralle o Hubble. Pois ben, o telescopio Hubble deseñouse para observar o espazo visible aos nosos ollos e o Webb, ademais, poderá observar o pasado. Como poderá ver o pasado con el? Co infravermello do Webb os científicos da NASA e os enxeñeiros poderemos mirar cara atrás no tempo e observar como se formaron as primeiras estrelas e galaxias. Observan o big bang cara atrás? Sabemos que as galaxias que escrutamos non son como as que temos ao noso redor; a nosa é como unha espiral cos brazos estendidos. E todas teñen un burato negro no centro.


E que ven nel? Vemos ese burato, pero ninguén sabe aínda se se formou primeiro a galaxia ou o burato negro. E o telescopio James Webb axudaranos a descubrilo. Poden ver como se formou a terra? E moito máis. Cando miras nesa lonxitude de onda tamén podes apreciar a formación de estrelas, porque é onde hai moito po cósmico e o infravermello déixache ver a enerxía.

(po cósmico)

(burato negro)


Por que o Webb pode ver o pasado e o Hubble só o presente? Porque o espello do Webb é tres veces máis grande que o do Hubble. Como lograrán envialo ao espazo? Montamos o espello xigante con outros dezaoito espellos máis pequenos e, unha vez en órbita, abrímolo e reconstruímolo na ingravidez do espazo como un inmenso puzzle. A canta distancia de nós compuxeron ese rompecabezas? O Hubble, como sabe, orbita arredor da Terra e en cambio, o James Webb está a 1,5 millóns de kilómetros de nós. Atópase a catro veces a distancia da Lúa. O Webb é moito máis grande? O Webb é como un campo de tenis e o Hubble, como un autobús. A innovación do xenio de Webb foi deseñar unha forma de pregalo para poder mandalo ao espazo e abrilo alí.


Como ve vostede a historia do universo a través do Hubble? O big bang sucedeu hai 13.500 millóns de anos. Dicíase que a súa temperatura estaría moi cerca do cero absoluto, pero, pese a esa baixa temperatura, outro telescopio, o COBE (Cosmic Background Explorer) foi capaz de localizar o eco daquelas radiacións e por iso déronlle o premio Nobel a un dos meus colegas no Webb. Foi unha fazaña que confirma que houbo un principio de todo: o big bang. Ao principio, xerouse tanta enerxía tras a explosión que os electróns libres e protóns fusionáronse no que chamamos período escuro. Despois, a medida que o universo se expandía, ía enfriando e xurdían fotóns, electróns e as partículas combináronse para formar os primeiros corpos estelares.

Big Bang


As estrelas? As primeras estrelas só tiñan hidróxeno e helio, os elementos máis abundantes no universo. E con eles fíxose a luz? As estrelas brillan por unha reacción nuclear ata que se esgotan e estoupan. Nestas condicións tan extremas fórmanse os 8 elementos máis abundantes no universo. A seguinte xeración de estrelas xa incorpora algúns elementos raros, que van evolucionando ata nós. E co James Webb poderemos chegar a observar ese principio de todo? É como se te fas unha foto e lla mandas a un amigo de Australia cun mensaxeiro en bicicleta. Supoñamos que tarda cinco anos en vela e o que vería entón é o noso pasado. Pois iso é o que vemos agora. Pero entón podemos ver o pasado? A través do infravermello. Podes ir axustándoo para ver máis lonxe ou máis cerca no big bang, é dicir, no tempo. Esas primeiras estrelas e planetas emitiron unha luz ao formarse que viaxou no espazo tempo e a súa lonxitude de onda vaise estirando.


E podemos ver como naceron? Co infravermello podes axustar a observación e chegar a escrutar como se formou a galaxia onde vivimos. Tamén podemos apreciar onde pode haber outras formas de vida no universo. Como? O telescopio permítenos discernir as condicións de cada galaxia, estrela e os seus sistemas e planetas e averiguar se permitirían albergar vida como a nosa. Cantos planetas teñen vostedes localizados como capaces de albergar vida? Intentamos descubrir auga nalgún e a súa composición. Ao principio, co telescopio atopábanse planetas grandes, agora afínase e atópanse planetas máis pequenos e parecidos á Terra. A moitos anos luz… De cantos millóns falamos? É complexo contestarlle. Agora temos localizados centos destes planetas e clasificámolos para ver se as súas atmosferas lles permitirían ser habitables.


Papel da muller na ciencia As mulleres continúan atopando obstáculos neste campo. Dos investigadores científicos que hai no mundo menos do 30% son mulleres. “Se aproveitamos a creatividade e innovación científica de todas as mulleres e intervimos adecuadamente na educación e investigación, teremos unha oportunidade de utilizar o potencial da cuarta revolución en beneficio da sociedade”. -Audrey Azoulay. Begoña Vila é un gran exemplo que contribúe perspectiva de xénero na actividade científica.

a

situar

nun

primeiro

plano

a


FIN Marta Fernández e Aldara Pérez 4ºA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.