Haiche outra 2011

Page 1

haiche

OUTRA

A Revista do IES Ferrolterra

IES Ferrolterra: dramático final dunha época Editorial: Esta edición da nosa revista está inevitablemente marcada polo ambiente de pesimismo e incertidume que reina no noso instituto, debido ós acontecementos de última hora polos que se despraza o ensino secundario ó centro veciño. Remata así, da peor forma, un ano difícil, no que tamén nos tocou despedir a un bo número de profesores, uns por xubilación e outros por falecemento. A pesar diso, tamén debemos reflectir, como en anos anteriores, o que foi a actividade do centro ó longo do curso, con abundante material gráfico. Esperamos que sexa do voso agrado.

Colaboraron nesta edición: Alumnos de 1º da ESO e: María Chao, Lorena Ares, Olaya, Cinthia, Pedro Seoane, Alejandro Pérez, Alicia Bugallo, Alicia Caínzos, Raquel Lamas, Maxa Navalikine,

Paula Tellado, Alejandro Rosas, Esteban López, Yerai Garel, Dani Pato, Héctor Durán, Andrea Lomba, Lucía Bellón, Victoria Leira, Marta Pego

E os profesores: Enrique Pereira Guillermo Ferrández M. Jesús Paz Anxos García M. José Vilaboy Juan Casal


A ti MiGUEL. Non me resisto a facerche esta última faena, ti que fuxiches de convencionalismos sociais, que pasaches pola vida coa discreción como bandeira. Sei que dende onde vive a túa memoria estarás cabreándote por ternos atrevido a facerche esta pequeña homenaxe. Seguramente merecerías unha máis grande pero os que te queremos sabemos que canto máis te loemos máis grande será o teu enfado. De xenio tiñas a inteligencia, a intuición, a humildade, a xenerosidade en cotas máximas, e ata as gafas pegadas con celo. De excelente profesional dan fe os teus alumnos e os teus compañeiros que recibiron de ti a maxia do teu talento. Adeus MIGUEL, ti que te fuches un día sen facer ruído, deixas en nós a profunda pegada dun grande mestre na escola e na vida.

MONCHO Di o poeta que golpe a golpe e verso a verso, faise camiño ó andar. E ó voltar a vista atrás, atopote a ti Ramón. Sempre con présas, entrando e saíndo, deténdote só para lanzar un afago ó meu sorriso Seguramente sorría tratando de parecerme á idea que ti tiñas min, de todos nós. Posuías a grande virtude de ver o mellor de cada compañeiro e de cada alumno. No meu corazón gardo a túa presenza como un constante alento a esforzarme a ser mellor persoa. Tratando de aprender a ser coma ti: alegre, compasivo, cariñoso, xeneroso, amigo fiel, camiñante esforzado pola vida. Para os teus alumos un campión para nós un gran mestre.

Cada vez é máis difícil despedírmonos de vosoutros insignes mestres do “MARQUÉS” porque cada vez que un de vós nos falta deixa non só un baleiro de afecto, senón de algo moi importante da nosa identidade. Dese modo de ser e de traballar, dun certo espírito de superación, do orgullo do traballo ben feito que caracterizou este instituto. Onde medramos como profesionais e como persoas. Dicímosvos adeus coa certeza de que algo de vós queda en nós. No que somos, e no que aprendimos a ser: maestros, compañeiros, camiñantes esperanzados e ilusionados. No nome de toda a comunidade educativa, adeus a Miguel Frade e Ramón Otero. Vily

2

xos d Debu

IRA ERE P E RIQU e EN


¡ATA SEMPRE COMPAÑEIROS! Non sería xusto que a indignación e a tristeza que nos causa o peche repentino e traizoeiro dos ensinos secundarios no noso IES Ferrolterra nos impedise celebrar como se merece a xubilación de cinco compañeiros. Como é costume, cando chega o mes de xuño, a nosa comunidade educativa participa na homenaxe que se lles fai aos profesores que terminan a súa vida laboral. A verdade é que nunca se nos dera o caso que fosen cinco os compañeiros que se xubilaban de golpe. Se non fose porque o próximo curso xa non estaremos ningún dos profesores de ensinos medios no Ferrolterra, asegúrovos que o baleiro ía ser notorio e penoso. Aínda así se notará a súa ausencia polos moitos anos que estes compañeiros lle dedicaron ao ensino. Penso que xubilarse no mesmo IES onde empezaches a túa carreira como docente vai ser algo raro a partir de agora, algo así como un luxo. Ninguén a partir deste ditoso decreto que veu a darnos o verán? poderá estar seguro que ten praza fixa no seu Instituto. A partir de agora xubilarémonos anonimamente onde queiran Canosa e Mira, dous señores que pasarán á parte sinistra da historia do ensino en Galicia. Pero vaiamos ao noso, a esa homenaxe sincera e agradecido cos compañeiros que se van xubilados. Son, sen dúbida, unha representación magnífica do que foi o noso IES desde fai máis de 40 anos, representan a convivencia solidaria da Formación Profesional e O Ensino Medio, compartindo un mesmo espazo, unas mesmas preocupacións e complementándose ata o punto que, unha e outra, serviron como acicates para os alumnos que vían como o mundo do traballo e o mundo do estudo non só non estaba separados senón que formaban parte do mesmo, é dicir do Ensino con maiúsculas. Queremos agradecer con estas poucas palabras a

Alfredo Fuertes, José González Caneiro, Antonio Valiño, María Jesús Bouza e Pilar Leal. Todo o que aprendemos ao seu lado, o exemplo que deron ao profesorado ao longo da súa carreira, e a amizade que como un costume silencioso instalouse nos nosos corazóns para sempre. Queridos compañeiros desexámosvos a maior sorte do mundo nesta nova etapa da vosa vida e esperamos seguir contando convosco cando nos fagades falta. Un forte abrazo aos cinco. 3 Guillermo Ferrández


ADEUS

Foto:

Estamos afeitos ás despedidas cada ano, de “ata a vista”, de ver como se trasladan amigos, compañeiros. Esta é a vida do docente, pero esta vez compañeiros… é para sempre! Sempre tivemos clara a pouca estima da Administración polas persoas, pero tratándose das autoridades académicas é aínda máis grave. Énchense os proxectos educativos, as programacións e toda a documentación educativa de ampulosas expresións, dando a entender a importancia de formar cidadáns que se integren constructivamente na sociedade. Pero eso só sería palabrería se non estivesemos aquí no día a día convivindo alumnos e profesores, soportando cambio tras cambio, asumindo un sinfín de medidas de innovación, de atención á diversidade, sempre tratando de poñer en pé os artellos máis modernos que nos permitiran atender mellor a gran variedade de alumnado que pasou ó longo de moitos anos por estas aulas. En efecto, os que traballamos neste centro, nestes anos atendimos unha ampla variedade de alumnado: os nosos nenos lograron premios, como en calquera 4outro instituto, e tamén os

lograron distintos proxectos educativos do centro, pero tamén en moitas ocasións acudiron a nós pais con fillos que non se adaptaban ó sistema, outros que precisaban apoios especias, aqueles que fracasaron noutros sitios, os que non atoparon os recursos precisos. Cando non había espazo para alumnos xordos, nós puxemos os medios, as horas extras que non se compilan en ningún currículo persoal, e onde non existía medida legal, promovemos solución. Cando se precisaba atención especial para alumnos con minusvalías alí puxemos remedio, cando tiñamos que dar solución para alumnos con dificultades, despregamos todas as medidas curriculares que nos permitiran atendelos. Moitísimos pais deses alumnos están moi agradecidos ó centro, pero tamén os pais que xa non sabían que facer co seu fillo, ese que suspende, que ten un ano difícil, o que non se amolda ás medidas ordinarias. A todos eses pais tentamos ofrecerlles solucións. Seguramente non acertamos sempre, pero certamente atoparon aquí alguén disposto a tender a man, a preocuparse do seu problema. Somos conscientes de que unha parte da poboación da nosa cidade nos tiña catalogados como un centro conflictivo, pero teimamos

contra isto, e hoxe esa tendencia estaba desaparecendo grazas aos nosos esforzos e aos nosos logros. Sí, é certo que o instituto atendeu nestes anos un bo número de alumnos de etnia xitana e de estranxeiros, e fíxose poñendo entusiasmo e lealdade coas persoas, respectando e aprezando as diferenzas para educar na igualdade e no recoñecemento dos valores doutras culturas. Sobre o papel somos todos moi tolerantes, pero cando temos que escoller o instituto dos nosos fillos, afloran os prexuízos. Sen embargo, os que nos coñeceron de cerca, saben que isto non é así: a convivencia no centro está a un nivel similar ó que teñen noutros institutos do noso contorno, e os problemas que se dan son os propios da idade adolescente. Pola contra, os nenos se beneficiaron das medidas especiais para atender esta diversidade. Sentímonos como os empregados das grandes empresas que malia os suculentos beneficios mandan ao paro aos traballadores que lles posibilitaron esas gañancias, e non teñen empacho en pagarlle cantidades indecentes ós directivos que lles propoñen eses despidos para aforrar custos. Non se pode concibir a educación en termos de custos, como se se tratase dunha cadea de producción, porque o que nós “producimos” non son pezas, nin servizos, senón rapaces: proxectos de futuro. E este centro tiña en pé un sólido proxecto, facendo o posible porque os noso alumnado atopase un xeito de encauzar os seus estudos en itinerarios, e opcións axeitadas ós seus estilos de aprendizaxe. E por riba de todo, atopando un bo clima de traballo, un orgullo de facer as cousas ben, a sensación de que todos somos valiosos, e unha atención personalizada e de calidade, que é ó que teñen dereito, segundo refire a lexislación educativa vixente. Coa escusa dunha reorganización dos centros de ensino, acometen unha operación na que, en lugar do bisturí dun ciruxano empregan bombas fragmentarias, unha operación calculada con tempo e perfectamente


deseñada por un hábil xeneral, un mestre na estratexia, que ataca de forma contundente e por sorpresa, no momento máis oportuno para evitar calquera posible reacción. Falan dunha mellor organización, pero que non nos traten de enganar: esa reorganización é ademais, de forma camuflada, unha reducción do número de aulas, e por tanto, unha reducción de profesorado, que sen dúbida vai ser vendido á opinión pública como

optimización de recursos, ocultando que tanto os nosos alumnos como os do Sofía Casanova, que gozaban dun ensino de cualidade, van a estar apelotonados nun centro que non ten capacidade para semellante aluvión de novo alumnado. Iso, sen esquecer que ós pais (nais) se lles está impedindo o seu lexítimo dereito a elixir o centro de estudos dos seus fillos, e sen esquecer que a un bo número de profesores con moitos anos de adicación (máis de 30 nalgún caso) agárdalles un destino incerto.

Así pois, a despedida este ano ten un sabor amargo, porque non será un ata a volta, senón un ADEUS, adeus para sempre. A ningún de nós: alumnos que nos botan, profesores que nos imos, que nos quedamos, mesmo pais, a ninguén se nos esquecerá esta aldraxe, pero todos poderemos dicir coa fronte ben alta que fomos protagonistas dun exemplo de convivencia de dous tipos de ensino, e lembraremos con orgullo e cariño a este instituto: o IES Ferrolterra, …o “Marqués”.

Os alumnos reclamamos Somos os alumnos do IES Ferrolterra,e queriamos facer unha protesta, en contra o cambio de centros en Galiza.

todos, incluídos profesores, que levan toda a vida aquí. En vez de preocuparse por nós, o único que lles preocupou foi o diñeiro.

O día 8 de xuño, comunicáronnos que o noso instituto ía ser convertido nun centro integrado. Non nos deron explicacións, tan só que esa é a súa solución para a crise: clases numerosas e despidos.

Ademais, no noso centro hai casos de xente discapacitada que leva dende sempre aquí, e agora que está adaptada e sae adiante, e queren que volva ao punto de partida, despois de todo o esforzo que lle custou adaptarse.

Pretenden trasladar aos alumnos e profesores (algúns levan máis de 20 anos no centro) ao IES Sofía Casanova. De súpeto, sepárannos a

Para nós é a nosa segunda casa, aquí están os nosos amigos, os nosos profesores e moitos momentos que pasamos con eles. Eles non

teñen dereito a quitarnos algo que é noso. Porque esa é a verdade, nós somos os que pasamos aquí horas preparando o noso futuro, mentres que eles non teñen nin idea do que sucede aquí. Sen embargo, quérennolo quitar como se fose seu. Por iso, temos pensado facer unha folga o venres 10 desde o comezo das clases, e non nos imos render ata conseguir que nos devolvan o que é noso.

Alicia Bugallo 5


N Í A M A OS é unha festividade celta. Referirémonos aos pobos que vivían no norte de Europa antes da chegada dos romanos. Nesta celebración mestúranse probablemente dúas festas: por unha banda, estaría a fin da colleita, e por outra, o final dunha estación, o verán, e o principio da estación escura: o ano novo celta. SAMAÍN

A relixiosidade dos pobos celtas está tamén ligada ao culto aos devanceiros e nesta noite máxica pensaban que unha porta se abría para comunicar o mundo dos vivos co dos mortos. O perigo estaba en se os vivos se precipitaban a esa dimensión e quedaban atrapados na morte. Por iso, para disuadilos, empregábanse caveiras dos inimigos mortos, a fin de infundir terror aos que se aventuraban na noite. Co tempo, estas caveiras foron substituídas por froitos: por nabos brancos que imitaban as caveiras, e, finalmente, por cabazas. Estes ritos están ligados á tutela dos druídas, especie de mediadores nos cultos máxicos. Esa noite debían reunirse no bosque para recolleren froitos, raíces e follas para os rituais. Posiblemente, os nosos magostos teñan reminiscencias destas celebracións nos soutos. En efecto, aínda hoxe en moitas partes de Galicia o magosto celébrase cunha reunión dos veciños no monte, onde fan lume para asar castañas e, despois da comida, todos se ciscan uns a outros cos tizóns da rachoeira. Os romanos, pola súa banda, que tamén rendían culto aos antepasados, celebraban o primeiro de novembro unha ancestral festa da colleita. Como consecuencia da expansión do cristianismo, estas festas pagás foron asimiladas pola relixión oficial no Día de Todos os Santos, o 1 de novembro, que leva este nome pola festa dos Santos ou Mártires. A noite anterior a esta festa, celebrábase unha vixilia, A actividade das cabazas tivo lugar e esta é a orixe do termo Halloween, é dicir, “All na entrada. Participaron bastantes Hallows Eve” que viña significar “a véspera ao día nenos e nenas e o ambiente era bo e dos santos ou insignes”. Esta festa foi levada a agradable. O que había que facer era traer unha cabaza da casa, grande, Estados Unidos polos emigrantes de orixe irlande- pequena... non importaba o tamaño. Había que traela baleira e recortada sa e alí evolucionou. Todos os elementos de culto nos ollos, na boca... nos lugares que quixeses para rematala alí mesmo aos mortos ou de cambio de estación fixeron desta co que había no instituto ou co que trouxeses da casa, como plastilina, unha data máxica na que os rituais relacionados co rotuladores, papeis de cores... etc. Tiñas un límite de tempo, había que terrorífico viñan sendo a constatación da fraxilidade apurar e rematala antes de que este acabara.

Cabazas:

da vida e a exaltación do misterioso, en definitiva, da espiritualidade humana que busca traspasar as barreiras da morte material. 6

Ao final de todo, cando rematamos esta actividade, deron os premios á cabaza mellor decorada. AUTORES: ALUMNOS 1º ESO


7


OS OBRADOIROS O IES Ferrolterra non podía ser alleo a toda esta tradición e celebrou, como todos os anos, a festa do SAMAÍN e do MAGOSTO no outono. Houbo clase nas dúas primeiras horas, pero, a partir do primeiro recreo, empezou a festa. As seguintes horas houbo distintas actividades que compartimos todos os compañeiros da ESO cos alumnos de 6º do CEIP Recimil. Os alumnos de 1º de ESO A fomos os encargados de facer unha reportaxe da xornada, polo que tivemos que facer grupos para recoller información sobre cada unha das actividades. Unha vez rematadas as actividades, houbo castañas e refrescos para todos na cafetería e, a continuación, fíxose unha reunión no Salón de Actos onde se leron contos de medo, se entregaron os premios ás cabazas decoradas, rematando o acto cunha actuación musical. A continuación, ofrécese un pequeno resumo das actividades:

Petos: Esta actividade consistía en montar uns petos recortando e pegando varias partes. Os petos eran negros cun debuxo dun morcego no medio e serven para gardar os caramelos que che fosen dando. Pero nesta ocasión os petos empregábanse para poder coller palabras no caldeiro que estaba na porta da biblioteca, e logo poder participar no concurso ”O PETO DAS PALABRAS”. A actividade realizouse na biblioteca, pero non era a única: outro grupo de rapaces estaban facendo caixas en forma de cadaleito.

Papiroflexia: Empezamos facendo uns cucuruchos, despois déronnos un papel onde viñan as instrucións para facer un morcego, a verdade é que era difícil e non lle saíu a moita xente. Aos de sexto de primaria parecía que lles gustaba, aos de primeiro da E.S.O aburríaos moito, e, entre os de segundo había moita xente que se declaraba aborrecida. A pouca xente lle gustou. O curioso é que había xente que escollera papiroflexia porque lle parecía a máis fácil das actividades, pero a verdade é que foi un pouco aburrido. 8 AUTORES: ALUMNOS 1º ESO


SOMOS A CAÑA!!!

9


A FESTA E O MAGOSTO

OS GAÑADORES

10


OS CONCERTOS

CONCERTOS CON ACERTO

O TANGO

En abril actuou no noso centro un grupo chamado Julie Guravich Quartet, formado por Fran Rey (teclado), Manolo Pérez (bateria), Luís Cuba (Baixo) e Julie Guravich (voz). Tocaron versións de jazz propios de Ray Charles e de Nat King Cole entre outros. Malia que este é un xénero para entendidos, o concerto foi asequible para todo o público presente e disfrutamos dun concerto diferente. Dáse a circunstancia de que o batería deste grupo é o pai do alumno de 2º bac Alex Pérez, compoñente á súa vez de Rosemback Nas celebracións do Samaín, tocou o grupo Rosemback, composto por Vicente Rodríguez (Cantante), Sergio Taracido (Guitarrista), Pedro Seoane (ex Baixista do grupo), Alejandro Pérez (Pianista), Ton Casal (Batería) e Lucas Vidal (Guitarrista).

Finalizamos o curso con un conceto de tangos de Piáosla, a cargo de un cuateto do conservatorio de música. Este concerto acompañoude dunha exposición no instituto e unha unidade didáctica que fixo Victoria Piñeiro

Versionaron cancións de grupos como Red Hot Chili Peppers, Fito y Fitipaldis entre outros famosos grupos. Cunha posta en escena moi profesional e coidada, acadaron un grande éxito entre o grupo de alumnos do Instituto os convidados do CIP RECIMIL, pais e profesores que corearon e aplaudiron todas as súas cancións que fan un repaso de temas míticos do pop en inglés. PEDRO SEOANE 11


O DÍA DO PATRÓN Na festa do patrón, o 30 de xaneiro, celebramos unha actividade que lle chamamos ginkana cultural, na que participan todos os departamentos organizando probas que os alumnos tiñan que resolver. Os equipos estaban formados por grupos de catro persoas e percorreron o instituto nunha competición que comezou recollendo a acreditación na entrada. Na biblioteca había dúas probas distintas. A primeira era relacionar autores de libros co seu libro e cunha frase coñecida deste. A outra trataba en xogar a un xogo bastante coñecido: o tabú. Tiñamos que describir en galego dúas películas españolas dunha lista que nos deran sen dicir as palabras “prohibidas”. Na cafetaría había tamén varias probas. Unha delas era a dos olores, na que varios profesores nos tapaban os ollos e nos pasaban cousas para ulir. Outra era a dos sabores que consistía en probar cousas cos ollos vendados e adiviñar que era. Por certo, unha recomendación para o próximo ano...Podedes poñer cousas que saiban medianamente ben...? Na cafetaría tamén se fixo unha proba de punteria na que habia que darlle á diana, e outra proba relacionada cos inventos: tiñamos que dicir quen as inventara. Tivemos unha proba moi divertida na sala de música: fixéronnos bailar unha canción de Michael Jackson e escoller a unha profesora acompañante. Nos talleres de automoción tiñamos que adiviñar diferentes pezas do coche que os profesores dicían e sinalar as ferramentas que ían indicando. No taller de Madeira había que facer unha especie de arco que se tiña que aguantar un tempo de pé. Despois de cada unha destas probas había que pasar polo punto de control, situado na entrada, onde ían anotando cada puntuación e cuñando o papel de cada un dos grupos. Este ano houbo unha gran participación por parte dos alumnos do centro. Os gañadores recibiron unha suculenta cantidade de diñeiro e os demais á parte de un día sen clase, un montón de anécdotas. É un dos melloLORENA ARES res días no Instituto 12

1º BAC


31 DE XANEIRO

13


ENTREVISTA A JESÚS BUSTO SOBRE O “PROXECTO ABALAR” Este curso un dos proxectos máis novidosos e famosos é o proxecto ABALAR. -Podes explicarnos de xeito resumido en qué consiste? -O proxecto abalar consiste en levar a informática á aula como ferramenta cotiá. Antes os nenos ían á aula de informática e agora trátase de que todas as aulas da ESO estean dotadas dun ordeador persoal para cada alumno. -Agora temos ordenadores persoais en 1º da ESO, pero no próximo curso terémolos en 2º?.

AR L A AB

-Si, este ano 5º e 1º da ESO, para o ano 6º e 2º da ESO. -Cales son as vantaxes e os problemas deste proxecto? -As vantaxes son moitas. Os problemas son a falta de recursos dixitais que temos neste momento, a falta de pasar os libros ao ordenador e de exercicios dixitais e a formación do profesorado e dos alumnos. -Que pensas que é necesario para que o sistema sexa aproveitado por alumnos e profesores? -Aceptalo con gañas, con interese por parte de todos. Este ano fíxose un curso de formación amplo para o profesorado de 1º da ESO e entendemos que temos que seguir a formarnos e poñer en práctica o aprendido. -Pódesnos contar cales foron e por que a ne-

cesidade deste cambios? 14

-Plantéxase dende o momento en que a Xunta o implantou. A idea saíu do Goberno central para levar as novas tecnoloxías e melloras á aula. A Consellería adaptou isto: conexión wifi, servidor, etc. para poder implementar o proxecto. Fíxose un concurso para compoñelo e entre os presentados elexiuse por consenso este que MAXA, PAULA TELLADO temos na actualidade.


Contacontos

O CALENDARIO

Inlgés galego Acudiron ao noso instituto un contacontos inglés, Tim Bowley coa súa compañeira galega, chamada Charo Pita, que ía traducindo as historias que el contaba. Logo dun tempo, a situación cambiou e era ela a que contaba a historia en galego e el traducía ao inglés. Entre os dous fixeron unha actuación bastante boa. Algúns dos contos que nos contaron foron: “O home que estragou a súa vida ao non saber nadar” ”O home que non tiña sorte” “A muller esquelete” …O máis característico da actuación foi a facilidade de palabra dos contacontos e a súa capacidade de expresión corporal,que tamén animaba moito as historias.

OS OS TO D S A S N TE BÉN IPA A C I R T PA PAR OS N SO. M CUR A LU N O C NO

Quizais o máis difícil foi entender ao home, xa que falaba un pouco rápido para o noso nivel de inglés.

CH AO MARÍA

I’M TIM BOWLEY

Os alumos do 1º ciclo da ESO, participaron nun concurso de fotografía organizado pola equipa de dinamización lingüística. O resultado foron unha colección de imaxes do noso IES coas que se fixo un calendario para felicitar o nadal a todo o centro. EU SON CHARO PITA 15


PREPARADOS?...

O ANTROIDO

OH M..GOOD!!

16


TOCAMOS TODOS OS PAOS.

17


DÍA DO LIBRO

Este curso fíxose nesta xornada unha mención especial á figura de Hans Christian Andersen, porque o día 2 de abril celébrase o día do libro infantil en memoria da data de nacemento de este autor. Para celebrar esta data, no salón de actos tivemos: Unha presentación da figura de H.C. Andersen, Uns vídeos sobre biografía do autor, e “A Vendedora De Mistos”. Lectura por parte dun profesor do centro: Juan Casal, do conto: “La Pura Verdad”. Nesta ocasión os profesores da área de lingua española quixeron poñer o acento na poesía, e escolleron lecturas dos autores do día, autores clásicos e contemporáneos, facendo un pequeno percorrido pola poesía guiados polo profesor de lingua: Daniel Iglesias. Rematadas as actividades no salón de actos todos os alumnos do primeiro ciclo tiveron a oporturnidade de facer: -Confeción dun cartel do día do libro -Elaboración de caligramas a partir dos poemas que se leron no salón de actos. -Redacción de fichas de síntese dos contos de Andersen para a súa difusión posterior nunha exposición. -Distribuídos en grupos comopoñen unha paxina xigante dun libro copiando e decorando a páxina con motivos alegóricos a contos de Andersen escollidos entre os seus contos máis breves .

Para o segundo ciclo da ESO preparamos unha actividade en torno á figura do recente premio Nobel, Mario Vargas Llosa, cunha presentación sobre a súa vida, e unha selección de fragmentos de películas baseadas nas súas obras e lecturas de fragmentos das mesmas

18


LETRAS GALEGAS Nesta data ademáiis da obra de Teatro conxunta entre o noso instituto e o “CPI RECIMIL” colaboramos os dous centros e fixose no noso unha fermosa exposicions de dibuxos da larga historia de Galicia, moitos alumnos de primeiro participaran o ano anterior na confección detes debuxos e tamen se colgaron retratos de todos os autores homenaxeados nas letras galegas. Os alumnos de primeiro foron este ano os encargados da pegada de carteis sobre: Luis Ángel Sánchez Pereiro, que é un autor máis coñecido como Lois Pereiro. Este autor maila non ser moi coñecido, chamounos a atención por ser un representante da mobida dos oitenta na nosa cultura galega.

Cumplese este ano o 70 aniversario da publicación da peza teatral de Castelao Os vellos non deben namorarse, que se estreou en Bos Aires no 1941, pero que comenzara a escribir dez ano antes, 1931.Por iso os fixemos unha adpatación desta obra para celebar o día da letras galegas.

Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 .Comezou a escribir con 15 anos, marchou a Madrid onde fundou a revista Loia, 1981 na Coruña, unese á revista La Naval, en esta época participou en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985) e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Animal e Luzes de Galiza. Nesta última publicou en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso, no 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia. Parecenos un inadaptado e insatisfeito coa vida,moi moderno e que conecta ven con nós. Para dar a coñecer a súa poesía colgamos no blog da biblioteca actividades interactivas de completar ocos, con algún dos seus poemas que máis nos chamou a atención. A todos nos sorprendeu o poema do seu epitafio.

19


TEATRO

20


Os vellos non deben de namorarse Este curso no instituto representamos a obra de teatro “Os vellos non deben de enamorarse “ (Castelao). Grazas a José Luis Paz, que foi o noso director nesta obra, e fixo todo o posible para que todo funcionase. Comezamos en setembro, cada venres no salón de actos. Ao principio, os ensaios eran aburridos, pois non tiñamos gran cousa que facer, e os que non actuabamos, ou faciamos unha soa escena, tiñamos que estar case todo o rato mirando para os que actuaban, sen facer nada. Máis ou menos, a partir do segundo trimestre, os ensaios fóronse animando, e agora xa pensamos en voltar a facer teatro canto antes. A obra tamén contou con música en directo. No principio da obra e nos cambios de escenario, soaba música de gaita e percusión, que tocaban María Chao e Patricia Sequeiro; no medio da obra, despois da terceira escena, representouse a canción Lela, na que cantaban Raquel Lamas, Candela Ferrer e Jorge Trillo, a guitarra a tocaba Sergio López; a última escena, a do enterro, estaba acompañada pola marcha fúnebre, que tocaba Raquel Lamas. Cando gravamos a obra, algunhas escenas tivemos que repetilas varias veces, porque, ou nos entraba a risa, ou esqueciamos os diálogos, ou as entradas. Nos días en que estivemos gravando, rematabamos tarde, aínda que temos que recoñecer que o pasamos realmente ben gravando a obra en vídeo. Na representación en directo que se fixo para a celebración das letras galegas, estabamos bastante nerviosos, sobre todo os que cantabamos, xa que era un cambio moi grande o de actuar para os compañeiros de todo o Instituto. O vestiario era moi completo e bastante realista, grazas a Vily, que foi a encargada de darnos a roupa adecuada para cada personaxe, e de maquillarnos, con axuda de Viki . Os decorados eran espectaculares, cando os vimos, ata nós nos sorprendimos do ben que quedaran; pintounos o profesor Alfredo Fuertes. A represetación é unha adaptación en tres escenas dos lances primeiro e segundo da obra de Castelao. Alicia Cainzos e Raquel Lamas

ACTORES Alejandro Rosas: O Boticario. María Chao: Lela. Mónica Arribe e Edgar Vilaboy: Retratos dos pais do Boticario. Elina Bardanca, Nerea Bernal, Marta Pego, Alicia Bugallo: Irmás do Boticario. Cristian Iglesias: A Morte. Miguel Iglesias: Garda civil. Antía Rodríguez, Alicia Caínzos, Antela Castro, Antía Casal, Mirian Hidalgo e Paula López: Mulleres. Paula Tellado: Crego. Adrián Novo e Cristian Regueiro: Soterradores. Jorge Trillo: Narrador. MÚSICA Raquel Lamas, Candela Ferrer e Jorge Trillo: Voces e música. Sergio López: Guitarra. Patricia Sequeiro: Percusión. EQUIPO TÉCNICO Rubén Iglesias: Técnico de luces. Álvaro Flores: Telón. Sergi Pita e Cristóbal Fuentes: Axudantes de decorados. Alfredo Fuertes: Decorados. Mª José Vilaboy (Vily): Vestiario. Eliseo Nadales: Cámara. Jesús Busto: Montaxe da obra en vídeo. Juan Casal: Supervisión musical / Produción. OUTRAS COLABORACIÓNS: Departamento de madeira e de música. 21 José Luis Paz: Dirección e guión adaptado.


A voz do cómic O “cómic” é unha actividade que estamos a facer con Juan Casal, o coordinador da biblioteca. A finalidade é que empreguemos o galego para expresarnos, ler, aprender e divertirnos. Este ano fixemos “Astérix e Cleopatra” e o resultado foi realmente bo: Juan esforzouse moito coa música e os efectos especiais e os dobradores son xeniais, estes son algúns: Sergi Pita como Astérix, Alejandro Rosas como Obélix, Cristóbal Fuentes como Panorámix, e eu son Cleopatra, Sergio Alba como César, Esteban López como Edificatis (o malo), Alejandro Segura como Numerobis (un arquitecto exipcio moi chapuceiro); o outro malo (Parafusoris) é Rubén Iglesias. Alicia Bugallo e Nerea Bernal son as narradoras, Laura Naveiras fixo os varios personaxes, Sergio Dopico é o catador de Cleopatra, Cristian Iglesias é o centurión romano. Tamén hai moitos exipcios e romanos, para o que contamos con Raquel Lamas, Candela Ferrer e Alicia Caínzos, e David Pedre, entre outros, e dobramos …ata Idefix, o cadeliño de Obelix! O certo é que o pasamos moi ben alí dentro, e facemos parvadas constantemente (por exemplo, a min gústame sentar na papeleira…) e aínda por riba, despois saen as tomas falsas e daquela si que botámonos polo chan ca risa, porque algunhas son boísimas. Non sei por qué, moitas destas tomas acaban en “¡puagh!”, debe ser algo natural. Un día eu dixen: Edificatis… ¡puagh! E outras veces atascámonos en palabras e tamén rematamos así. Despois do duro traballo de poñerlles voz a todas e cada unha das viñetas do cómic, ven o aínda máis duro traballo de encaixalo todo no seu sitio. Isto sen unha boa planificación é imposible, porque leva moito tempo, pero entre todos todos sempre o conseguimos. Pero non so hai voces, este ano tivemos outros colaboradores como é José Luís que fixo un gran guión de sonidos para Juan, ou Tino, que participou na montaxe. Ao final, é moi satisfactorio ver o resultado despois no salón de actos e saber que ti tamén estás detrás de todo, por iso anímovos a participar o ano que ven, e insisto: ¡Divertirédevos!

Marta Pego

OS BLOGS DO INSTITUTO Este curso seguimos alimentando os blogs do instituto e creamos outros novos. Entre os blogs antigos atópanse os blogs da biblioteca, e os dos alumnos do primeiro ciclo da ESO e entre os novos, os de relixión, os de Dani o profe de lingua, os de os alumnos de tecnoloxía e os de algún alumnos do instituto que son chulísmos como o novas de ferrolterra news, o de deportes de Héctor, en fín moitas iniciativas.Para crear os nosos blogs utilizamos algunas ferramentas e vou a presentar as que nos resultaron máis útiles de distintas páxinas: Slideshare: No slideshare, subimos as nosas presentacións en Power Point para poder elazalas nos blogs. No issuu, podemos subir os nosos documentos de PDF para que se vexan en forma de revista para os blogs. Educa Play: Con Educa Play pódense crear actividades de ordear palabras, completar, sopas de letras, encrucillados ,emparentar, dictados, adiviñas,mapas… Jigsaw Planet: Con Jigsaw Planet podemos crear puzzles coa imaxe que queiramos, incluso cunha foto nosa. Greet Valley: Úsase para crear texto animados e con imaxes. Logo os nosos gadgets favoritos atopámolos en: Bunnyhero Labs: Sirve para crear mascotas virtuais para os blogs. Tamén engadimos nos nosos blogs gadgets como reloxos, calendarios e reprodutores de música ou videos de you tube. Tamén enlazamos películas ou videos de canles como youtube. Esperamos que vos gusten e que vos animedes a seguir visitando os que xa están e a crear o voso propio blog.

Alicia Bugallo 22

ALICIA BUGALLO


A Olimpiada Cultural Esta é una das actividades da biblioteca que máis xente coñece no instituto, por dús razóns fundamentalmente: primeiro porque é una actividade de longa tradición no centro, foi o equipo da biblioteca quen na inventou hai motísimos anos. E en segundo lugar porque é unha actividade na que participan conxuntamente alumnos da ESO, BACHARLATO e FP. Neste curso a participación foi de 30 equipos que xogaron a este xogo durantes 5 semanas. Todos os día se publica unha pregunta que respostamos antes do 1º recreo do día seguite. Se poñemos tamén o libro onde estaba a resposta, gañamos un comodín que podemos cambiar por una pregunta que non saibamos. Ó principio da seman publícase tamén, O PISTA A PISTA,que é una adiviña, canto antes a resolvas , máis puntuación acadas. Para a fin de semana, publícase o preguntón, que é unha proba máis complexa e por iso temos máis tempo. Para non ter problemas cando nos inscribimos os equivos validan as súas firmas para que ninguén deixe na furna unha resposta por nós. Este ano, por primeira vez, todas as probas da olimpíada, e as respostas foron publicadas na páxina web do instituto. Nesta edición os gañadores da categoría “Junior” foron 1º Clasificado: Grupo ESTELIOS KONTOS, formado por Carlos Amado López Pablo Bustabad Gomes Gabriel Casal

Rodríguez De 2º da ESO 2º Clasificado: Grupo 2+1, formado por Emilio Acción García Alicia Bugallo Pérez Nerea Bernal Fernández De 2º da ESO 3º Clasificado: Grupo LAS VAMPIRESAS, formado por Candela Ferrer Montero Raquel Lamas Pérez Alicia Caínzos Urtiaga De 1º da ESO e na “Genius”: 1º Clasificado: Grupo OS BENZEMALOS, formado por Alberto Montenegro Prado Adrián Losada Mahía Felipe Pérez Dopico Do ciclo superior de electrónica 2º Clasificado: Grupo OS CHUSTAS, formado por Francisco García Novo Eddie Pérez García Christian Varela de Bernardo Do ciclo superior de electrónica 1º Clasificado: Grupo ALIR, formado por Alfonso Couce López Irma Vilariño Fernández Do ciclo de madeira Os nosos parabéns a todos os participantes e por suposto aos Victoria e Lucia, 4º B gañadores.

O CLUB DE LECTURA A actividade do club de lectura, integra a dez participantes, dos niveis de 2º e 3º da ESO, e 1º de Bach. Este ano está coordinado polo profesor de lingua e literatura castelá Daniel Iglesias.As reunións tiveron lugar os venres,ás 10’10. Durante o primeiro trimestre, os rapaces e mais os profesores expuxemos os nosos gustos literarios e os nosos libros preferidos. Durante o segundo trimestre, intercambiamos experiencias de lecturas en común. Durante o terceiro trimestre puxemos en funcionamento un foro dixital, http://labiblioteca.foroactivo.com/ , xa que nos demos conta de que o blog non chegaba aos alumnos como era debido e non o sentían coma seu. Foi unha iniciativa dun dos seus membros (Alejandro Rosas, de 3º da ESO), quen o confeccionou partindo de cero. Alejandro Rosas

23


AS EXPOSICIÓNS

ALFREDO FUERTES COA PINTORA DULCE ANCA, QUE IMPARTIU UN OBRADOIRO DE PINTURA QUE COMPLETABA A SÚA EXPOSICÍON. ABAIXO, CO DEBUXANTE LADISLAU DA REGUEIRA

24


VIAXE POLAR

A viaxe polar foi a trepidante aventura na que un grupo de alumnos do instituto participamos nunha competición durante toda unha fin de semana onde acampamos na praza de España. A actividade tiña coma finaidade concienciarnos a todos dos efectos do cambio climático nos polos. Carlos Cajamarca, Uxía Casaleiro, Héctor Durán, Andrea Lomba, Mario Rodríguez, Bruno Saavedra, Rosmery Soto, Carla Toca. Andrea Lomba

25


BIENAL DE PORTO

En novembro do 2010 os alumnos dos ciclos medio e superior de desenvolvemento de proxectos mecánicos, acompañados polos profesores: Aurora Casanova e Antonio Bugliot, acudiron á EMAF(Exposición Internacional de Máquinas - Herramientas e Accesorios)que inclúe a visita ó SIMIEX: Salón Internacional de Mantenmento Industrial, PORTUGAL METAL: Salón de Productos de Metalurxia e Metalomecánica, INTERINDUSTRIA:S alón de Productos e Servicios para a Industria. Esta bienal está adicada ós profesinais do sector, o que lles permite ós nosos alumnos observar en funcionamento maquinarias e procedementos de última xeración. Isto supón contemplar o máis novidoso que se está a instalar nas empresas e por tanto familiarizarse coas innovacións técnolóxicas que atoparán no futuro nos seus postos de traballo. 26 LORENA ARES


VII XORNADAS ENSINO-EMPRESA POR SETIMO ANO CONSECUTIVO , VEÑEN DE CELEBARSE NO MES DE MARZO, NO INSTITUTO FERROLTERRA, AS XORNADAS DE ENSINO EMPRESA QUE TEÑEN POR OBXECTIVO POÑER A DISPOSICIÓN DOS ALUMOS E PROFESORES UNHA CANLE EFICAZ DE COLABORACIÓN E COMUNICACIÓN ENTRE O MUNDO DA EMPRESA E DO ENSINO. OS ALUMNOS DE TODAS AS RAMAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL TEÑEN OCASIÓN DE COÑECER AS NOVIDADES TÉCNICAS QUE AS EMPRESAS ESTAN A DESENVOLVER, E Ó TEMPO COÑECER DE PRETO AS POSIBLILDADES TANTO FORMATIVAS COMA DE EMPREGO QUE SE LLES PRESENTA AO INCORPORASE Ó ÁMBITO LABORAL DA COMARCA Maria Chao

27


VIAXE A BARCELONA Os alumnos de 2º ciclo de la ESO e 1º de bacharelato, despois das vacacións de Semana Santa fomos de excursión de fin de curso a Barcelona, acompañados polos profesores Emilio Hermida e Antonio Bugliot. Chegamos o primeiro día a Lloret de Mar, onde tivemos tempo par descansar, coñecer a cidade e ir á praia. Na seguinte xornada fomos á cidade de Barcelona para visitar a Sagrada Familia, a catedral e o barrio gótico; logo tivemos tempo libre e fixemos as compras. En Barcelona tamén vimos o impresionante estadio do Barça: o “NOU CAMP”, e o museo do club, cheo de trofeos. Vimos así mesmo, o acuario, visitamos o porto e fixemos unha breve singladura en barco. Por fín chegamos a Port Aventura. O parque era inmenso e nel están representadas catro culturas. Alí subimos ás atraccións máis atrevidas, como: o Furious Baco, o Dragon Khan e tamén nas atraccións mas relaxadas …Pola noite,saímos de xolda por Lloret del Mar. Alí coñecemos a marcha nocturna e as súas discotecas, como: O Zoo, Tropic...O retorno foi duro, despois de días de diversión e múltiples anécdotas, faise difícil voltar a estudar, aos horarios e á rutina.

Yerai, Dani Pato, Maria, Lorena, etc

28


PRODUCCIÓN PROPIA UN DÍA AO SOL Estase ben así, creo que vou quedar un momentiño máis. Foi unha noite fría, para a estación na que estamos, e agora que sae o sol esta morneza e a sensación do orballo evaporándose sobre a pel da caluga é para gozar da preguiza. Se puidese estiraríame como os gatos diante do fogón. - Oe ti Érguete dunha vez! Estás a romper a formación e déixanos a todos en evidencia. Abrín os ollos, Ben, é un dicir. Tería aberto os ollos se os tivese, pero nós temos outras formas para percibir o ámbito, así que, para entendernos, abrín os ollos e torcín un pouco a cabeza cara á miña esquerda. Con esforzo, que eses músculos os teño pouco desenvolvidos. O Vello Xeral mirábame de esguello, dobrándose un pouco soamente para non descompoñer a súa figura ergueita. O de Vello Xeral acábaseme de ocorrer agora mesmo. Vello, vello, non é. Despuntou un par de días antes ca min, pero no noso mundo iso pode supoñer unha eternidade. A verdade, sempre lle tiven un pouco de respecto polo seu silencio e o seu porte altivo e adusto, pero esta mañá radiante véxoo todo doutra forma, non sei, ata creo que me vou tombar de lado e alá o Xeneral co seu marcialidade. -Está tolo! -Vainos buscar un problema a todos! -Vai provocar algunha catástrofe, seguro!

bezas pipudas para cuchichear, outros inclinaban os seus talos cara a diante, outros decidiran inclinar a cabeza para descabezar unha sestiña. O Xeneral, incorruptible na súa dignidade, permanecía alí, coa súa cabeza alta e seguindo ao sol con absoluta teimosía. Miroume de esguello e dixo: - Se non mantés o movemento do sol, se non cumpres o sagrado mandato dos xirasoles, este deterase e será o fin de todo. A túa rebeldía será a nosa ruína e a do mundo enteiro. - Xa vexo, díxenlle. As súas palabras resoaron na sementeira e notei axitación. Algúns puxéronse firmes e cravaron os seus ollos no astro. - Non creo que a nosa actitude cambie nada, dixen. As cousas seguirán igual, uns iremos destinados a forraxe, outros remataremos na bolsa pequena de Facundo coas nosas sementes tostadas e cubertas de sal. Outros, se hai sorte, iremos á bolsa grande e serviremos para sementar outro novo campo de xirasoles. Agora véxoo claro. O Sol sairá e poñerase como todos os días fagamos nós o que fagamos. A formación relaxouse de novo, seguiron os murmurios e ante a anarquía total sorprendeunos a noite.

Durmín como unha pedra e espertei tarde. Abrín os ollos e vin, alá arriba como a vella estrela brillaba entre as nubes dunha preciosa mañá. O Xeneral mirábame cun xesto estraño, o seu talo lixeiramente inclinado. Diría Entre o calorciño e o cambio de postura, a sensación mesmo que sorría. Endereiteime e mirei ao meu arredor. de confort era tan grande que me debín de quedar Xa non pareciamos un campo de xirasoles, con todas as durmido outra vez, espertáronme os rumores que cabezas ordenadas en fileiras de branco e amarelo. Dixurdían dende a fila de atrás. Toca erguerse, pois. ríase que eramos un prado salpicado de cor, sen máis - Xa era hora, gruñou o Xeneral. O sol está alto e es- orde que o das fileiras en que foramos plantados pero tamos todos formados menos ti. uns mirabamos para atrás, outros para os lados, outros Non lle fixen ningún caso, mirei para arriba e, efectiva- nin sequera se levantaran aínda e, alá ao lonxe, preto da mente o sol estaba alto. Non pasara absolutamente estrada, apoiado no seu vello tractor, un agricultor xa nada. Ao lonxe víase a fileira de árbores, como sementrado en anos resgaba a cabeza cunha man mentres pre. O campo veciño sementado de trigo, víao agora mantiña a gorra na outra e nos seus ollos se lía un estirando o colo, maduraba e mecíase coa suave bri- asombro sen límites. sa, cantaban os grilos e as andoriñas pasaban veloces á caza dalgún insecto. Por primeira vez mirei ao Certamente hoxe é un día fermoso. chan e sorprendinme ao ver o meu talo, alí, ben plantado. Notei como subían a auga e os nutrientes. Todo seguía igual. O feito de romper a formación, escapar da rutina, comportarme como un xirasol rebelde non cambiaba absolutamente nada. De ter podido berrar de contento teríao feito. Xamais un xirasol se escapaO A PEG T R ra da atracción do Sol. Polo menos, nos meus rexisA M tros non encontrei nada parecido. Mirei o meu alredor unha vez máis e puiden comprobar que toda a sementeira andaba revolucionada: uns xuntaban as ca29


I Campionato Galego da Formación Profesional. GaliciaSkills 2010

No mes de novembro de 2010 celebrarase en Galicia o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010. Este Campionato da Formación Profesional ten como obxectivo: - A posta en valor da calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional que se imparten nos centros da nosa Comunidade Autónoma. - Motivar ao alumnado para a mellora da calidade da FP. - Recoñecer e estimular a labor do profesorado. - Potenciar as relacións dos centros nos que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes. - Seleccionar ao equipo galego que nos representará nos campionatos nacionais SpainSkills. 30


Os gañadorer foron: da especialidade de reparación de carrozarías de vehículos. OURO:Iván Picallo Cabalo , alunmo do profesor Juan Asensio Goicoechea,IES Ferrolterra . E na especilidade de Tecnoloxía do automóbil.

O noso representante IVAN PICALLO CABALO. Acadou a medalla de plata na competicion a nivel

En abril, organizadas polo Ministerio de Educaciócelebráronse en Madrid a XXXIII edición das Olimpíadas da Formación Profesional SpainSkills 2011, nas que estudantes de distintos ciclos formativos de formación profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla. Cada participante demostrou a súa competencia profesional durante catro días de competición a través dunha ou varias probas de carácter eminentemente 31 práctico.


32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.