Haiche Outra 2011-12

Page 1

Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

haiche A Revista do CIFP FERROLTERRA Xuño 2012

OUTRA

CIFP ANO CERO

No interior poderás atopar: Interesantes artigos técnicos • As Térmites • Imaxes en 3D • Repintado de coches Funcionamento dun dispensador de xabón •

Outros artigos sobre a vida do centro neste último ano…. E para rematar, as orlas dos que se van


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

EDITORIAL Outro ano máis... e as cousas non melloran Estamos outro ano máis rematando a andaina do curso, pensando no feito e no que quedou por facer, no que teriamos que mellorar.... e, sobre todo, no que poderiamos facer pola nosa dura e pesada tarefa de impulsar e defender aquelo polo que nos comprometemos a loitar, a nosa lingua. As cousas non melloran, as crises van e veñen e parece que non podiamos quedar atrás. Parece que é máis prescindible o traballo das ENDL que outros moitos gastos do diario -organización de eventos para saír en máis fotos, mercar cadeiras a uns prezos que fan pensar en todos os retallos habidos e por haber, e outras moitas e longas historias que non caberían nestas páxinas-. Organizamos e planificamos o noso traballo para facer unha serie de tarefas que puideran dar algo de pulo á nosa lingua. Pensamos en como botar adiante todo isto despois de moitos cambios, de moitas idas e voltas. Empezamos unha andaina nova, con novos obxectivos, novos atrancos e novas loitas, sen o Bacharelato, sen a E.S.O. e coa falta de moitos compañeiros que colaboraban activamente con nós.... -para non esquecernos de ninguén non imos nomear pero hai que lembrar que se organizaron obras de teatro, entroidos, revistas, xincanas e tantas e tantas actividades que non poderían terse feito sen a axuda de moitos dos que nos deixaron-, parecíannos cambios dabondo para unha vez. Pero non contabamos co atranco maior, o que nos podería facer case pechar, semella que non quedamos lonxe dos EREs que tanta aplicación teñen noutros eidos,

retallos que tanto nos afectan, retallos e máis retallos. Este ano quedamos coas axudas -seguímoslles chamando asíreducidas á mínima expresión, 340 € para un centro de mais de 750 alumnos e alumnas. Non imos botar contas sobre a porcentaxe de rebaixa, non imos pensar noutros intereses nin a que se dedican os nosos cartos -as axudas son cartos de todos os contribuíntes, non esquecer esta verdade que moitas veces parece quedar esquecida- e, para iso convocadas tarde, mal e ás arrastradas, e aínda sen resolución definitiva para saber o que podemos gastar ou non. O centro, como non era de agardar outra cousa, tamén se atopa en situación económica apurada para non ser menos e vivir cos tempos. De todos os xeitos, a achega que asignou ao noso labor incrementouse case un 20% dende a que se fixo o ano pasado, pero aínda así contamos con 790 €!!!! para poder levar a cabo a nosa tarefa naquelas actividades que poidamos deseñar e planificar para todo o curso académico, o cal parece unha broma de mal gusto. Pero non creades que nos vai faltar de nada con esa cantidade de cartos, faremos economía de guerra, simplemente gastaremos moito menos. Deixaremos de facer algunhas das cousas que tiñamos programadas -algunhas en proxecto avanzado, outras feitas pero sen poder ser acabadas tal e como se quería, etc- e outras quedarán dentro das posibles para o ano que ven, tentaremos botarlle máis imaxinación.... se cabe. Non sei se estaremos moito máis tempo no barco, cando a nave se afunde os ratos tíranse á auga, pero mentres sigamos, faremos todo aquilo que estea na nosa man para tentar aportar algo máis para mellorar, para loitar, para procurar que as forzas

que nos veñen á contra non poidan con nós, non fagan calar as nosas escasas voces..... Seguro que no noso traballo cometemos moitos erros, deixamos moitas cousas sen facer, non miramos o suficiente para as necesidades dos nosos alumnos e alumnas e pode ser que puideramos ter feito moito máis aínda, ..... fixemos o que puidemos. Tratamos de levar a nosa cruz da mellor maneira posible, repuxémonos ás baixas dos compañeiros e compañeiras que se foron, acollemos tan ben como soubemos a todos e a todas as que chegaron, loitamos a brazo partido contra os atrancos -neste caso non se sabe se dicir que os atrancos eran de alta calidade ou por mor da calidade- e, despois de todo, sobrevivimos, o cal non é pouco nos momentos que corren, con vento de fronte e de moitos nós de intensidade... Nesta revista quixemos facer algo distinto, darlle un xiro cara a un campo máis técnico, coma as nosas actuais etapas educativas. Esperamos telo conseguido e queremos que nos vindeiros anos se poidan facer aínda mellores labores, sexa con cartos ou sen eles, con nosoutros ao timón ou con xente distinta con folgos novos, ou todos xuntos se se pode, facéndonos máis fortes e loitando mellor contra aqueles que nos tentan soterrar. Queremos chegar a todos os nosos alumnos e alumnas, abrirlles as portas á súa participación, darlles máis oportunidades de expresarse e de facer aquelas cousas que poidan ser interesantes para eles e elas, que son os destinatarios e o obxectivo último do noso traballo... Esperemos que o curso que vai vir non nos maltrate moito máis que o que remata.... como di o dito, non hai mal que cen anos dure, nin corpo que o resista

Un pouco de

HUMOR por Xaquín Marín

2


Haiche outra

2012

Museo Tecnolóxico Didáctico

CIFP Ferrolterra Estamos vivindo tempos convulsos, tempos duros e difíciles, sumidos nunha crise que parece non rematar, e que está a provocar profundos cambios. O noso centro foi este ano protagonista ou vítima, se se prefire- desa ondada de reformas que está a sufrir o sistema educativo, polo que a nosa identidade, que tiñamos asentada dende hai anos sufriu un drástico cambio. O noso é, e sempre o foi, un centro tecnolóxico de formación profesional de referencia na nosa bisbarra. A nosa vocación tecnolóxica data, pois, de moitos anos atrás (non en van somos herdeiros daquela histórica Escola de Artes e Oficios de Ferrol, berce da formación profesional), e agora, se cabe, acentúase, ó seren centro de formación profesional exclusivamente. Nembargantes, o que non queremos esquecer é que

seguimos sendo un centro educativo, e como tal, seguimos coa pretensión de dar unha formación integral aos nosos alumnos, inxectando na actividade do centro contidos culturais, que como tales non aparecen nos currículos das nosas ensinanzas técnicas. Con esta perspectiva naceu a idea de inaugurar este ano un museo, que poña en valor a tecnoloxía dende o punto de vista da súa historia, das etapas polas que foi pasando no seu esforzo por facernos a vida máis cómoda. Trátase por tanto dun museo tecnolóxico, porque ese é o tema, pero tamén dun museo didáctico, porque ese é o seu fin. Non quixemos cerrar o ano sen dar a coñecer a súa existencia a toda a comunidade educativa, e facémolo cunha pequena exposición de pezas antigas, e coa idea de seguir avanzando e mellorando no futuro.

Primeira exposición de pezas antigas do noso novo Museo Tecnolóxico Didáctico

Algunhas das pezas expostas (de esquerda a dereita, e de arriba abaixo): máquina electrostática de Carré; cámara filmadora Bolex Pailar H16; microscopio Nachet; osciloscopio Phillips; lámpada de soldar. 3


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

Olimpiada Cultural as, unha delas -a junior- exclusiva para os alumnos ata 3º da ESO. Isto facíanos temer aos organiza2º PISTA dores deste concurso NON TEN unha escasa particiPROPIETARIOS pación que poñería

1ª PISTA É BRANCA

3ª PISTA NON MIDE O MESMO NO VERÁN QUE NO INVERNO

Unha das probas desta edición da Olimpiada Cultural

non esquezamos que o que se persegue con este xogo é que sen darnos conta, dunha forma divertida, practiquemos na busca e interpretación da información, tanto en internet coma nos libros, e que o saber e a cultura sexan protagonistas na vida do centro, non de forma puntual, senón continuada, durante todo un mes. O ano pasado demos un paso importante publicando diariamente as probas na páxina web do centro, unha 4ª PISTA gran vantaxe, xa que as É MOI, MOI FRÍA preguntas poden ser consultadas polos partici-

en Este ano celebramos unha nova edición do noso tradicional concurso, a Olimpiada Cultural, pero non era unha edición máis, xogábase o ser ou non ser desta actividade, e de rebote, doutras organizadas pola nosa biblioteca. O que facía esta edición diferente das anteriores era o drástico cambio que tivo lugar no centro, en relación coa desaparición da ESO e o Bacharelato. Baste indicar, que ata este ano había dúas categorí-

perigo a súa existencia. A gran sorpresa foi que a participación non so foi boa, senón que foi aínda mellor que outros cursos: En total 51 equipos de dúas e tres persoas cada un, unha cifra para lembrar. Felicitacións aos gañadores, pero non só a eles, senón a todos os participantes, especialmente a aqueles que aínda sen opcións de vitoria seguiron xogando ata o final, porque eles encarnan mellor que ninguén o espírito deste concurso, xa que se ben os premios están ben (moi ben),

5ª PISTA ESTA PROTEXIDA POR UN TRATADO INTERNACIONAL FIRMADO EN WASHINGTON EN 1959

pantes dende calquera lugar. Este ano, avanzamos un paso máis, apoiándonos nas ferramentas informáticas ao noso alcance, facendo que a totalidade das probas da olimpíada foran contestadas a través da aula virtual do centro. A idea de facilitar ao máximo o desenvolvemento do xogo, xa que desta maneira pódese contestar comodamente dende calquera computador, a calquera hora dentro do prazo. A pesar de que tivemos algún que outro atranco, unhas veces por fallo de organización (non esquezamos que foi o primeiro ano en facelo así), a maioría debidas aos contrasinais e o mecanismo de resposta, que non quedou moi claro; outras veces foi por fallos na rede, que obedecendo a Lei de Murphy, sempre colapsaba nos últimos minutos para entregar a resposta. Finalmente sempre se solucionaron os problemas, sempre nun clima cordial. Falando diso, temos que salientar a deportividade dos concursantes e o bo ambiente, que se mantivo durante as catro Camisetas para os participantes

4


Haiche outra

2012

semanas que durou a competición. Tamén é de salientar o tema das reclamacións. Tamén por iso debemos felicitar aos concursantes, xa que tanto verbalmente como por escrito, foron feitas sempre con educación, e na maioría dos casos, con argumentos defendibles, que foron escoitados e aceptados: é moi importante saber empregar as canles adecuadas para loitar polo que é noso e saber defendelo con argumentos. Tamén as suxestións en canto ás normas foron escoitadas, especialmente no referido aos comodíns, e serán modificadas na vindeira edición. Finalmente, expoñemos a relación de gañadores, non sen antes agradecer dende o equipo da biblioteca a desinteresada colaboración dos nosos compañeiros Emilio, Antonio e Patricia, sen os que nos veriamos desbordados. Os primeiros clasificados foron os equipos: 1º, medalla de ouro: Oscar ñoscar moscar zoscar Formado por: •Eloy Rodríguez Domínguez •Santiago Salgado Morado

CIFP Ferrolterra •Arberte Martínez Bardanca 2º, medalla de prata: Pic16f84 Formado por: •Luis Núñez Rodríguez •José Manuel Pereira Rodríguez •Fernando Amor Vizoso 3º, medalla de bronce: O catarro maila tos Formado por: •Carol Martínez Martínez •Eva Orjales Ramírez 4º:Los cupeiros Formado por: •Andrés Fernández Ríos •Silvia Trinidad Porta •Sabela Bollo Lorenzo 5º, Las niñas Formado por: •Mª Jesús Martínez Serantes •Esperanza Prieto Novo 6º, Por un bocadillo

Formado por: •Angel Francisco Vázquez Izaguirre •Manuel Sineiro Palacios •Carlos Rodríguez Rodríguez 7º, Culombios combatientes Formado por: •Juan Martínez Montero •Estefanía Pérez Fernández 8º, Ou vai ou rebenta!! Formado por: •Jorge Gestoso Marcos •Diego González Pallarés •Javier López Graña 9º, Salami team Formado por: •Marcos Pita Barcia •Marta Agrafojo Aradas 10º, Los caballitos de mar Formado por: •Jorge Otero da Rocha •Pablo Bouza Rodríguez 10º, Los tiritistores Formado por: •Carlos Puig Pintos •Bernardo Cornide López •Martín Novais Nieto

Os equipos gañadores da olimpiada

5


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra ción da fotografía, o cine, a televisión... Primeiro foron en branco e negro, despois chegou a maxia da color; máis tarde perfeccionáronse as técnicas, e con elas a perfección das imaxes. A chegada da tecnoloxía dixital permitiu mellorar a definición das imaxes ata rozar a perfección. Sen embargo, ata aquí, todos os avances están limitados por un número: o 2. Todo, a pantalla do ordenador, da tele, do cine están contidas nun plano, e a xeometría ensínanos que un plano ten dúas dimensións, mentres que o mundo real ten tres.

Universo 3D Imaxes 3D A palabra virtual procede do latín virtus, e entre outros significados, emprégase para referirnos a algo aparente pero que non é real. Estamos afeitos ao virtual dende que nacemos: por exemplo, cando nos miramos no espello e nos vemos detrás deste, o que vemos e a nosa imaxe virtual. O ser humano esforzouse dende hai moito tempo en conseguir imaxes virtuais o máis fieis posible á realidade. Pensemos na invenPrimeiros pasos no cine 3D. Uns lentes de celofán de cores discriminaban a inforlación para cada ollo

Pero como reproducir unha imaxe virtual con tres dimensións? Nos últimos anos estamos vivindo grandes avances nese eido. A industria do cine foi unha das grandes impulsoras, perfeccionando paso a paso as técnicas, de xeito que hoxe xa moitas das grandes superproduccións teñen a súa versión 3D. A idea básica consiste en que cada ollo perciba unha información diferente, polo

que hai que empregar uns lentes que discriminen a información, deixando pasar a cada ollo a que lle corresponde. Hai diferentes sistemas para ofrecer cine en 3D que co paso do tempo se foron perfeccionando, pero todos eles baséanse no mesmo principio: a visión estereoscópica. A visión estereoscópica é unha adaptación evolutiva da que gozan os seres vivos que dispoñen dous ollos mirando cara diante, de xeito que ambos poidan enfocar ao mesmo punto. Cada ollo recibe unha imaxe bidimensional, pero como están separados no cranio por unha distancia, cando enfocan un punto, teñen que xirar un determinado ángulo, que depende do lonxe que estea. Igualmente, cando miramos a un obxecto, a imaxe percibida por cada ollo é lixeiramente distinta, xa que o recibe dende unha posición diferente. O cerebro encárgase do resto, e con ambas imaxes forma unha única imaxe tridimensional, con profundidade e volume. Así que os diferentes sistemas de cine tridimensional intentan reproducir a forma en que os nosos ollos rexistran imaxes do mundo real, para que percibamos unha imaxe con volume e profundidade, a partires dunha proxección nunha pantalla plana. Moito tempo pasou desde os primeiros intentos, aqueles baseados na cor, nos que o espectador utilizaba unhas lentes especiais que cubrían os ollos cun celofán semitransparente de cor vermella sobre un ollo e de cor azul sobre o outro. Así cada ollo percibía unha imaxe diferente, segundo a porción de cor que cada un dos celofáns deixaba pasar. O resultado era unha aceptable sensación de tridimensionalidade. Posteriormente empezaron a proxectarse as imaxes en cor real e a usarse lentes de cristais polarizados. De forma simplificada podemos dicir que a luz procedente dunha fonte de luz normal vai “xirando” según avanza, mentres que unha luz polarizada avanza sempre no mesmo plano. Os cristais polarizados son capaces de filtrar a luz, deixando pasar só a que ven nun determinado plano. No cine, dous proxectores polarizan a luz nun plano distinto, de modo que cada cristal dos lentes deixa pasar a información adecuada a cada ollo, conseguindo asé a sen6


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra parece que o seguinte paso será a proxección holográfica de imaxes, como a que

sación tridimensional con máis calidade ca no caso anterior. Este sistema non funciona en televisión, debido a varios problemas, entre eles, un filtro que incorporan as pantallas na parte frontal. A solución adoptada consiste en que en lugar de emitir as dúas imaxes simultaneamente, emítense alternadas, primeiro a esquerda e logo a dereita, e a unha velocidade tan elevada que o cerebro integra ambas nunha única imaxe tridimensional. Neste caso requírese un sistema formado por unhs lentes activos de cristal líquido capaz de oscurecerse (igual que os segmentos dos números dun

reloxo dixital) e un emisor de infravermellos que envía un sinal indicando en cada instante cal é o ollo que se ten que tapar.

cine holográfico, aínda en desenvolvemento, que consta dunha pantalla composta de multitude de pequenas unidades ás que se lles pode cambiar a súa transparencia, brillo e cor. Ao incidir a luz sobre eses elementos en diferente estado, conséguese que a luz reflectida na pantalla forme a imaxe desexada. Se os cambios se realízan coa suficiente rapidez lógrase a sensación de movemento.

O seguinte paso parece que será o

Imaxe creada cun anel de leds rotativo

O Anel de Leds Rotativo (LED Rotating Ring) Este ano en 2º de desenvolvemento de productos electrónicos, propuxémonos, entre outros proxectos moi interesantes, levar a cabo un sistema para crear imaxes en 3D, pero dun modo completamente diferente aos descritos para o cine e a tv, de acordo coas nosas capacidades. O que se trata de facer con este prototipo é a representación tridimensional do planeta terra, así como imaxes e textos aéreos esféricos en rotación. grazas á tecnoloxía RBG (vermello, verde e azul) empregada dispoñemos dunha gama de cores ampla xa que poden ser combinados, para conseguir calquera cor. Para conseguir o efecto óptico dunha esfera tridimensional con imaxes, ponse a xirar un aro con leds, que emiten a luz adecuada no instante

adecuado e na posición adecuada para conformar a imaxe que queremos representar. A idea inicial non se parecía en nada ao produto final desenvolvido. Tras debatelo e pensalo e vendo que se poderían barallar moitas máis opcións, fíxose unha aposta arriscada por combinar varios tipos de mecanismos e conseguir un mellor efecto óptico.

leds tricolores; de ser alimentado por unhas vasoiriñas rozando cun disco metálico a un sistema de transformación de enerxía baseado na inducción magnética, sen necesidade de elementos que rocen, e dun sistema de xiro cun simple motor de continua a un sistema servocontrolado que axusta a velocidade a unhas revolucións determinadas totalmente estables.

Logo de desenvolver un primeiro bosquexo do prototipo observouse que tiña moitas máis posibilidades do que inicialmente poderiamos alcanzar. Pasou de ser un arco simple de 15 leds dunha soa cor a 24

O arco led componse dun aro cun radio exterior de 60,4 mm e un radio interno de 50,4 mm. Nunha das metades do aro van colocados 24 leds tricolor de tecnoloxía SMD, de 6 patiñas, dun tamaño de 3 mm

7


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra do circuíto. Estas placas van colocadas horizontalmente e unidas rixidamente ao aro, como pode verse na foto. O microcontrolador, ademais de gobernar a información que representan os leds require o control de diversos sensores:

• Un sensor para a posición do aro, xa que sen o noso microcontrolador estaría literalmente cego, este envíalle un pulso a través dunha das patiñas cada vez que un imán induce un campo magnético sobre el. O noso micro saberá en cada momento de xiro onde se atopa, e poderá establecer un campo de coordenadas de activación de columnas de leds. Martín montando unha das placas do proxecto

e cunha separación entre eles doutros 3 mm. De cada elemento parten 3 cables á correspondente placa de control. Para o control dos leds empréganse 3 placas de control, cada unha delas goberna 8 leds; ademais, a do medio, máis grande leva o microcontrolador (un 16F876A), o cerebro

• Un sensor de temperatura para obter a información da temperatura ambiente, que o microcontrolador transforma en valores comprensibles, en graos centígrados. Logo poderemos representar esa temperatura na nosa esfera luminosa. Un sensor de infravermellos ten vital importancia xa que como está dando voltas,

para cambiar de programa ou realizar unha acción non podemos activar ningún pulsador físico do dispositivo, (está virando, non é recomendable introducir ningún obxecto físico no seu campo de xiro). Polo tanto, en lugar de pulsadores empregamos un mando a distancia para cambio de programa, axustes de velocidade, axuste dun reloxo, etc. O sensor recibirá o sinal llo comunica ao microcontrolador por unha das súas patiñas. Ademais das placas de control da parte móvil, requírese outra na parte fixa para o control de velocidade do motor

Representación Representación gráfica A pregunta importante que debemos plantexarnos agora é: Como se representa unha imaxe nun aro de leds? A resposta parece moi complexa, pero en realidade é bastante simple, por agora esquezámonos do aro e non pensemos na súa forma circular. Imaxinémonos os 24 leds postos nunha columna vertical, simple non?, agora collemos esa columna e poñemos outra igual a continuación, e así sucesivamente. O que conseguimos é un sistema de coordenadas como o do seguinte cadro.

Coordenadas de iluminación dos 24 leds con referencia ao tempo

Placa central, con algúns compoñentes de montaxe superficial (SMD) xa soldados

Se nos paramos a observar o cadro vemos que os 24 led divídense en bloques de 8, que corresponderán a cada un dos 3 circuítos de control. O que conseguimos son as coordenadas de activación das columnas de leds. O microcontrolador encargáse de activar en cada instante os leds que teñen que estar activos en cada columna (color e posición) por medio dos 8


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

integrados que se atopan en cada circuíto de control e a través do bus de conexións. Transcorrido o tempo correspondente, envía as sinais de control para activar os leds da seguinte columna, e así unha detrás doutra, co cal represéntase os obxectos debuxados.

Proxecto montado, no que se observa o anel exterior cos leds (cadrados brancos), as 3 placas de control xiratorias e o motor (reciclado dun vídeo), na parte baixa

Con isto xa podemos ver como se representan imaxes, pero Como se poden ver? Pois ben, grazas ao xiro do arco. O microcontrolador a través do sensor de posición sabe onde está en cada momento e o que fai é representar as columnas leds en cada instante, (sempre na mesma posición, se queremos unha imaxe estática). Ao virar o aro, o ollo humano o que observa é unha imaxe no aire. Grazas a isto podemos representar imaxes sobre unha esfera luminosa aérea. Ben ata aquí sen problema, pero que non se nos esqueza que o noso sistema ademais da parte física necesita o software. Para elo hai que elaborar o código necesario para que funcione correctamente todo o anterior, o cal se fai nun PC con axuda de ferramentas informáticas, e finalmente ese código grávase no microcontrolador

As placas de circuíto impreso deséñanse no ordenador e logo se confeccionan na placa final, neste caso mediante unha máquina de control numérico

Tecnoloxía SMD Para o proxecto, empregouse tecnoloxía SMD (dispositivos de montaxe superficial) que son compoñentes que van montados na superficie da placa, sen necesidade de facer trades para introducir os terminais, como ocorre nos elementos convencionais. Son moito mais pequenos e optimizados que os compoñentes discretos. Esta tecnoloxía ten grandes vantaxes xa que nos aforran moitísimo espazo na elaboración das placas diminuíndo notablemente o tamaño destas, afórrannos moito peso que en caso contrario podería transformarse nun mal rendemento do motor xa que ao virar menos masa non consome tanta enerxía. Á marxe das súas propiedades físicas e mecánicas, hoxe en día esta tecnoloxía está firmemente implantada a nivel industrial, a súa estética dá un acabado limpo e preciso aos circuítos e grazas a que a elaboración das placas faise mediante sistemas automatizadas por control de computador, resulta máis fácil e simple a súa montaxe e soldadura nas placas de circuíto impreso. Sen embargo, debido ao seu pequeno

tamaño, a súa montaxe manual na confección de prototipos coma este, é máis complexa e require un equipamento máis sofisticado ca os compoñentes convencionais (ademais dunha boa lupa). Para deseñar os circuítos empregamos ferramentas informáticas CAD (deseño asistido por computador) e para a súa elaboración ferramentas CAM (fabricación asistida por computador) mediante unha pequena pero precisa máquina de control numérico. O camiño dende o primeiro día ata o último foi un calvario, unha desesperación de fracaso tras fracaso, pero por iso é polo que sexa un éxito o prototipo e grazas ao interese o afán de superar os obstáculos, o que nun principio era un simple proxecto, ao final resultou ser unha gran combinación de sistemas e solucións que non só avanzaban cara ao desenvolvemento final senón que fomentaban a investigación de novos campos. A tecnoloxía require sacrificio e estudo para poder chegar a un produto final, e antes débense ter experimentado e comprobado miles de ideas, ata chegar á meta.

Martín Novais

9


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

PERIGO, TÉRMITES ! A maior parte das térmites son de climas tropicais ou subtropicais, pero unhas poucas especies viven en climas temperados. Coñécense unhas 3.000 especies no Mundo. En España so hai 3. Son os insectos máis danosos para a madeira. Os danos prodúcenos os insectos adultos da caste obreira. Polas noites, as térmites obreiras saen do termiteiro

para dirixirse á zona onde existe madeira para alimentarse. Para iso, constrúen galerías polo interior do chan, que nalgúns casos chegan a ter centenares de metros. Sen saír nunca ao exterior, son capaces de introducirse en edificios, tradeando ata formigón, ou practicando galerías exteriores a base de fabricar unha argamasa extraordinariamente dura. Unha vez alcan-

As térmites son insectos sociais, que se agrupan en termeiros formados por varios miles de individuos, e aliméntanse principalmente da celulosa da madeira e os seus derivados. Estes insectos non viven na madeira, como ocorre coas polillas, senón en termiteiros situados no interior do chan. As mandíbulas das térmites son incriblemente fortes, adaptadas para romper as fibras da madeira Distintos individuos de térmites, segundo a súa función na complexa sociedade que forman: raíña,rei, reproductora (sen ás), reproductora (con ás), ninfa, reproductora suplementaria, soldado, obreira

zada a madeira obxectivo, aliméntanse aproveitando a celulosa da madeira, para o que fabrican galerías por dentro dela en dirección da fibra, deixándoas libres de serraduras, dado que todos os días deben volver ao seu termiteiro. As térmites non deixan pegadas visibles dos seus ataques, pois non deixan orificios de saída, detectándose a súa presenza só cando a madeira rompe por falta de resistencia. Existen moitas curiosidades sobre o ataque destes insectos, aparte dos xa mencionados. As térmites necesitan humidade para poder vivir, pero poden atacar madeiras secas, para o que levan humidade ata a madeira. Respecto dos seus desprazamentos, poden desprazarse a centenares de metros ata o seu obxectivo, para o que adoitan construír niños de resistencia cada certa distancia. Todas as circunstancias anteriores, unidas ao feito de que son insectos sociais, nos que se poden chegar a agrupar varios miles de individuos, fan que as súas

10


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra á vivenda, polo que o edificio pode vir abaixo antes de que se detecte a súa presenza. Unha colonia de térmites consta de tres castes básicas: obreiras, soldados e reprodutivos, ademais da raíña. A caste das obreiras cumpre un papel importante nas colonias, xa que é a que desenvolve a maior parte dos traballos no niño e sae a obter o alimento, é dicir, a celulosa necesaria para a supervivencia da colonia. Os soldados son adultos estériles de ambos os sexos. Recoñécense facilmente por ter unha cabeza grande, que ás veces chega a ser máis grande que o resto do corpo. Son as encargadas de protexer a colonia. Os reprodutores que aínda manteñen as súas ás son os que poden producir novas térmites, fecundando á raíña. Os reprodutores primarios son chamados Rei e Raíña. Os seus corpos están normalmente ben esclerotizados. Que se pode facer para combater as térmites ? Actualmente, no mercado, existen dous tipos de tratamentos contra térmites ; cada un dos cales, presentan unhas características diferentes. Trátase das Barreiras químicas e Cebos: As térmites excavan galerías dende o temiteiro ata a madeira, sen saír ao exterior

Os efectos do ataque das térmites non se perciben dende o exterior, e poden causar graves danos sen que se detecta a súa presenza

accións poñan en perigo de forma simultánea barrios enteiros, feito do que en España existe gran experiencia. As térmites poden facer que se derrube unha casa. As casas antigas teñen a súa estrutura soportada por elementos de madeira. Estes elementos son as vigas de madeira presentes nos teitos, os dormentes, onde apoian as vigas e os cargadeiros de portas e fiestras. As térmites acceden, a través da obra, a esta madeira, consumíndoa e eliminando progresivamente a estrutura que serve de sostén

O tratamento de barreira química consiste na inxección de líquido insecticida no chan, paredes e elementos de madeira de todo o edificio. Inxéctase mediante unha xiringa que se introduce en buracos previamente tradeados na madeira. Desta forma, a madeira queda impregnada tanto na súa superficie como no seu interior co produto. O sistema de cebos, consiste na instalación de estacións de control no chan e nos lugares onde se detecta a presenza de térmites . Nestas estacións, introdúcese un cebo desde o cal subminístraselle ás térmites o insecticida que vai eliminar a colonia. Yago Martínez

11


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

COMO FUNCIONA?... O dispensador de xabón O dosificador de xabón é un deses trebellos que usamos a diario, e que encerra un simple, pero gran invento. Aquí vemos o despece

Os obxectos tecnolóxicos están ao noso arredor e comparten con nós a súa vida. Exemplos deles son o coche, o móbil ou o ordenador. Xunta eles aparecen trebellos tecnolóxicos máis sinxelos, que con frecuencia pasan desapercibidos, como a maquiniña de afeitar, ou o secador, que empregamos para a nosa limpeza diaria, ou a simple fibela do cinto, ou mesmo un clip. Servímonos deles, pero habitualmente non reparamos na súa presenza. Por iso, os seus inventores son coñecidos como Hidden Heroes (heroes agachados). Nembargantes, se miramos con atención e nos preguntamos como fan o seu traballo a maior parte das veces quedamos sen resposta. Non sabemos como funcionan. En realidade só están esperando por aqueles que teñan curiosidade e xogando con eles nas mans se pregunten como o fan. Como funciona o dosificador de xabón que temos no baño, ou o pulverizador de colonia? Esa foi unha das preguntas que nos fixemos este ano no CS Diseño en Fabricación Mecánica. A resposta no foi doada, tivemos que exa-

Con so premer un botón, temos a dose de xabón nas nosas mans

minar o seu interior, recoñecer as súas partes e descubrir os elementos que as forman. Logo estudamos as relacións entre elas, e só entón chegou o meigallo: a razón pola que cando prememos cara abaixo nos entrega un pouco de xabón . En realidade atopámonos diante dun vello invento: unha bomba aspirante impelente, como as que utilizaban para o achique da auga nos barcos, ou as que utilizaban os bombeiros…A tecnoloxía moderna reducida case case ata os niveis de micromecánica. O debuxo é claro. Vexamos como funciona, paso a paso: A primeira vez que se utiliza o xabón, o pulsador (peza 9) está roscado na tapa (peza 8). Ao xirar no sentido antihorario, comeza a funcionar o mecanismo, que se eleva por efecto do resorte (peza 4), que estaba comprimido e recupera agora a súa forma. Ao subir o émbolo (peza 5), que vai solidario ao pulsador, a bóla de 5mm de diámetro (peza 3), que funciona como válvula antirretorno, situada no depósito, elévase por acción do baleiro. Esta bóla non se pode desprazar axialmente porque está situada no interior do resorte, e este estréitase para que non poida ascender máis do desexado. O xabón ascende polo

tubo (peza 1) tamén por acción do baleiro. O xabón queda retido no depósito de xabón (o espazo no que se atopa o resorte coa bóla, peza 2). Ao presionar a parte superior do tapón, baixa o émbolo, comprimindo o resorte, e o volume de xabón retido no depósito non pode baixar, taponado pola bóla (peza 3), así que sube polo furado superior do émbolo, desprazando ata o tope a esfera de 3mm de diámetro (peza 6), que funciona tamén como válvula antirretorno. O xabón sae expulsado a través da canle de saída. Cando se libera o pulsador, o mecanismo volta á súa posición orixinal e repítese o proceso de subida. Silvia Trinidad Porta

12


Haiche outra

Sección da bomba que ten no seu interior o dispensador, en posición de reposo

2012

CIFP Ferrolterra

Cando se preme o pulsador, o xabón acumulado no depósito é forzado a subir e saír ao exterior

Detalle das partes, de esquerda a dereita: émbolo (peza 5), depósito (peza 2) e resorte de sección variable (peza 4). 13


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

OBRADOIRO DE GRABACIÓN poñemos a nosa voz:

Un dos principais recursos dun narrador ou narradora de contos é a súa voz. É importantísimo, pois, modulala ben e aproveitar tódolos recursos que nos ofrece : o ton , volume e expresividade. O ton do narrador aportará sentido á historia. A regulación do volume é outra cuestión importante. A súa modulación aportará matices significativos. Poderá alzar ou baixar a voz cando a historia o xustifique. Resaltar a importancia da expresividade como recurso imprescindible para o que pretenda narrar un conto os nenos e nenas pequenos. Implicará a proximidade afectiva e o grao de adecuación do narrador con respecto aos personaxes. A voz do narrador poderá ser cálida ou fría, anhelante, acariciadora,

tenra, distante, ameazadora ou permisiva, desprezativa, etc. Vai a aportar sentido ás personaxes e, por tanto, influirá no achegamento cara eles (sorpresa , medo, entusiasmo, alegría , magoa, ....) Co obxectivo de poñer en práctica estes recursos, o primeiro curso do C.S. de Educación Infantil, dentro do módulo de expresión e comunicación, puxo en marcha un obradoiro de gravación de contos. Para iso contamos coa estimable colaboración de Juan, responsable da biblioteca do centro. Tiña relación coa unidade didáctica “Literatura infantil: a arte de contar contos”. Os contos seleccionáronse en función dos temas máis significativos para os nenos/as (a amizade, a familia, os animais…), tendo moi presente tamén o tema da ilustración, outros recursos como ri-

mas, cantareiras, etc. Tivemos a posibilidade de dobrar os distintos personaxes que protagonizaban os contos, aprendendo a modular o noso ton de voz, aínda que algunhas das voces modificáronse para que se adaptaran mellor aos personaxes dobrados. Ó mesmo tempo, coa axuda de Juan, aprendemos a manexar a mesa de mezclas para encaixar os distintos tramos lidos, incorporar a música apropiada para cada conto, efectos sonoros, etc. Tamén gardamos varias tomas falsas demostrando o ben que o pasamos realizando a actividade. A raíz desta actividade, para o vindeiro curso está previsto a organización conxunta entre o departamento de Educación Infantil e a Biblioteca dun “Obradoiro de Técnicas de Dramatización”

Organizadas por grupos, gravamos o texto de distintos contos, para logo facer unha montaxe

14


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

BONIFACE OFOGO: UNHA VIDA DE CONTO “...Tomar a palabra!” É o lema do narrador camerunés, autor do álbum “O león Kandinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa incluso a outros países proclamando a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos. Aproveitando a súa recente estancia en Galicia, visitou o noso centro para impartir unha charla sobre “O valor da palabra, a transmisión oral e as técnicas da narración”. Coa súa presenza, e case no mesmo instante de penetrar na sala, atopouse cun público ávido de historias, e ansioso por aprender como se pode transmitir esa herdanza máxica inmaterial: “Tódalas noites, na miña casa, a falta de luz e televisión, facíamos veladas arredor do lume, a base de cantos, lendas, epopeias, proverbios, mitos......durante horas e horas...” explicou Boni. A modulación da voz, a expresión do rostro, do corpo, os cambios

Agardamos poder recibilo novamente o vindeiro ano, para que nos volva a trans-

Boniface, contando unha das súas historias africanas na biblioteca

de ritmo, o poder do silenzo... foron algunhas das armas das que falou, imprescindibles para captar a atención dos nenos. Encandilounos tamén coas súas historias que foron recibidas con gran expectación... e calorosos aplausos.

mitir a través dos seus contos, algúns dos valores que tanto botamos a faltar no mundo de hoxe disfrutando da transmisión dos seus valores.

BRINQUEDOS Centro de interpretación de Xogos Tradicionais da Capela Como en cursos anteriores, o alumnado do Ciclo Superior de E.I. do CIFP Ferrolterra realizou unha visita ao Centro de Interpretación de Xogos tradicionais “Brinquedos” situado no CEIP Mosteiro de Caveiro da Capela.

O profesorado do CEIP Mosteiro de Caaveiro implicado no proxecto escolleu os xogos, redactou as normas polas que se rexerían, fixo unha distribución espacial dos mesmos e marcou e pintou os campos de xogo.

Trátase dun parque no que se poden practicar ata vinte e cinco xogos tradicionais diferentes; está situado nos espazos exteriores do patio de recreo do colexio.

Os obxectivos que pretende acadar este recurso educativo son:

Creouse a partir do traballo realizado pola metade do claustro, dentro dun seminario permanente do Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol, desenvolvéndose ao longo do curso 2005/06 e foi inaugurado o 24 de Xuño de 2006.

• • • • •

Dar unha alternativa máis para os tempos de lecer. Promover a práctica cotiá dos xogos tradicionais. Fomentar a consecución duns valores humanos correctos. Difundir a experiencia e dala a coñecer a outros centros educativos. Manter vivo o noso Patrimonio lúdico.

A visita foi monitorizada polos nenos e nenas de Educación infantil da escola, que nos explicaron os diferentes xogos. Compartimos unha xornada moi

De visita no interesante e divertida, esperanCEIP Mos- do volver a visitar ós nosos amiteiro de gos o curso próximo. Caaveiro, cos nen@s de infantil

15


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra

A COR, AS MATEMÁTICAS E O REPINTADO DE COCHES No día a día nunca se nos pasaría pola cabeza asociar a cor e as matemáticas, sen embargo na nosa vida profesional vémonos obrigados a medir con total exactitude a cor dun obxecto en moitas ocasións. Non so os pintores cando repintamos un coche, tamén noutras profesións: nas artes gráficas, na industria téxtil, na construción civil ou na de estruturas metálicas. Como medir é contar, non queda máis remedio que usar as matemáticas para poder contar a cor. Isto obríganos a describir a cor mediante números, e para poder facelo, primeiro temos que caracterizar ou definir a cor con precisión. Vexamos uns exemplos: Cando queremos saber canto Triángulo de cores. Na periferia están as cores saturadas e no centro o branco (punto C)

• líquido podemos gardar nun depósito temos que medir a súa altura o seu fondo e o seu largo, dispoñendo destas tres dimensións podemos calcular o seu volume cunha simple multiplicación. Poderemos facer o mesmo coa cor? Teñen as cores altura, fondo e longo? • Cando queremos situar na Terra a unha persoa necesitamos saber a súa latitude, lonxitude e altura sobre

Outros sistemas de representación das cores

o nivel do mar (pode ir voando nun dos avións que pasan por riba do instituto) Poderemos facer o mesmo cunha cor? Poderemos situala nun espazo e medir a que distancia está de outra?

Establecer estas coordenadas das diferentes cores, non foi un proceso sinxelo nin corto no tempo, pero si fomos quen de resolver o problema. Dende Aristóteles a Newton, dende Goethe a Maxwell, filósofos, físicos, poetas e matemáticos buscaron a solución, ata que en 1.931 un grupo de expertos reunidos na CIE (Commission internationale de l'éclairage) desenvolven un modelo de cor matemático, elaborando un espazo de cores perceptibles que asignaba un conxunto de tres números (as coordenadas que buscabamos) a cada un deles. Cales son estas coordenadas? Pois o ton, o valor e a saturación, por exemplo: é unha cor laranxa (ton) escura (valor) moi brillante (saturación). Como vedes esta definición non parece moi matemática, xa que algún dirá que ese laranxa non é tan escura como di outro; por iso, temos que recorrer aos expertos para precisar o valor das coordenadas con moita exactitude. Hoxe en día no só usamos o espazo de cor da CIE, tamén usamos moitos outros como poden ser o RGB, o Munsell, o Ostwald, o RAL, o NCS… e algún máis que deixaremos no tinteiro. No espazo deste artigo non imos a afondar no estudo das ecuacións que nos permiten facer o que dicíamos ao principio, as medicións e as comparacións exactas dunhas cores con outras, iso deixámolo para as clases de colorimetría, pero nas imaxes que acompañan ao texto podedes ver algúns exemplos de cores

16


Haiche outra

2012

representadas de xeito matemático. Subamos un chanzo máis; vale, xa sabemos contar as cores, ou polo menos que se pode facer, pero nós para pintar so temos botes de pintura con nomes tan exóticos como Miami Mint ou Sunbeam Gold, ou tan normais como Green ou Blue, como fago a cor de efecto perlado do coche que teño que pintar? Como me axudan as matemáticas no taller? Un xeito de facelo é o método do ensaio-

CIFP Ferrolterra erro: partindo da fórmula orixinal ir retocando pouco a pouco ata dar coa cor desexada; este método é o habitual nos talleres ata hoxe en día, pero é lento e require de moita práctica e bo ollo. Para poder preparar a cor dunha forma máis rápida podemos utilizar os espectrofotómetros, uns aparellos que miden a forma na que se reflicte a luz e polo tanto a cor, para iso utilizan a xeometría da reflexión da luz. Explicado dun xeito sinxelo, o que fan e comparar os ángulos de reflexión medidos

sobre a peza a repintar e comparalos cos almacenados nunha base de dados, establecendo a cantidade de Miami Mint que precisamos.

Xosé Manuel Pérez Lodeiro PTFP Transporte e Mantemento de Vehículos.

Procedemento de observación do ángulo de reflexión e representación gráfica

Interior dun espectrofotómetro, no que se aprecia distintos ángulos de incidencia

Ángulos de reflexión da luz sobre a peza

17


Haiche outra

2012

CIFP Ferrolterra O sete de maio do dous mil doce acompañamos os alumn@s do PCPI “instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións” e dos ciclos superiores de “educación infantil” e “instalacións eléctricas e automáticas” a representación da obra “Pelos na lingua” no Teatro Jofre de Ferrol. A obra mostra os prexuizos lingüísticos tomando como referencia a realidade sociolingüística do país. Tenta facer unha reflexión tráxico-cómica en dez sketchs dos prexuizos e tópicos , na miña opinión, totalmente errados do que acontece coa nosa lingua, prexuizos como estes: lingua para brutos, non é unha lingua

fina, perxudica a aprendizaxe doutras linguas, non serve para nada,, etc, etc, . Todos eles tópicos promovidos por certos sectores sociais (políticos, económicos, mass-media, educativos, etc. ) . “Pelos na lingua” debería ser obrigatoria para todos os que falan galego pero sobre todo para aquelas persoas que “non o falan”, xa que co humor como linea conductora vai mostrando, un a un, a maioría dos tópicos que afectan hoxe en día a nosa lingua. A obra é moi amena, divertida e chea de situacións moi próximas á realidade que tanto custa mudar xa que todos os tópicos que critica con moita intelixencia son desgraciadamente actuais.

Esteban Sanesteban Fernández

Talía Teat ro cultura e ilusión, ao mesmo tempo que consolida un equipo de traballo estable. Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia. Esta obra foi galardoada cos premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego.

O grupo Talía Teatro, na súa interpretación da obra “Pelos na lingua”

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Escrito por Avelino González, Séchu Sende, María Ordoñez e Artur Trillo, o texto encadea unha serie de gags que convidan a reflexionar, con retranca e ironía, sobre os ataques que sofre a lingua e as situacións tan incribles como verdadeiras que vive a nosa fala.

Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera

18


Haiche outra

2012

Promoci贸ns 2012

CIFP Ferrolterra

19


Haiche outra

2012

Promoci贸ns 2012

CIFP Ferrolterra

a e t A pr m e s 20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.