Haiche Outra 2010 web

Page 1

Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

haiche A Revista do IES FERROLTERRA Xuño 2010

OUTRA

IES FERROLTERRA Mirando cara ó futuro

Colaboramos: María Chao, Judit González, Lucía García, Saúl García, Noemí Grela, Coral Seoane, Sonia Caruncho, Anaís Dorrego, Sergio Trillo, Jorge Trillo, Marta Pego, Elina Bardanca, Marta García, Lorena Ares, Miguel Sande, Paula López, Paula Tellado, Maxa Navalikhine, Pablo Bustabad, Alicia Bugallo, Esteban López, Alejandro Rosas, Raylana Graciano, Natalíí Montero,Sara Martínez, Sergio López, Victoria Alonso, Bruno Saavedra, Héctor Durán.

...e os docentes que desinteresadamente colaboraron nesta edición.


Haiche outra

2010

1º IMPRESIÓN DO INSTITUTO Escriben os recén chegados Antes de comenzar este artigo fixen unha pequena enquisa entre meu compañeiros que chegamos novos este ano o IES MARQUÉS DE SUANZES. O curso pasado estudiabamos 6º de primaria no IBAÑEZ MARTÍN agora coñecido como RECIMIL. Este é un gran paso, vir do cole ó instituto. Penso que todos estabamos ansiosos por vir, porque iso significa que xa somos maiores, pero tamén nos daba medo o que nos atopariamos.Temos pena por deixar o outro colexio de despedirnos dos nosos mestres e de algún compañeiro que marcha a outro centro. Por suposto a enquisa é anónima e pregunteilles:-Cando foi a primeira vez que entraches no centro?-Por que elixiches este instituto para vir estudar?-Que che parece o novo centro?-Que e o que máis e o que menos che gusta do instituto?-Que opinan as familias do MARQUÉS DE SUANZES? A primeira vez que estivemos aquí foi xa en 6º de primaria cando viñamos a participar en actividades extraescolares como o SAMAÍN, e en outras datas como no 30 de xaneiro, XOAN BOSCO. Preguntados pola primeira impresión que lle causou o instituto, todos contestan que o vían moi grande e que lles resultou moi bonito, algún di que se asustaba de grande que era e pensaba que non o mandasen por fotocopias non fora ser que se perderá. Algúns recordaban que fixeramos unha visita polos talleres e que tiñan un cheiro especial, nos ciclos de automoción os talleres cheiraban a aceites queimados e gasolina. Na segunda pregunta non son moi orixinais dando razón a maioría ven aquí porque lle correspondía, porque claro viñan todos os amigos, algún contestou que veu porque o seu pai xa estudara nel. Á terceira pregunta non sabemos moi ben que responder estamos a velas vir, pero gústanos ter futbolíns no recreo, ter aulas especias como as dos laboratorios de idiomas, a de informática, ter un enorme ximnasio, a biblioteca que tamén e grande e o salón de actos que é como un cine. En xeral o que máis nos gustou a todos é poder estar con alumnos maiores, e facer xa cousas de grandes, este ano participamos nuha chea de actividades.O que menos nos gusta a todos é que hai que estudar máis que antes, claro.Outra diferenza que atopei ao chegar a este centro foi que hai un profesor por materia e no meu antigo colexio só me daban tres ou catro profesores. Temos tamén materias novas:O proxecto interdisciplinar no que facemos diferentes traballos unha clase recolleu datos sobre as festas e celebracións galegas e a nosa fíxoo sobre os viaxes e viaxeiros como por exemplo:O Camiño de Santiago.Cristobal Colón.As viaxes á Antártida.Amelia Earhart.A vixe do Beagle de Darwin.Podedes atopalos no blog da biblioteca, na páxina web do instituto porque fixemos con eles uha wiki.

ELINA 1º ESO.

IES Ferrolterra

PREMIO Ó ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL ESO. O alumno que conseguiu o premio da ESO ao esforzo e á superación persoal, foi

Pablo Suárez Muñoz, que terminou aquí a ESO o ano pasado e este curso, está facendo un ciclo formativo de grao medio noutro centro. Este premio foi creado no 2007-2008. O obxectivo é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal. Os alumnos, os profesores da ESO e os profesores de apoio, especialmente, séntense moi orgullosos, non só de Pablo senón de todo o grupo, que realizou con el, o programa de divesificación curricular. Para todos nós son un exemplo impagable de constancia de alegría, en definitiva da coraxe que é necesaria para enfrontarse á vida. Seguramente tamén outros dos seus compañeiros polas mesmas razóns deberían obter este premio pero como se concede unicamente , un por ano,este ano foi para Pablo, esperamos animar tamén a Sara e outros compañeiros a alcanzar logros similares. Só nos resta agradecervos a todos polos vosos sorrisos, polo voso empeño e o agarimo e a ilusión que compartistes connosco estes anos.

MARÍA CHAO. 4º )Voume a permitir asinar este artigo en nome de todo o instituto.) VILY.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE FORMACIÓN Para toda a nosa comunidade educativa, pais alumnos e profesores é un orgullo poder felicitar ao gañador deste ano do premio autonómico de formación profesional de grao superior: RUBÉN DÍAZ ROMEU, da familia de Fabricación Mecánica. Hai un premiado por cada familia profesional para toda Galicia. Este alumno que acabou o ano pasado, agora acábase de presentar aos premios nacionais que convoca o MEC, tamén para a FP de grao superior. Desexámoslle desde aquí toda a sorte do mundo.

2


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

O ENTROIDO Como sabedes todos o Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade, sen dúbida, son as festa máis gamberras e de troula, en Galicia hai antroidos moi antigos como os de Laza, Verín e Xinzo, pero no noso instituto tamén tiñan moita tradición, antes facíanse un desfile e concurso de comparsas e os profesores tamén se disfrazaban pero este ano…Fixemos unha serie de obradoiros no pavillón, había un de maquillaxe, de construción de caretas, de bailes. Despois celbrouse o conscurso de disfraces no que participaba a ESO e BAC, con dúas categorías: disfraz individual e colectivo. O premio no individual gañouno Jorge Trillo de 1º B,recreando a MICHAEL JACKSON, e o colectivo: Elina , Alicia, Nerea e Inés de 1º A, interpretando os debuxos de BOB ESPONXA. Héctor. 3º ESO.

3


O SAMAÍN. Haiche outra 2010

SAMAÍN O DRUIDA ESTÁ INSTRUINDO ÓS NENOS SOBRE O SAMAÍN

QUEREDES

OND

A

J

Como tódolos anosIES celebrouse no instituto Ferrolterra Samaín, que xa todos sabedes é unha festa de orixe “Celta”. Posteriormetnte foi levada a América polos emigrantes do norte de Europa. Agora que todos pensan que é unha festa que nós lles copiamos ós americanos, pois non. É unha das celebracións pagás máis antigas. Os celtas celebraban o fin do ano no seu calendario. A igrexa católica xa se encargou despois de cristianizar a festa, celebrando o primeiro de novembro o día de “Todos os Santos”. A celebración no instituto foi como todos os anos, houbo un concurso de cabazas ademais de diferentes obradoiros e a degustación de castañas asadas e cocidas na cafetaría.Viñeron coma sempre os alumnos do Ibañez Martín, en fín xa sabedes todos como é festa rachada! Ainda por riba é a primeira do curso . Para rematar o día, no salón de actos, interpretáronse unhas pezas musicais e nomeáronse aos gañadores elixidos polo xurado do concurso, da decoración das cabazas, formado por diferentes profesores e alumnos. Ademais no Samaín este ano conmemorouse o 50 aniversario de Astérix e Obélix. O grupo de rapaces que formamos parte do equipo de Normalización Lingüística fixemos varias cousiñas: Confeccionamos en madeira, e ben grandes por certo, as figuras de estas dúas personaxes que actualmente están situados na entrada á biblioteca.A intención era que os alumnos do centro puideran sacarse fotos con Asterix e Obélix. E os de 1º pintaron grandes murais que decoraron a entrada do centro. Tamén na biblioteca se fíxo un obradoiro, no que os alumnos tiñan que compor o pote das apócemas do famoso: Panorámix , o venerable druída da aldea dos Galos. Non é que os titores da biblioteca estén a tolear, que tamén, os potes eran para que os alumnos colleramos, na porta da entrada, nun enorme pote das apócemas, palabras que eran os ingredientes da famosa apócema. Despois cando estábamos dentro do salón de actos fíxose unha lectura dun relato de medo, como era lóxico, nas datas en qué nos atopamos,e no relato contábase os ingredientes exactos que tiña que ter o pote, se os tiñas gañabas un premio. Íase realizar unha emisión de radio. Neste punto terei que me explicar, queríamos facer unha representación teatral como se fosemos locutores dunha radio imaxinaria ”RADIO MARQUÉS”. Nós os actores sentaríamos nunha mesa de radio e por detrás de nosoutros pasarían unas imaxes nas que se explicaba o significado do Samaín a través dunha historieta protagonizada por Astérix e Obélix, porque eles tamén son dun pobo celta ou no? .Debido a que ese día houbo problemas técnicos, tívose que realizar uns días despois.

JUDIT 4º 4


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

DÍA DO PATRÓN Como vén sendo tradición no noso instituto, este ano 2010 con motivo do patrón no 30 de xaneiro celebramos o patrón cunha actividade que lle chamamos Gymkana cultural, na que participan todos os departamentos organizando probas nas que os equipos teñen que ir resolvendo ao longo da mañá. Ese día ás dez da mañá empezaron as actividades cunha carreira pedestre, un torneo de fútbol, un de baloncesto e outro de futbolín. Un pouco máis tarde os equipos da Gymkana reuníronse na entrada para que a cada grupo se lle asignase un número e para que a competición empezase. Os equipos estaban formados por grupos de catro persoas e para participar había que levar un elemento identificativo (camisetas iguais, cintas da mesma cor...) Nesta ocasión os equipos foron percorrendo as instalación do instituto á realización de actividades. Na biblioteca había dous probas distintas. A primeira era relacionar autores de libros co seu libro e cunha frase coñecida deste. A outra trataba en xogar a un xogo bastante coñecido, o tabú. Tiñamos que describir en galego dúas películas españolas e dúas estranxeiras dunha lista que nos deran sen decir as palabras “prohibidas”, por exemplo, tiñamos que describir a película Avatar sen decir as palabras azul, navi, natureza... Na cafetaría había tamén varias probas. Unha delas era a dos olores, na que varios profesores do noso centro tapábannos os ollos e pasábannos cousas para ulir. Outra das probas da cafetaría era a dos sabores que, como o seu propio nome di, consistía en probar cousas cos ollos vendados e adiviñar que era. Por certo, unha recomendación para o próximo ano...Podedes poñer cousas que saiban medianamente ben...? Na cafetaría tamén había

T OS A N O I CAM P

Celebramos unha competición de fútbol sala o 30 de xaneiro no ximnasio. Na categoría “junior” competiron catro equipos e proclamáronse campións os de 2º impoñéndose aos de 3º por un gol a cero. Na categoría “sénior” xogado case todo o campionato deulle un ataque epiléptico a

unha proba de bioloxía na que había uns nomes de animais bastante extraños (e con estraños non me refiro a un oso formigueiro, non. Tíñano que poñer máis difícil, como por exemplo un suricato ou un kiwi que a saber quen narices sabe qué é iso...) e habíaos que relacionar coa súa foto. Na proba de física e química había que realizar varias experiencias, como a de tirar dunha corda da que había colgado un peso e romper só a parte de arriba dela. Escoitándoo parece moi fácil pero a ver quén é o listo que o fai? Para conseguir os cinco puntos na aula de música había que adiviñar a que continente pertencían os instrumentos que aparecían nas fotos que nos ensinaban e, eu creo que foi o máis divertido da gymkhana, representar o videoclip de “Colgando en tus manos” de Carlos Baute e Marta Sánchez. E digo divertido non porque tiñan que facelo igual que no video, senón por quén o facía. Antes da proba dábannos 1 minuto para buscar profesores que se ofreceran a representalo por nós, se o conseguíamos valía máis puntos que se o tíñamos que facer nós. No departamento de sociais había que facer un

OS V I T R D EP O

un xogador e suspendeuse o campionato. No mes de maio celebrouse un segundo campionato no que tamén tivemos dúas categorías. A categoría júnior celebrouse durante dúas semanas no 1º recreo. Habendo 3 equipos quedaron na seguinte orde: 1º Os cracks, formado por: Carlos, Miguel, Pablo, Barreiro, Sande, Gabriel, Talithon e Sergi.

tamgram coas figuras que dicía a profesora e probas de lóxica. Tamén había probas nos talleres de ciclos. No de automoción había que adiviñar cal era o circuíto do coche que os profesores dicían e sinalar as ferramentas que ían indicando. No taller de madeira había uns paos cos que había que ir facendo unha torre sen que se caese, cada piso construído valía un punto. Despois de cada unha destas probas había que pasar polo punto de control, situado no hall, onde ían anotando cada puntuación e cuñando o papel de cada un dos grupos. Este ano houbo unha gran participación por parte dos alumnos do centro. Os gañadores recibiron unha suculenta cantidade de diñeiro e os demais a parte de un día sen clase un montón de anécdotas e un dos mellores días no instituto.

iG Noem

rela

2º Os Diablos verdes,formado por: Daniel, Adrián, Soto, Cristián, Rubén, Mohamed e Nabil. 3º Mr. Smith,formado por: Julián, Marcos, Sergio Alba, Juán, Cristián e Iván. Coreografía aeróbica: Como parte das actividades formativas da área de Educación Física, os alumnos da ESO fixeron coreografías de movemento aeróbicas coas que no mes de xuño compuxeron unha demostración para todo o instituto. 5


Haiche outra

2010

DÍA DO LIBRO

O día do libro, o 23 de abril, celébrase en memoria do facelecemento dos escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, para promocionar a lectura.Este curso os e as alumnos/as do noso instituto fixemos actividades do día do libro lembrando dous importantes autores: o recente falecemento de Miguel Delibes, para os alumnos do 2º ciclo da ESO e os bacharelatos. E o centenario de Miguel Hernández, para os alumnos do 1º ciclo da ESO. A nosa profesora de lingua Española: Raquel Paz, preocupouse moito este curso de amosarnos a poesía, a ela gústalle recitarnos na clase para que a entendamos mellor. Escollemos na clase e no taller de escritura, que ela mesma dirixe, unha serie de poemas que nos gustaron, para que cada un o recitase.Como traballo conxunto xa preparáramos previamente o “ROMANCE DEL CONDE OLINOS” e cada clase recitouno poñéndolle unha música diferente. Individualmente cada alumno elixiu un poema, para recitalo nese día. O día do libro baixamos á biblioteca, onde en primeiro lugar, os titores de biblioteca fixeron unha presentación con imaxes dos momentos máis significativos da vida e obra do autor. Despois a profesora falounos da importancia deste poeta. Xuntos recitamos, con algún tropezo, o “Romance do Conde Olinos”. A contiunación tocoume a min recitar o primeiro poem a.Estaba m oi nerviosa, coma sempre que teño que falar na clase, pero non tendo outro remedio púxenme mans á obra. O meu poema era : “Canción última”, e comeza dicindo : “Pintada, no vacía: pintada está mi casa del color de las grandes pasiones y desgracias” Para acompañar ao poema anteriormente fixemos unha busca de imaxes que axudaran á comprensión do texto, con ela compuxemos unha presentación. No meu

IES Ferrolterra poema había unhas fotografías de casas pintadas con flores na fachada que me gustou moito e fan que non se me esqueza este verso. Persoalmente gustoume moito a presentación do poema. ”El corazón es agua” porque estaba m o i b e n relacionado as fotografías coas emocións do texto. Foi moi emotivo cando nos puxeron “LA NANA D E LA CE B OLLA” acompañada dunha presentación preciosa con música, e tamén vimos que Joan Manuel Serrat e outros cantantes fixeran cancións deste poema. Os titores da biblioteca explicáronos o seu significado. Miguel Hernández estaba preso e escríbelle esta nana ó seu fillo recién nacido, é moi triste porque xa lle morrera outro fillo, e agora non pode disfrutar deste: “En la cuna del hambre mi niño estaba. Con sangre de cebolla se amamantaba.”… Aínda así alégrase, a pesar das dificultades e a fame que sofre el e a súa muller: “Una mujer morena, resuelta en luna, se derrama hilo a hilo sobre la cuna.” Alégrase moitísimo por esta novo bebe, e describe a súa risa: “Tu risa me hace libre, me pone alas. “Al octavo mes ríes con cinco azahares.” Tamén nos falaron do poema “Elegía” que escribe cando lle morre un amigo do seu pobo, e os titores da biblioteca emocionáballes moito este final. “A las aladas almas de las rosas del almendro de nata te requiero, que tenemos que hablar de muchas cosas, compañero del alma, compañero.” Para rematar recitamos xuntos “el niño yuntero” acompañado de fotografía preciosas. Non sei se era que estabamos moi cortados ou que a profe de lingua puxo moito sentimento pero creouse un clima moi respetuoso e resultou realmente bonito . Os alumnos do segundo ciclo da ESO e os de bacharelato asistiron a unha proexección da pelícua “LOS SANTOS INOCENTES”, porque este ano faleceu o autor da novela :MIGUEL DELIBES

2 TEBAN S E , º 1 MARTA

º FOTOS DA WEB DA FUNDACION M.HERNANDEZ

6


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

UXÍO NOVONEIRA

LETRAS GALEGAS 2010 Na semana das letras galegas no centro fixemos varias actividades, para empezar o grupo de alumnos que colaboramos có departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, deixammos ós profes solos pegando os carteis, que chegaron para amosar a biografía e obra de UXÍO NOVONEIRA, por certo, que carteis tan bonitos verdade? Lástima que ninquén mire par eles. Conscientes dese detalle os nosos mestres que son moi listos, fixéronnos unha morea de traballos na clase, e inda por riba na biblioteca tivemos unha actividade de presentación da figura de Uxío, con datos da súa vida, obra e do seu lugar favorito: o Courel. Foi bastante interesante, e insistiron en que este poeta trataba de darlle moita importancia o sonido dos seus poemas, para que o entendéramos puxéronnos unha presentación e cada imaxe levaba un verso do poema “LETANÍA DE GALICIA”, despois de explicarnos que era unha letanía, e de insistir na mensaxe do poema, recitámolo todos xuntos, respostando como cando se reza a letanía do rosario.Tamén nos tiñan preparado unha exposición onde se amosaban algún dos caligramas de Novoneira . Despois os profesores repartíronnos por grupos e fixemos caligramas, coa letra dos poemas que máis nos gustaron, porque nos deron unha carpeta chea de poemas e tamén algunha imaxe para facernos unha idea para compoñer os caligramas. Por último insistiron moito os nosos mestres na importancia do Courel na obra de Uxío Novoneira, e amosáronnos imaxes preciosas da serra , a súa casa e algún lugar

Naceu o 19-01-1930 en Parada de Moreda, unha aldea da Serra do Courel (Lugo). Estudou o bacharelato en Lugo, alí coñece ao poeta Manuel María. De 1949 a 1951 está en Madrid e estuda Filosofía e Letras. Volta ao Courel no ano 1952, escribe en galego:Os eidos (Galaxia, 1955), e en galego dará o recital inaugural do ciclo “Homenaje a la poesía gallega” organizado en Compostela no año 1957; xesto político que causaría un forte impacto.Ttraballou en programas de radio e televión. Alí relacionouse cos membros do grupo Brais Pinto, estudantes galegos de ideoloxía esquerdista formado en Madrid no ano 1958.(Reimundo Patiño, Daniel Pino, Xosé Fernandez Ferreiro,Bernardino Graña, C. Arias, Bautista Álvarez, X.L. ménde Ferrín, Herminio Barreiro, Manuel María, e Uxío Novoneyra). En 1966 retorna de novo ao Courel e quedará a vivir en Galicia. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. En 1983 estableceuse en Compostela, exercendo como presidente de AELG até 1986. E neste último período o poeta segue sacando á luz diversas mostras creativas en distintos medios. O 30-10-1999 morre en Compostela, sendo velado no Panteón de Galegos Ilustres posteriormente soterrado no cemiterio civil de San Froilán

RÍA CORAL .MA

AS LETRAS GALEGAS O día das letras galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega, que acorda adicar o 17de maio para homenaxear a aqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego.Proponse esa data para conmemorar que naguel ano se cumplia o centenario da publicación en 1863, do poemario: CANTARES GALEGOS de Rosalía de Castro e por considerase que esta "foi a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea". Dende esa, cada ano dedícase a unha persoa diferente que destacase pola súa traxectoria literaria. Este ano 2010 escolleuse a figura de UXÍO NOVONEIRA, o gran poeta do Courel.

Paula López Sande 1ºB ESO 7


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CÁNDIDO PAZÓ. Este home polifacético é un asiduo ó noso centro e fainos sempre pasar momentos inesquecibles. Pero que saibades que ademáis de contacontos é guionista de Tv, autor teatral, actor con importantes recoñecementos a todos os niveis. Nesta ocasión aproveitamos para saber algo máis del. Como empezaches e cal é a túa formación? -Eu empecei en 1975 cando tiña 15 anos. Primero comencei como afeccionado e cando tiña 22 ya pasei a ser profesional. Es escritor de teatro, contacontos, guionista e actor. Onde te atopas máis cómodo? -Eu diría que como mellor estou é contando historias. A quen lle tes especial admiración como actor, director de teatro, guionista, director de cine...no panorama galego? -Téñolle especial admiración a Quico Cadaval, un moi bo compañeiro meu. A túa carreira inclínase máis ao teatro despois dos éxitos deste ano?(Estivo nominado a todos os premios galegos e nacionais de como autor teatral) -Non sei, porque eu diría que este ano non foi o de máis éxitos. Cal é a túa experiencia nos institutos?

foto:(J Vázquez) elprogreso. galiciae.com,

-Moi boa. Non é porque esteades vós. Eu fago moitas actuacións en institutos e é moi boa. Aínda que haxa moita xente gústame moito. Se me deran a escoller, escollería xente de mediana idade e adolescentes coma vós porque é cos que mellor me relaciono. Podes contarnos algunha anécdota como guionista de Mareas? -Pois tiñamos pensado que o personaxe máis simpático fose un que se chamaba Mangui pero había un secundario, Currás (Miguel Delira) que lle deu tanta graza ao personaxe que o público foi ao que acabou aceptando e tomando como principal. Tivemos no instituto a Luis Tosar co que traballaches en varios proxectos. Cales son as túas experiencias como actor?

-É un actor moi traballador. Está moi concienciado no traballo que lle da aos seus personaxes. Traballei con el como director e compañeiro e é unha persoa moi traballadora e disciplinada. Eu creo que de aí vén todo o éxito que ten, do seu traballo. A parte como persoa é moi simpático. Cal é a túa experiencia de traballar na película “Heroínas” coa actual ministra de cultura, López Sinde? -Ela era guionista e por iso casi non coincidín con ela. Podes contarnos algunha anécdota desta película? -Na película eu era un narcotraficante e os figurantes pertencían a unha asociación, Nais Contra a Droga. Entón as mulleres metíanse tanto no papel que levei unha man de paraugazos, e daban en serio, eh!... Puido influír a túa experiencia como contacontos neste filing que tes coa xente nova? -Si, claro. Porque tiven que ir afiando a miña forma de traballar. Cando empecei non tanto, pero agora son unha persoa diferente. Antes case dábame medo pero agora creo fórmulas diferentes de comunicación para persoas dunha idade diferente. Tamén hai que ter en conta ás cidades que vas porque non é o mesmo vir aquí, a Ferrol que ir a Pedrafita.

O MAGO CALI Noe

García a í c u la e L mi Gre

TAMEN FIXEMOS UN OBRADOIRO DE CALIGRAMAS 8


Haiche outra

2010

ENTRE BAMBALINAS O pasado curso, e baixo a dirección de Luisa Corredorira, un grupo de alumnos de varios cursos, fixo unha obra de teatro escrita por eles. Con moito entusiasmo, construíron os decorados e despois representárona. Pero como tiñan un pouco de medo de presentala diante dos compañeiros, fixeron un vídeo que colgaron en youtube, e que podedes ver, se queredes. Este ano, dispostos xa a dar a cara, están preparando unha obra para representala a final de curso. Por ese

motivo, entrevistamos a JOSÉ LUIS PAZ que é quen dirixe a obra este ano. ¿Como xurde esta actividade? -Xurde en realidade, dentro da programación do Equipo de Normalización e Dinamización lingüística, que sempre propón accións encamiñadas a que os alumnos se expresen en galego con normalidade. A iniciativa xa a tomaron os alumnos o curso pasado, pero este ano decidíuse que se escollese unha obra, digamos xa feita, e entón Juan Casal, que é o coordinador do equipo de

IES Ferrolterra Normalización, falou conmigo porque sabía que me gustaba o teatro e que xa fixera algunha represetación escolar. Propúxome traballar neste tema e eu aceptei. Dende Nadal estamos traballando, elixindo primeiro a obra, despois vendo quen poden e queren colaborar… ¿Cal é o tema da obra? A obra é unha comedia, que se sitúa na cidade de Ferrol; digamos que o tempo no que discorre a narración é na actulidade. Describe as peripecias dun grupo de cidadáns que ante a necesidade de adornar o trono da súa confraría con caraveis; como non teñen presuposto, deciden pedirllos ó señor alcalde. Este négase, e a trama desenvolve as vicisitudes dos veciños para conseguir as flores . ¿Cantos alumnos participan e de que cursos son? -Participan nove alumnos de toda a ESO, dende 1º ata 4º. Nesta ocasión o grupo primitivo abriuse para que puidesen colaborar alumnos máis pequenos e deste xeito, que exista a posibilidade de que o grupo de teatro se vaia consolidando e renovando en cursos posteriores. ¿Que dificultades atopastes? -As dificultades derivadas de comenzar tarde, porque leva tempo deliberar e facer preparativos, e puxémonos mans á obra despois das vacacións de Nadal. E por outro lado, a falta de responsabilidade de algún compañeiro. Porque hai personaxes que son imprescindibles e que se falta o actor, é complicado facer un bo ensaio. Por outro lado, a final de curso sempre se lles

OS PAMPÍN A mansión dos Pampín é un cómic de Miguelanxo Prado. Trata dunha familia que recibe a herdanza dunha tía: Unha casa ruinosa e unha finca moi pequena. Nun principio parece que a fortuna lles sorri á familia, pero pronto vanse ver envoltos na especulación urbanística e corrupción. Os Pampín intentan arranxar casa e finca, pero claro, sáelles moi caro e… con estes tempos de crise... Ao final, conseguen vender a finca

complica a axenda con exames e traballos. ¿Que esperas lograr coa representación? -Personalmente, a miña intención, e a de introducir ós alumnos no mundo do teatro para fomentar o seu disfrute, e que así, poidan apreciar os seus valores. Por outro lado, interésame que se involucren na actuación, que a entendan como algo lúdico, unha actividade coa que disfrutar e coa que expresar e comunicar sentimentos, ideas e abrirse os demais. Neste sentido a actuación tamén require técnica, e esta práctica, penso que pode serlles de utilidade para aprender a falar e desenvolverse en público. ¿Cando será a estrea? -Creemos que poderemos estreala a final de curso. En principio gustaríanos que puidesen vela os pais, pero non sei se será posible. De todos modos tampouco depende só de nós a data da representación porque tamén temos que coordinarnos con o departamento de actividades extraescolares. Pero para que todos poidan vela tamén temos pensado grabala en video. Moitas grazas, e boa sorte SERGIO TRILLO. 3º ESO.

ao alcalde do pobo, que está interesado en comprala para construír un bloque residencial, porque quere expandir o pobo. Este cómic fíxose por unha iniciativa chamada Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en colaboración ca Xunta de Galicia. Agora, ao que imos: estivemos a realizar un proxecto, iniciativa do equipo de normalización, que tenta que empreguemos a lingua tanto para ler e escribir como para facer cousas divertidas. Nós líamos o cómic coma se fósemos os seus personaxes. Deste xeito, interpretabamos as suas accións coma actores de cine. Grabámolo e despois Juan, o xefe do 9


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra facendo esta minipelícula. Por fín despois de moito ensaiar e traballar chegou o día da estrea. Foi un éxito, non está ben que o diga eu, pero é a verdade. Agora que xa pasou, teño que recoñecer que estabamos tan nervosos coma os actores famosos cando estrean o seu traballo. Ó final

saimos a saudar despois da representación e foi bastante corte porque agora os nosos compañeiros víannos as caras. A maioría felicitounos, claro que sempre hai algún que non lle gusta nada, pero en fin, así é o mundo do Show Business. Imos practicando o Inglés que nos vai facer falta... JORGE TRILLO 1º ESO.

departamento e coordinador da biblioteca, fixo unha presentación de powerpoint no que se relataba o cómic coas nosas voces. Cando se presentaba cada escena na pantalla, o bocado de diálogo, estaba en branco de xeito que ía aparecendo o texto a mesma vez que se oían as nosas voces interpretando. Non vos teño que decir as risas que nos votamos,

OBRADOIRO DE ESCRITURA Raquel Paz, a profesora de Lingua Española coordinou este curso un obradoiro de escritura. Preguntamos a un dos participantes ¿Que é o obradoiro de escritura? Non é unha clase, é unha actividade extraescolar na que nos dan pautas, técnicas e estratexias para escribir dun xeito relaxado, sen presión, utilizando libros, textos, Internet, audicións, recitais, lectura de contos. Deste xeito, unha vez que empregamos todas estas fontes, atopámonos posteriormente capacitados para levalas á práctica e xa non só ler textos alleos, ou recitar poesías dos grandes líricos senón tamén a lectura e o recital das nosas composicións. ¿Cal é o obxectivo? O fundamental é non só aprender a escribir senón que adquiramos autonomía para que nun futuro próximo e nós mesmos nos poñamos sos ante unha folla de papel en branco. É importante, ademais, a motivación, as ganas e a sensación de satisfacción ao conseguir expresarmos ideas que estaban dentro de nós e antes non sabiamos como sacalas ao exterior. ¡As palabras son extraordinarias se xogamos con elas! Raquel díxonos que xogar coas palabras é o primeiro paso do taller, e logo o respecto da escritura como vehículo de

expresión. ¿Como axudades á vosa inspiración? Basicamente Raquel axúdanos con dous sentidos: o oído e a vista. O ambiente é importante para relaxarnos e concentrarnos, por esta razón a través de imaxes e de música chegamos a un bo estado para sentirnos con ganas e disposición para escribir. Así que despois só necesitamos o noso caderno e bolígrafo ou lapis. Fainos unha valoración. Ao principio non entendiamos moi ben onde nos ía levar isto. O tempo parecíanos escaso pero aos poucos entendemos que o taller continúase na casa. Naturalmente non todos os do taller

aproveitaron o tempo, pero os poucos que asistimos regularmente a el vimos como melloraramos e como ás veces nin sequera necesitabamos a axuda de Raquel, como ela nos dixo ao principio e que a nós nos parecía raro de entender. É certo, agora xa podemos escribir pola nosa conta, cubrir unha folla cos nosos pensamentos e sentimentos, empregando figuras literarias e vocabulario que extraemos do dicionarios de sinónimos. Non é tan difícil, se o intentas e falo diariamente, termina converténdose nunha práctica habitual. Aprendemos varias cousas sen dúbida, pero resaltamos unha delas e é a de que a literatura e todo o que a rodea forma parte da nosa vida diaria.

10


Haiche outra

2010

Alumnos de 1º e 2º da ESO, reunímonos unha vez por semana dende hai un ano, no tempo dos recreos para falar dos libros que lemos, ou o que nos gustaría ler. Este curso diríxenos unha profesora chamada Beatriz Mera, profesora de sociais. Ela é a que modera estas reunións e tamén nos fai suxerencias. A alguhns de nós, gustanos ler libros de fantasía, a outros gústanlles os cómics e a outros os libros de terror ou de intriga. No club de lectura os libros máis lidos son os da saga de crepúsculo, e a saga crónicas da torre, somos grandes fans de Laura Gallego e seguimos fieis a sua literartura. Dela

IES Ferrolterra

tamén limos Memorias de Idhún, e por outro lado libros como corazón de tinta, el vecino prohibido, etc. Ademais recomendamos

CLUB DE LECTURA: AVENTURAS DE PAPEL

O NOSO LUGAR NA WEB

libros uns a outros, lemos para todos trozos escollidos dos libros que nos gustan, e ás veces escribimos cousas propias que subimos a unha paxina Web do propio club, na que resumimos algúns libros, por se alguén os quere ler, ou se queren saber de que tratan. Tamén chegamos a facer unha parodia de crepúsculo. Dende aquí animamos ós lectores da

Todos sabemos que no instituto hai unha páxina we, que podedes atopar se poñedes iesferrolterra (ou ies marques de suanzes) nun buscador. Unha vez que estades nesta páxina podedes informarvos de moitas cousas que pasan no centro, e entre elas tedes a opción de visitar a seccion da biblioteca; se pinchades dentro dos recursos e servizos accederedes o blog da blibioteca: http:// bibliomarques.blogspot.com/ que ten esta dirección para acceder dende fora da páxina web. Aqui podedes ver: noticias da biblioteca, documentos de interese e os blogs dos alumnos: hai un blog dos alumnos de primeiro A da ESO que estan a facer un traballo sobre viaxes que tamen teñen recollido nunha Wiki, e o blog dos de primeiro B trata sobre lendas e festas tradicionais galegas.

revista a que coñezades o noso club ó que podedes acceder dende a páxina web do IES FERROLTERRA dentro dos recursos e servicios da biblioteca . Alejandro Rosas 2º ESO.

As Wikis do proxecto interdisciplinar de 1º da ESO Durante este curso, as titoras de 1º, xunto co responsable da biblioteca, decidiron elaborar un traballo que servise á vez como instrumento de aprendizaxe para todos. Despois de que aprendimos como usaar a biblioteca e as ferramentas das novas tecnologías da información, iniciamos traballos de investigación, e publicámolos nunhas wikis, coa intención de que poidan seguir medrando no futuro coas aportacións de todos vós. Ademais, os de 1º B están en comunicación cun centro de Andalucía, á procura de datos sobre as celebracións populares e os festexos de cada comunidade.

Tamen destacamos que hai un blog do club de lectores que ademais de novas que lles interesan aos lectores teñen a posibilidade de subir os seus relatos , as suas noticias…etc. ESTEBAN 2º ESO

11


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

Doce cántico Detívenme ante a visión daquel anxo de cabelos dourados e ollos negros, que miraba fixamente cara a algún punto perdido, achegándome a el. As súas ás, que se tornaron negras bailaban delicadas coa brisa nocturna e quente dunha noite estival. Eu quería fuxir, afastarme da lucidez da súa pel dourada, da calidez das súas mans na miña pel. Miroume fixamente e retiven un berro. Os seus ollos antes pequenos luceros brillantes como lúas eran agora pozos negros, abismos de inescrutable escuridade e fríos como o tacto da morte. Debaixo deles destellaba un sorriso torto, tan fermosa que non podía soportar o seu resplandor, pero formaba un xesto cruel, máis cruel que se afundise a súa pálida man no meu peito e arrincoume o corazón... E quizais xa o fixo, pois no meu nada latexaba, todo parecía quedo e silencioso substituído por un terror irracional que me rabuñaba. Foi entón cando souben que ía morrer. Cando as súas mans doces e delicadas percorreron os meus ombreiros, a espida pel fría do meu pescozo...Despois as mans foron substituídas polos beizos, debuxándose lentamente na miña mente cando os meus ollos pecháronse...Rozando a liña da miña mandíbula e de novo o pescozo, as miñas fazulas, deslizando o seu alento despois ao meu oídos, rumoreando algo que tardei en comprender. Un quérote. E souben que era verdade, que aquel demo amábame e esa era a súa única forma de demostralo, torturando, matando con aquel feitizo de dor e descontrol, convertendo a dozura en destrución. Con deliberada lentitude alzou as mans ás miñas fazulas suxeitando o meu rostro e danzando co seu para detelo a milímetros do meu...A súa boca a milímetros da miña boca mentres sentía nela o seu alento, o seu sabor doce como a morte na punta da miña lingua.

Un doce cántico semellante a unha nana irrompeu no meu mar de doces pesadelos. Desexaba afastarlle de min alí onde a súa pel esnaquizaba a miña con feridas invisibles, necesitaba afastar os seus ollos dos meus que ardían con bágoas que se negaban a caer, a miña cabeza fundía os pensamentos nun mar de insoportable dor mesturada co amor, a fascinación e o aroma da súa pel. Sorriu de novo e desexei que deixase de facelo aínda sabendo que aquel sorriso era o máis fermoso que vira na miña vida. Fermosura e terror, pelexando en min... Antes de darme conta os seus beizos rozaban os meus, sentinme estalar con mil bágoas que comezaron unha carreira suicida polas miñas fazulas, chocando contra as súas mans alí onde me suxeitaban. Pareceu tremer ante aquel contacto e aumentou a intensidade do seu abrazo, a forza dos seus beizos. Un golpe. O meu corazón que si, alí seguía deu un último envorco, saltou despedíndose de min... Entre os seus beizos, as súas mans e as miñas bágoas caín de xeonllos ao chan. Non sentín dor, xa era tarde para iso. Só puiden ver como o caía ante min e abrazábame tarareando de novo cun profundo deixe de dor na súa voz susurrante...O sabía que cada bico seu era unha condena, que cada miraba unha agulla que se cravaba e que as súas mans naquel momento tiraban do meu cara ao inferno. Colocando a súa man baixo o meu queixo achegoume ao seu peito onde suspirei, descansei. -Quéroche.- Recordeille e unha pinga xeada calou na miña pel, xusto na miña fazula...Unha bágoa que non era miña, que cheiraba a el. Aferrando a miña man contra os seus beizos mentres escoitaba a súa respiración gravei a súa imaxe na miña mente, antes de dicir ao meu destino xa alcanzado, adeus para sempre.

Ilustración de Sonia. 3ª ESO

O FENÓMENO CREPÚSCULO

OLA a todas as persoas que leades esta revista, son Natalí, como representante de todas as fans do fenómeno crepúsculo no centro. Vouvos a contar a miña impresión sobre os libros. CREPÚSCULO. O primeiro libro da saga escrita por Stephanie Meyer, cóntanos como un vampiro: Edwar, que aparenta ser un adolescente de 17 anos namórase dunha humana: Bella, e vicerversa. O seu amor é imposible. Como en todo bo libro hai amor, perigo, acción .Un vampiro sanguento quérea matar. O malo atrápaa, pero o seu gran amado a salva dunha morte case segura. Ao final o seu amor sobrevive. LUNA NUEVA.O segundo libro nárranos como un simple accidente provoca a marcha do seu amado vampiro, deixando á protagonista sumida nunha profunda depresión. Aquí aparecen novos personaxes lendarios: os homes lobo. Ela descobre este mundo pola súa amizade con Jacob, o rapaza que era o seu amigo dende nena e resulta tamén un ser fantástico. A protagonista empeza a pór a súa vida en perigo, e nunha desta tírase ó mar, porque en situacións extremas consegue ter

unhas visións nas que fala co seu amor. Edwar decide suicidarse ao pensar que ela morreu. Para evitalo Bela e a irmá do vampiro viaxarán a Italia, onde este acudira para que os VULTURUI, a realeza vampírica, terminasen coa súa vida. Chegan a tempo e sálvano, pero coa promesa aos Vulturi que ela será convertida en vampiro para evitar que revele os seus segredos. ECLIPSE. O terceiro é un dos de máis intriga. Agora a ameaza vén da " noiva " do primeiro vampiro que quere vinganza. Para iso crea un exército de neófitos (vampiros novos, recen creados, e moi perigosos porque teñen unha forza descontrolada), para que maten a Bella pero Edward a salva. No medio da trama, Bella descobre o que sente por Jacob (o home lobo), consúmase así o triángulo que se iniciou no anterior libro. Neste ademais descóbrense as circunstancias que levaron a algúns personaxes a converterse en vampiros e a outros en homes lobo, tamén terán que unirse para a loita contra os neófitos.

MARTA. 4º ESO

AMANECER. É o que máis me gustou. Nel casan, e na lúa de mel ela queda embarazada, contra todo prognóstico. Isto pon en perigo a vida de Bella, pero ela négase que maten á súa bebe, para salvala. No parto cando está a piques de morrer. Edward decide convertela en vampiro e inxéctalle o veleno directamente no corazón. Entón prodúcese a transformación e sobrevive descubrindo un mundo novo, á súa nova familia e a súa bebe que resulta unha misteriosa criatura humana, con sangue moi quente como os lobos,pero que se alimenta de sangue como os vampiros.A nena crece a unha velocidade de vertixe. Isto cáusalles problemas cos Vulturis que pensan son un perigo cada vez maior, e deciden matalos a todos. A familia Cullen,guiada polo pai de Edwar, Carlisle que mantivo a todos unido por valores como o respecto pola vida decide convocar a outros vampiros, que non beben sangue humano, e os home lobo para enfrontar as teses dos Vulturi, nunha inquietante batalla final.

Natalí. 3º ESO 12


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

FRIKIPÚSCULO, Por JORGE TRILLO. 1º ESO Hai tres cousas das que estou completamente segura: Primeira: Luís é un pallaso. Segunda: Unha parte del mórrese por matarme de risa. Terceira: Estou tola e perdidamente namorada del. Cando vin vivir a Ferrol, non pensei en todo o que me ía a custar adaptarme a esta vida. Os meus pais están separados e non soporto ao novo noivo da miña nai, Carlos. Dito isto, decidín irme de Alxeciras (Andalucía, España) para vivir co meu pai, que reside nunha cidade de Galicia chamada Ferrol. Os problemas que se me presentaron foron: O cambio de instituto, despedirme dos meus amigos de alí e, sobre todo, que en Galicia non para de chover, saraibar e nevar. O meu novo instituto chamábase ¿Marqués de Suanzes?, era bastante grande e tiña uns profes bastante simpáticos do mesmo xeito que todos os meus novos compañeiros. Mellor dito, ¿case? todos os meus novos compañeiros eran simpáticos. Un mozo, Luís García era ou pouco raro ¿un pouco? A primeira mañá transcorreu de forma acougada, o meu profesor de matemáticas, o señor Camilo, a quen odiaría de todos os xeitos, pola materia que ensinaba, foi o único que me obrigou a permanecer diante de toda a clase para presentarme aos meus compañeiros. Tatexei, ruboriceime e tropecei ao volver ao meu pupitre. Logo de dúas clases, empecei a recoñecer varias caras en cada materia, e a moza que sentou comigo en matemáticas e francés acompañoume á cafetaría para xantar. Non me acordaba do seu nome así que cando falaba sobre as clases e os profesores, eu limitábame a asentir e sorrir un pouco. Procurei actuar con diplomacia, mentín moito, ríame cando os demais se rían -que boa actriz son- pensei. Sentámonos ao redor dunha mesa longa con varias das súas amigas, a quen me presentou. Esquecéronme os nomes de todas cando os pronunciou. E alí estaba eu, intentando establecer conversación con sete descoñecidas cheas de curiosidade cando as vin por primeira vez. Eran cinco. Non conversaban. Non comían. Non me miraban de forma estúpida como case todos os demais. Non se parecían a ninguén que vise xamais. Dos tres mozos, un era forte, tan musculoso que parecía un levantador de pesas, era calvo e tiña un enorme bigote; Outro, máis alto e delgado, era un pouco máis enxoito, o pelo de cor laranxa e un gran nariz vermello de goma espuma; O último era desgairado, cun aspecto máis xuvenil que os outros, tiña

outro nariz vermello e o pelo de cor azul. As mozas eran aínda máis estrañas. A primeira, a máis alta, era escultural as súas longas pernas chegábanlle exactamente ata o chan, os seus trazos afiados facían que sentises un estraño pavor o seu pelo da cor do mel, era un pouco máis escuro que a súa longa barba, que lle caía ata as cadeiras e que resaltaba bastante a clara tonalidade da súa tez. A outra moza, mais baixa, levaba unha gran chistera e unha longa capa que tapaba todo o seu corpo, parecía moi misteriosa e aínda así divertida. Todos levaban roupas bastante estrafalarias. Pero non entendín o motivo polo que non podía apartar a mirada. O mozo de pelo laranxa miroume e sobreencollinme no meu asento.

Pregunteille á moza que me acompañou á cafetaría quen eran eses e respondeume que eran os artistas dun circo que acababa de chegar á cidade Soou a sirena, levanteime e dirixinme á miña próxima clase, laboratorio de linguas. Xa alí, presenteime ao profesor e decateime de algo que me aterrou.. a única mesa libre da sala era a de Luís García!!. Dirixinme cara alí!.. durante a clase intentei establecer unha conversación con el pero non se amosou moi receptivo e negouse a falar comigo. Cando acabou a clase foise rapidamente. Estiven esperando impacientemente ata o xoves, o seguinte día que tiña laboratorio de linguas. O mércores volvín velo na cafetaría. E, ao fin, chegou o xoves.

Tocábame laboratorio xusto logo de francés. Non podía concentrarme. Estaría obsesionada con ese mozo? Volvería ese día a clase? Volvería velo algunha vez? Todas as miñas sospeitas confirmáronse cando cheguei a clase...a mesa estaba baleira... Esperei o resto da clase a que o aparecese, con todo, a porta non se moveu. O venres tampouco apareceu polo comedor. Pasei unha fin de semana horrible. O meu pai dedicouse a facerme preguntas toda a fin de semana. Que tal en clase Sara? Xa fixeches moitos amigos? Que tal cos profesores? Ese horrible lapso de 48 horas pasou (non me preguntedes como) O luns vino na cafetaría. O martes nevou. A moza que me acompañou á cafetaría (cuxo nome era Antía) aconselloume non pasar polo patio mentres nevase pois descubrín que era alí onde se organizaban as batallas de bólas de neve. E ao fin chegou a cuarta hora. Oh estaba alí. Observábame. -É un perigo o da neve-dixo -si-respondín eu- un auténtico perigo -Non che gusta o frío?-dixo -Nin a humidade- respondín -Entón non che gustará Ferrol- concluíu -Nin o imaxinas -e por que viñeches aquí? -É, complicado... O resto da clase continuou sen máis preámbulos, charlamos e establecemos unha conversación amigable, desexei que o timbre se avariase pero non foi así, o tempo pasou moi rápido e tería que esperar ao xoves para poder falar con el, pero non foi así. O mércores o meu pai propúxome ir ao circo...aceptei encantada, como non. E isto é todo o que recordo. Q u e f a g o e u a q u í ? Xunto a un p a l l a s o E o máis i m p o r t a nt e ? Como acabei nun circo?

FIN

EU SON O AUTOR DISTO

13


Haiche outra

2010

EN FERROL

IES Ferrolterra

“LA CLARIDAD DE LA SOMBRA”. A autora é unha das novas promesas da literatura. Aos seus 14 anos xa viu a súa primeira obra publicada, “La claridade de la sombra”. Novela de xénero fantástico na que a escritora ferrolá Cristina Prieto Solano narra as fantásticas historias dunha moza que tras achar un anel máxico intérnase nun mundo misterioso no que descubrirá novas capacidades. A obra, narrada en primeira persoa, e inspirada en Harry Potter e memorias de Idún, conta a historia de dous rapaces que teñen a misión de salvar un mundo paralelo mentres, no seu propio mundo, se enfrontan ao que é ser adolescente. Baixo o meu punto de vista, o libro paga a pena porque, moitos de nós, nos podemos sentir identificados coas situacións Sinopse: Sara ten 16 anos e cotiás, o ámbito dos personaxes, ou o seu unha vida monótona. É unha xeito de ser, tamén me gustou a importancia moza gordiña e estudosa que que nesta obra teñen valores como a non goza de popularidade no amizade, o traballo en equipo ou a seu instituto. Todo o contrario esperanza.Non que Luís, un mozo bastante guapo e algo engreído un día obstante, non estou ela descobre que os dous son de acordo co valor os elixidos para liberar que no libro se dá á Kandreon, un mundo paralelo, beleza física, posto do influxo do Maligno. Alí, Sara que (como reflicte a é unha moza moito máis s i n a p s e ) , a delgada, loura, de ollos verdes protagonista cambia e fermosos. Conforme avanzan totalmente o seu na súa misión Sara dáse conta aspecto e, só cando de que a súa antiga aparencia se produce esta vaise difuminando para deixar paso ao aspecto que adopta en m e t a m o r f o s e , consegue chamar a Kandreon. atención, e ser popular entre os seus compañeiros de instituto. Isto é o que eu penso, agora tócavos opinar a vós.

A autora Naceu en Ferrol en 1994. Viviu nas Palmas dende o 95 ate o ano 2000. Actualmente vive na nosa cidade e cursa os seus estudios no instituto :Saturnino Montojo. Asiste a clases de guitarra no conservatorio, tamén vai a clases de teatro e participa en concursos literarios. No 2009 compiteu coa súa clase no rally matemático de Galicia rgañando a fase rexional e alcanzando o terceiro posto na final, en Toulouse. INFORMACIÓN e imaxes RECOLLIDA S NOs BLOG:”Yo leo fantástika blogspot.com e bliomarquésblogspot.com

Sara Martínez 1º bacharel

Muller ferrolá Autora con múltiples recoñecementos Rosa Aneiros é agañadora de Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil,por “Ás de bolboreta, Premio Xerais de Novela 2009, por “Sol de Inverno” (Xerais, 2009). Dende que comenzou a publicar 1999, esta ferrolana enlaza un premio tras outro, e xornalista e colabora con: culturagalega.org, donde recollimos esta información. Ten premios cConta, ademais, no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. 14


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

O 10 de Marzo O 10 de Marzo de 1972 dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía, que tentaba reprimir esta, que era a primeira manifestación durante a ditadura, nun momento no que non había dereito de reunión nin de manifestación. Recentemente, o Parlamento de Galicia, aprobara por unanimidade, o 5 de Marzo de 1997, unha Declaración institucional sobre o 10 de Marzo, na que se recoñecía o “significado histórico” desta data. Este ano 2010, foi unha xornada repleta de actos para rememorar os acontecementos do 10 de marzo de 1972, pero por enriba da colectividade, da festa do Día da Clase Obreira Galega, nesta data houbo un protagonista indiscutible: Manuel Amor Deus. Este ano, tras o acordo unánime da corporación; o Concello inaugurou pola mañá, no barrio de Esteiro, fronte a unha das portas da antiga Bazán, posto de traballo durante décadas do que fose líder das Comisións Obreiras de Galicia, unha praza na súa honra. Minutos despois de celebrar o acto institucional do 10 de Marzo fronte ao conxunto escultórico de Ás Pías, o que está diante do noso instituto, no barrio de Recimil.

Para que saibades un pouco máis do significado desta estatua que temos diante do edificio, pedímoslle o noso profesor de Educación Plástica e Visual: José María Orbaneja, que tamén foi director deste instituto, que nos contara como viviu el esa data, porque el participou daquela xornada tan perigosa pero que foi un fito histórico. José María Orbaneja Orjales: En setembro do 1971 aos 15 anos de idade entrou en ASTANO. En marzo do 1972, prodúcese unha grave manifestación realizada polos traballadores de BAZÁN que remata en traxedia, cun grande número de feridos e dous mortos. -Como viviches todos estes feitos? Eu tiña 15 anos, e con 15 anos tes unha percepción da vida pouco precisa. Non percibín ben a dimensión do perigo, nesa xornada. -Pasaches medo? Non, en realidade debíase ao pouco que sabía eu do alcance que tivera a intervención policial. -E os teus pais, como o viviron? Cunha total preocupación por min e a miña integridade física, claro está, pero tamén con tristeza e confusión polos acontecementos tan graves que estábamos a vivir toda a cidade e que afectaron a familias coñecidas, veciños e compañeiros do traballo. A entrevista foi realizada por: Alicia Bugallo Pérez e Elina Bardanca Sánchez.

15


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

AS NOSAS ALUMNAS DE AUTOMOCIÓN VOLVEN A GAÑAR NUN CONCURSO A NIVEL NACIONAL

As instalacións de Formación de Mercedes-Benz en Azuqueca de Henares (Madrid) acolleron o pasado 6 de maio a fase presencial da sétima edición do Concurso Novos Técnicos en Automoción que decidiu os gañadores finais desta iniciativa do Ministerio de Educación e varias Comunidades Autónomas, e que organiza COMFORP (Compromiso con la Formación Profesional). Paula Insua e Adela Santalla son dúas alumnas do noso instituto que se alzaron recentemente co primeiro premio da sétima edición do concurso Novos técnicos en automoción, organizado pola Fundación Compromiso coa Formación Profesional, que ten por obxectivo promocionar este tipo de estudos. Paula e Adela continúan o que é xa unha tradición no instituto ferrolán que, segundo explica o seu titor, Enrique Teijeiro, xa gañou con outros

alumnos neste mesmo concurso catro primeiros premios e dous segundos. «Somos referentes en España en automoción», asegurou. Paula e adela, que compaxinan a súa formación de FP con enxeñerías técnicas, atópanse nestes momentos facendo prácticas en empresas da comarca, que tamén contribuíron á súa formación na fase previa á final do concurso. Por iso queren agradecer a Louzao Ferrol, Talleres Villaverde e Talleres Prego a súa colaboración para a clasificación na final da especialidade de tecnoloxía do motor, á que chegaron unicamente catro parellas doutros tantos centros españois. «Unha vez que nos clasificamos, decidimos ir gozar», asegura Paula. «E pasámolo xenial», engade Adela. No concurso, que se celebrou en Madrid, tiveron que facer fronte a probas relacionadas con aire acondicionado, pneumática e máquina de diagnose, entre outros. Como os participantes non se viron durante as probas, chegaron ao final das mesmas sen coñecer como lles saíra aos seus competidores e o posible resultado. Finalmente, polo seu primeiro premio recibiron 200 euros en metálico cada unha e

material para o centro. De feito, este conta xa con tres vehículos, que foron agasallos ao instituto por gañar noutras edicións. «Nesta nótase a crise e non houbo coche», comentan as alumnas entre risas. Ambas chegaron aos estudos de FP pola súa afección ao motor e consideran que non se equivocaron. «O ciclo está moi entretido e, tras matricularme, conforme ían pasando os días, íame gustando máis», afirma Paula. Trátase dunha formación que conta cuns niveis de inserción laboral de entre un 60 e un 70%, aínda que a recesión está a facer baixar esas cifras.

ENTREVISTA A ENRIQUE TEIJEIRO, profesor de Automoción do noso instituto. Despois de ler o que se publicou na prensa en relación co premio acadado, decidimos falar cun dos seus profesores, xa que estamos seguros de que algo ten que ver con estes continuos éxitos do noso centro. ¿Que traballo tiveron que realizar

16


Haiche outra

2010

as alumnas para o premio? - Este é un concurso moi completo. Consta de dúas fases: na primeira teñen que respostar unha serie de cuestionarios por medio dunha aplicación inforamática. Para prepárase, nesta fase axúdalles todo o gurpo. Despois elas tiveron un día para acceder e dar as respostas nun tempo determinado. Nunha segunda fase realizan un traballo individual de investigación, que require a confección de vídeos, presentacións en Powe Point, ou xogos interactivos, cos que expoñer o contido e demostrar a súa capacitación profesional. Cal é o criterio polo se presentan ó premio, ¿o contido do traballo ou o perfil do almnado? -En todo caso inclínamonos a presentarnos en función do alumnado co que contemos, porque descoñecemos de antemán o contido das probas, poden facerse sobre calquer elemento. Resulta chamativo que en dúas edicións consecutivas son chicas as que acadaron premios de automoción no noso ies, ¿cales son as razóns? -Ben, o primeiro premio que lograron as rapazas foi nun concurso de atumoción onde competían específicamente mulleres, no ano

IES Ferrolterra

2005, e lograron o primeiro premio a nivel nacional. Posteriormente non fixemos distinción e presentáronse nas mesmas convocatorias que os homes, e non atopamos diferenzas. Os premios lógranos competindo con compañeiros de ambos sexos, pero tamén é bo destacar que no traballo inicial para preparar as probas do concurso toda a clase colabora e todos os compañeiros están a unha para apoialas no que faga falta. Hai moitas mulleres nos ciclos de esta especialidade, ¿esto rompe con o mito de que as mulleres non entenden de coches? -Non hai moitas, vai medrando o número, pero estas entenden de todo e definitivamente non hai razón para manter o mito. Fora destes comentarios ¿que che gustaría destacar do voso traballo? -O noso departamento de automoción preséntase a concursos dende hai anos e ten acreditado o seu nivel formativo non só polos premios que acada, pero estes sempre animan a confiar en nós. Particularmente a miña experiencia como profesor, cando no 2005 acudín por primeira vez a un destes certames, os institutos do País Vasco, eran un referente no sector, e francamente, sentíame preocupado por ter que competir con eles. Pero os nosos alumnos gañaron os primeiros premios en moitas categorías diferentes e ségueno facendo dende entón. Isto é sinónimo de que a formación dos alumnos está a altísimo nivel, porque estes premios son moi exixentes a nivel técnico, e neles participan centros de formación tanto públicos coma privados, e os tribunais avaliadores destes premios están compostos por profesores de centros de toda España, xunto con outros profesionais do sector do atomóbil, do ensino e da empresa. No tema do traballo nun momento de crise coma o actual ¿que posibilidades teñen estos alumnos de atopar traballo? -O momento actual é complicado e non distingue de homes ou de

mulleres, de calquera xeito, canto maior é o nivel de capacitación profesinal, máis oportunidades teñen de traballar ou de poder elixir. Digamos que incrementa o abano de posibilidades tanto para traballar como para seguir formándose. falase sempre da colaboración coas empresas da zoa pero ¿nótase a crise ou as empresas seguen a manter a liña de colaboración? -A relación coas empresas da zona é boa. A disposición a colaborar sigue a manterse intacta, de feito continúan aportandonos importante documentación técnica que é imprescindible nun sector en constante evolución e onde o nivel de innovación é altísimo. Sen embargo, no tocante á contratación de alumnos, estamos atopando mais dificultades, e as empresas empezan a ter problemas para asumir a integración nas súas plantillas dos alumos que rematan os ciclos e que teñen que facer a formación en centros de traballo, as FCT. Entrevista feita por SARA MARÍNEZ CASTELEIRO. 1º BAC. 17


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS ENSINO-EMPRESA MARQUÉS DE SUANZES O luns 8 de febreiro o IES Marques de Suances acolleu relatorios en torno a familia profesional da electricidade, coa presenza dun representante de Schneider Electric, que falou sobre 'Solucións eléctricas para eficiencia enerxética'; e outro de Electrosón Galicia, que tratou a 'Seguridade en maquinaria industrial'. O segundo día o programa desenvolveuse en torno á electrónica, sobre a que falaron os delegados de Televés, coa charla 'Televisión Dixital Terrestre'; e o da UAC, sobre o 'Sistemas de Voz IP baseados en Asterisk'. O mércores a familia presentada ante os estudantes foi o metal. Ao longo do día estiveron presentes poñentes de 3M, que falaron da 'Protección persoal'; mentres que membros de Praxais, abordaron o tema dos 'Gases de protección soldadura, aplicacións e tendencias'. Pola súa parte, a empresa Artabro Sandeu aportou os seus coñecementos sobre o 'Deseño e desenrolo de bens de equipos'; e pechou a xornada Panatec, co relatorio 'Equipos de inspección'. O sector da madeira, tratado o xoves, contou coa presenza de delegados da empresa GT Artabria, que falaron da 'Xestión de almacéns de carpenta'; seguido polo encargado de Hettich, que presentou o relatorio 'Maquinaria e ferraxes de carpintería'; e Virutex, que presentou a Canteadora Portátil. As xornadas pecháronse o venres, co turno de automoción, e coa presenza de máis de catrocentos alumnos e alumnas, así como os profesores do centro. Intervíu o Grupo AD Regueira, que presentou a súa empresa. A continuación os representantes de Fergase deron a coñecer as cabinas de pintura e automatismo, mentres

que os de Bertón falaron da diagnose no automóvil. Aguado Automoción concluíu co relatorio 'Alineado tridimensioal e novas tecnoloxías de equilibrado'. Xunto ao director xeral de Educación, no acto de clausura estiveron a concelleira de Educación de Ferrol, Mercedes Carbajales, o presidente da asociación de empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco, e o presidente da Confederación de empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, José Rilo, así como o director do istituto, e organizador das actividades, Enrique Pazo. José Luis Mira, director xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación recordou durante a súa intervención que a información presentada estes días ''é de gran interese tanto para o alumnado como para o profesorado do centro'', ao que engadiu que ''os contidos dos relatorios que se foron desgranando abriranvos novas expectativas tanto na necesidade da actualización continua como de cara a inserción laboral dos aquí presentes''. No acto de clausura entregouse aos asistentes o material informativo e de traballao utilizado nas xornadas, e o convenio marco de colaboración entre a Consellería de Educación e a ºAsociación de Empresarios Ferrolterra para a promoción da

Unha das charlas das xornadas Ensino-Empresa

18


Haiche outra

2010

formación profesional inicial nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

ENTREVISTA A ENRIQUE PAZO, DIRECTOR DO IES FERROLTERRA Qué son e de qué tratan estas xornadas? -Tratan de propiciar a relación dos alumnos de FP que cursan ciclos formativos coas empresas que no futuro lles poden ofertar un emprego cando teñan rematado as FCT (Formación en centros de traballo). Posibilítalles que vexan o mundo laboral dende a óptica destas empresas. ¿Teñen datas fixas de celebración? e ¿dende cando se fan estas xornadas? -Véñense celebrando estas xornadas desde hai 6 anos, posto que estamos na VI edición, e fixéronse ininterrumpidamente. Este ano inauguráronse o día 8 de febrero e remataron o día 12. Teñan unha data fixada aproximadamente para o periodo anterior ás vacacións de entroido, entre febreiro e marzo, posto que en abril xa empezan os alumnos a ter que asistir ás prácticas nas empresas (FCT). As xornadas duran 5 días, porque cada día está adicado a unha rama diferente: electricidade, electrónica, metal, madeira, e automoción que son as familias profesionais que temos no centro ¿Qué razóns hai para que sexa tan importante celebralas? -Pensamos que a razón fundamental é potenciar a comunicación e o intercambio de experiencias entre o mundo do ensino e o mundo laboral, porque aínda que os nosos alumnos ó rematar os ciclos formativos teñen que asistir a facer unha formación práctica nas empresas, esta é unha oportunidade de achegarse e comprobara cales van a ser os retos que teñen que asumir, se queren integrarse laboralmete no tecido industrial da comarca. Por outro lado supón un valioso canle

IES Ferrolterra

de comunicación, as empresas visítannos e expoñennos as súas novidades, deíxannos valioso material técnico que incide na formación dos noso alumnos, apórtannos ideas que permiten que adaptemos a nosas ensinanzas ás situacións e condicións reais do traballo. E para nos supón unha boa ocasión para estreitar a colaboración e así dispoñer cada curso dun amplo abano de empresas onde os nosos alumnos poidan rematar a súa formación en centros de traballo. ¿De quén foi orixinalmente a idea de facer esta actividade? -A idea orixinalmente partiu do claustro de profesores do centro, que vendo a necesidade de favorecer a adaptación da formación que se imparte nos ciclos ás condicións reais de traballo que se van atopar os nosos alumnos cando rematen, pensamos que sería conveniente contar coa colaboración e a información de primeira man que nos podían aportar as empresas da zona. Estas tiñan así a ocasión de expoñernos as súas necesidades. en canto á capacitación que precisarán os nosos alumnos para a súa futura inserción laboral. ¿É este o único instituto onde se celebran? -Efectivamente este é o único instituto que celebra estas xornadas, pero no acto de clausura, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, en presenza da concelleira de Educación do concello de Ferrol, M e r c e d e s Carbajales e do presidente da asociación de empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco, dixo que esta iniciativa parecíalles tan importante que tentarían espallar este modelo de formación e facelo posible en máis centros.

¿Que lles parecen ós alumnos estas xornadas? -Os alumnos asisten toda a semana porque saben que é unha oportunidade de ter información de primeira mán e facer intervencións e preguntas que son importantes para o seu futuro profesional ¿Como valorades o éxito de esta iniciativa?

José Luis Mira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación durante a súa intervención

-O éxito valorámolo en función dos beneficios que reciben os noso alumnos e do interés que amosan as empresas por presentarnos novidades e deixarnos valioso material co que podemos estar puntualmente informados das innovacións que se van introducindo. Entrevista feita por Alicia e Elina. 1º ESO

19


Haiche outra

2010

Metal visita Bilbao Entrevistador: Bos días Antonio. ¿Poderías dicirnos a onde fostes na vosa viaxe? Antonio: Ola, pois fomos á feira BIEMH (Bienal Española de MáquinaFerramenta) en colaboración coa asociación de empresarios de Ferrolterra , estámoslles moi agradecidos. E: ¿Cando fostes? A: O Mércores , 2 de Xuño e volvemos o día 4 pola noite. E: ¿Con que cursos fuches? A: Cos ciclos superiores de producción por mecanizado, desenvolvemento de poxectos mecánicos e ciclos medios de mecanizado. E: ¿Por que decidistes ir a este lugar?

IES Ferrolterra

A: É unha feria moi interesante para eles por que poden ver os últimos desenvolvementos tecnolóxicos e servizos de empresas líderes na súa especialidade, tendo a oportunidade de ver traballar as máquinas-ferramentas coa última tecnoloxía de este sector. E: ¿Cal foi o asunto da viaxe? A: Esta feira está relacionada coas especialidades de estes ciclos formativos e vén sendo xa tradición deste instituto que leva facendo cada dous anos esta viaxe dende o ano 1990. E: ¿Que máis sitios visitates en Bilbao? A: Ademais de visitar a feira de máquina-ferramenta aproveitamos a viaxe para coñecer Covadonga, subimos aos lagos, visitamos Santander e aproveitamos para ver Bilbao. E: ¿Poderías contarnos unha anécdota da viaxe? A: Unha das anécdotas é que fomos a durmir a un albergue xuvenil, onde había unha piscina ao aire libre e algúns alumnos aproveitaron a altas

horas da madrugada para darse un baño de auga fría aínda que eles aseguraban que estaba quente. Na feira, moitos alumnos quedaron bastante sorprendidos pola alta tecnoloxía que encontraron nela, dado que nos nosos institutos non contan con ela, e así polo menos a coñecen e saben que existe, e cando vaian a unha empresa terán a oportunidade de poder manexar parte das máquinas que viron. Tamén dicir que unha gran maioría deles viñeron cargados de catálogos e suaban con tantas bolsas e tanto peso. E: ¿Como foi a experiencia para os alumnos? A: Eles viñeron moi contentos e a feira foi aproveitable para eles porque viron de primeria mán as máquinas coas que eles nun futuro traballarán. E por último quero decir que o comportamento dos alumnos foi bastante bo, dentro da normalidade. Bruno Saavedra. 3º ESO

20


Haiche outra

2010

A revolución TIC chegas ás nosas aulas Entrevista a JESÚS BUSTO, RESPONSABLES DAS TIC NO NOSO CENTRO

¿Que son as TIC? As T.I.C son as Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Neste tempo que vivimos son imprescindibles, e usámolas en todas partes, aínda que ás veces non nos damos conta. ¿Cal é a túa función en relación coas TIC? Organizar o e intentar mellorar o uso das T.I.C no noso centro, tamén dar asesoramento e prestar axuda cando aparece algún problema técnico. E son o coordinador dun grupo de sete profesores, no que cada un ten unha función asignada, de xeito que cada un se encargue de ensinar ou orientar ó profesorado sobre: o manexo da encerado dixital, o sofwer libre, a aula interactiva, etc. ¿Que iniciativas tedes para fomentar as TIC? Fundamentalmente formación e dar a coñecer as ferramentas. ¿Qué novidades houbo este curso en relación coas TIC no nos instituto? Este foi o primeiro ano que realizamos un proxecto T.I.C, que estivo orientado fundamentalmente á divulgación e formación do profesorado. Ademais, fixemos un proxecto de formaciòn en centros, no que participou aproximadamente o 40% do profesorado do instituto. ¿Cantas aulas de informática hai no centro e cantas estan disponibles? Moitas, pero á vez a maioría delas usanas exclusivamente os alumnos de ciclos porque son aulas taller para determinados

IES Ferrolterra son de acceso libre, epode acceder calquera, entrando como convidado. E logo hai outros para os que hai que estar rexistrado e requírese unha contraseña que che proporciona o profesor do curso. Oímos que ían dar un ordenador para cada alumno, ¿que sabes diso?

módulos. Aula de informática como tal hai unha: a 104, que é a que usan a ESO e os Bacharelatos. Para o ano que ven, contamos ter unha máis para uso xenérico Ademais diso, ¿de que equipamento dispoñemos no instituto? Dispoñemos dun equipo informático amplo: sete aulas dotadas con pizarras dixitais (PDI), unha ou dúas aulas cunha cámara de video -un visor de recente adquisición, cun procesador de vídeo moi versátil e con moito futuro-, moitas aulas con canón de proxeción, no propio hall e no salón de actos tamén, e unha gran cantidade de material informático. Hai puntos Wifi de acceso á Web, etc. Ademais temos unha infraestrutura actualizada recentemente, composta por unha rede de cableado con tomas en todas as aulas, e un servidor central. ¿Cal é a implicación dos profesores coa aplicación das novas tecnoloxías? A nivel de aula, cada vez é maior. Realmente, úsanse dende hai xa anos ferramentas informáticas, pero non aparecían reflectidas na programación, e non se entendía a necesidade de trasladalas á aula. ¿Qué é o moodle? É unha ferramenta vía Internet, unha plataforma na que podemos meter material para os alumnos, apuntes, traballos; podemos facer foros de discusión, glosarios, wikis para traballos de grupo, blogs, solicitar actividades, mesmo facer exames. Si, pero ¿como se acede? Esta instalado na Xunta de Galicia, e hai un acceso na páxina web do centro, na parte de arriba, onde pon Aula Virtual. Pódese acceder de dúas maneiras: Hai uns contidos dos que aparecen no moodle que

Hai un proxecto que naceu no Gobierno Central, chamado web 2.0. En Galicia a este proxecto chamóuselle Abalar, e está cofinanciado ó 50% pola administración central e a consellería de educación. Consiste en dotar de ordenadores as aulas de 5º de primaria e de 1º da ESO nunha primeira fase. A Xunta escolleu algúns centros para implementar este proxecto, tendo en conta as infraestruturas dispoñibles, e entre eles estamos nós.No centro haberá unha aula informática por cada curso de 1º da ESO, que vai estar dotada dun punto de acceso inalámbico, un armario para a carga das baterías dos orcenadores e un portátil de aula; e o centro terá un servidor para centralizao os recursos. Suponse que o seguinte curso continuará con 2º da ESO, pero non se sabe nada. ¿Para que serve este proxecto? Para que os alumnos que integren as novas tecnoloxias, no seu proceso de aprendizaxe, como unha ferramenta pero tamén como un contido. Moitas gazas pola túa información e pola túa atención.

Antia Rodriguez Cabaleiro, Maxa Andrevna Navalikhine, Paula Tellado Rey e Paula López Sande. 1º ESO B

21


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

EXPOSICIÓNS: A ARTE NA ESCOLA

No curso 2009-2010 tivemos no instituto, como ven sendo habitual, dende que o profesor Afredo Fuertes se encarga desta actividade, unha media de tres ou catro exposicíons de arte ó ano. Iniciouse o ano escolar cuha exposición colectiva, continuamos con outra de Víctor G. Novás no segundo trimestre, e finalmente, no terceiro, contamos coas obras de dous dos nosos: Guillermo Casteleiro e o propio Alfredo Fuertes Nesta edición de Haiche Outra, quixemos coñecer máis de preto ós nosos artistas, así que vos ofrecemos algunha información e entrevistas: Seguramente algún de vós non sabedes quen é Alfredo Fuertes. Pois é o profesor do equipo da biblioteca que se encarga de preparar as exposicións de arte que vemos todos os anos na sala de entrada do instituto. Dende o ano 1987 vén facendo exposiciósn no noso centro unhas veces da súa propia obra e noutras ocasións preparanos exposicións individuas ou colectivas de autores cos que ten a oportunidade de contactar. Para coñecelo mellor preguntámoslle ¿De que es profesor no noso centro? Son profesor de Electrónica. ¿De onde vén a túa afección pola arte? Supoño que da miña inquietude por aprender e tamén da miña necesidade de comunicar, a arte en xeral permite expresar a nosa sensibilidade dende unha linguaxe diferente. ¿Por que che parece importante facer exposicións no noso instituto? Eu penso que a ensinaza ten que tender á formación integral da persoa e ó ser este

un centro de formación profesional trato de propiciar un equilibrio entre a capacitación técnica que é importante e a formación non terreo digamos humnanista que tamén é trancendental para o desnvolvemento da persoa. Por suposto, a arte é imprescindible non só polo formación no terreo estético senon tamén pola oportunidade que ofrece de profudización ética. ¿Poderías destacarnos algunha das exposicións destes anos anteriores, polo seu éxito, pola súa relevancia? Todas son importantes non depende so do autor, ou da calidade das obras, senon tamén de outras circunstancias, se o tema está de actualidade, se os profesores queren colaborar e traballan cos alunmons sobre as exposicións, como se ven facendo estes últimos anos. ¿Como valoran os artistas traer a súa obra e este espazo? Valórana moi positivamente, porque é importante achegar a cultura e propiciar a foramción da sensibilidade artística das novas xeracións ó fin son o futuro, serán eles despois os posibles críticos, os que visiten exposicións ou compren arte, ¿quen sabe? Actualmente temos colgada unha exposición súa, na que quere amosarnos a súa paixón polo pintor Joaquín Sorolla. Alfredo, deslumbrado polo emprego da luz e a cor deste pintor, pretende que nos acheguemos

miniuciosamente á pintura de Sorolla, e por iso fai unha recreación de cadros, ou de partes dalgunha obra, para que sexamos quen de valorar ó pintor valenciano. E para que nos deixemos mergullar na paixón e no goce do mar con Sorolla, Alfredo Fuertes fainos unha invitación: “Á Praia con Sorolla”, título desta exposición. Preguntámoslle a Alfredo: ¿Cales son os teus obxectivos coa presente mostra? Achegar aos alumnos a biografía e obra do pintor Valenciano: Joaquín Sorolla. O ano pasado o Museo do Prado fixo unha grande exposición sobre este autor traendo a España os paneis de gran formato da Hispanic Society de Nova York, donde reflecte a súa visión das distintas rexións españolas. Completando esta exposción con obras como

Cosendo a Vela, A volta da pesca, en fín foi o percorrido máis ambicioso ate o de agora pola producción deste autor, logrando reunir lenzos procedentes de museos e colecións de dodo o mundo tanto públicas como privadas. ¿Que queres destacar de Sorolla? A súa mestría no dominio dos contrastes de luz e cor especialmente. ¿Porque recreaches estes cadros e cal é a túa obra favorita do autor? A miña intención era aprender e apreciar a técnica de Sorolla no tratamento da luz da cor,

22


Haiche outra

2010

pero tamén da composición. Nese intento de aprender tamén quero dar a coñecer aqueles aspectos que me asombran e que me apaixoan deste pintor. En canto á miña obra favorita, gústame moito El baño del caballo, e penso que tamén é un dos meus mellores cadros, xunto co da Espera de la pesca. Penso que a temática do mar e da praia pode conectar cos nosos alumnos. ¿Fixéstes tamén unha webQuest, cales son os obxectivos que pretendedes que os alumnos recorden ou entendan mellor? O principal é que coñezan o autor o súa biografía e as distintas etapas polas que discurre a súa obra, que cheguen a ser quen de identificar e clasificar algunhas obras dentro desas etapas. Tentamos tamén que descobran o seu traballo no

tratamento da luz e da cor, e para iso na propia webquest hai pensada unha actividade que os leve a experimentar coa mestura das cores. En definitiva, que descobran tamén a mestría da técnica de Sorolla que é o que nos permite achegarnos ó mar, por exemplo a través de todos os sentidos, porque vendo os seus cadros case podemos oír o mar, sentir a brisa do vento, e disfrutar da calor e da luz do sol. ¿Como valoras o éxito desta exposición? Ben neste caso os alumos do centro acompañados polo seu profesor de plástica, Francisco Oca, baixaron e tivemos a oportunidade de explicarlles cosusas, e amosaronse interesados e curiosos e fixeron unha chea de preguntas sobre a técnica de Sorolla. Esto e un bo indicador do interese que a exposición espertou. Por outra banda, tamén quero facer mención do apoio dos medios de comunicación: “La voz de Galicia” e o

IES Ferrolterra “Diario de Ferrol” e outros medios locais que sempre se fan eco das exposicións do noso centro e dende aquí quero agradecelo especialmente. Para coñecer a Víctor G. Novás, o seu fillo, Miguel García, alumno de 2º de Bach entrevistouno para nós ¿Cal era a túa intención cando puxeches a túa exposición no centro? A exposición inaugurouse nunha data significativa, o 10 de marzo, no que se conmemora o día da clase traballadora galega. Ese mesmo día no ano 1972, morreron dous traballadores á beira deste instituto e outros moitos foron feridos e encarcerados vítimas, en definitiva, da represión franquista. Con ocasión diso a exposición é unha reflexión sobre as clases traballadoras e os sucesos mencionados anteriormente. A miña pintura é de temática social nunha gran parte. ¿Paréceche apreciada a túa obra entre os adolescentes? Si, á xente nova interésalle a creación en xeral, e en particular o debuxo e a pintura. Unha parte do que veño facendo é na rúa, tiven ocasión de traballar en varios murais, e

cando estás nesa tarefa, tes ocasión de conversar e nesa proximidade é onde máis notas ese interese. ¿Que mensaxe queres destacar do tema do traballo? Dicía Wittgenstein -e eu coincido con el- que os límites do noso discurso coinciden cos das

nosas experiencias vitais, e as miñas neste caso enmárcanse nesta cidade, unha cidade industrial, cunha paisaxe urbana característica, e cunhas clases obreiras moi formadas e ben organizadas que, nos tempos difíciles da ditadura, tiveron capacidade de resposta. A paisaxe urbana, ás veces industrial, e os valores destas clases traballadoras que entendo seguen sendo actuais e válidos, para min son un permanente motivo de reflexión. A segunda exposición foi a dun insigne

profesor da familia profesional da madeira, Guillermo Casteleiro mestre de taller do instituto Marqués de Suanzes. Juan e Vily, contannos que é un dos mestres fundadores deste instituto, e que adicou toda a súa vida profesional á nosa escola, cun entusiamo contaxioso. Na actualidade, está retirado pero visítanos con frecuencia. Os nosos profesores din del que é un representante da vella escola, un profesor que se sente profundamente orgulloso do noso instituto e que sendo daquelas persoas que se formaron profesionalmente nos asteleiros de Ferrol, tratou de transmitirnos aquel que foi o lema dos traballadores do naval: o amor polo traballo ben feito. Por todo esto que nos contaron de GUILLERMO CASTELEIRO, achegámonos a contemplar os seu debuxos, e quedamos sorprendidas cando nos enteramos de que eran os apuntes que el tiña que tomar para realizar os traballos que lle requerían os seus mestres de diseño e pintura cando era estudante na Escola De Mestría Industrial, na rúa Real, onde agora está a escola de idiomas, e da cal procede o noso instituto.

Lucía García3º ESO , María Chao 4º ESO 23


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

GUILLERMO FERRÁNDEZ Naceu en Ferrol, no barrio do Inferniño (Ferrol), en 1951. A dureza heroica do gris naval e a alma xeométrica da cidade marcaríano para sempre. Marchou. Volveu. Escribiu as novelas Conacho, La piedad del invierno, e o seu poemario: Las arrugas del tiempo, para que o pasado deixara de amolalo. Máis t a r d e dedicoulle á súa infancia, un estudio sobre a fala local para que o seu corazón p u i d e r a pensar a doce amargura da infancia. Agora dá clases de lingua española no instituto Marqués de Suanzes e a súa única preocupación estética, ética e monotemática é o desarraigo… www.mercadogalego.eu Que foi o que che fixo tomar o camiño da túa carreira laboral ao lado das letras, sabendo que te licenciaches en Xeografía e Historia?-Cando fixen a miña teses doutoral en París, atopeime cunha serie de materias que me inclinaron cara ás letras.Sempre pensei que a literatura me posibilitaba unha liña de comunicación cos alumnos da que non dispoñía coa Historia, digamos que xorde da miña necesidade de expresarme. Que te inspirou para comezar a escribir?-A necesidade de aclarar un pouco a infancia. Cando xa eres maior, queres recordar a túa infancia e a escritura é un bo medio para facelo, e o mesmo tempo supoño que é un medio de conxurar os medos, as fobias e as obsesións ou neuroses da idade adulta que penso teñen a súa orixe nos primeiros anos da nosa vida Poderia facer unha pequena crítica sobre algunha das túas obras? -O que máis me gustou escribir foron as novelas. Tamén o ensaio sobre a fala ferrolá, foi unha obra un pouco por encargo e levo ume máis tempo do que eu cria que me ía levar. Cando saiu deime conta de que faltaban algunhas cousas das que quería poñer pero ao final creo que quedou bastante ben. Sabemos que estás nun grupo de filósofos coñecido como “El Picón”. Como chegaches a entrar neste grupo ?O grupo “El Picón” somos un grupo de compañeiros e amigos da universidade que

despois de casi 20 anos nos reencontramos. E básicamente falamos dos libros que lemos e de temas de actualidade. Digamos que é un xeito de convocar a quen queira acudir para tentar abordar a reflexión sobre diferentes temas que afectan ó home en xeral. Que facedes nese grupo?-Quedamos catro veces ao ano e comentamos varios libros, invitamos a xente... Alí coñecimos a Uxío Novoneyra. O autor a quén este ano se lle adica a celebración do dia das letras galegas. Para min foi un pracer coñecelo, era un home de gran talla, un humanista, un filósofo, home de unha grande formación e profundidade intelectual, coñecímonos cando el era xa un home maior e durante dous anos veu con moita frecuencia despois estando xa enfermo deixou de acudir, de todos os xeitos é de destacar o seu compromiso político co pobo, coa lingua e coa arte en xeral. Sabemos que naciches en Ferrol pero, onde residiches na túa época de estudante?-Estudei Xeografía e Historia en Santiago, nunha etapa convulsa a principos dos ano 70, eran tempos de mobilizacións estudiantís contra a ditadura, por este motivo estiven preso

Foto de El correo gallego dous anos. Logo tiven que facer o servizo militar, non obstante rematei a carreira, en parte grazas á xenerosidade dos profesores da universidade que nos amosaban o seu apoio axudándonos no que podían. Rematados os meus estudos tiven a oportunidade de marchar a estudar en París. Alí pasei dous anos e é onde fixen a miña tese doutoral.En París, como herdanza dos revolatas do maio do 68, logrouse unha democratización da univesidade e tiven a sorte compartir ese tempo de cambios ilusionantes con a xenerosidade de filósofos de grande calado que acudían a ensinar na París 8, que era un campus onde acudían

fundamentalmete alumnos estranxeiros. Que tal pasaches ese tempo fóra da túa terra e lonxe da túa familia e amigos?Cando deixei Santiago, fun facer a miña tese doutoral a Francia polo que xa non era tan neno. Estiven na universidade de Vincennes e estiven moi a gusto porque París é unha cidade moi bonita. Tiveches dificultades por culpa do idioma?-Si, o primeiro ano si. Eu xa estivera dando clases de francés antes de irme pero non é o mesmo estudialo que falalo. Nun primeiro momento integreime nun grupo de emigrantes españois pero vendo que deste xeito non progresaba con o idioma, tiven que mesturarme noutros ambientes para poder defender a miña tese en francés. Que prefires escribir, narrativa ou poesía?Narrativa, aínda que a poesía tamén me gusta moito.Na actualidade participo nunha iniciativa xunto con Carlos González "Karlotti" que pretende que a poesía lle saia ó paso á xente alí onde se atope, e un facemos unha semana de axitación poética na rúa e en diferentes lugares da cidade de ´Ferrol, baixo o apelativo de “poesía salvaxe”. Na convición de que a rúa é o mellor lugar onde se vive a palabra e o silencio, as palabras en liberdade e como ferramentas de resistencia, coa deste ano imos xa pola terceira edición. En que ámbito lingüístico encadrarías as túas obras?-No Realismo. Só deches clases no Marqués de Suanzes ou tamén noutros centros?-Din clases en Barallobre, Canido e no Marqués. En calquera lugar penso que hoxe en día as cousas no eido da educación son moi complexas,e son moito maiores os retos dos profesores que se atopan cun alumnado perdido nesta sociedade e co seu papel de profesor tamén nun momento de cambio de perdida de identidade. Identifícaste con algún dos teus libros?-Con “Conacho”. Tes pensado publicar máis libros?-Si, estou acabando unha novela coa que levo moitos anos. Por que escribes sobre a inmigración en moitas das túas obras, como en “La piedad del invierno”?-Eu diría que a inmigración é o meu tema. O meu tema é o desarraigo e como mellor se expresa é coa inmigración.Realmente Ferrol é unha cidade onde é moi fácil sentir ese desarraigo, unha cidade industrial onde todo o mundo vén de fóra, os traballadores, os mariños. Na miña experiencia tamén vivín a desazón do emigrante en Francia.

NOEMI GRELA , MARÍA CHAO 4º 24


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

ENTREVISTA A BELÉN CERDIDO Como sabedes o M i ni s te r i o de Educación e Ciencia otorgou á biblioteca do noso centro un premio de boas prácticas educativas, que recolleron o pasado curso, e da que informamos no anterior número da revista escolar. Trala concesión destes premios o propio ministerio encargou á fundación Germán Sánchez Ruipérez, que conta cunha dilatada experiencia na xestión de bibliotecas, unha valoración a modo de auditoría externa sobre o funcionamento real das diferentes bibliotecas galardoadas nestes anos. Por este motivo , durante o curso visitáronos dúas representantes da fundación que durante unha semana avaliaron o funcionamento da nosa biblioteca. Como conclusión dese proceso foron convocadas a unha reunión algunhas bibliotecas de toda España. A esta cita asistiu Belén Cerdido, titora da nosa biblioteca. AS ALUMAS DE 3º ENTREVISTÁRONA

Cóntanos onde foi e e en qué datas se celebrou? -Foi nun só día , o 28 de maio do 2010, nun pequeno pobo de Huesca chamado Fraga, este pobo ten moi poucos habitantes pero conta con cinco bibliotecas, con lectores moi activos. Entendemos que por iso se celebrou a reunión nese lugar, Como foi a xornada? -Desenvolveuse nunha mañá, na que se presetou o libro e as conclusións, felicitando ás dez bibliotecas distinguidas polas súas excelentes prácticas e despois dos discursos das autoridades procedeuse á entrega de premios ás bibliotecas galardoadas este ano. Posteriormente tivemos unha recepción onde tivemos ocasión de falar cos alí presentes. Que autoridades estaban presentes? -Asistiron moitos políticos importantes, como: A secretaria de estado do ministerio de Educación, a conselleira de Educación de Aragón, a directora xeral de Educación e Cultura, asitiron tamén os premiados deste ano e os representantes das dez mellores bibliotecas de España. Foron todos os premiados das outras bibliotecas? –Si, evidentemente non faltou ninguén, todos nos sentíamos moi orgullosos de estar nomeados dentro desas dez mellores bibliotecas escolares distinguidas polas súas prácticas educativas. Belén Cerdido e Carlos Rivero estiveron en Fraga representando ó noso instituto

O vicepresidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Antonio Basanta en Fraga Que impresión recibiches da valoración que fixo esta fundación do traballo da biblioteca do noso centro? Realmente sorprendeume moito o interese a altísima consideración que tiñan do noso traballo. O presidente da fundación Germán Sanchez Ruipérez, felicitoume persoalmente, pola nosa biblioteca, a súa orde, presentación e funcionamento. Claro está esa impresión transmitíronlla as representantes da fundación que estiveron visitando o noso centro. Como te sentiches acollida e recibida neste evento? -Estupendamente, tratáronos con moito aprecio e respeto, estivemos na zona vip, presentáronnos a todas as autoridades educativas, porque todos tiñan especial interese en coñecer ó representante da nosa biblioteca. Que destacarías desta viaxe? Que foi moi longa e cansada para unha presentación dun só día, pero eu subliñaría o gratificante e o emocionante que foi que valoraran tan positivamente o noso traballo.

VICTORIA E LUCÍA . 3º

Belén cal foi o motivo da viaxe? -O motivo era a presentación e publicación dun libro que recolle un estudo sobre a prácticas das bibliotecas escolares premiadas polo ministerio, nestes anos anteriores.De entre elas destacaron o traballo, das que lle parecen as dez mellores e nosoutros estabamos entre elas, por iso nos invitaron a asistir.

25


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

OLIMPIADA CULTURAL Como cada ano dende hai xa moitos,celebrouse no noso centro a Olimpíada Cultural por primeira vez producíuse un empate triple entre os tres primeiros clasificados na categoría Genius. Este é un xogo que pretende que os alumnos empregen destrezas da formación de usuarios da biblioteca e formación documental. Hai dúas categorías: “junior” para os alumnos e alumnas dende 1º a 3º da ESO, e “genius”, para o resto, nesta categoría participan alumnos de todas as idades dende 4º da ESO os de bacharelato e os dos ciclos formativos.O mecanismo do xogo consiste nunha batería de preguntas e probas como: o preguntón, pista a pista, etc... Isto obriga aos alumnos a empregar enciclopedias, a Internet, etc. para atopar as respostas. Este curso inscribístesvos Os premios foron moi cuantiosos: ó equipo gañador correspondéronlle sesenta euros por persoa. O pódium da categoría JUNIOR queda formado por: 1º clasificados: EGA, formado por Alicia Bugallo, Emilio Acción e Gabriel Casal 2º clasificados: JHV, formado por Héctor Durán, Virgiliu Mogildea e John Eric Rivera 3º clasificados: ZUKI ZUKI, formado por Julián Martínez, Marcos Vilela e Iván Rodríguez O pódium da categoría GENIUS queda formado por: 1º clasificados: GAIA, formado por Noemi Grela, María Chao e Saúl García 2º clasificados: LEDEBURITA, formado por Nino López, Xurxo Ardao 3º clasificados: ATIGUA, formado por Irma Vilariño e Andrés Vila Pensade, pensade!

E para rir un pouco, aí van unhas cantas meteduras de pata desta edición da olimpiada. En cursiva, a pregunta e en negriña a resposta correcta; o resto... ¿De cantas pezas se compón a dentadura de leite e a adulta dun ser humano? Temos 20 pezas na dentadura de leite e 32 na adulta 20 de leite e 32 os normales 20 na pequena e 32 na grande Ademais dunha froita, ¿que outra cousa é un kiwi? Unha ave de N. Zelanda Ademais de ser unha froita, un kiwi é un arbor trepador ¿De que país é a única bandeira do mundo que non ten forma rectangular? De Nepal Dos Se es unha atleta, ¿cantos saltos tes que dar para chegar a meta nunha carreira de 100m obstáculos? 10 saltos Ninguno, porque son lisos Hoxe é o aniversario do intento de golpe de Estado do 23-F. Por un histórico punto, ¿quen era daquela o Ministro de Defensa? Agustín Rodríguez Sahagún Manuel Azaña Manuel Fraga Antonio Tejero ¿Quen era a nai do medio irman do biblico Isaac? Agar Hannah Ayscough ¿Que sinfonía de Beethoven estivo adicada inicialmente a Napoleón Bonaparte? A Sinfonía nº 3, “Heroica” A “sintonía” nº3 en “Mi bemol mair” op 55 de Beethoven, conocida como Heroica

PISTA A PISTA ate O desemp

• É longo • Para el, son máis importantes os pés ca cabeza • Ten moitos principios, pero un só final • Pode comezar no estranxeiro ou mesmo aquí • O seu símbolo procede do fondo do mar O camiño de Santiago Cienpies Milpés La columna vertebral • Nacín nos anos 40 • Teño pasadizos • Estou dividido por dúas avenidas • A miña zona verde leva o nome dun político paisano meu • O meu edificio máis alto foi utilizado en 1972 para reprimir as manifestacións dos meus paisanos obreiros • Fun rebautizado nos anos 80 s Recimil Are ena r Bob Dylan o L Las Minas del Rey Salomón

APOSTA Un vixía nocturno que morre de día, ¿ten dereito a cobrar unha pensión? Non, os mortos non cobramos pensión Non, porque non traballa de día Los muertos no “pagan” unha pensión.

26


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

CAMIÑO DE SANTIAGO CAMIÑANTE, SÍ HAI CAMIÑO 145.000. Esa era a cifra que estaba agardando por cada un de nós en Sarria, o pasado 19 de xuño cando chegamos os 14 pelegrinos do noso instituto, profes incluídos. Sí, 145.000 foron aproximadamente os pasos que tivemos que dar (calculados a razón dunha media de 0,8 m cada paso) para percorrer os algo máis de 115 Km. que nos separaban da Praza do Obradoiro.

“Buen Camino”, o saúdo oficial entre pelegrinos e a ter a man a credencial para coleccionar selos dos establecementos nos que parabamos. Españois de todas partes, italianos, alemáns, franceses, holandeses, xoves,

Por diante 5 etapas: • 1ª etapa Sarria- Portomarín, 22,5 Km • 2ª etapa Portomarín- Palas de Rei, 25 Km • 3ª etapa Palas de Rei- Arzúa, 29 Km • 4ª etapa Arzúa- O Pino (Pedrouzo) 19 Km • 5ª etapa O Pino- Santiago 20 Km Rapidamente collemos o ritmo do Camiño, ese ritmo que por uns días nos quitou da rutina diaria de presas, clase e exames para levarnos a esta outra rutina acougada do camiñante, de un paso e outro e outro, semellando que todo vai a outra velocidade máis queda. E mentres as pernas nos levaban, movidas por un acto reflexo, o longo tempo que compartimos entre parrafadas, risas e chistes valéronnos para coñecernos mellor uns ós outros. Aprendemos a saúdar con

maiores, en bici, ¡ata correndo!, compartimos camiño con todo tipo de xente, e tivemos ocasión de comprender a importancia que debeu ter en tempos pasados este fluír de xentes chegadas doutras partes do mundo, doutros pobos, con distintas formas de pensar, como medio de difusión e mestizaxe de cultura e coñecemento. Despos de camiñar pola mañá, quitarnos o po do camiño e a suor, e logo repoñer forzas cun bo xantar, e logo un merecido descanso pola tarde.

Os primeiros problemas apareceron na segunda xornada: pernas cansas, maniotas, pero sobre todo, ampolas nos sofridos pés, así que tamén aprendimos a curar (ou aliviar) estas doenzas: masaxes para as pernas agarrotadas e ¿para as ampolas? Pois... costura, o remedio tradicional dos pelegrinos e recomendado de forma non oficial nos centros de saúde que visitamos. Así que, agulla, fío e... un bo zurcido, sempre deixando un pouco de fío de fóra para que vaia drenando o líquido. En canto ós aloxamentos, un pouco de todo: gardaremos sempre un bo recordo dalgúns, como a Pensión Maribel, de Arca do Pino, ou a de Palas de Rei, mentres que doutros, que mesmo deixaron literalmente na rúa a parte do grupo, non podemos dicir o mesmo. Aproveitamos para agradecer ó equipo de extraescolares pola organización e o apoio prestado. E por fin chegou a derradeira xornada. A 7 Km de Santiago, reunímonos no Monte do Gozo, e de aí para adiante desapareceron tódalas doenzas porque íamos como motos ata chegar ó Obradoiro. Despois, como non, pasamos todos pola Oficina do Pelegrino, coa credencial selada nos lugares polos que pasamos, para obter A COMPOSTELÁ, o diploma acreditativo de que fixemos o Camiño, que todos gardaremos con agarimo.

27


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

REIVINDICAMOS DÍA DA MULLER TRABALLADORA O día da muller traballadora celébrase o 8 de Marzo para defender a igualdade de dereitos e a incorporación da muller ao traballo. Nalgúns países recoñécese como ata festa nacional. Celébrase desde o ano 1911, ano no que morreron máis de cen mulleres nun incendio nunha fábrica téxtil en EE UU a “Triangle”, O motivo foi que os seus xefes, encerráronas dentro para que non puideran ir á folga e reclamar os seus dereitos. É un día que conmemora un feito tráxico que marcou a vida de moitas mulleres no mundo e que axudou á súa integración no emprego e na sociedade, onde se atopaban moi abaixo na escala social só por razón de sexo. Elas coa súa loita lograron que foran recoñecidos importantes dereitos tanto para homes coma para as mulleres. Elas loitaban pola xustiza social, sen facer distincións. Esta data debería concienciar a todos da importancia da muller no traballo e na historia, e do imprescindible que é en todos e cada unha das nosas accións seguir traballando pola igualdade. . 3º Sergio Lòpez Século XIX

1801-1850 - 1803: Isabel de Zendala, recoñecida como a primeira enfermeira da saúde pública internacional, sae do porto da Coruña coa Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola. - 1806: Nace Juana María de Vega Martínez, quen chegará a participar activamente da vida política do Estado e dará corpo a novas propostas de carácter social. - 1808: Constitución da Junta Suprema de Galicia. - 1809: Fin da guerra da Independencia en Galicia. No mes de xuño, na batalla de Ponte Sampaio o pobo galego derrota o exército francés. - 1815: Pronunciamento de Porlier na Coruña. -1820: Na Coruña, Acevedo secunda o levantamento de Riego, que dá comezo ao Trienio Liberal. A Coruña, Ferrol, Vigo e Pontevedra sublévanse contra o réxime absolutista. Nace en Ferrol Concepción Arenal. - 1821: Nace na Coruña Virginia Felicia Auber y Noya. - 1831: Nace na Coruña Amalia de la Rúa Figueroa y Somoza, chegará a ser «Condesa de Pardo Bazán», nai de Emilia Pardo Bazán e unha grande afeccionada á pintura. - 1833: Coa reforma administrativa de Javier de Burgos ponse fin de xeito formal ao Reino de Galicia e pásase a unha organización en catro provincias (sete con anterioridade). - 1834: División en partidos xudiciais. Betanzos perde a titularidade de provincia. - 1835: Instalación definitiva das deputacións provinciais. - 1835-1836: División en concellos. - 1837: Nace Rosalía de Castro o 24 de febreiro. - 1840: Inicio do Movemento Provincialista, que defende a especificidade de Galicia. - 1842: Antolín Faraldo no seo da Academia Literaria de Santiago pronuncia a conferencia «Esclavas aún las mujeres, la filosofía del siglo XIX debe proclamar justa su emancipación». - 1846: Manifesto provincialista de Faraldo. Organízase a Junta Suprema do Reino de Galicia. Levantamento progresista e galeguista. Execución dos mártires de Carral. - 1847: Debido á gran subida xeral nos prezos, traballadores e traballadoras amotínanse en Fefiñáns, Cee, Vilagarcía, Carril, Vigo, Redondela, Xuvia, Ortigueira, Santiago, Cambados, Cangas, Laxe, Rianxo e A Coruña.

Século XVI

- Imposición do castelán como idioma escrito nos mosteiros, conventos, na vida legal, etc. - 1520: Nace en Pontedeume Isabel de Castro y Andrade. - 1525: Fúndase a Universidade de Santiago de Compostela. - 1528: Constitúese o Reino de Galicia en Santiago de Compostela. - 1533: O 11 de xaneiro, a Xunta de Goberno do Novo Reino de Galicia acorda a creación das provincias da Coruña e Tui. - 1573: Perda dos dereitos de arribada do comercio de América. - 1575: Primeiro auto de fe da Inquisición. - 1577: Proceso inquisitorial de María Rodríguez en Tui. - 1589: Defensa das costas galegas fronte aos ataques ingleses; - Século IV: Exeria percorre occidente, recolle datos e escribe libros de viaxes. destaca María Pita. - As familias con posibilidades económicas fundan mosteiros de mulleres, crean así lugares axeitadosapara súas fillas solteiras. - 1596: Isabel Barreto conclúe súaasexpedición en Manila.

MEDIEVO

- Ata o século X danse casos de comunidades monásticas mixtas rexidas por abade e abadesa. - A condesa Ilduara Eriz desenvolve as actividades que farán dela unha das principais e máis cualificadas aristócratas galegas dos séculos IX e X. - Século X: Desde mediados de século as mulleres non poden testificar nos xuízos e nos documentos déixase de facer referencia a elas. A idade de casamento para as mulleres é de 12 anos, a dos homes 14. O afán por enclaustrar as mulleres eclesiásticas é crecente. Elabóranse escritos en que o corpo das mulleres se identifica coa contaminación. - Século XII: Reino de Galicia, participación activa da raíña Urraca neste proxecto xunto co arcebispo Xelmírez e o conde de Traba, preceptor do rei Alfonso VII. En 1105: as mulleres gozan de estatuto de veciñanza pleno (Fuero de Santiago); hai presenza de mulleres no traballo artesanal con diferenza salarial respecto dos homes e a favor destes; as viúvas acceden ao traballo dos esposos, se entran nun gremio, están sometidas ás mesmas normas que os homes, sempre e cando permanezan viúvas ou casen con homes do gremio. Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública. Primeiras composicións literarias en galego.

Século XVIII

- Tres ilustrados galegos abordan a defensa das mulleres nalgunha das súas obras: Vicente do Seixo e os frades Feijoo e Martín Sarmiento. - A ilustrada María Teresa Caamaño queima a súa produción escrita. - Participación de mulleres nos conflitos «ludistas». - 1726: Creación do estaleiro real do Ferrol. - 1734: Nace María Francisca de Isla y Losada, que tamén chegará a ser coñecida como «Perla negra», «Musa compostelá» ou «Filis». - 1749: Comeza a construción da estrada A Coruña-Madrid. - 1773-1779: Expedicións de familias galegas para poboar Uruguai e A Patagonia. - 1784: Sociedades de Amigos del País, onde participan mulleres como membros activos. - 1800: Publícase o primeiro xornal de Galicia: El catón compostelano

AS MULLERES NA HISTORIA

DÍA DA PAZ

XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Amor ou Dependencia? -Cariño cando esteas comigo, por favor, poderías…? Probablemente esta sexa a cadea máis sutil que nos atenaza, o sentido de que todo pode xustificarse por amor. Para empezar, se cadra, o que falla é o concepto de amor que temos que é xa unha idea infectada de estereotipos machistas, que aceptamos cando todo nos parece ben, que xustificamos cunha frase terrible: O amor é cego?. Pois non é certo. Esperta quen che pon límites, quen intenta controlarte, impoñerche as súas opinións , non é o teu noivo, ese que non te acepta tal como es, pode ser o teu verdugo. “-Es unha estúpida, non sabes nada de nada, fai o que eu che diga.” “-Es un cero á esquerda, dáme diñeiro, non poñas esa roupa, pareces unha puta,.. -Dille á túa nai que deixe de vir aquí, vaia merda, sempre aguantando á túa familia.” Agachas a cabeza…. Aguanta… Está tenso, o paro, os problemas…No fondo quéreme… NON, NON, NON!!! Estate maltratando, primeiro afúndete psicoloxicamente, logo…non queiras saber que vén logo. Actúa, A túa dignidade non ten prezo. Aínda podes recoñecerte no espello…Outras mulleres non… Non deixes que cheguen a iso. Creo que todas as mulleres son conscientes de que están sufrindo malos tratos, pero envólveas nunha cadea de submisión, anúlaas. Hoxe en día están apoiadas, a sociedade temos a obrigación de facelas berrar, que se lles oia, que deixen de estar mudas ante o mal tratos.. E neste tema, todos: mulleres e homes, temos o deber de actuar. Ante os malos tratos berra

ESTE ANO OS ALUMNOS QUE FORMABAN PARTE DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ,dentro dunha actividades que eles chamaron : “ RADIO “SÓ LLE PIDO A DEUS”:Que a guerra non me sexa indiferente, nun tempo como o MARQUÉS”.(Nótese noso onde as guerras son televisadas e os exércitos xustificados polo seu labor que aínda non nos humanitario.Onde os conflitos armados sempre acontecen lonxe e son presentados como cambiaran ó nome) accións preventivas para proporcionarnos seguridade fronte aos ataques terroristas. quixeron facer unha Parece difícil falar da paz, coma se esa palabra estivese gastada, como se esa lección presentacin con imaxes e cancións tivesen que aprendela outros, nós levamos moito tempo en vivindo en paz, posuímos dunha campaña para liberdades e mecanismos para evitar a guerra. A guerra é un monstro grande e pisa forte concienciaranos de toda a pobre inocencia da xente.Escoita: “Sólo le pido a Dios” de ANA BELÉN. Os que debemos seguir conflitos armados non só deixan víctimas mortais tamén matan os valores, a conciencia, a falar da paz e que é os lazos que nos permiten vivir xuntos, e en moitas ocasións a coraxe de enfrontar a necesario non inxustiza. Nós os españois sabemos ben que as feridas de conflitos non se pechan esquecerse destas datas. A idea era que mesmo despois de moitos anos de paz.Tras a guerra gañe o bando que gañe, o vencedor mentres se lían e se impón a súa visión do mundo e séguense producindo vítimas da represión. No noso país, escoitaban unhas ata 1975 continuaron os fusilamentos. Podedes por un minuto imaxinar que se pode sentir cancións foran sabendo que esta é a última noite da túa vida. Carta de Humberto á súa familia. Este aparecendo coñecidas desespero antes do amañecer expresouna LUÍS EDUARDO AUTE, á alba. Escoita:” AL imaxes coa mensaxe. ALBA “LUÍS EDUARDO AUTE. Non abonda con recuperar a memoria e facernos presente a dor do pasado. É necesario espertar e tomar postura: A guerra nunca é unha CORAL opción. Non é posible que deamos unha resposta non hai ningunha única e definitiva pero sempre é preferible o diálogo á guerra. Non se nos ocorreu a nós, xa hai tempo Bob Dylan, ante a primeira das guerras modernas, a de Vietnam, alzou a súa voz para dicirnos que a resposta está “Blowin in the wind” Tal vez terás que facer un esforzo para atopar un camiño pero Lembra que non é mala opción: Épreferible a palabra a bofetada.Con esta actitude é posible que poidamos xuntos imaxinar de verdade un mundo en paz.

O . 3º ES Anaís SO LLE PIDO A DEUS!: Que a guerra non me sexa indiferente!. Nun tempo como o noso donde as guerras son televisadas e os exércitos xustificados por a súa labor humanitaria.

• Parece difícil falar de paz, como si esa palabra estivera gastada, como si esa lección xa a tiveramos aprendida. Levamos moito tempo vivindo en paz, posuímos liberdades e mecanismos para evitar a guerra.

A guerra é un monstro grande e pisa forte toda a pobre inocencia da xente!.

28


Haiche outra

2010

Sempre é complicado chegar novo a un instituto pero si tamén chegas doutro país as dificultades aumentan.Temos problemas non só porque hai que facer novos amigos acostumarse a xeitos distintos de comportarse e de pensar, senón que temos que entendernos nas linguas novas o castelán e o galego. As clases tamén son distintas e custa moito seguir o ritmo da aula. Cando cheguei a este instituto atopei que había moitos alumnos que tiñan as mesmas complicacións, uns viñan de Colombia, Venezuela Arxentina, Perú, Brasil pero tamén de Rusia, Moldavia, China, Marrocos, etc. Todos nosoutros encontramos axuda nos titores pero sobre todo no departamento de orientación e nas profesoras de apoio: Este curso como profesoras de pedagoxía terapéutica están no centro: PATRICIA CONS FORMOSO E BERTA BLANCO DE LA PIÑEIRA. E de audición e linguaxe: BEGOÑA SANTIAGO OTERO. Queremos que todos coñezades mellor o seu traballo que para nosoutros é tan importante. Podedes explicar brevemente cales son as diferenzas entre as tarefas de cada unha? _ As profesoras de apoio pertencemos ó departameto de Orientación composto por: A orientadora, dúas profesoras de pedagoxía terapêutica e unha profesora de audición e linguaxe. A orientadora ten como funcións: A acollida do alumnado e das súas famílias, a avaliación psicopedagóxica e a exploración do nivel de competencia curricular, para determinar a escolarización dos alumnos nos cursos axeitados, en particular no caso de alumnos que veñen doutros países. No caso das profesoras de pedagoxía terapéutica, as nosas funcións son: Apoio nas áreas de matemáticas e ciencias naturais e sociais. A profesora de audición e linguaxe é a encargada de propiciar a inmersión lingüística nas línguas do currículo, castelán e galego. Cando chega un alumno doutro país que é o primeiro que facedes, como vos formulades os pasos para integralo no centro? -Mediante um programa de acollida que está reflectido no PEC do centro, e que especifica cales son os pasos a seguir, así como a organización dos apoios que

IES Ferrolterra

ALUMNOS ESTRANXEIROS Cales son as principais dificultades que atopades no voso traballo? - A Variedade de linguas de procedencia así como os diferentes niveis de competencia curricular que teñen. É entendido por parte do resto de profesores? -Si, porque xeralmete, observan as mesmas dificultades de realización dentro das aulas ordinarias. Agradecen as familias o esforzo que facedes? -Si, son moi agradecidas, compartindo a súa cultura connosco. E os alumnos recoñecen en xeral, o valor da vosa intervención? -Si porque eles tamén perciben que necesitan dunha atención máis individualizada para facilitar a súa integración no centro. Nestes anos de experiencia teredes moitas anécdotas divertidas de malos entendidos ou erros no idioma ou nas normas? -Ás veces preguntan cousas moi divertidas que lles escoitan ós compañeiros (insultos ou palabras mal soantes). Outras veces é pólas asociacións que fan no castelán “manzana” ven do “manzano”, e “pera” ven do “perano”. Cal ou cales son as vosas maiores alegrías no traballo con estes alumnos? _Cando comprobamos os progresos que fan e como se van integrando non só educativa senón social e afectivamente neste contexto novo. En que obxectivos ten que esforzarse o centro para atender mellor as necesidades deste alumnado con tanta diversidade? -No emprego de todos os medios que fagan máis doada a comunicación coas familias, por exemplo ter a posibilidade de dispoñer de documentación coma: sobres de matrícula, información sobre normas escolares, autorizacións, etc. Traducida a outros idiomas como o árabe ou o chinés. Grazas pola vosa colaboración neste artigo. Firmado : Natalí,

Raylana. 29


Haiche outra

2010

AL-ANDALUS 2010 DESPOIS de Semana Santa fomos de viaxe un grupo de alumnos de 3º , 4º ,1º de Bac e os alumnos dos programas de diversificación curricular. Foi unha travesía de punta a punta de España nun vello autobús con un só condutor , que para a vosa información se Ides tan lonxe deberíades levar polo menos dous porque senón tedes que facer inumeralbles paradas. Dende as 8 da mañá, paramos para comer en Salamanca ás dúas da tarde. Tamén vos recomendamos que levedes un bo GPS porque nos perdemos en todas partes. A chegada xa foi do máis accidentada, retrasámonos tanto, que no hotel sevillano que estaba nas afora da cidade, na estrada de Huelva , a recepcionista recibiunos con cara de poucos amigos e amenazounos que non tiñamos nada para cear. Tras o cabreos e protestas dos nosos profesores, derónnos unha bolsiña de plástico cun “saboroso!!!” “picnic”. Non tardamos moito en conformarnos polo cansanzo e porque o que nos molaba era facer “corrillos” nas habitacións. A festa durounos pouco porque de seguido se puxeron a facer garda nos corredores os nosos profes, debe ser por deformación profesional o que lles gusta a estes facer corredores. Pola mañá ben cedo e despois dun almorzo de rally, saímos con grande expectación cara a aldea do Rocío, alí esperábannos uns entusiasmados: “Guías das Marismas”, para acompañarnos nun recorrido en todo terreo polo parque nacional de Doñana.A verdade é que a visita gustounos a todos pero a anécdota era que os guías estaban empeñados en amosarnos o verde que estaba todo, polo moitísimo que choveu este ano, a variedade de flora e as aves e outros animais que habitan o parque. Pero, pobres rapaces, eles non coñecían Galicia, de verdes nos queren falar a nós!. Menos mal que ó quedarnos atascados na lama tivemos que baixar a empurrar, e esa foi a anécdota da mañá. O que si nos sorprendeu foi o grande que é a aldea do Rocío, e por suposto non atopábamos o santuario; polo tanto perdémonos de novo. Despois do xantar saímos cara Palos de la

IES Ferrolterra Frontera un sitio moito fotoxénico porque outra cousa non pero un lugar para sacar fotos preciosas. Logo fomos cara o museo das carabelas, pero outra vez por causa do destino voltabamos estar perdidos, non nos perderon porque o lugar sabiamos onde era, senon porque os da axencia de viaxes estaban a volvernos tolos. Chegamos ao museo e non tiñamos entradas pero..onde se viu.... iso menos mal esta organizado e tal. Despois do cabreo dos nosos mestres e mais de tódolos alumnos, pillamos o autobús e voltamos para o hotel para descansar un pouco antes de cear porque ó día seguinte tiñamos que saír cedísimo para o noso día en Granada. Puff ese día, nesa noite foi o primeiro día que comemos de prato en vez de “picnic” que gusto iso xa era outra cousa non era como na casa pero e que como na casa en nigures pero non nos podemos queixar porque estaba todo moi bo. Despois da cea aparte dos nosos mestres tiñamos un campamento de corvos diante das nosas portas toda a noite, uns corvos italianos que dicían que nós faciamos moito ruído, ¡bueno! E que as súas alumnas eran marabillosas nas súas plantas non se escoitaba nin chío ja, ja, sinto dicirvos colegas que nas vosas plantas non se escoitaba nada porque todos os vosos alumnos estaban nas nosas habitacións. Como de costume nunha excursión os alumnos pouco durmimos, pero ese día pese a que tiñamos que madrugar moito aínda tardamos en durmir, o terceiro día da viaxe, levantámonos ás sete menos cuarto da mañá e tamén tivemos follón cos do hotel porque era moi cedo e non nos tiñan o almorzo pero os nosos mestres foron discutir co xefe do hotel e este mandou preparar o almorzo. Bueno en verdade era moi cedo outro problema cos da axencia, porque non concretaran a cita na Alhambra e tivemos que madrugar máis da conta .Logo na Alhambra separámonos e dous grupos con guía que se encargaba de acompañaranos durante os longuísimos 4 quilómetros e pico que ten o lugar,dende o cal se podían observar unhas marabillosas vistas como a vista do barrio do Albaicín ou o Sacromonte, Serra Nevada...Cando agardabamos o bus para voltar fixemos un par de amigos un tanto peculiares...temos que coñecer nós aos portugueses en Sevilla, por ... que os temos ao lado como que di. Logo fomos comer a cidade, unha cidade fermosísima, moi limpa, moi coidada, chea de fontes e pontes moi bonitas, mágoa que só uns poucos puidemos apreciar eses lugares

xa que outros preferiron quedar nun centro comercial. O terceiro día pola mañá fomos pasalo a Sevilla onde puidemos observar im por t ante s lugares da zona como a Torre do Ouro, como o Concello , tamén vimos a ponte da expo 92, tamén pasamos polos Reais Alcázares e a Xiralda da que podemos mencionar unha graciosa anécdota, cando fomos a Doñana ó subir ao coche a nosa guía chamou á nosa mestra acompañante Wily en vez de chamala Vily, e nós pasamos toda a excursión chamándoa Wily pero cando visitamos a Xiralda subímos con ela e comezamos a chamala en voz alta,Wily,Wily e os extranxeiros que había na Xiralda comenzaron a berrar WILY, WILY pensando que era como tradición e nos escachamos coa risa entón eles, non sabían que facer ¡pobriños que se lle vai facer1.Pola tarde tivemos tempo libre para pasear por Sevilla e para facer compras e facer fotos , si... tarde libre. Logo despois de cear un grupo de alumnos baixou cun dos nosos profesores de garda, con Bugliot a tomar algo pola noite, voltaron cedo xa que non había por onde saír, pois, o noso hotel quedaba nun polígono industrial nas aforas da cidade. O derradeiro día, o día da volta pasamos toda a mañá e un pouco da tarde en Isla Maxíca ,onde pasamos un día moi divertido en tódalas súas atraccións. Pero ese día estivo terriblemente marcado polo gran partido Madrid Vs Barça ata fixeron unha porra e todo que gañou Serxio, un dos alumnos que apostara polo Barça, na hora de cear tivemos un pequeno retraso porque ao levar un só condutor era normal, e, aínda por riba de facernos a cea os camareiros e cociñeiros do lugar moitos dos nosos alumnos, maioritariamente homes ,erguéronse da mesa e case non comeron por ir ver o partido O que se pode dicir deste viaxe é que foi un pouco desastrosa no tocante á organización, xa que por culpa da axencia cambiáronse os horarios e outras moitas cousas,pero foi unha excusión única e pese a que eramos un grupo de adolescente logramos enfrontar a situación e puidemos disfrutar da viaxe onde coñecemos cidades e lugares certamente máxicos.Iso si,había algunha protesta que outra pero son cousas da idade. María Chao. 4º ESO 30


Haiche outra

2010

IES Ferrolterra

31


Haiche outra

2010

Promoci贸ns 2010

Ata sempre

IES Ferrolterra

32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.