Guia veran 15

Page 1

mos o chan que está baixo os nosos pés. Son moitas as preguntas que se suscitan? Que é a física cuántica? Como nos axuda a entender o mundo? Onde deixa a Newton e a Einstein? E sobre todo, por que podemos estar seguros de que é unha boa teoría? Cox e Forshaw ofrecen un modelo concreto da natureza que é comparable en esencia ás leis do movemento de Newton, a teoría electromagnética de Maxwell e a teoría da relatividade de Einstein. A través de analoxías coa vida cotiá, que demostran que os estraños fenómenos cuánticos teñen unha explicación, logran transformar principios científicos fundamentais en algo fascinante e accesible a todo o mundo

Un par de cómics

Floret Calvez / Rotomago U-29 Presentamos este cómic que destaca a primeira vista pola calidade das ilustracións, e que se desenvolve durante a Primeira Guerra Mundial, en 1917. Un submarino alemán torpedea un cargueiro inglés. No luscofusco, o submarino volta á superficie, e os mariñeiros descobren sobre a ponte un cadáver dun rapaz, agarrado fortemente á amura. No seu peto atopan un curioso obxecto: una miniatura de marfil dun rostro coroado por loureiro. La estraña figura esperta as supersticións dos mariñeiros, que queren desfacerse dela antes de que sexa demasiado tarde. Baseado no relato O Templo do gran autor de relatos de terror H. P. Lovecraft, cuxa atmosfera opresiva es levada ás viñetas de forma maxistral.

Marjane Satrapi Persépole Persépole é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, que lle tocou medrar no réxime fundamentalista islámico dos Ayatolas. Este cómic ofrécenos unha oportunidade de coñecer dende dentro a historia recente dun país tan opaco para os occidentais como o actual Irán (antiga Persia). É unha historia doada de ler, que engancha tanto pola eficacia narrativa como gráfica, elaborado en tinta negra, con trazos moi simples, que reforzan a sensación da perspectiva infantil que pretende dar. Galardoada con numerosos premios, constitúe unha denuncia do fanatismo relixioso, e máis concretamente da represión exercida polos fundamentalistas contra a muller iraní. O cómic comeza en 1979, cando a autora, Marji, é unha nena de 10 anos e estoupa a revolución islámica tras a morte do Sha de Persia. Descendente duns antepasados da aristocracia persa, foi educada nunha familia progresista, oposta abertamente ao réxime do Sha, e partidarios dun islamismo moderado. Dende a súa perspectiva infantil é testemuña dun radical cambio social e político que pon fin a máis de 50 anos do reinado do derradeiro Sha para dar paso a unha república islámica, e de como ese novo réxime islámico polo que loitaron seus pais cae en mans de integristas, e nada resulta como se esperaba.

Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/ en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca.

Lecturas de verán 2015 Aquí van algunas recomendacións de libros que podes atopar na nosa biblioteca para este verán

Boas vacacións


Varios autores Los mejores relatos de terror llevados al cine Presentamos unha colección de recompilada por Alfaguara dos relatos dos que proceden varias coñecidas películas de terror da historia do cine. Contén estes: El ladron de cadaveres, de Robert L. Stevenson. No Londres do século XIX, o roubo de cadáveres converteuse nunha macabra profesión na que hai que chegar incluso a matar para conseguilos. El gato negro, de Edgar Allan Poe. Co tempo converteuse un símbolo do mal, cuxa maléfica influenza transforma ao seu amo nun ser monstruoso . La familia del Vurdalak, de Alexei Tolstoi. Terrorífica historia na que un vampiro converte en seres coma el a toda a súa familia Los pájaros, de Daphne du Maurier. Un relato desasosegante dende a primeira páxina que conta a historia do perigo que corre a humanidade porque unha estraña tolemia apoderouse das aves en todo o mundo. La sirena de la niebla, de Ray Bradbury. Un monstro doutros tempos síntese atraído polo acompasado son da serea dun faro, e resposta á chamada La mosca, de George Langelaan. Un científico que investiga sobre a teletransportación decide probar consigo mesmo e… ocorre un desastre

Juan Eslava Galán De la alpargata seiscientos

al

Anos cincuenta. Logo da prolongada miseria da posguerra, os españois parecen ver a luz ao final do túnel: ao confesionario, o “botijo” e a pandeireta agréganse a Coca-Cola e o frigorífico, a tele e o gas butano. Banqueiros e construto-

res fórranse nas cacerías da Escopeta Nacional. Franco perpetúase no poder a cambio de ceder aos americanos amplas parcelas da antes irrenunciable soberanía nacional (as bases militares). As rúas pobóanse de vehículos (o mítico Biscúter, a Vespa, o Seat 600...). Este libro invita ao lector a un tortuoso pero divertido percorrido pola España dos anos cincuenta. Como o caso do gañán estremeño multado por abusos sexuais ao Caudillo; a explosión de testosterona que produciu o primeiro encontro documentado entre un macho alfa do agro hispano e unha grácil turista sueca; de caza a un bispo que estrea traxe campeiro e escopeta para ir de caza… A fazaña dos españois que cambiaron alpargatas por Seiscentos. Unha mirada emotiva e crúa á España profunda.

Patrick Modiano En el café de perdida

lajuventud

Incluímos nesta guía unha das últimas obras deste escritor francés, último Premio Nobel de Literatura, ambientada no nostálxico París dos anos sesenta. No café Le Conde reúnense poetas malditos e estudantes fascinados pola bohemia parisina. E aínda que a nostalxia daqueles anos perdidos parecería ser o tema central da novela, Modiano dálle un xiro sorprendente. Porque a obra é tamén unha novela de misterio. Todos os personaxes, todas as historias, conflúen na enigmática Louki. Catro homes cóntannos os seus encontros e desencontros coa filla dunha traballadora do Moulin-Rouge. Algúns a buscan, outros a aman, e para case todos eles a moza encarna o inalcanzable obxecto do desexo. Louki, como todos os que a acompañan no seu vagabundeo por un París espectral, é un personaxe sen raíces, que vive inventando identidades, renacendo unha e outra vez, loitando por construír un presente perpetuo. Modiano recrea ao redor da fascinante e conmovedora figura de Louki o París da súa mocidade, ao mesmo tempo que constrúe co seu estilo inconfundible unha fermosísima novela sobre o poder da memoria e a bús-

queda da identidade, dous grandes eixes da obra do escritor francés.

Arthur Conan Doyle O arquivo de Sherlock Holmes Non é a primeira vez que recomendamos un libro deste personaxe, i é que é perfecto para quen quere engancharse á lectura, porque son relatos curtos, fáciles de ler e que atrapan a calquera. Por outro lado, as aventuras de Sherlock Holmes están de actualidade grazas ás últimas películas sobre o detective e ás revisións das obras do autor. Neste libro, o doutor Watson, que era xa para Holmes, ademais do seu biógrafo, unha dos seus costumes, como o violín, o tabaco e outras quizá menos disculpables, abre esa caixa de sorpresas e móstranos a un Sherlock Holmes no momento culminante da súa carreira É o libro que serve de despedida ás aventuras do detective, O remate definitivo das súas aventuras, con relatos que nos presentan ao Holmes máis ácido enfrontado ás situacións máis estrafalarias, como o misterio dun cadáver queimado anos despois da morte, un soldado coa pel descolorada e ata un vampiro. Como toda despedida Holmes despídese ao grande: mais irónico que nunca con Watson, máis caótico e obsesivo, mais fachendoso... Un libro cheo de revelacións que leva a Holmes e ao seu axudante aos momentos cume da saga.

Para os amantes da ciencia Brian Cox e Jeff Forshaw El universo cuántico Brian Cox e Jeff Forshaw comezaron a súa colaboración en publicacións científicas o ano 1998. O universo cuántico é un percorrido pola teoría cuántica que permite explicar as sorprendentes propiedades das partículas subatómicas ou por que si os átomos están practicamente baleiros non atravesa-


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.