Guía nadal 2011

Page 1

La Pirámide Henning Mankel Cinco relatos policiacos que retratan as orixes do famoso inspector da policía sueca Kurt Wallander. Wallander remóntase a vinte anos atrás, cando nin sequera entrara en Homicidios e era un novo axente cheo de ambicións profesionais e cunha vida privada que, xa entón, facía auga por todas partes. Os cinco relatos incluídos na pirámide abarcan desde 1969 a 1989, xusto antes do comezo da primeira novela da serie. No primeiro dos relatos, un inexperto Wallander se entromete nun aparente caso de suicidio e termina no hospital cunha coitelada. No segundo, é secuestrado por un exiliado surafricano que acaba de cometer un asasinato. E no último ten que rescatar ao seu pai dunha comisaría do Cairo.

La caída de los Gigantes Ken Follet Ken Follet regresa coa triloxía The Century, onde combina a ambientación épica e o drama humano, selo distintivo nas súas obras. Coa mesma habilidade que nas súas best sellers ambientados na Idade Media, en The Century, segue os destinos entrelazados de tres xeracións de cinco familias: unha galesa, unha inglesa, unha rusa, unha alemá e outra estadounidense. A primeira novela, La caída de los gigantes, está enmarcada nos cruciais acontecementos da Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa. The Century narra en esencia o século XX e permite contemplar en primeira persoa unha das épocas máis convulsas, violentas e determinantes da historia.

La princesa de hielo Camila Läckberg Tras moitos anos de ausencia, a nova escritora Erica volve ao seu pobo natal, onde herdou a casa dos seus pais, recentemente falecidos. Durante un paseo polas rúas onde transcorreron os primeiros anos da súa vida, tras o aviso duns veciños, descobre que a súa amiga da infancia, Alex, acaba de suicidarse. Conmocionada, inicia unha investigación e descobre que Alex estaba embarazada. A historia dá un novo xiro cando a autopsia revela que a súa amiga non se suicidou senón que foi asasinada. A policía detén ao principal sospeitoso, Anders, un artista fracasado que mantiña unha relación especial coa vítima.

La importancia de las cosas Marta Rivera de la Cruz Toda familia esconde un gran segredo. A pacífica existencia de Mario Menkell, un tímido profesor universitario, cambia de golpe cando ten que facerse cargo dos efectos persoais do seu inquilino, Fernando Montalvo, que acaba de suicidarse. O atribulado Menkell descubrirá que o piso do que é propietario está abarrotado dos obxectos máis variados: unha colección de bitolas de puros, un lote de gramolas antigas, porcelanas, miniaturas, huchas de cerámica, soldados de chumbo... Tras o desconcerto inicial, Menkell entenderá que as cousas de Montalvo poden ser un xeneroso golpe do destino, que por unha vez parece haberse posto do seu parte. Axudado por Beatriz, a muller á que ama en segredo desde fai anos, Mario Menkell será capaz de reconstruír a misteriosa existencia de Fernando Montalvo e atopará así unha historia excepcional que pode brindarlle a gran oportunidade da súa vida.

El tiempo entre costuras María Dueñas Unha novela de amor e espionaxe no exotismo colonial de África. A nova modista Sira Quiroga abandona Madrid nos meses convulsos previos ao alzamento arrastrada polo amor desbocado cara a un home a quen apenas coñece. Xuntos instálanse en Tánxer, unha cidade mundana, exótica e vibrante na que todo o impensable pode facerse realidade. Ata a traizón e o abandono da persoa en quen depositou toda a súa confianza. O tempo entre costuras é unha aventura apaixonante na que os talleres de alta costura, o encanto dos grandes hoteis, as conspiracións políticas e as escuras misións dos servizos secretos e fúndense coa lealdade cara a aqueles a quen queremos e co poder irrefreable do amor.

Cometas en el cielo Khaled Hosseini Sobre o pano de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se aveciña un dos períodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. Cometas no ceo é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de como a casualidade pode converterse en fito inesperado do noso destino.

Mar de fuego Chufo Lloréns Este libro, continuación de Te daré la tierra, recrea unha época turbulenta da Barcelona de 1069. Martí Barbany, posuidor dunha das maiores fortunas do condado, intenta sobreporse á morte da súa esposa. Toda a súa atención céntrase agora na súa única filla, Marta, e en dirixir con man firme os prósperos intercambios comerciais da súa flota. Pero unha terrible ameaza se cerne sobre el, pois un sinistro personaxe chega a terras catalás para saldar unha conta do pasado. Cando o seu pai parte nunha longa viaxe, Marta Barbany chega á corte dividida por enfrontamentos na familia dos condes. E será alí, entre esas frías paredes nas que reina a traizón, a cobiza e a luxuria, onde a moza descubrirá o lado escuro da nobreza, pero onde tamén sucumbirá a un amor imposible que a enfrontará tanto aos ríxidos costumes da época como aos desexos da súa propia familia. La catedral del mar Ildefonso Falcones A Barcelona medieval en tempos da construción do templo de Santa María do Mar conforma o escenario desta soberbia recreación histórica repleta de intriga, violencia e paixón, nun tempo convulsionado polas rebelións contra as inxustizas feudais, o antixudaísmo, os conflitos dinásticos e a férrea represión inquisitorial. A edificación da igrexa e a devoción pola Virxe mariñeira se erisiranse en símbolos do tortuoso camiño que o xove protagonista emprenderá en pos da súa liberdade. Píldoras azuis Frederik Peeters Pílulas azuis narra a historia de amor de Peeters con Cati, unha historia marcada pola SIDA, xa que Cati é seropositiva, como tamén o é o fillo desta que ten dunha relación anterior. Ao longo da historia asistimos a como ambos se namoran, pero sobre todo, a como evoluciona a súa historia a partir do momento que ela, consciente do cariz que está tomando a relación de ambos, cóntalle a Peeters a existencia a súa enfermidade e todo o abanico de sentimentos que irá desenvolvendo o autor/protagonista a partir deste descubrimento e como se desenvolve a relación de ambos.


A praia dos afogados Domingo Villar Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desne os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Asasinato no Consello Nacional Diego Ameixeiras Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

Cabalo de ouros Víctor Freixanes Logo de practicamente 17 anos de silencio, Víctor Freixanes penétrase con esta obra nos anos da posguerra, nunha época na que o wolframio foi protagonista do nacemento e morte de cidades creadas ao redor da extración deste mineral co que se abasteceu a industria armamentística alemá. A trama vira ao redor dunha partida de cartas entre representantes dos sectores máis acomodados da sociedade.

Tamén recomendamos: El nombre del viento Patrick Rothfuss A obra desenvólvese nun mundo fantástico e narra a historia de Kvothe, e como se converteu nun personaxe lendario. Para ocultar a súa verdadeira identidade, rexenta unha apartada pousada, ata que un día Devan Lochees, un autor interesado en escribir as biografías das figuras máis importantes do seu tempo recoñéceo e suplícalle que lle revele a súa verdadeira historia. El nombre del viento, o primeiro libro da triloxía Crónica del asesino de Reyes constitúe o primeiro día dos tres nos que Kvothe conta a súa historia. Esta comeza nos duros anos da súa infancia como membro dunha familia de artistas itinerantes formada por músicos, actores, acróbatas e xograres. Neste ambiente, crece converténdose nun neno prodixio alegre e diplomático.

Lecturas do Nadal 2011 Biblioteca CIFP Ferrolterra

Juego de tronos. Canción de Hielo y Fuego George R. R. Martin Tras o longo verán, o inverno achégase aos Sete Reinos. Lord Eddars Stark, señor de Invernalia, deixa os seus dominios para unirse á corte do rei Robert Baratheon o Usurpador, home díscolo e outrora guerreiro audaz cuxas maiores afeccións son comer, beber e procrear bastardos. Eddard Stark desempeñará o cargo de Man do Rei e intentará desentrañar unha maraña de intrigas que porá en perigo a súa vida... e a dos seus.

Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie Juan Eslava Galán Non é realmente unha novela, porque todo o que conta ocorreu (ata as miúdas historias que espantan ou que moven a risa), pero se le como unha novela e pretende instruír deleitando. Por iso está escrita no ton que xa usou o autor na súa Historia de España contada para escépticos. O lector acompaña a un mozo xeral, Franco, que pouquiño a pouquiño lábrase un porvir e lábranolo, de paso, a corenta millóns de españois, pero tamén acompaña a moitos cidadáns anónimos aos que a guerra marcou para sempre. Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/ en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca.

Tras un duro trimestre, un merecido respiro para comezar con bo alento o novo ano. Presentamos unha escolma das últimas adquisicións da biblioteca, que poden ser unha boa axuda para sobrelevar a crise. A biblioteca vos desexa

Felices festas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.